"Se nada tes, nada agardes"
(dito katangueiro)
Recorte de 183.000 euros para o programa Luditarde
Se había algunhas dúbidas sobre a desaparición de facto, in pectore, ad hoc, tu quoque... daquilo que se deu en chamar durante décadas Concello da Coruña -unha sorte de administración local encargada da xestión, deseño e programación económica, política e social do término municipal da Coruña- seguro que a tal hora e a tal día, 9 de xaneiro do apocalíptico e sen embargo lustroso e modernete 2012 que nos acompaña, estas disipáronse, esvaecéronse, diluíronse ou, simplemente, marcharon embora. A nosa atlántica cidade quedou desde hai pouco máis de seis meses en mans dunha xestora que sustitúe con máximos de indignidade ao antano denominado Concello da Coruña e hoxe, sen xorna algunha, Ex-Concello da Coruña. Así, sen máis.
Probas desta tristísima situación tiñamos moitas. Había que estar cego para non velas. Para comezar, no Palacio de María Pita non se recibe. Podes pedir citas e citas e citas, dá igual se é coa Ex-Alcaldía ou con algunhas das Ex-Concellerías delegadas antes existentes. Simplemente non se recibe. Tampouco pensedes que se estea a montar algarada algunha por isto. En tempos, un retardo dunha ou dúas semanas en ser recibido/a provocaba airadísimas reaccións en prensa de asociacións e/ou afectados. Hoxe non hai nada disto porque non hai goberno municipal ao que reclamar. Acudir, por outra parte, á Xunta Xestora do Término Municipal da Coruña para que solucione algo é como esixirlle á Academia de Cine de Hollywood que premie cun Óscar a Chiquito de la Calzada por toda unha carreira.
Noutra orde de misterios, o botellón e a drogadicción, antes instalados alí onde había unha asociación "veciñal" da órbita elipticoidal do PP, despareceron das nosas prioridades, cinguíndose unicamente a apenas un centenar de mozos e mozas que campan polos Xardíns de Méndez Núñez. Outro exemplo exemplarizante, e permitídeme o xogo de palabros: desde outubro de 2011 non se convocan protestas da Plataforma Ventorrillo Desmantelamento Penamoa (e en contra do uso de preposicións). Desde as eleccións Xerais do 20 de novembro xa non hai motivo. Desapareceron o tráfico e o consumo de estupefacientes como por arte de birlibirloque...e non me refiro ao barrio. Tampouco se ve motivo para acudir co teatrillo habitual ás portas de María Pita nin por drogas, nin por comercios nin por problemiñas sindicais nin por falta de buses nin por nada de nada de nada. A trincheira mediática respira, e de que forma, máis tranquila que unha katanguista nonaxenaria con cinco tranquimazíns enriba. Todo vai de pinga grazas á Xunta Xestora do Término Municipal da Coruña presidida por Don Carlos o Benefactor.
O emprego, mellor dito, o desemprego. Outra mostra do bo non-facer do Ex-Concello da Coruña. Nos seis meses que leva esta Xestora en funcionamento conseguiuse o nunca visto na "cidade das marabillas": aumentou o paro un 11%, nin máis nin menos. E contra os malfadados progres, esquerdosos e sospeitosos de nacionalismo e desafección patriótica española, o Ex-Concelleiro para todo, señor Flores, aclara as medidas máis importantes de loita contra o desemprego postas en marcha por esta a súa Xestora:
"Flores ha destacado el «importante esfuerzo» que ha realizado el actual Gobierno municipal para congelar los impuestos en este año"(Voz Galaico-Regional).
Cambiouse aquilo de Coruña Emprega por Coruña Desemprega. A próxima visita do Ex-Alcalde e actualísimo Presidente da Xunta Xestora do Término Municipal da Coruña á Cociña Económica (ou Ex-Cociña Económica, que vaias ti a saber...) vaise atopar contigo, conmigo, con el, con ela...con tod@s!
Podemos estar contentos. Son de tal calibre e dramtismo as cifras do paro na Coruña que case case case logran facernos esquecer as terribles cifras do desemprego en Galicia toda.
Medidas de alcance, sen dúbida algunha, combinadas coa subida de billete de autobús. Esta última resulta unha medida extrema de xustiza redistributiva. Quita aos pobres mozos/as, empregados/as, desempregados /ase xubilados/as para conxelar as taxas das licencias urbanísticas, por exemplo. É unha idea-proposta. Tamén se pode pagar fraccionado o IBI (Imposto de Bens Inmobles). Se tes unha propiedade en pleno centro de, poñamos, douscentos metros cadrados con vistas á bahía, aparte de tres ou catro pisos postos a especular polos barrios periféricos da cidade PODES PAGAR FRACCIONADAMENTE os teus impostos. É outra idea-proposta, pero seguro que non é verídica. Ademais, sempre podes venderlle a unha pobre viúva propietaria dunha vivenda de corenta metros cadrados do Grupo Franco, por exemplo, que pode pagar fraccionado tamén o seu IBI. Tod@s iguais, tod@s libres.
A mobilidade, outro exemplo de liberdade. Din que nomearon a alguén para ser Ex-Concelleira de Mobilidade do Término Municipal da Coruña, pero nunca a vin. Xúroo. De feito, os anuncios vencellados a transporte público, por exemplo, corren a cargo do Ex-Concelleiro de Tráfico. Claro que si...para que enredar?. Un exemplo: a supresión do carril-bus, ou mellor dito, a súa sustitución por un novo sistema de paso preferente para buses urbanos. Unha tomadura de pelo anunciada e promocionada a bombo y platillo polo Ex-Concelleiro de Tráfico, quen se esqueceu de medir o ancho dos buses da Compañía e deseñou un carril máis estreito que provoca que os vehículos de transporte público coruño ocupen parte importante do carril antes destinado unicamente a vehículos particulares. Volve a circulación en "fila india" polas principais arterias comerciais da cidade. Albricias. Fálase tamén de suprimir bolardos para facilitar o aparcamento en "liña descendente", isto é, enriba das beirarrúas. Para axilizar as xestións dos cidadáns. Albricias again. Isto de suprimir o carril-bus xa vén de sempre na Coruña. É unha tradición arraigada entre a dereita arraigada da cidade. Antes Vázquez, agora Negreira. Que máis ten? Queda inaugurada a Ex-Concellería de Inmobilidade.
Educación -esa tontada- non aparece máis que para dar disgustos. Recórtanse programas emblemáticos da "casa" como o Luditarde inmisericordemente ou liquídanse actividades extraescolares ou páganse literalmente miserias aos educadores/as que as imparten. Contrasta isto co tradicional afán deste tipo de "xestores" por colocar a fillos, amigos, familia e afíns varios de inutilidade manifesta en postos de traballo inmerecidos e, por suposto, suprabenpagados:

A Cultura, un importante motor económico da cidade, xa non existe. Tampouco parece existir persoa xestora do asunto. Hai algo programado? Hai algún criterio lóxico, aínda que sexa desde a lóxica da dereita? Hai alguén aí? Pasou o outono, chegou o inverno, e non acabo eu de ver nada. O Rosalía segue anunciando os ciclos de 2011 e para o Ágora anúnciase cousa boa e moderna para toda a Agra do Orzán. 40.000 habitantes do noso Señor e seguimos sen unidade técnica de Servizos Sociais no barrio. Non fai falta. Para iso están os bares! Ponme outra!
Logo hai unha cousa que se chama inercia, palabra estraña e suxerente que deriva de inerte. As instalacións deportivas, os Centros Cívicos ou as bibliotecas continúan aí, como cando espertou o dinosaurio. Deporte faise, supoño, e algunha actividade se organiza, como sempre. Tamén os Canguros Municipais deben estar activos, aínda que non se fale xa da súa existencia. Os Locais de Ensaio sei que si. Non sei máis que non teña que ver coa inercia ou coa condensación. CONDENSACIÓN. Gran película. Calquera día nos poñen a xestores inmobiliarios a dirixir todas estas instalacións, como fixeron co recinto feiral Expocoruña, e santas pascuas.
En fin, ata aquí o informe superficial que adicamos ao incansable labor realizado pola Xunta Xestora do Término Municipal da Coruña. Un labor nunca ben ponderado que implica sacrificios sen conto, acción a raudais, realismo a toda cor, escenas lúdicas en HD con 3D e a toda a hostia de sorround, escenarios de luxo, secundarios ben dramatizados e un descenso histórico de ventas en todo o comercio do centro coruñés, ese que repirou aliviado cando retiraron o carril bus, ese que suspirta polo fin dos bolardos e que tanto celebrou o acceso ao poder dos nosos actuais e eficacísimos xestores. Que lles sexa de proveito a tod@s. A outra cousa, volvoreta.
(Vivaaaa vivaaa viiiivaaaa.....plas plas plas plas plas)
DON CARLOS: ¿Y me dice usté, querido vecino de Katanga, que yo vengo siendo Alcalde o algo de esta ciudad? A ver...déjeme pensar un poco....mmmmmmm....es que creo que me acordaría de algo así, ¿no?