Páginas

KATANGA: XA ESTAMOS AQUÍ!!!!!!!! (non podíamos ser menos)

MANIFESTO KATANGUEIRO NÚMERO 1:


Xa estamos fartos de ser os menos apreciados da Agra en particular e da Coruña en xeral. Non temos a culpa nin do urbanismo irracional, que non nos permite soñar cun fácil aparcamento cando volvemos a CASA, nin de estar a medio camiño entre a Agra Agra e o Ventorrillo Ventorrillo. Nós non somos os que che roubaron o casete ou cedete do buga cando o apalancas por aquí de calquera xeito, inventando novas formas de distribuír e entender o espazo.
Tamén estamos fartos dos ionquis, de Penamoa, do ruído, do penoso estado das nosas rúas, parques (???????), beirarrúas e espazos verdes (???????) e da falta de calidade urbana en xeral.
Dis que os que mandan prometen que co plan URBAN, tamén chamado URBANA-C, acabaranse todas as nosas e vosas penalidades. Pois ben. Xa que non podemos, DE NINGUNHA FORMA, confiar nas asociacións de veciños máis próximas que temos: Agra e Ventorrillo, controladas por personaxes máis que por veciños e veciñas de verdade preocupados por este noso querido (qué remedio) barrio, adicarei os meus esforzos en contarvos todo o que de verdade vai ir acontecendo por Katanga-Koruña para que podades opinar e compartir ideas sobre todas as cousas marabillosas e magníficas e extraordinarias que nos van ocorrer. Sen máis, hoxe despídome mentras aprendo un pouquiño máis sobre este mundo dos blogs veciñais. Unha aperta e, sobre todo, moita paciencia a todas as persoas que viven, é un dicir, do comercio e hostelería do noso barrio, que o están a pasar fatal.

Xa vedes como se está a poñer o barrio en canto a dinamismo comercial.......

No hay comentarios:

Publicar un comentario