Páginas

Morra a crise, viva o peloto!!!

Compartir
by Katangueiro

ADVERTENCIA: OS COMENTARIOS AQUÍ EXPOSTOS PODEN FERIR A SENSIBILIDADE, A SUSCEPTIBILIDADE E MESMO A MORALIDADE DE DETERMINADAS PERSOAS. AVISADOS QUEDADES.




Que é máis patriótico español, desexar que la roja gañe o mundial ou, polo contrario, desexar que a chimpen ás primeiras de cambio???

En vista das noticias publicadas estes días sobre
as primas que estes rapazolos van cobrar se levantan a copa do mundo, semella claro que a resposta correcta é a segunda opción. Que non cheguen nin a cuartos, que así non ven un chú!!!!

Pero eu pregúntome -
un tanto asín avergoñado de pertencer á raza humana- se non houbo nin un deses rapaces que cando se lles deu a coñecer o que cobrarían se gañaban o mundial que comentase: "Home, graciñas polo pastón, pero como que me chega sen problema coa terceira parte diso para manter os meus chaletes e os da miña familia, os meus vinículos deportivos e os da miña familia e os meus liguetes e os da miña familia.....". Pero de verdade que non houbo nin un tan só cun mínimo de decencia que se percatase que nestes tempos de retricións dirixidas contra os máis febles NON ERA DE RECIBO NIN OPORTUNO NIN ECONOMICAMENTE CORRECTO aceitar unha prima así???????

Tampouco se entende ben, como denunciou un deputado do BNG no Congreso, que nestes tempos de apretarse o cinto
todo dios haxa clubes de jumbol gastándose o indecible mentras non pagan as débedas con Facenda e Seguridade Social. Probade vós a facer tal, a ver, a ver....Neste grupo de carotas, o caso do Real Madrid pasa de castaño escuro. Fichan ao Mouriño pola intemerata mentras deben á Administración -a nós- máis de 115.000 millóns das antigas pesetucas!!!!!! Non, se o día en que esa "casa" quebre, aínda será cuestión de Estado habilitarlles un
Fondo de Rescate como o da Banca!!!!!

E ao tempo, o Banco Mundial, eses cracks que non se enteiraron de que o temilla das hipotecas-lixo ía acabar mal pero mal mal, advírtenos que Spain is different e está moi grave, pero que as medidas de "axuste" van ben encamiñadas......Xa veredes que pronto se nos ofrecen para un prestamito salvador en cómodos prazos e ao 6 por cento de nada....que de algo teñen que vivir estes señores!!!!!!


EJECUTIVO: Uf, cómo está el patio....El año pasado me sobraban 10.000 fantastillones de nada y este año sólo me sobran 9.500.....Qué indignidad!!!!


E que dicir sobre o espectáculo en si, o mundial de Sudáfrica??? Seguro que o agardaban superansiosos os millóns de persoas que nese continente, algúns nesa mesma Sudáfrica, non teñen nin o máis mínimo imprescindible para sobrevivir, ou os nenos da guerra, ou as nenas escravizadas sexualmente, ou o conxunto de seres humanos informe que non chega aos 45 anos de esperanza de vida.....Que preferencias deportivas guiarán a estas persoas???? Estarán con calquera país africano, por iso de barrer para a casa, ou caerán tentados polo glamour infinito destes rapazolos da burbulla europea, engominados e chuletas, vestidos de Armani e deportivo entre as pernas, que pululan polas seleccións procedentes do vello -e tan vello- continente???

Non, se xa o di Shakira, e ben
clarito........"Samina mina ¡eh! ¡eh!, waka waka ¡eh! ¡eh!, samina mina Zangaléwa, porque esto es África".....entre outras lindezas como "Llegó el momento, caen las murallas, va a comenzar la única justa de la batallas"....e non fala de economía, non.....


PRIMAS DE LA ROJA: Pos nosotras no sabemos qué pintamos así, pero es chupi conocer a los jugadores....Amás, pagan bien!!!!!


Aburete, tribulete!!!!

4 comentarios:

  1. Ola, eu voume apresentar, meu nome e Nazima. Desculpe, mas o meu Portugues e muito básico.
    Eu nao gosto de futebol, mais eu entendo o entusiasmo coletivo do jogo. E algo humano.
    Nao vejo a admiraçao de muitos jogadores de futebol que se comportar como nouveau riche e desprezam suas origens. Eles são vulgares e ignorantes e nao o modelo para um modelo humano melhor. Pelo menos, a meu ver. Eu vivi muitos anos na África com a minha família e muitas outras partes do mundo. Sempre vim como o futebol e outros esportes serviu para unir, para eliminar as distâncias e torna-se agora nos países capitalistas como uma arma de controle. E uma perversao. Como e perverso que no pais de artistas como Simphiwe Dana, Illana May ou Zolani Mahola escolher a Shakira. Não é um mau artista, eu acho que nao representa o país ou o continente. Quando alguns ouvem sobre a crise estão surpresos porque não suas vidas sempre foron crise continuas. Saudaçoes desde United Kingdom e da parte do Hakim, meu irmao. Chakori, namaste. Namaste.

    ResponderEliminar
  2. Saudinhos, Nazima. Vejo que o seu português é tâo bom como o de Hakim!!!!! E têm um avatar muito bonito!!!

    O Katangueiro está muito enfadado com a crise e as suas consecuências sociais. Tambêm com a crise permanente dum continente como África. Pensa que ele é economista, mas nâo para pervertir a economia, senâo para fazé-la mais humana!!. Sempre há guerra onde há diamantes ou minerais preciosos que gestionam as grandes companhias do primeiro mundo. E nâo falemos das crianças que fabricam com as suas mâos pequenas os produtos esportivos ( sapatos esportivos, balôes...) deste e outros mundiais!!!!!

    Saúdos, Nazima. E ao Hakim tambêm. Um dia havemos nos conhecer!!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Din que non hai nada novo baixo o sol: Nos tempos da Roma imperial imperaba o lema "Panem et circensis". Marx dixo que a relixión era o opio do pobo. Parece que agora a retransmisión dos partidos de fútbol é droga dura para moita xente. Non andará por aí a temible SGAE? Dame na alma que moitos acérrimos futboleiros on se chegaron a cuestionar sequera a pasta gansa que poden chegar a cobrar os xogadores. Nin os xogadores cuestionarse renunciar a unha mínima parte desas primas. Hai toda unha trama de negocios ocultos, perfectos aprendices á Camorra ou á 'Ndrangheta, organizacións moi serias e eficientes. Para primos e primas, nós, que acabaremos pagando as débedas propias e alleas, para variar, ata o día do xuízo final. Como moi ben di Nazima o deporte serve para borrar fronteiras e acurtar distancias. Logo convértese nunha actividade profesional, nun sinal identitario, nun selo comercial. No momento no que se hipermercantiliza, está perdido. Xa non somos máis ca pobres peóns. A min, realmente, tanto me ten o resultado da selección de fútbol. Consolaríame saber que parte deses cartos fose doado para axudar ás persoas que cos seus impostos contribuiron ás subvencións que recibiu a Federación de Fútbol. Ou non ter que aturar o indignante espectáculo de señoritos infames como Manolo Lama en Cuatro. Tendo a fortuna de poder cambiar de canal na TV ou na radio, exerzo ese dereito, xa que me negan outros. Falar aquí da sangría africana sería moi complexo. Alégrome que se escollera un país como África do Sur, a pesar do longo camiño que queda por recorrer, a pesar dos abismos sociais e mentais que aínda perduran. A lectura de calquera libro de J.M.Coetzee, premio Nobel de Literatura, dá unha idea da devastación do apartheid na mente e nas vidas dos seres humanos. Ou "A leona branca" de Henning Mankell.
    Para quen lle interese saber o verdadeiro significado do "waka waka"/"Zangalewa":
    http://www.7medios.com/index.php/2010/05/06/
    conozca-el-origen-del-zangalewa-cantado-por-shakira/

    Por non deixar de lado a importancia do deporte como elemento de cohesión en países como África do Sur, velaquí está o poema Invictus, que moit@s coñecemos pola película de Clint Eastwood ou polo libro de John Carlin. Un antídoto lírico para non desistir nestes tempos de abatemento. Non só de pelotas e por pelotas vive o ser humano:

    http://www.ojosdepapel.com/Index.aspx?blog=1094

    Namaste para os amigos que estades lonxe e para os de Katanga. Moita forza!

    ResponderEliminar
  4. Periodista reservista14 de junio de 2010, 14:52

    ¡Ojo al mundo, que es de goma! La selección alemana de ayer puso en juego a dos nacidos polacos (Klose y Podolski), a un turco (Özil), a un originario de Túnez (Sami Kedhira), a un brasileño (Cacau), a un medio granaíno (Mario Gómez)....y se me escapa alguno más. ¡Alemania, quién te ha visto (en el siglo XX) y quién te ve!

    ResponderEliminar