Páginas

The day after: Mundo Sardiña

Compartir
a elucubreison by Pacotrón





Descoñezo se tivestes algunha vez o enorme "pracer" de percorrer, atravesar máis ben, Katanga toda contra as oito da mañá seguinte á noite de San Xoán.....Santo maldito, maldito santo.


A mistura de restos orgánicos procedentes dos fondos mariños das cercanas, e tanto, costas atlánticas domina a paixase urbana desde o fondo dos recolectores de lixo, o asfalto para o tránsito de vehículos, as beirarrúas deseñadas para a mobilidade humana, ata o parabrisas dalgún Peugeot tuneado. Tal son os tentáculos do reinado sardiñil.


Non sei ben por qué, pero este animaliño resulta tan agarimoso ao paladar nunha luminosa e soleada noite de finais de xuño como desagradable mesmo á vista transcorridas, apenas, unhas horiñas de nada e unhas cantas sardiñas devoradas regadas con birra ou viñote malo, no seu defecto. E qué defecto.


A señora que vende o pan, o quiosqueiro resacoso, o matrimonio da cafetería, os clientes de todos, ULEN A SARDIÑA!!!! Eu mesmo, non pillo a razón, ulo a sardiña pese ao importante aseo persoal dese día e o completo cambio de atuendo, por se as moscas. Literalmente,.....ULO A SARDIÑA!!!


Hai uns anos, un coñecido mesón do barrio, farto da chantaxe dos prezos deste peixe elemento, pasouse aos xurelos con ánimo de crear escola. Xurelos en San Xoán. Nunca tal fixera. Precisamente os veciños e veciñas, eses que en todo o ano non se toman nin un café ou unha cocacola nese hosteleiro lugar, armaron tal escándalo ante tamaño sacrilexio que nunca, pero nunca máis volveu ocorrer tal cousa. Eu probeinos encantado, e repetín e repetín. Iso si que vos é un peixe. Rico, con sustancia e nada desagradable á vista na mañá conseguinte.


Por qué non cambiamos de bicho? Eu qué vos sei. A min plin, que son de Lalín, pero eu xa hai anos que traizoei tal tradición e paseime inmisericorde, como tantas e tantos katanguistas, ao excelente, agarimoso, sustancioso, belido e parsimonioso churrasco. De porco, de cuxa, de cordeiro, de polo.....Churrasco mítico. Churrasco histórico. Churrasco galego.


Dentro dunhas horas, Katanga ulirá a sardiña. A Coruña toda tamén.


Sabíades que hai días en que ule a sardiña na Coruña e non son San Xoán?



SAN XOÁN: Mira, neno, a próxima vez que me volvas responsabilizar das porcachadas que organizades a conta do meu nome vaste meter este dedo por onde vas cagar as espiñas.....E para colmo, sen pagarme un puto royaltie polo uso da miña "marca"!!!!


Abur, yogur.....


5 comentarios:

  1. Bo proveito, nenos!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. A miña irmá e colegas foron dende aquí, así que supoño que contribuirían co lixo...

    ResponderEliminar
  3. Pobres sardiñas! A culpa témola nós, humanoides devoradores e productores de tanta porcallada. Nunca entenderei a causa de tanto desmelene colectivo esta noite en particular. Se a Noiteboa é o momentazo dos infartos, as pancreatites por enchentas alimentarias e etílicas ou os ataques de ansiedade polas disputas familiares e algo parecido sucede coa noite de fin de ano, a noite do San Xoán chega a convertirse nalgo así como a noite de Walpurgis. Novamente "o horror, o horror". Curda colectiva, vale, pero con sentidiño. Que por aí andan soltas esas amistades tan caritativas que che meten nunha ambulancia á mínima de cambio e acabas onde acabas e como acabas: con queimaduras de tercer grao, como se acabaras de sair dunha hecatombe nuclear e con vinte hepatocitos e cen neuronas de menos. Por non falar do triste panorama das rúas e das praias na alborada. Unha noite tan fermosa merece ser recordada por outros motivos.

    ResponderEliminar
  4. Paula: entón contribuirían co lixo do Verao......

    A ver se ti te animas a achegarte a este espazo urbano enquistado na mar salgada, no oceano inmenso, no solpor eterno......

    ResponderEliminar
  5. Msarkadina: pois eu facíate máis sardiñeira.....mira ti!!!!

    ResponderEliminar