Páginas

Xeroglíficos fotográficos katangueiros

Compartir
by Katangueiro


Imos cun xoguiño que a ver se vos gusta. Trátase do "Xeroglífico fotográfico katangueiro". É moi sinxelo, así que poden xogar da Coruña toda. Non acomplexarse.

Trátase de dar sentido ás seguintes series fotográficas, se o tivesen, despois dunha preguntiña e obter así a resposta que estas imaxes ocultan. Xa me liei. Procedamos. Haberá un importante agasallo para a primeira persoa -é un dicir- que responda correctamente a todas as preguntas.


1. Que institución coruñesa, rancia e caduca, abriu estes días o proceso para escoller novo Presidente* -e non é Hogueras de San Juan-?????

* Indicamos Presidente, e non Presidente/a xa que unha institución rancia e caduca que se preste NUNCA escollería a unha muller de Presidenta, nin nada serio, a non ser que estivese conformada UNICAMENTE por socias féminas. Aí si que vale...qué remedio.









2. Qué político local vén de anunciar a súa retirada definitiva da política protagónica -e non é Carlos Marcos-?????









3. Por contra, qué altísimo político conservador coruño está máis que relacionado co mundo da cesta -e non da compra, precisamente-?????









4. Qué equipo español gastou miles de fantastillóns en fichar outro nota que tampouco vai conseguir que gañen nin a Liga nin a Champion nin nel de nel -e non é o Depor-?????










E 5. Qué recoñecida expresión coruñesa....esta é fácil, nenos....que recoñecida expresión coruñesa da fala coloquial....quen a falle, capón!!!!.....significa, nin máis nin menos, "multitude" -e non é "mogallo"?????







Abur, yogur. En poucos días publicaremos as solucións a estes -aparentes- galimatías!!!!!


20 comentarios:

  1. Podo xogar?
    Podo xogar?
    Podo xogar?
    Podo xogar?

    ResponderEliminar
  2. Eu xogaría, pero non estaría de máis saber cal é o premio, se considerades oportuno desvelalo.

    ResponderEliminar
  3. o premio é ir na lista do bng para as eleccións coruñesas, entre margarida e paco gallego!

    ResponderEliminar
  4. O premio é de índole espiritual, que non sei se che vale!!!!!

    ResponderEliminar
  5. Claro que me vale! Pero imos esperar un pouco, que haxa máis xente que se anime a participar.

    ResponderEliminar
  6. unoquenoesmsarkadina2 de junio de 2010, 1:42

    Non coñezo todas as respostas, pero ainda que me fio do criterio do blog e sen acertar a institución caduca esa, acepto que o sexa, pola autoridade que este blog ten amosado ata agora; nembargante gostaríame facer unha matización. A elección dun varón como Presidente non fai mais caduca a institución que a elección dunha muller. Persoalmente non me gusta o xogo home-muller identficando a modernidade co feminino. Verbigracia, se así fora a Comunidade Autónoma de Madrid sería moi moderna, mesmo sería a máis moderna da Península, incluso máis moderna co Goberno bipartito da Xunta. A institución esa, de cuyo nombre no puedo acordarme, é rancia e caduca, vale, pero o sexo do seu Presidente nada nos di, salvo que non o lave.

    ResponderEliminar
  7. Conxelada e recortada2 de junio de 2010, 10:21

    Ola a todos/as, esta é a miña primeira incursión virtual nesta Katanga (as físicas son diarias) e estou un poco nerviosa porque creo que sei as solucións aos xeroglíficos, aí vou:
    1º Cámara de comercio da Coruña
    2ª Henrique Tello León
    3º Julio Flores Pérez
    4º Real Madrid Club de Fútbol
    e 5ª Abarrote no Parrote
    Gañei????? Xa vos mando un correo privado cos meus datos para que me enviedes o meu agasallo e agardo que sexa algo físico, que estou moi sobrada de espiritualidade. Bikos katangueiros

    ResponderEliminar
  8. Jopelines....Conxelada e recortada (será funci, será pensio????) gañou claramente!!!!! Se é que era moi fácil, katanguista do diaño!!!!! Xa che prepararei eu outros máis complicados, incluso para os coruños e coruñas!!!!!!

    En canto ao premio, problema de Katan. Que o resolva o nené. Pola miña banda, felicitacións!

    Unoquenoesmsarkadina ten TODÍSIMA a razón. De todas formas, un dos candidatables presentado estes días aseguraba contar para a xunta directiva ou de goberno ou o que sexa con varias mulleres, cousa "inusual en esta institución", nas súas propias palabras, co ánimo de modernizala e atraer xente moza. É de supoñer, en efecto, que o perfil desas mulleres non saia do conservador, pero certo é que a súa presencia dará novos aires á institución que non ousaches dicir. Pero, basicamente, tes razón.

    ResponderEliminar
  9. Xa sabedes!! Na vosa lista favorita nas eleccións coruñesas atoparedes a margarida, a conxelada e recortada, e a paco gallego.

    ResponderEliminar
  10. Periodista Revisionista2 de junio de 2010, 21:46

    DEFINITIVAMENTE, Y SIENTO COMUNICARLO, TENÉIS UN TROLL, O DOS. POR LO MENOS ESTOS TÍOS RAROS Y ASHLEY, SI ES QUE NOS SON EL MISMO, QUE NO SERÍA LA PRIMERA VEZ.

    ResponderEliminar
  11. Pois si, Periodista, iso parece. Demasiado tempo libre, aburrimento e escasa competencia social (non saben relacionarse de igual a igual) xeneran conductas desta clase. Non sei que resultado espera ou esperan conseguir con tanto intento de provocación reiterativa e pueril. Tampouco creo que consigan sentirse máis felices ou realizados ó cabo do día. Nin o sei nin quero sabelo. Silencio e indiferenza, que non enturbien a boa dinámica que hai aquí.
    Boa noite e, estes días máis que nunca, moita saúde mental (para uns máis que para outros).

    ResponderEliminar
  12. Graciñas polo aviso, Periodista, pero xa estábamos alerta. Aquí presumimos de non ter que eliminar ou moderar comentarios porque, para ser coherentes con nós mesmos, temos confianza plena no ser humano. Salvo escasas excepcións, of course....

    Por outra parte, dos trolls non se libra nin Frodo, así que nós non íamos ser menos que o pequerrecho heroe da Comarca!!!!!

    Se isto segue así, lamentándoo moitísimo, imos ter que moderar como medida preventiva. Agardo que non sexa preciso, pero témome (temémonos todos por aquí) o peor.

    ResponderEliminar
  13. Este é moi recomedable:

    http://www.statcounter.com/

    ResponderEliminar
  14. Disculpad mi ignorancia.

    En un blog ¿que se define como Troll?

    ResponderEliminar
  15. Katangueiro: o Statcounter é un servizo de "estatísticas web", que disque contabiliza as entradas nun blog a tempo real. É invisible e permite seguir o rastro dos "visitantes".

    Jesús: "Na terminoloxía de Internet, un troll (ás veces trol) é unha persoa que busca intencionadamente interromper as discusións en Internet (por exemplo en foros) ou anoxar os seus participantes, para o que adoita empregar mensaxes groseiras, ofensivas ou fóra de tema coa intención de provocar a reacción dos demais. A palabra tamén se emprega para describir ditas mensaxes".

    http://gl.wikipedia.org/wiki/Troll_(Internet)

    ResponderEliminar
  16. Gracias a Morrisey que temos a Msarkadina!!!!!!!

    ResponderEliminar
  17. Ha ha ha ha.....Creo que Jesús está preguntándose a tal hora se encaixa dentro da definición de TROLL!!!!!

    Non te preocupes, Jesús. Para nós non es un Troll. Un pouco Orco tal vez, pero non Troll. Aquí querémoste tal e como es. En serio.

    O que si que debería alguén explicar é o que se foi pasando por aquí estes últimos días. Se queredes ou valorades nalgo a miña opinión, dicirvos que é difícil saber se alguén meteu a pata...hasta el corvejón.....ou se esee alguén veu sendo enganado por un terceiro, ou terceira, non sei eu ben con qué ánimo. O certo é que despois duns días de tranquilidade aparente, que creo que durará, vou pensando se eses Trolls, porque creo que son dous polo menos, viñeron caer por aquí un pouco "despistados". Todo puido ter que ver cun bulo que circulou polo barrio hai un tempo sobre os administradores deste blog, e creo que sei que divulgou ese bulo. E está moi próximito a Katanga!!!!!!

    O certo é que unha cousa é colaborar nun blog e outra administralo e ser responsable dos contidos ou da liña editorial. Aquí alguén misturou persoas, ideas e cousas nun potaxe que non ten nin pés nin cabeza. A quen se lle ocorre virnos molestar con miserias que aquí nunca tratamos nin trataremos!!!!!

    A conta de todo este enguedello, estes días recibimos mazo de visitas novas...algunhas tan xeitosiñas como dalgún partido político, medio de comunicación local-galego, institución pública tal como algún Ministerio,....bueno, bueno, bueno....un potosí!!!! Benvidos sexades e agardamos que vos guste o noso...barrio!!!!!!

    CONXELADA : Non recibiches xa o agasallo???? Confírmao. Plis `plis plis tel mi.....

    ResponderEliminar
  18. Ah....Ashley, co seu perfeito portugués do Brasil, está na pomada....e quen suplantou a Msarkadina tamén.....pero estas teclas gardarán o voso segredo!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  19. Gracias por la explicación Msarkadina.

    ResponderEliminar