Fotos para o día despois + Parque do Obsevatorio
Continuamos onde o deixamos onte: este pedazo de obra que cumpre perfectamente coa lexislación vixente, sinaladamente no que se refire á seguridade no traballo dos demais (seguridade laboral, vamos). Ese pedazo de obrarrrrrrrrrrr condemoooorrrrrrrr que disfrutan os veciños da rúa Julia Minguillón.
Pois aí quedouvos a foto esta.
Aproveito a entrada para lembrarvos que teño pendente, e penso cumprilo, falarvos do Campo da Burra, isto é, do Parque do Observatorio e o seu follón. Prometo facelo nos próximos días. Por agora, conformádevos con esta bonita foto que nos envía Pacotron e, se queredes ver lío, pinchade a maiores AQUÍ.:
Para os que non pinchastes AQUÍ, quedadevos coa foto da manifa, que está de vicio.
Por certo, e xa que falamos do Observatorio: ¿hai alguén que coñeza aos que viven aquí?
Premiarase aos que informen enviando un correo a katangueiro@gmail.com.
Dígoo porque Katangueira, que aínda sendo de Monelos aprecia a nosa forma de vida, preguntoume pola mañá se sabía se estaba en venda, ou sexa, se a crise esta provocou que sabe Deus quen precise vender o seu chalete. Así que....se sodes os propietarios, aquí estamos coas orellas en posición.
Abur, yogur.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Muy lindas y buenas fotos. Gracias por hacerlas y compartirlas con nosotros.
ResponderEliminarSaúdoss!! Acabo de coñecer da vosa existencia, xa tedes unha ligazón na nosa web apuntado aquí!!
ResponderEliminarObrigado ao David Santos e ao Blog dos Mallos
ResponderEliminarÉ incrble ata onde pode chegar un blog. David é de Aveiro. Coñezo moi ben Aveiro, e naveguei polos arrozais.
ResponderEliminarAsí é, Pacotron. O mundo faise pequerrechiño.
ResponderEliminarUnha cuestión. Como vexo que conoces a Pacotron,¿estaría disposto a que lle fixésemos unha entrevista das nosas para o blog do Ventorrillo? Tamén lla podemos mandar por mail e que a responda tamén por email. Ou ben nos pasamos pola libraría e punto, pero agora debe andar algo liado coas eleccións.
ResponderEliminar