Páginas

A lei do silencio

Compartir
by Katangueiro



Se ben hai ocasións en que un se sinte coma Sísifo, condenado ao xogo infinito de subir o pelouro ata o cumio inalcanzable para ver, sempre e en todo lugar, como esa rocha maldita cae ata o máis profundo do val unha e outra vez, hai outras moitas en que me recoñezo a min mesmo máis coma unha sorte de Terry Malloy, ex-boxeador algo sonado pero guapote que currelaba para o mafioso Johnny Friendly no enorme filme "A lei do silencio" de Elia Kazan.

O pobre de Terry, farto dos criminais procederes do seu taimado coronel suburbial, decide converterse nun delator, por obra e gracia do amor e do bo curilla que interpreta Karl Malden. Hai quen di que este filme foi a resposta que o grande director de orixe grega deu a todas as persoas que pasaran do sentimento de admiración ao de noxo polo seu testemuño contra compañeiros e compañeiras do Hollywood máis liberal durante a "caza de bruxas" emprendida polo corrupto e alcoólico senador Joseph McCarthy. Os mafiosos portuarios serían, nesta metáfora política, as súas antigas amizades comunistas e o propio Terry Malloy un trasunto, e vaia trasunto, do mesmísimo Elia Kazan. Deleznable.

O por qué destes sentimentos que asoballan o meu espírito animoso ata caer rendido, ben xa for polo peso da consciencia que roda monte abaixo, ou ben polas hostias ben recibidas no careto, que é o lugar onde os malos gostan de deixar marcas de castigo indelebles, non acaba de aparecérsem nin acaba de iluminarme ante o camiño que deba percorrer ante o derrubamento da casa onde habito, que é o meu propio corpo. Eu mesmo.

Unha idea non se me marcha dos miolos nestes últimos e sardiñeiros días. Cando rapaz, discutía moito cun meu amigo de corte trostkista e posado revolucionario. Segundo el, as crises do capital canto peores, mellor.
E nesas están moitos líderes sindicais actuais. Os galegos tamén, inocentes eles. Do que se trata agora, e seica hai quen se quere dar por enterado e hai quen non, é de que as crises do capital non inciden directamente sobre quen as causa. Nin siquera sobre o capital in sensu strictu. Inciden sobre as capas máis humildes da sociedade, capas que se reviravoltan ideoloxicamente cara á dereita, cando non ultradereita, procurando no discurso insolidario todas aquelas respostas que os informativos de radio, televisión ou prensa escrita, non semellan atopar ou expresar. Respostas que a esquerda, cainita ela, tampouco é quen de condicionar desde unha perspectiva puramente social.

No político, por outra banda, e coa importancia que terán as próximas eleccións -e as seguintes, e as seguintes, e as seguintes das seguintes...- asistimos impasibles ao esfarelamento das diferentes alternativas que se poderían conformar desde unha análise crítica que parta da "masa" social inconforme para dar chegado -é a pedagoxía, estúpidos- á gran maioría social. Tanto ten ese nacionalismo de esquerdas que no noso País representa o BNG como a "neo-refundación novamente novidosa da nova esquerda" que se nos presenta estes días desde a quase extinta IU. O máis triste e penoso é que, para moitísimos cidadáns, a alternativa está no PP.

Isto é o que non entendía o meu colegui e é o que non entenden moitas persoas na actualidade.

A lei do silencio imponse. O silencio dos cemiterios.

Será que nos suben o IVE. Será que Portugal xa o fixo hai tres anos e as cousas foron a peor. Será que temos medo e non damos atinado na correcta diana. Será falta de confianza en nós mesmos. En nós propios, por dicilo máis apropiadamente.

KATANGUEIRO: Pois non hai mal que por ben non veña. Con isto da putada que me fixo Hermes estoume poñendo dun cachi.....!!!!!!




Abur, yogur!!!

9 comentarios:

  1. Disque crise é sinónimo de cambio crítico e profundo, talvez de revolución. Pero non sei qué sucede que eu, en case tres anos, non apreciei ningún cambio trascendental. Talvez sexa que eu sigo moi aletargada e sair do meu particular trance xa me resulta difícil abondo. Non sei ata onde teremos que chegar para espertar e alzar a voz ou, alomenos, decidir que non queremos seguir sendo cómplices desta maquinaria brutal. Ás veces é máis efectivo combatir con multitude de pequenas medidas cotiás que non con grandes xestos efectistas.
    A película dá moito que pensar case cincuenta anos despois. A min aínda me resulta curioso o nome de Johnny Friendly (amable ou amistoso) cando ás testemuñas delatoras recibían o nome de "friendly witness". Ou que ese sindicalista mafioso, presuntamente comunista, recibise a chamada dun tal Mr Upstairs (o que está escaleiras arriba); do que se deduce que é un xerifalte empresarial. Novamente o gatopardismo.
    Un exemplo moi similar sería o de Jimmy Hoffa.
    Veño recollendo información de diversas fontes e contemplo con especial envexa Escandinavia e Canadá. Desde hai anos consideran as axudas sociais coma unha investimento de futuro. Tamén hai que dicir que esixen un exercicio da cidadanía maduro e responsable. As conquistas sociais perigan pola ambición duns poucos e aquí espéranos isto:

    http://www.publico.es/dinero/323947/
    bienestar/peligro

    Lembrando a Terry Malloy veume á mente Stanley Kowalsky, que non ten nada que ver, claro está. Pero é pola frase que dicía Blance DuBois en "Un tranvía chamado desexo": "Sempre dependín da bondade dos estraños". Nin iso nos deixan.
    E se o Katangueiro se nos pon fortachón co conto de arrastrar o pedrolo en plan Sísifo, estupendo.
    Hai que estar preparad@s.

    ResponderEliminar
  2. Sen ter relación etimolóxica, cómo se semellan "bondade" e "vontade"....Proba en alto e verás, Msarkadina.

    Dito isto, vai sendo hora de que che apliques un pouquiño, se podes, e nos envíes algo. Teño ao Pacotrón liadete e con gana de praiuni e a min xa me vai entrando tamén ese desleixo que acompaña ao estío....

    Polo que nos espera...ou desespera....qué queres que che conte se non sei nin o que podo agardar de min mesmo??????

    Bicasos!!!!!

    ResponderEliminar
  3. A min non me enredes, katanguista do demo. Quen anda con gana de verdade de praia é a Katangueira. Problema teu, meu. Problema teu. Eu estou a darlle unhas voltas a algunha maldade, coma sempre, pero non atopo o "estado de ánimo" para ser feliz facéndoa!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Se cadra a masa social inconforme ten sentimento de culpa. Se cadra as axudas sociais percíbenas aqueles que non declaran un chú (diñeiro negro disque lle chaman. Diñeiro insolidario mais ben). Todos damos paos de cego na búsqueda da solución, pero antes de atopala levaremos paos o daremos-lle a algún veciño. Dende logo os partidos de esquerda non nos están axudando nadiña. Ante o descrédito da economía, solete e praia, ahí sí que se pasa ben, e non necesitamos mais que un bañador ou nin eso.

    ResponderEliminar
  5. Si señor. Moi atinado Megustakatanga! Pero o feito de que haxa quen recibe axudas sen merecelo, ou sen esforzo ningún en contrapartida, non debe poñer na picota o conxunto das medidas de cohesión social. Se cadra, amplialas pero cuns requisitos de obrigado cumprimento. Poño un exemplo: no barrio hai quen recibe a hostia de axudas por ter nenos pequerrechos a cargo, pero logo eses cartos acaban na tragaperras da esquina. Literal.

    ResponderEliminar
  6. Periodista reservista29 de junio de 2010, 14:17

    Conozco el artículo publicado en Público, ya que me lo recomendó un compañero. Es uno más, en el buen sentido de la palabra, que incide emn la desazón que estamos viviendo todos los contemporáneos. Un engaño calculadísimo que enriquece a unos pocos en detrimento de todos.

    Sobre lo que se indica desde este blog a respecto de las formaciones políticas del espectro de la izquierda, pues no tengo nada nuevo bajo el sol que añadir. ¡Me apunto a campo y playa!

    ResponderEliminar
  7. Interesante texto. Non o perdan:

    "La crisis, una estafa detrás de otra", por Juan Torres López

    La Real Academia Española de la Lengua define de dos modos el verbo estafar. Como pedir o sacar dinero o cosas de valor con artificios y engaños y con ánimo de no pagar, y, en sentido jurídico, como cometer alguno de los delitos que se caracterizan por el lucro como fin y el engaño o abuso de confianza como medio. Por eso yo creo que el término de estafa es lo que mejor describe lo que han hecho continuadamente los bancos, los grandes especuladores y la inmensa mayoría de los líderes y las autoridades mundiales antes y durante la crisis que padecemos.
    Los Estados le dieron a los bancos privados el privilegio de crear dinero emitiendo deuda con la excusa de que eso era necesario para financiar la actividad de las empresas y los consumidores. Pero en los últimos treinta años, la banca internacional multiplicó la deuda para financiar los mercados especulativos y para ganar dinero simplemente comprando y vendiendo más dinero, y no para financiar a la economía productiva. Esta es la primera estafa.

    Para disponer de recursos adicionales a los que le depositaban sus clientes, la banca ideó formas de vender los contratos de deuda y los difundió por todo el sistema financiero internacional. Pero al hacerlo, ocultaba que millones de esos contratos no tenían las garantías mínimas y que al menor problema perderían todo su valor, como efectivamente ocurrió. Actuando de esa forma y tratando de elevar cada vez más la rentabilidad de sus operaciones, la banca fue asumiendo un riesgo cada vez mayor que ocultaba a sus clientes y a las autoridades y que transmitiía al conjunto de la economía. Esta es la segunda estafa.

    Se queredes continuar lendo, xa que non me deixa poñelo todo, mirade aquí:

    http://www.rebelion.org/noticia.php?id=108163&titular=la-crisis-una-estafa-detr%E1s-de-otra-

    ResponderEliminar
  8. Persoalmente, penso que é un texto e unha argumentación bastante "katangueira".

    ResponderEliminar
  9. Graciñas polo que nos toca, Peri. Por fin puiden lelo todo e está estupendo. É o mesmo que vimos dicindo pero con calidade e coñecemento de causa, non coma o katanguista...que lle faltan uns fervores!!!!!

    ResponderEliminar