Páginas

Exercicios de patriotismo barato...

Compartir
by Pacotrón




Que se me entenda ben. Cando falamos de exercicios de patriotismo barato referímonos, como non podía ser doutro xeito nas especiais circustancias económicas que padecemos, a cousas, feitos, eventos, realidades que supoñen un xesto de heroísmo patrio ao servizo do ben colectivo....Falamos da eliminación de italianos e franchutes do mundial este. Qué pensábades, malotes????

Falamos, pois, de que estes países-estado vanse aforrar unha boa pasta gansa grazas á sufridísima e temperá eliminación dos seus combinados "nacionais" ás primeiras de cambio en Sudáfrica 2010. Un choio para as sufridas arcas públicas destas dúas repúblicas!!!

Inglaterra e Alemaña, facendo honra ao seu espírito práctico, pactarán a eliminación dunha soa delas polo qué dirán....e supoñemos que será Inglaterra...que non se pode estar acojonando á peña con recortes sociais dos que non se falou durante a recente campañita eleictoral e facerse cargo, por exemplo, dunha selección que chega a semifinais ou algo....co que custa manter aos anxeliños!!!!Que se hotelazos, que se rapazas liberais que saben idiomas, que se comidiñas especiais, masaxiños diarios, sesións de sauna e chorro....Un diñeiral!!!!!

España e Portugal, pola súa banda, xa pactaron atoparse en oitavos e resolver pola brava tanta presenza europea no mundial e tanto gasto de Deus. Portugal empatará con Brasil, que para algo foi a súa colonia ata antonte. España enfrontarase a Chile....que tamén foi colonia...Madre del amor hermoso!!!! Ata é posible que ningunha das dúas chegue a cuartos, co alivio pecuniario que iso suporía es Estados onde se pagará por cousas que xa pagou Paco Pobo dabondo. É que non se pode subir o IVE así como así e pretender asumir os custos de ter unha sele campiona do mundo!!!!!


Menos mal que nos queda Eslovaquia, porque Holanda, co follonazo político que se teñen montado, non dará para moito máis. Tamén creo que Dinamarca lle debía pasta a Xapón, non????

En fin. Unha triste Europa nun triste mundo....pero como dixo a Súa Maxestade: "Todos debemos apretarnos el cinturón". Será para que non nos caian os pantalóns, supoño.


BERLUSCONI: Ha, ha, ha, ha.....é vero questo dell aforro economico, mai a la ritorna dei "queridíssimi" ragazzi della azurra haberai vendetta absoluta e brutale!!!!!!! Io vado gtioccare a la Itate Media con il suo culo!!!!!



SARKOZY: C`est la merde....pardon....c`est la vie...la vie de merde pour le bleu!!!!




XOGADORES: É que non potiamo soportare un giorno più questas maledettas vuvuzelas!!!!



Uf...cómo está o patio!!!!! Abur.



4 comentarios:

  1. Mundial atípico onde os haxa, polo que parece. Se iso serve para aliviar, en certo modo, a crise económica, moi ben. Outra versión da alianza de civilizacións (?) europeas. Mentres tanto, a seguir gastando como se non houbera un mañán, a lanzarse acusacións mutuas de despilfarro, sen tomar unha soa decisión sensata. Para uns días de acougo que consigo non vou botar man dos medios tradicionais. Prefiro deixarvos este enlace, sobre o espléndido libro "Sus crisis, nuestras soluciones", de Susan George, que xa estou a devorar:

    http://periodismohumano.com/culturas/
    la-crisis-de-un-sistema-inmoral.html

    En canto ó tema económico-peloteril: "Si seguimos echando un vistazo a las gradas del Mundial, encontraremos probablemente a funcionarios del Gobierno de Sudáfrica. A pesar de las órdenes dadas por el ministro de Finanzas, la oposición afirma que al menos cinco ministerios del ejecutivo han gastado más de 1 millón de euros de dinero público en comprar entradas. Solo el departamento de Comunicación ha comprado 2786 entradas, según sus datos".


    http://periodismohumano.com/economia/
    seleccion-espanola-s-a-y-otras-
    contradicciones-del-mundial.html

    Ai, este Papi Silvio... Non sabía eu que xogara a tales cousiñas con fornidos futbolistas. Pensaba que era máis de desinteresadas velinas que vían nel ó home e non ó plutócrata. E este Sarkozy diabólico, cada día máis parecido a Iznogud! Exemplo nefasto de novos ricos con ambición sen límite. Os salvapatrias.
    Seguiremos facendo buracos no cinturón, a ver se o podemos apretar un pouquiño máis.

    ResponderEliminar
  2. rojo, roja, rojae25 de junio de 2010, 3:20

    É fácil tumbar os mitos. Pero moi difícil erguer mitos novos. Non contribuirei eu a derribar mitos mentres non vexa no horizonte algún mito novo aparecer. E os que vexo non son mitos. Verbigracia, antes botaba contra Francisco Vázquez Bahamonde, pero agora non teño a nadie contra quen botar, e a favor tampouco, botareime eu fora e non votarei a ninguén. A lo menos no mundial, sei con quen vou hasta as dez e vinte da noite do venres. Despois se cadra derribáronme o mito ó meu pesar.
    O certo é que hai moitas cousas as que prestar atención no vran: ese partido de tenis tan longo, unhas longas pernas, unha boa tableta de chocolate, o mundial tamén. Que non todo vai ser chorar porque non proiban os touros ou ós toureiros.
    É difícil criticar o Mundial seriamente. Sí que é insurrecto o blog, sí.

    ResponderEliminar
  3. O sa insurrección vai por barrios, Roja, roja rojae.....

    ResponderEliminar
  4. No comentario anterior, onde di "sa insurrección" debería dicir "da insurrección".

    Noutra orde de cousas, penso que o veciño e sen embargo amigote Pacotrón acerta ao poñer os desmesurados gastos que provocan as seleccións presentes no Mundial (aínda por riba na dramática África) na picota unha vez que semella interiorizado socialmente que o problema real de España é o gasto social, as axudas a persoas desamparadas, vítimas de violencia, colectivos conflitivos como o dos xitanos, a sanidade universal, a educación universal, o papel dos políticos....etc, etc....O xogador menos valorado de entre as potentes seleccións europeas (Italia, Franza, Alemaña, España....) cobra máis que o Presidente dese Estado. Ou non?????

    ResponderEliminar