Páginas

Rebaixas katangueiras

Compartir
by Pacotrón



Hoxe, comezan as rebaixas en Katanga toda.

Pensa ben onde, cando, por qué e cómo vas gastar os cartos.

Comprende que aínda é día 1 e que queda moito, moitísimo mes.

Responsabilízate á hora de realizar calquera gasto. Estamos comezando o verán.

Medita sobre cómo queres que sexa a túa vida e a das persoas que te rodean. Pregúntate se queres vivir nun Centro Comercial ou queres vivir nun barrio de rúas vivas e dinámicas.

Realiza un exercicio de escaneo previo do que pode ofertar o comercio local, do teu barrio ou doutro, antes de acudir como zombie a un espazo inmenso de desmesura consumista.

Entende a desestruturación -e os graves prexuízos que ela acarrea- que provoca o peche incalculable de negocios de proximidade.

Calcula o que che vai custar calquera produto de primeira necesidade cando teñas que desprazarte en bus para compralo porque nas rúas máis próximas a onde vives non queda nada aberto xa.

E ante a dúbida, como na lei do fóra de xogo, non vaias. Non gastes. Garda para mañá. Verás como algo aparece máis perto do que imaxinas......


KATANGUEIRA: Pero seguro que non queres que pasemos polo Centro Comercial para ver de chonear algo para o pequerrecho????
KATANGUEIRO: Nin de coña.....Eu e os meus coleguis quedamos no barrio!!!!!!



Aburete, tribulete!!!!



5 comentarios:

  1. En cuanto limpie un poco el barrio me pillo unos calcetines deportivos, hostia.

    ResponderEliminar
  2. Vale bien, Pacotrón, vale bien.....E que ti, precisamente ti nos veñas pedir que ghastemos....se ti o único que ghastas e pista nas verbenas!!!! Anda, que vas menos ás rebaixas que Dyango a risoterapia!!!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Esperemos que á conta dos tempos difíciles que estamos pasando tod@s, comence a imperar o sentido común e consumamos, por unha vez o estrictamente necesario. Sobre todo, un consumo responsable que repercuta en beneficio da nosa comunidade. Cando digo comunidade tamén digo barrio. A tranquilidade e a comodidade valen moito máis. Será porque eu son das que sofren síndrome de stress postraumática despois de internarme nunha gran superficie comercial, sobre todo se é para comprar roupa. Odio facer colas, o aire acondicionado e o barullo, a incomodidade, a iluminación, a música ambiental (nalgunhas tendas a sensación é a de estar nun after cunha viaxe moi chunga).
    Nun verán coma éste, que vai ser duro para moit@s, coa morte de José Saramago moi recente, lembro as palabras do escritor sobre a cultura do mall, importada dos USA, descrita na novela "A Caverna": "A ausencia de comunicación e total nun centro comercial, onde o comprador non necesita intercambiar ningunha frase co dependente, a diferenza do diálogo inevitable que se establece nunha tenda pequena. Pero xunto a esa circunstancia, o único espazo público do mundo de hoxe é o centro comercial. Antes as persoas reuníanse nas prazas ou nos xardíns, pero agora xa non son lugares seguros. Os grandes almacéns son, ó mesmo tempo, as novas catedrais e as novas universidades. NON TEÑO NADA CONTRA ESTES ESTABLECEMENTOS, PERO SÍ CONTRA UNHA FORMA DE ESPÍRITO AUTISTA DE CONSUMIDORES OBSESIONADOS POR COMPRAR". A última frase creo que a suscribiría calquera de nós.


    http://www.elpais.com/articulo/
    cultura/Saramago/explica/caverna/
    hoy/escaparates/centros/comerciales/
    elpepicul/20010111elpepicul_1/Tes/



    Cochese, neno, píllate algo máis que un par de calcetíns, que hai que ter un fondo de armario en condicións para deixar as rúas en condicións.

    E ti, Katangueiro, co boíño que es, ás veces fas gala dunha "rabudez"... Parece mentira que sendo tan amigos vos deades tanta caña. Non creo que a Pacotrón lle faga gracia que vaias contando que é o rei das verbenas. Tod@s temos segredos ocultos.
    Boa madrugada e doces soños.

    ResponderEliminar
  4. ¡Eso, eso....a chonear pero con sentidiño!

    ResponderEliminar
  5. Bravo!!!!! Éxito do noso blog!!!! Katanga enteira aplicou a nosa receita de consumo responsable!!!! Chúpate esa, neoliberalismo!!!!

    http://91.116.142.6/index.php/periodico-impreso/a-coruna/3772-noticia-area

    ResponderEliminar