Páginas

Katanga a vista de páxaro (3)


A primeira das fotos corresponde a un máis que discutible límite natural de Katanga. Efectivamente, aínda que para moitas persoas Katanga non é máis que as casas de Franco e rúas que as delimitan, entre as que se encontra esta rúa Mosteiro de Bergondo, sempre con tanto tráfico e bugas aparcados nos lugares ou dos xeitos máis inverosímiles, onde aínda quedan lugares de referencia no barrio como Fina Piñeiro, ese bar-tenda imprescindible (esperemos que a próxima xubilación de Fina non signifique que quedemos sen este rincón), a librería Mosquera, que xa leva desde 1984 o que é un merito enorme para un comercio das súas características, a tenda de Celsa, emparentados coa xente do Sao Paulo, Alberto e Lola, sempre tan amables. Tamén está ubicada a igraxa de Katanga, San Francisco Xavier, e o centro de Cáritas Boandanza. Prometemos adicar máis tempo e espazo a todo isto.




A segunda foto corresponde a Alfredo Tella, quizais o límite sur comunmente aceptado por todas e todos os veciños. Este cruce é maldito. Aquí destacan o taller, as quinielas, o zapateiro, as gominolas, a carnicería ou a librería Dumbo. A panadería de Rozas (un pouco lentiño o servizo, ás veces desesperante) ou a tenda de bos produtos asturianos e galegos dan conta da variedade da oferta comercial katangueira que xa quixeran noutras partes da cidade onde apenas quedan comercios e tendas de barrio por peche ou onde ninguén se atreve a intentalo (Novo Mesoiro, Rosales...)polo custo esaxerado dos locais e a falta de perspectivas comerciais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario