Mundo insólito


Que a señora arriba retratada queira aparcar sobre as beirarrúas marinedas estraña un tanto. Non a vexo, non. Non a dou visto pilotando un monovolume, ou un audi trucado, por aí a biturbo. Estribor montado en bolardo, babor en asfalto. Sobran eses bolardos ou falta un algo de civismo, que non cinismo? A primeira pregunta do millón katangueiro.


Que os hostaleiros demostren que a gramática non era, efectivamente, o seu déixanos indiferente. O que non entendo é que pedían. ¿ Poderse tomar as capichuelas na rúa, poñer musiquilla ambiente ou poder vestirse de horteras en pleno novembro??? Ou moi corto son ou non o pillo...


Que se eran seiscentos, que se eran seis mil...a foto é reveladora. Conten, conten, como fixo o nené, e verán. Desde logo, moitísimo máis perto dos seiscentos que dos seis mil.


Que todos estamos preocupados polo comercio coruñés, como por outros sectores estratéxicos da nosa cidade, é caer xa na redundancia. Eu non merco nos Centros Comerciais desde hai moitísimos anos. PREGUNTA DE OUTRO MILLÓN: Cantas das persoas que vostede ve nesta foto mercan os libros do cole de fillos ou netos na librería de barrio, mercan a cesta máis grande do mes nas tendas do seu barrio, mercan marcas de leite de aquí, fuxindo coma do demo das marcas brancas ou compran a roupa en tendas que non son franquicias, cantas, cantas?????


E por último...non entendo o deste carteliño. Irá por libre????

En fin, delfín. Desde o día despois, the day after, deséxolles a todos a mellor das sortes...


Os abaixo convocantes e apoiantes

DEZ RAZÓNS DUNHA SENRAZÓN OU CANDO, COMO, QUEN, POR QUE, PARA QUE
by Katangueiro


1. Vivimos unha crise económico-financeira que incide como poucas veces antes no consumo das familias. Millóns de persoas hipotecadas nun contexto de incertezas de toda índole, incluídas as que producen os vaivéns dos tipos de interese que marcan a diferenza entre poder ou non poder pagar, entre ter e perder, millóns e millóns de persoas, digo, con menos capacidade adquisitiva que no primeiro lustro deste novo século.

2. Asistimos desde hai uns anos a uns hábitos de consumo cambiantes, condicionados á menor dispoñibilidade de tempo do que dispón unha familia media actual para realizaren as súas compras, que benefician ás grandes superficies comerciais, pensadas desde o comezo precisamente para esta situación. Non se trata de se se instalan tales ou cales centros comerciais, do que se trata é de que á xente lles encantan. Hai quen colle os nenos, méteos no coche o sábado pola tarde e...ala...a pasar o tempo ao Dolce Vita mentras papi e mami fan unhas compriñas....

3. Empregar a crise terrible pola que está a pasar o comercio tradicional, sexa do centro urbano ou dos barrios periféricos, para combater as políticas de apoio e promoción da mobilidade, as políticas que priman o tránsito de vehículos de transporte público fronte ao uso privado -e privativo- do vehículo de cada quen, as políticas de rehabilitación de espazos urbanos ou as políticas que apostan por un urbanismo humanizado é como pretender culpar da actual crise á poboación inmigrante, como está a ocorrer en Cataluña e desde a mesma base social que aquí condea estas políticas: a base social militante do Partido Popular, entre outros...e outras.

4. Algúns dos principais convocantes, sexa a título persoal ou en calidade de representantes dos hostaleiros, do comercio do centro ou da propia Federación Provincial de Comercia da Coruña, exercen as súas actividades preferentemente en rúas sen tránsito rodado, isto é, en rúas peonís, ou en auténticos bulevares, como é o caso do negocio de mobles do Presidente da Federación de Comercio. Ningún dos convocantes posúe negocio algún onde se poida aparcar enriba das beirarrúas, deixar o coche en doble fila ou, mesmo en varios dos casos, sen tan siquera transitar. Por que non queren para os demais a mesma calidade urbana da que eles xa se están actualmente aproveitando???

5. Entre os convocantes e impulsores desta protesta figuran algunhas persoas recoñecidas no mundillo protesteril da nosa cidade: convocaron ou apoiaron concentracións contra a "terrible imposición" do galego, convocaron ou apoiaron algaradas varias contra a política de erradicación do chabolismo, protestaron contra o botellón, chegando a esixir leis prohibitivas que desde que goberna Galicia o Partido Popular seica xa non son tan precisas, protestaron contra a lei de memoria histórica, excitaron os ánimos veciñais contra Penamos xusto cando o problema está a piques de solucionarse e despois de dúas décadas de silencio cómplice. 

6. A meirando parte dos convocantes ou aopiantes simpatizan ou directamente militan no partido que tivo a máxima responsabilidade nas políticas comerciais da nosa Comunidade en dezaoito dos últimos vintedous anos, o partido de Fraga, Feijoo, Negreira ou, máis fóra de nós, Esperanza Aguirre. O partido dos que nunca nunca son responsables, pese a que "exerzan", é un dicir, as correspondentes responsabilidades. Noutra orde de cousas, gustaríame saber CANTA DESTA XENTE REALMENTE GASTA OS SEUS CARTOS NO COMERCIO DE BARRIO!!!! Nós, os katanguistas, si que o facemos.

7. A maior abundamento, e para completar o frikismo desta convocatoria sen razón, se persoeiros coma Carlos Marcos ou Corcoba se apuntan a ela, como semella, de igual maneira que Izquierda Hundida, a foto fixa desta algarada terá moitas motivacións e moi diversas, certo, pero estará moi alonxada da reivindicación da importancia e necesidade dun forte e asentado comercio local. En fin, delfín, que só vai faltar Rosa Díaz!!!!

8. O apoio que determinados "líderes" e "lideresas" veciñais están prestando a estas protestas non fai máis que confirmar os nosos temores sobre a falta de visión e realismo dunhas institucións e unhas persoas que máis que favorecer a calidade de vida dos seus veciños e veciñas alimentan a trampa da demagoxia conservadora que, aproveitando o normal malestar que xeneran as obras públicas, especialmente se son de envergadura, desacreditan actuacións encamiñadas a mellorar a calidade deses espazos urbanos ANTES de que esas obras dean remate. Todo isto ao berro de "calquera pode ver que isto está mal feito ou planeado", igual que agora tamén din"calquera podía ver que a burbulla do ladrillo ía rebentar máis cedo que tarde". Igualico igualico que el difunto de su agüelico....

9. Aínda está por ver algunha entrevista a convocantes e/ou apoiantes falando do urbanismo especulador, que detraíu a innúmera poboación moza traballadora cara a novos espazos urbanos de concellos limítrofes, como un dos causantes da pouca actividade comercial de determinados barrios. Tampouco ninguén semella dar importancia a que se pides prezo por locais en desuso desde hai varios anos podes atoparte con que de mil ou mil cincocentos máis ive non baixa....e con reforma necesaria....

10. Por último, ter escollido unha data adicada EN TODO O MUNDO a denunciar a violencia de xénero, que causa milleiros, se non millóns de vítimas ao ano neste noso planeta, demostra sen ningún XÉNERO de dúbidas a catadura moral de quen non lle dá importancia nin a esta data nin ao que se conmemora. Había moitos días, o comercio local padece moitos problemas, pero tiñas que escoller precisamente ese día. Así se lles atragante. Punto.

CARLOS NEGREIRA: A ver, Fonsito, que me pierdo...Esta mani para qué era???
ALFONSO RUEDA: Joder a quién preguntas, que guevazos tienes...Será por el gallego....o algo...Deja, que ya veo al Cañete haciendo botellón por allí....ya verás como ése sabe...

Mo chara na hÉireann...(miña querida Irlanda...)

by Msarkadina...como non.....

Non sendo experta en micro ou macroeconomía (ben me chega con atender ás miñas contas) non podo facer unha análise demasiado profunda. Necesitei a axuda e as explicacións dalguén que sabe (moito) e ten unha paciencia infinita ademais dunha gran aptitude pedagóxica. O que aquí escribo é un resumo da barbarie liberal que abocou á actual situación económica irlandesa, tal como eu a entendo, do xeito máis sinxelo e gráfico posible (tamén). Descúlpome de antemán polos meus posibles erros. Insisto, unha vez máis, que eu son unha pobre lega na materia.

Como empezou todo:

1.- Irlanda entra no euro.

2.- O goberno irlandés decide crear un pseudo paraíso fiscal na eurozona, deixando á banca a potestade de autorregularse. Isto vén significando que deixaron que fixeran o que lles dera a gana.

3.- Daquela en Frankfurt (Banco Central Europeo) practicábase unha política “xenerosa” e tanto os bancos alemáns como os franceses fan o seu agosto de emprestar cartos ó tigre celta (ser non era tal, pero actuaba como se o fose, que é o que se estila nestes tempos).

O tempo da bonanza pasa, inclemente e chega o ano 2008. E con el o pesadelo.


A caída de bancos como Lehman (e outras catástrofes) conxela os mercados financeiros e o mundo enteiro decátase de que está empufado.

Daquela os bancos irlandeses (ultradependente dos cartos emprestados doutros bancos europeos) quedan desamparados. Cando a desconfianza é a moneda común (ninguén empresta a ningúen) resulta misión imposible renovar ou ampliar un crédito.

A “magnífica solución” do gobernó irlandés? Como eses bancos liberaloides con ética de tudo-vale non teñen liquidez deciden darlles unha axudiña (diñeiro público, of course). Pero o “problema” non se dá superado, así que seguen a dar cartos para ese saco sen fondo. Ó final acaban nacionalizándoos e descubrindo, con horror, que o auténtico problema eran os activos tóxicos (as hipotecas subprime, por exemplo) e non a falta de liquidez. Finalmente o que se consigue é nacionalizar a débeda bancaria. Consecuencia? RECORTES DOS ORZAMENTOS PÚBLICOS E RECESIÓN.


O Estado, fagocitado polos “pecados” da cobiza da banca (coa complicidade da clase política e empresarial e a pasividade de gran parte da poboación), comenza a padecer as mesmas penurias: tampouco inspiran confianza así que non lles van dar nin a hora. A principios deste mes (Novembro de 2010) é evidente que a débeda bancaria é maior que a economía do país e que o estado irlandés non poderá salvalos. O aguerrido salvador necesita un rescate urxente, xa na bancarrota.

O euro permitiu a tolemia do euro irlandesa ou islandesa. Pero o caso irlandés é deprimente. Non lles permitirán devaluar a moneda porque iso significaría reducir a débeda e, polo tanto, unha diminución de ingresos da usura dos antano xenerosos prestamistas alemáns ou franceses. Tarde piaches, mo chara na hÉireann (miña querida Irlanda)! Non te deixarán escapar…



Espero que esta terra volva a ser o que sempre foi: unha terra de santos e poetas (como Rory Gallagher, un exemplo do que deu esta illa).



MADERILLO O'HARA: Pero cómo se está poñendo o patio....
CONDUTOR O'REILLY: Glabs.....acabemosss co capital....que a cgrissse....snurlsss...a paguen os bancos....!!!!! (Hoxe sobroume unha guiness...)

Como en Irlanda....abur, yogur....

Deconstrución europea....


Con outro Estado-Nación -Irlanda- a punto de caramelo para a intervención económico-mercantil da SÚA economía, absolutamente boiante ata que "decidiron" emprestar aos bancos máis diñeiro do que tiñan, véndose por tanto agora con problemas para pagar a débeda contraída con estes mesmos bancos, e cos veciños portugueses amagando con abandoar o euro, non sabería dicir se Europa vai de cachas ou se na cociña común europea tomou o mando o mesmísimo Ferrán Adrià: churrasco de polo ao nitro en salsa de cervexa negra e aroma rancio de alcanfor.....

Incertezas célticas...

Ameazas lusitanas....

E Galicia....cada día máis linda máis linda....

FERROLÁN: ...Cada día mellor e mellor.....
ALEMÁN DE AUSTRIA: Da, da...jijijijito....(esperrra a conoserrr mis banquerrrros...)
O DO MEDIO: Pero qué carallo levará este ferrolán colgado do pucho????
FOTÓGRAFO SEGUNDO PLANO: Hostiaxá...volvín quedar sen carrete...A ver qué lles digo a estes.....

Sobre a decadencia do comercio coruñés...

by Pacotrón

Resulta empiricamente comprobable a nosa rotunda defensa do comercio local marinedo, máis intensa se cabe cando se trata da pobre Katanga. Hoxe, nuns minutos, diferentes asociacións comerciais comezarán unha asemblea en ExpoCoruña para denunciar as políticas do Concello da Coruña, políticas que, segundo din estas entidades, están arruinando a este importante sector e motor económico da cidade. Nós non estaremos nesa protesta. Explicámonos:

Por unha banda, o toque a rebato de comerciantes locais contra o carril-bus, as peonalizacións, os ancheamentos e melloras de pavimentos e beirarrúas ou a instalación de bolardos para IMPEDIR QUE OS BUGAS SE SUBAN, non forma parte nin da nosa cultura social nin do que se leva facendo na Europa Europa que ten unha calidade de vida, incluída a comercial, moi superior á nosa. Que viaxen estes señores -Agromayor ou Cañete- por Holanda, Alemaña, Dinamarca, Suecia ou Reino Unido, por exemplo, a ver se alí hai ou non hai bolardos, carril-bus ou amplas zonas peonís.

Por outra banda, qué semellante resulta este chamado á rebelión a aquel berro de vivan las caenas que pronunciaba un pobo de Madrid excitado polo rebumbio tradicionalista e caciquil enfrontado ás teses da revolución francesa, esas que apostaron pola igualdade, liberdade e fraternidade en vez da sumisión ao clero e á nobreza. En fin, TODO ISO QUE VEU DESPREZAR BENEDICTO XVI ONTE ANTES DE BAIXAR DO AVIÓN. As competencias comerciais, tamén as de instalación de novas superficies, son da Xunta de Galicia, en mans deses que son máis papistas que o papa. Por que será que nesta asemblea de comerciantes cabreados ninguén menciona isto??? Por rancios. Por rancios penosos e incompetentes. Que viaxen, plis, que viaxen dunha vez -pero non a Tailandia, Cuba ou Punta Cana, señoritos, senon a Europa-.

Por último, para que non se nos acuse de bárbaros que negamos a razón, sustituída polo insulto e/ou descalificación: no nosa Katanga non hai carril-bus, nin bolardos nin amplas beirarrúas (en esp. "aceras"). Podes deixar o carro por aí ciscado, mesmo subido nalgunha das numerosas esquinas entre rúas, e mirade que ben lle vai ao noso comercio!!!! Ah, perdón, hai unha excepción. A rúa Barcelona ten a maior actividade da Agra toda, e unha das maiores actividades de toda a cidade.....Ah, que resulta que é peatonal....e ten bolardos......

DOUS EXEMPLOS DOUS:

Exemplo A: modelo de mobilidade da Federación de Comercio e Asociación de hosteleiros da Coruña


Exemplo B: modelo europeo de mobilidade e reactivación comercial


Escollede vós!!!!!!!

Aburete....

Para tranquilidade dos seus lectores...

...A Voz de Galicia informa:


A previsión máis probable é que non chova durante a visita do Papa a Santiago. Nada que ver cos terribles agoiros que nos agardaban a comezos de semana. Ver agoiros.

Menos mal que vén o Papa. Non me protesten. Se non fose por esta visita, o Camiño de Santiago non pasaría de ser unha tradición regional. Cómo qué??? Pois así o indica o señor Arzobispo de Santiago en persoa, que algo virá sabendo do asunto promocional e de marquetín espiritual!!! Ver paranoia.

Tampouco estaría de máis comezar a ver esta visitilla como unha oportunidade de negocio. Así é, amiguiñas e amiguiños katanguistas. O terrible custe de todo este enredo, incrementado con outros gastos moi dificilmente computablesverase sen dúbida compensado coa consabida chuvia de millóns que acompaña a esta persoa. Os medios de Madrid máis acreditados calculan uns beneficios tales que con que a Súa Santidade (súa deles) quede na nosa querida Compostela unha ou dúas semanas saímos da crise pero de ya!!!!

En fin, que podedes seguir todo o relacionado con este magno evento no especial que o medio escrito regional máis importante de Galicia ten permanentemente actualizado, para tranquilidade dos seus (seus deles) lectores, of course!!!!!

LA PAPA: Tanto Papa, tanto Papa...LA PAPA!!!!

Bueno, que non todo serán facilidades, xa que a maligna campaña de desprestixio e difamación emprendida por uns poucos que non representan a ninguén podería estar deixándose notar na afluencia de turistas e turisteos varios...Menos mal que aínda quedan exemplos de xentes humildes e sinxelas...para tranquilidade de todos os lectores deste xornal...sen esquecer outras boas intencións algo menos ao alcance do común dos mortais...

Animamos desde aquí ao conxunto do colectivo homosexual para que acudan a Compostela tal cal pelegríns gozosos. A ver se se curan, que falta lles/nos fai, o Papa dixit!!!!

Se, por outra banda, ti es unha desas persoas desleixadas que non ten sentimento de ledicia algún ante a visita galaica do Pontífice, preme no enlace inferior e tómate un lilapause!!!

Con la Iglesia hemos topado, amigo katangueiro!!!

Ou ben preme directamente no seguinte botón de descanso....




Aifssss......que faltaba Paco o dos euromillóns!!!

Abur, yogur

Kavernícolas

by Katangueiro

Vale que a esquerda política non che me anda moi fina en situacións de crise do capital financeiro como a que estamos vivindo en Katanga. Cousas do ideoloxismo dos nosos tempos, que procura atopar acomodo ao enfrontamento entre a base dogmática e a máis crúa realidade.

Vale que a esquerda social, todas e todos eses katanguistas que se dan de conta das "cousas" desde a síua condicións de oráculos do que se coce entre o asfalto e a terra, tampouco che nos anda moi atinada en canto á responsabilización disto que se nos veu enriba. Cousas de combinar a inquietude social cun bo leitor de Blue-Ray.

Vale que certos elemento, coma nós, desistamos de practicar a máis básica e clásica pedagoxía política, a de antes, a de sempre, para refuxiarnos nestes espazos virtuais facendo o avestruz inmisericordemente. Vale, vale, vale e vale xa.

O que non debemos permitir, nin uns nin outras, é que os cavernícolas dereitosos -que non é o mesmo que as persoas de ideoloxía conservadora, non confundir-, isto é, os kavernícolas, campen ás súas anchas polo Estado katangueiro adiante, uns días excitados pola desaparición dos ministerios eses nos que nunca creron nin crerán: Igualdade e Vivenda (Pública), outros días imbuídos eles e elas na áurea de superioridade que dá vivir de puta nai sen merecelo nin coñecerse máis mérito que o de gustar a unha excelsa minoría que di, que pensa, que defende que estes personaxes son uns artistas da palabra ou algo así.

Que que quen charloteo???? Fácil, dos 240.000 euracos que se mete entre peito e espalda Lolita de Cospedal sen necesidade de ser cargo público dalgunha administración nin gañar unhas eleccións (unha Senadora é un cargo público, seguro, polo menos na teoría, pero non é como ser Presidenta, Conselleira ou Ministra). Agora entendo a esta muller cando falaba da austeridade do PP!!!! É da austeridade para os demais, claro clarito. Que se non????

E de quen máis largo??? Previsible, do Arturito Pérez Reverte, machote de España por la gracia de Dios, e do Sánchez Dragó, semental da Secundaria, perigo de toda a rapazada. Coidado, despistada alumna de 1º da ESO, que aquí che vai Don Fernando para ensinarte a ser toda unha muller!!!!

En fin, que vén sendo día de defuntos e haberá que pasar por algún camposanto, non vaia ser...e perdoade o abandono destes días. O Pacotrón quedou ao cargo pero quedou tamén sen ordenata...Cousas do século vinteún.....

DON ARTURO (Á ESQUERDA...DA IMAXE): Vive Dios que nunca imaginé tanto revuelo de progres babosos y feministas resentidas!!!
DON FERNANDO (Á DEREITA...EN TODOS OS SENTIDOS): Bueno, en mi caso el lío aumentó las ventas de mi libro...y mis fondos pecuniarios...jo jo jo jo jito!!!!!
DOÑA DOLORES (ABAIXO...SEN CONNOTACIÓN ALGUNHA): Ay, Don Fernando, cómo es usted...Supongo que yo le vengo siendo algo mayorcita peeerooooo......

Abur, yogur.....