Páginas

Que se fume un poprock

Compartir
by Katangueiro, adicado a Pacotrón

Si no quieres caldo....toma dos taaaaaaaaaaazas!!!!

Porque yo lo valgo. Iso debeu ser o que tiña en mente o irresponsable municipal de Festas cando decidiu recortar os gastos lúdicos herculinos no único evento que adica -ou adicaba- esta cidade marineda ao sector social que máis paga e pagou as crises económicas do capital: a mocidade, entendida esta nun sentido máis que amplo, tal e como se entende nos tempos actuais: entre os deza e algo ata os corenta e tantísimos....símbolo dos novos tempos (ADOLESCENS-ADOLESCENTIS: ao que lle doe algo).

E dicimos que se fume un poprock sendo plenamente conscientes de que algún que outro xa se fumara o verán pasado a conta do
tracatrá do tren e de El Niño de las Bombillas. Aquel día organizouse un macrobotellón verbeneiro de mírame e non abanees....con sobreabundancia de cabelos prateados. Ese si que vale!!!

Porque, postos a aforrar, hai quen pide que se suspendan as corridillas taurinas, espectáculo sanguinolento non apto para seres humanos...con sensibilidade. Tamén hai quen solicita os mesmos recortes para o Encontro de Habaneras, espectáculo sanguinolento non apto para seres humanos....e punto, que diría Don Manuel. Otra proposta alternativa é a da eliminación física do certame de Casetas Regionales, acontecemento multitudinario, multidisciplinar multicultural e multiplicado ou elevado ao cubo....ao de Rubick!!!!!

Pero nós, katangueiros de pro, katanguistas de hoxe e katangáns do mañá, propoñemos un modelo alternativísimo -como non debía ser doutra maneira- para contentar a todos sen gastar moitos chús: a Exposición Internacional das Festas da Coruña. Isto consistiría en adicar o Colisseum á celebración conxunta de todos estos eventos. A historieta quedaría asín:

1. Liberamos o "coso" e celebramos unha boa corrida, seis Mihuras seis, mentras no escenario se desenvolve o Encontro de Habaneras. Ole, ole y ole!!!!

2. Na explanada do párking de Carrefour, concerto Rock e jevirulo.

3. Na explanada do Colisseum, concerto pop independente, electrónico e neoromántico.

4. Bordeando todo o recinto, Casetas Regionales.

Tres días de rachí ofrecendo unha man a Deus e outra ao Demo!!!!! Grande Coruña!!!

Apoiar esta proposta é ser un bo patriota para os tempos de crise que corren. Xa me tarda unha manifa pr'a esixilo!!!!!!

Pero se isto non se amaña, non desfalecer, amiguetes!!!!!....que nunca choveu que non escampase. Os administradores e/ou irracionais responsables deste blog suburbial tivemos acceso ao que se nos tiña preparado este ano para o Noroeste de ter habido máis parné. A saber:

BOMBAZO INFORMATIVO: O NOROESTE QUE NOS AGARDABA......

Gran Coro de Habaneras del Ejército Ruso, que continúa con éxito su gira mundial!!!!


Doña Espe de las Peinetas y los Niños del Centro Social: vuelve la Copla y vuelve p'a quedarse!!!!


...y Reggaeton, p'al público más liberal...y calentorro!!!!!


En fin, delfín. A loita continúa!!!!!

23 comentarios:

  1. Graciñas pola adicatoria, katanguista. Un texto moi "fino"....

    ResponderEliminar
  2. Periodista Revisionista30 de mayo de 2010, 11:50

    Pronto "recúa" el señor Alcalde. ¿Qué dirá Garcés a todo esto?

    http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/05/30/0003_8517392.htm

    Así que, enorabuena a los protestones, que se lo merecen.

    ResponderEliminar
  3. Ofereço-me encantada para as festas!!

    ResponderEliminar
  4. Anotamos a oferta de Ashley.....

    Polo de agora, temos que dicir que estamos espectorantes...perdón, espectantes ante a posible rectificación!!!!!

    ResponderEliminar
  5. http://renovarobng.blogaliza.org/2010/05/27/guerra-de-nervios/comment-page-2/#comment-23797 Sería moi malo que xente como Mario López Rico ou Paco Gallego estean na candidatura municipal do BNG. De Mario López Rico xa sabe calquera o intrigante e perigoso que é. Do que se sabe menos é do seguidor de Mario, de Paco Gallego, home coñecido por estar sempre pasado de revolucións.
    Paco Gallego desde hai dous anos ten un blog co nome de “Katanga”. Como se pode comprobar nese blog métese insistentemente co presidente da Asociación de Veciños da Agra -afiliado ao BNG- poñendo fotos de Berlusconi e do dirixente coreano e debaixo que son do presidente da Asociación de Veciños da Agra, querendo asocialo coa política deles. Este é Paco Gallego, o desleal e irrespetoso asesor de Marga Vázquez Veras, alguén que non fixo case nada en tres anos como asesor. Despois esta xente que non respecta a ninguén fala de consenso!

    ResponderEliminar
  6. Non sei se Anónimo informa ou pretende calquera outra cousiña estraña estraña de verdá colgando aquí o que sae noutros blogs. Por se non o sabes, xa temos callo de aguantar chorradas, aínda que o certo é que nos mola mazo que se fale de nós.....pero para ben!!!!!! Cachis!!!!

    Eu escribín iso que contan da Asociación Veciñal a raíz dun tema que alí se organizou por parte dos do Partido Humanista, neno....quen se pica.....O que pasa é que a estas alturas da nosa vida que se ande promocionando canta tontá monte o PH é de recochineo, síntoo. Por outra banda, a imaxe do vídeo que mostramos recorda aos vídeos cutres do stalinismo, de aí o chiste....O de Berlusconi vai dirixido á figura dos presis das asociacións....en plan coña....non sei se o pillas.....unha coña....un chiste por iso do poder.....unha metáfora silenciosa.....como o do poli de barrio....outra coña....igual tampouco o pillaches.....E ná máis, que non merece a pena penita pena.

    Os nomes desas persoas que citades no comentario danme ganas de eliminalo...Non queremos máis ameazas de denuncias por delito telemático...ou como se diga!!!!!

    Non teño inconveniente, e creo que xa o dixo un día Pacotrón, en recoñecer que me chamo David. A partir dese dato...elucubra!!!!!!

    ResponderEliminar
  7. http://renovarobng.blogaliza.org/2010/05/27/guerra-de-nervios/#comment-23534 22. # Unha da Coruña... di:
    29 maio 2010 ás 12:03 am

    Pero qué malosos son estes “Paco Gallego e Mario-encima-del-armario” que dis. Vaia contubernio. Será judeo-masónico?

    Andá ya, pesaos!

    http://renovarobng.blogaliza.org/2010/05/27/guerra-de-nervios/#comment-23854 57. # Unha da Coruña... di:
    31 maio 2010 ás 6:55 pm

    Non deixa de resultar abraiantemente clarificador como desde os comentarios deste blog sempre se critica ás mesmas persoas e se propagan bulos innumerables bulos sobre eles/elas. Non ocorre así á inversa, ao respecto das persoas que forman parte da outra “sensibilidade”.

    Será que uns teñen máis educación e cariño pola organización e as persoas que a conforman que outros/outras que, ademais, aproveitan indecentemente para postular nomes ao tempo que difaman?

    Que alguén responda, por favor. Estou intrigada.

    ResponderEliminar
  8. Se aínda fose unha de Katanga......

    ResponderEliminar
  9. Por volver al tema, que yo no entiendo lo otro, no veo aquí propuestas para el noroeste quitando a Ashley. Yo propongo SOLOS. Unos chavales de Coruña que hacen pop-rock como debe ser.

    ResponderEliminar
  10. PROPOÑÉMONOS PRA BAILAR E GOSAAAAARRRRRRRR

    ResponderEliminar
  11. Pero quiénes son estos payasos que vienen aquí con no se qué mierdas. Aquí estábamos a lo que estábamos. A lo nuestro. Si lo vuestro os aburre, buscáos la vida el anónimo ese y los otros boys, que seréis el mismo. ¡Qué tendrá que ver el tema del Noroeste con esto!. ¿Pero qué les hiciste, KATANGUEIRO?. Puta basura.

    ResponderEliminar
  12. HAN DE SER AS DROGAS, POLA DIVINA PASTORA QUE SI.

    ResponderEliminar
  13. Pois eu creo que a vosa oferta é ben digna de consideración, nestes tempos difíciles, xa que aúna moitas facetas das que tanto parece gustar a persoa que disque leva as festas da Coruña. Non debeu quedar contento coa polémica do ano pasado. Talvez por iso decidiu cortar polo san e dicir aquilo de "ó inimigo, nin auga". Eu non mo explico: ou moito lle vai a marcha ou ten moi pouca perspectiva e moi pouca consideración cara á cidadanía. Se cadra, tamén un chisco de soberbia herdada doutros tempos (oh, those good old times, when Sir Francis used to rule our destinies...). Sabendo que hai grupos locais con talento buscando unha primeira oportunidade, tan mal está o panorama musical, con tanta xente pedindo o ano pasando unha volta ás orixes do festival, segue sen darse por enterado. Ou non lle dá a gana, que parece que vai máis con el. Non hai cartos e punto. Non hai cartos para un espectáculo gratuito que reporta enormes beneficios á hostalería local, por citar só un. En cambio, este ano vanse destinar 168000 euros (28 millóns de pesetas) en subvencionar o "espectáculo taurino". Sen mencionar a repulsión que me inspira e deixando a un lado calquera outra consideración, paréceme dunha estupidez inmensa por parte de Javier Losada dicir que «con el ahorro del Noroeste se puede hacer medio centro cívico o multiplicar por tres las comidas que se dan a los mayores». Definitivamente, vivo noutra dimensión. Señor Losada, Señor González-Garcés, estánme a vacilar, nonsi? Señor Losada, vostede alomenos recuou. A ver en que queda todo. Pero ó señor González-Garcés haberá que lembrarlle que nunca se logra encher o aforo do Coliseum nos días das corridas, que acaban regalando as entradas in extremis en La Solana ou no Casino ou que unha única empresa se presenta cada ano ó concurso. Todo isto non o invento eu, son datos obxectivos publicados nos medios de comunicación. Qué quere que lle diga, don Carlos: a min todo isto sóame a capricho persoalista e a perrencha de cativo malcriado. Xa non está aquí o seu "primo de Zumosol", Sir Francis. O que está agora non ten os mesmos modais despóticos e ten que desfacer os seus erros. Non sei se pode ver vostede, don Carlos, o mal lugar no que fai quedar ó seu partido (lembre as siglas, aínda que xa haxa moito tempo que ese O sexa un apéndice decorativo), o ridículo que fai vostede e o que desprende a súa actitude. Xa sabemos que os que imos a un concerto de balde na praia non temos chalés nin jaguars nin imos a universidades privadas, pero tamén temos dereito a voto e, se cadra, podemos darlle unhas cantas leccións de saber estar, dignidade e urbanidade.
    Ashley, ti farías un papelón, seguro. Toda unha raíña do burlesque! O malo é que seguro que habería alguén que che acusaría de contribuír ó quecemento global.
    En canto ós/ás anónimos/as comentaristas, moi escocidiños/as deben andar para pretender facer dano de xeito tan burdo e pueril. Igual que o son os argumentos que aducen. Igual que a empanada mental que teñen montada. Resulta ben fatigosa toda esa movida e tivo tempo e tempo de protestar quen se considerara agraviado/a. Hai outros foros e máis axeitados ca éste para facer saber o descontento, outras entradas deste blog. Seguro que Pacotrón e Katangueiro vos terían respondido. O que si xa é de pésimo gusto é mencionar a persoas que non entraron nunca en guerras deste tipo. Está ben claro de que material estades feitos.Xa que non sabedes ofrecer sólidos argumentos para as vosas difusas acusacións nos lugares onde cómpre facelas, sabede que o blog de Katanga empezou a funcionar hai pouco máis dun ano e non dous. A que isto escribe é muller, nada ten que ver coas persoas de Pacotrón e Katangueiro, non vos liedes máis. Informádevos un pouco, a ver se logo dades o nivel para un elaborar un libelo cutre-provinciano algo interesesante.
    Boa noite e moita saúde mental para tod@s.

    ResponderEliminar
  14. No estaría nada mal que Garcés, que está tan calladito (¿por qué?), saliera a soltarnos algún monólogo cómico, como aquel de la dotación del cuerpo de bomberos, pero aguantando el tipo un buen rato. A lo mejor ya sólo intentando explicarnos porqué Noroeste Pop-Rock no y Semana Taurina sí, nos partimos el eje un buen rato. Le ponemos un traje ceñidito y una camisa con chorreras y quedaría ideal el hombre. Lo poneis de jefe de pista del macroevento ahorrador de vuestra propuesta y queda niquelado. Por supuesto, Ashley como reina del burlesque, como sugiere Msarkadina (cuántas madrugadas!), haría una Dita von Teese muy sui generis. Que tome nota el alcalde. En cuanto a los anónimos, que vayan a otro sitio; con la charanga del tío Honorio, por ejemplo, que creo que están haciendo una audición para el coro y, a lo mejor, encuentran ahí su vocación.

    ResponderEliminar
  15. Dita Von Teese.....ummmmmmmm...Non me poñer nervioso xa de mañá, que logo non rendo!!!!!

    ResponderEliminar
  16. Veciño de Katanga1 de junio de 2010, 12:25

    Poderíase facer unha especie de festival de Eurovisión pero só para grupos locais. Cada un toca un tema e o público que poida votar nunhas urnas. Un bo nome sería Coruñavisión. Igual nos salta un expontáneo e salimos en youtube.

    ResponderEliminar
  17. BAILAR E DESFOLLAR A MARGARIDAAAAAAA

    ResponderEliminar
  18. Me apunto a Coruñavisión. A todos les mola el festivalito europeo aunque no lo reconozcan. Eso de "rollaminí" forma parte de nuestra cultura internacional. También se puede hacer coincidir con las corridas. Me refiero a las de los toros, por ahorrar. Besos.

    ResponderEliminar
  19. Anónimo, fuches ti quen escribiu o Lazarillo de Tormes? Se así foi, estiveche moitísimo mais agudo co Lazarillo que co comentario sobre o Noroeste Poprock. Mesmo pareceume que non comentabas o Noroeste Poprock. Tamén tiven a impresión de que gostas da censura...Mecachis, qué difícil es respetar los derechos de los demás. Hay quien se cree que falando galego, ya lo respeta todo. Espero que non te dediques tamén a enviar laranxas (como na película aquela)

    ResponderEliminar
  20. Ai...Corredorlento....se che contase desde onde escribe ese Anónimo........

    ResponderEliminar
  21. O que si que debería alguén explicar é o que se foi pasando por aquí estes últimos días. Se queredes ou valorades nalgo a miña opinión, dicirvos que é difícil saber se alguén meteu a pata...hasta el corvejón.....ou se esee alguén veu sendo enganado por un terceiro, ou terceira, non sei eu ben con qué ánimo. O certo é que despois duns días de tranquilidade aparente, que creo que durará, vou pensando se eses Trolls, porque creo que son dous polo menos, viñeron caer por aquí un pouco "despistados". Todo puido ter que ver cun bulo que circulou polo barrio hai un tempo sobre os administradores deste blog, e creo que sei que divulgou ese bulo. E está moi próximito a Katanga!!!!!!

    O certo é que unha cousa é colaborar nun blog e outra administralo e ser responsable dos contidos ou da liña editorial. Aquí alguén misturou persoas, ideas e cousas nun potaxe que non ten nin pés nin cabeza. A quen se lle ocorre virnos molestar con miserias que aquí nunca tratamos nin trataremos!!!!!

    A conta de todo este enguedello, estes días recibimos mazo de visitas novas...algunhas tan xeitosiñas como dalgún partido político, medio de comunicación local-galego, institución pública tal como algún Ministerio,....bueno, bueno, bueno....un potosí!!!! Benvidos sexades e agardamos que vos guste o noso...barrio!!!!!!

    Ah....Ashley, co seu perfeito portugués do Brasil, está na pomada....e quen suplantou a Msarkadina tamén.....pero estas teclas gardarán o voso segredo!!!!!!!!!

    ResponderEliminar