Páginas

A Agra máis blogueira


Hai ben pouquiño lamentábamonos un grupo de colegas de bareto de que na Agra do Orzán non houbese ningún blog veciñal como xa o había no Ventorrillo ou, desde moito máis tempo, nos Rosales (gran blog). Pois, manda carallo na Agra, como non temos medida, agora vai e resulta que contamos con TRES BLOGS á nosa disposición. Un é o da Asociación de Veciños Agra do Orzán. Un blog que se botaba en falta e do que acabades de ver unha foto da súa presentación. Ábrese cunha preciosa imaxe do muíño da Gramela que, teño que recoñecelo, emociona moitismo moitismo aos que temos uns aniños xa. Velaí vai o muiño (¿onde estará a muiñeira?)



O outro blog chámase Agra del Orzán a secas e, aínda que non se sabe quen o leva exactamente, fágome unha idea aproximada. E Vós?????


Por último, tedes este mesmo que estades a ver. Sen comentarios.

2 comentarios:

  1. Ola! Felicidades por tentar abrir unha fiestra de aire fresco na Agra. Son un dos que leva o blogue que abrimos a semaba pasada desde a Asociación e decirvos varias cousas...
    1. que non sodes os únicos que botades de menos o muiño... e pasmádevos, se entrades no parque de Santa Margarida pola Rolda de Nelle veredes á vosa esquerda unhas pedras numeradas; ese é o muiño, que leva aí desde 1984.
    2. Totalmente de acordo; desde a Asociación tardamos unha eternidade en abrir este espacio. Era de vegoña non telo feito xa hai tempo, pero os que traballamos na Asociación non tíñamos tempo, coñecemento, ... por fin o sacamos adiante.
    e 3. Por suposto que estamos abertos a colaborar. Pensamos que é fundamentalqu que todas e todos os que temos o "formiguillo" fagamos un grande foro na Agra.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Moi contetento do voso comentario. E claro que coñezo esas pedras do Parque. Xa vos dixen que son algo "talludito". MOITAS GRAZAS E FALAMOS.

    ResponderEliminar