by equipo de administradores de Katanga Koruña

Vai para un ano xa, o 8 de febreiro de 2009, que o noso socio e sen embargo amigo Pacotrón decidiu, un domingo -día do Señor (¿?)-, dar renda solta ás frustracións e inquietudes suburbanas que o atenazaban desde moi cativo comezando iso que chaman pomposamente unha "Bitácora", desde a cal comunicar a súa visión do barrio, da cidade, do País e do mundo, e todo co ollo fuxidío do relativismo absolutista katangueiro. Un enredo.
Explícome. Para un habitante calquera do noso barrio, Katanga non resulta precisamente unha das partes máis bonitas da cidade. Ao contrario. Nós mesmos recoñecemos a desfeita urbana sobre a que vivimos, pero....curiosamente, sendo un lugar de paso entre a Agra e o Ventorrillo, ou entre a cidade toda e Penamoa, para os habitantes desta estrutura de cemento compactado, Katanga é a nosa Estación Término. O punto de inicio e o punto final. Qué ten de malo????

O urbanismo da outra beira do Río Bravo (Ronda de Outeiro) non resulta tampouco moi exemplar. Exemplo: rúa Vila de Negreira. Contra a humidade, ferruxe!!!!
É historia viva desta nosa península ártabra lanzada ao mar, que Emilia Pardo Bazán baptizou como Marineda, a imposición que a visión do todo -A Coruña- tiña sobre unha das partes -Katanga-. A comezos de 2009, Pacotrón dicidiu darlle a volta á tradición e impoñer na Coruña toda a visión que dela e do mundo tiñamos desde Katanga. Impoñer. pois, ese relativismo tan galego que define e nomea todas e cada unha das partes da realidade coma se todas estivesen no mesmo barrio onde os katangueiros viven e, algúns, apenas sobreviven.
Aquí non fixo falta Centro de Saúde ata que non urbanizaron "as pistas". Ou sexa, ata que non se conformou o "Ventorrillo". A maior abundamento, o Centro Cívico, Social e Cultural que nos deben no barrio (Ágora) coincidirá no tempo coa urbanización das faldras da Gramela, o que se dará en chamar San Pedro de Visma. Darase por fin continuidade urbana ao núcleo de San Pedro ata Liaño Flores e Mosteiro de Caaveiro. Non tiveron güevos a poñerlle o nome de KATANGA. Por se acaso.....pero o certo é que os primeiros nativos, os primeiros indíxenas que fixeron barrio son os das casas de Franco. O resto apareceu máis tarde, resultando ese sentimento colonial de que o que sobran agora son, precisamente, esas casas e os seus habitantes. Son unha reserva india asentada sobre precioso chan urbanizable. Haw, por Manitú!!!!!!!

As casas de Franco responden perfectamente ao modelo de promoción social de vivenda da Falanxe: materiais de baixa calidade, espazos ultra-reducidos, moitas zonas comúns e zonas verdes e/ou pistas deportivas....que o exercicio cura a alma e derrota os malos pensamentos!!!!!

Por contra, se cruzas o Río Bravo e, máis ao norte, o Río Vermello (Ronda de Nelle), atoparaste con estes nichos, émulos dos de Feáns, onde debes pagar un pastón para vivir case coma se estiveses morto. A 5 minutos do centro...din....tamén en San Amaro, neno, e quero tardar en ir alí!!!!!
Como hoxe é un gran día, non seguiremos botando leña ao lume do localismo marinedo e trataremos de destacar, como neses programas que emiten as cadeas cando se achega Fin de Ano, un pouco do mellor e outro pouco do peor que se viviu neste blog desde os seus primeiros pasos, aló polas 19:30 horas dun chuvioso 8 de febreiro de 2009. Katanga Koruña, o blog insurrecto da Agra do Orzán. Katanga Koruña, a momentary lapse of reason, veño preferindo eu....
1. Sexo, mentiras e blogs veciñais....Partindo da base de que Katanga Koruña non é un blog veciñal, in sensu strictu, aínda que resulta meridiano que agroma influído polo aumento dos blogs coruñeses de ámbito territorial, decidimos sen embargo apostar polo desenvolvemento dese territorio emocional, recibindo a benvida dalgúns dos máis recoñecidos e veteranos da cidade. De resultas disto, chegamos ben pronto á conclusión de que os blogs veciñais eran menos "veciñais" do que presumían un tanto así de politizados.
Efectiuiuonder, salvo algunha honrosísima excepción a do Blog dos Mallos, as máis das veces atopamos un chisco de información barrial cun moito de opinión sobre política e sociedade que trascendían, e trascenden, o interese dos nosos veciños e veciñas máis próximos. O caso de Penamoa, e cómo se foi introducindo visceralmente o medo nos habitantes dos barrios onde supostamente irían traficar con total impunidade as diferentes familias procedentes do poboado, e todo por culpa dunha política de erradicación do chabolismo avalada polo goberno municipal e o Bipartito xunteiro, foi quizais o caso máis sangrante de manipulación informativa fóra dos medios tradicionais de prensa escrita. Isto é unha opinión nosa, certo, pero se Katanga non é pois un blog veciñal a secas......os outros tampouco en absoluto!!!!
Sobre o do sexo....pois nadita, qué esperábades?????

O urbanismo dos Mallos, como humilde ampliación do que fora practicado no Ensanche coruñés, vai pouco a pouco desaparecendo, ao tempo que as fronteiras de formigón entre este barrio e a Agra van diluíndose paseniño paseniño.....Que se prepare o noso amigo e sen embargo administrador do Blog dos Mallos!!!!!
2. A súa excelencia a Princesa Msarkadina.....
Como en toda boa novela por entregas decimonónica que se precie, a orixe desta muller resulta toda unha incógnita. Pode ser unha princesa armenia que fuxiu das gadoupas otomanas ou unha das escasas mostras da extirpe Romanov. Hai quen conta o seu emparentamento coa dinastía ptolomeica, por parte de nai, e quen presume de saber de boa tinta que a súa orixa apunta ao desditado Darío o Grande. Sexa dunha forma ou doutra, o certo é que esta comentarista, que se converteu en colaboradora, merece un espazo virtual para ela soa. Moitas das entradas deste blog non serían nada interesantes sen as súas aportacións. Solidaria ata o infindo, o seu mundo non ten máis fronteiras que as que marca unha sociedade máis xusta. Moitos son os que a queren coñecer, pero poucos os elixidos.
Como estamos de aniversario, confesareivos que é máis que posible que o seu primeiro apelido sexa Tarantino......Un luxo para Katanga toda!!!!!!

MR ARKADIN: Pagaré tres mil fantastillones a quien encuentre una sola pista verdadera que nos aclare algo del pasado de esta mujer y de donde proviene su más valiosa posesión: el conocimiento!!!
3. Vuelve el hombre.....Este foi sen dúbida o ano da memoria histórica na cidade de Katanga. Aprobáronse un sen número de retiradas de simboloxía e de cambios de nome de rúas. Somos conscientes, non creades, de que isto da memoria pode ter trampas tralas curvaturas dos valores éticos e morais. Sabemos, por exemplo, dalgún xornalista franquistoide ao que se lle retirará o nome dunha rúa, pero nada se di daqueles outros profesionais da retórica laudatoria franquista (ese Risco, for exemple....) que adornan co seu nome innúmeros centros escolares repartidos polo País todo!!!!!
En todo caso, se había un nome infecto e un símbolo malicioso a retirar, ese é sen dúbida o de Millán-Astray. Así, foi votarse a favor da súa retirada e montarse o guiñol de Carlos Negreira, que é o guiñol da dereita deste País. A estas alturas, penso que ningún demócrata entende a teima dunha parte dos conservadores en defender aspectos concretos ou absolutos do réxime franquista. Será porque era un dos nosos...un de Ferrol???? Será un exemplo de patriotismo preconstitucional????
En fin, que seica Millán-Astray era un coruñés de pro. Si, como Franco un ferrolán de pro....Ai, como che está a dereita.......tan chea de galegos......

EL GUIÑOL DE CARLOS NEGREIRA PRESENTA.......
MILLÁN-ASTRAY: Coño, Paco....¿ese que se viene con figura altanera no es Don Carlos? ¿Le echamos un arriba España o, por el contrario, prefieres un viva la muerte?
FRANCO: Si..........
Se o noso blog supón "a momentary lapse of reason", que xa é moito supoñer, a nosa amiga Ra apórtanos o terreo dos soños prohibidos, relatos de ficción, lendas e anécdotas cotidianas....cun pouquichiño de musiqueo, que é o que máis nos gusta.
Para Goya, o soño da razón produce monstros...pero Ra "gallega. Escritora. Madre. Independiente. Ex-militar. Altruista. Bruja. Soñadora. Rebelde. Aventurera. Misteriosa. Cariñosa. Divagadora e Inconformista. Valoro, sobre todo, la sinceridad y la amistad. Por mis venas corre sangre murciana y andaluza", segundo nos indica, sabe ben cómo afastar os pesadelos do noso pelote ou, de non ser así, sumalos á nosa causa.
A delgada liña que separa a realidade da creación literaria marca, sen dúbida, o estilo do seu máis que recomendable blog. Máis que Ra, estamos ante Isis. E iso que Pacotrón se me pon canino cando le algúns dos seus inquietantes relatos!!!!!! Entrade, entrade....se tedes o que hai que ter: sentidiiiiño!!!!

PACOTRÓN, KATANGUEIRO E KATANGUEIRA: Para onde nos levas, amiga Ra???? Mira que temos medo a navegar....
RA: Acaso non pedíades a berros acadar a inmortalidade???? Percorrer as augas caudalosas do Nilo ata o fin de todas as estrelas??? Trascender á materia??? A ver se vos aclarades, carafio!!!!!!
5. Yo protesto, que dicía Don Santiago....Eu si que protesto, eu si que protesto!!!!Dicía un chiste inglés referido aos carteiros: "dáslles un uniforme e crense Adolf Hitler". Pois a este home, Don Santiago Rey Fernández-Latorre, dáslle un medio de comunicación de prestixio e crese Emile Zola....en perralleiro, se mo permitides.
As súas proclamas desde o balcón da súa "tribuna" axudaron, e moito, a derrubar o malvado goberno bipartito de Touriño-Quintana. O seu escrito, a un mes das eleccións que abriron a etapa albertina na Xunta de Galicia y Aragón, amosou o seu desafecto co Decreto Eólico, porque facía País, contra a Lei de protección da costa, porque facía País, contra o Plan Sectorial de vivenda, porque facía País, contra as políticas de Igualdade e Benestar, porque facían País, contra o Decreto do galego aprobado por unanimidade no Parlamento, porque facía País, e así un sinfín de cousas que non interesan a quen, a cambio de facer País, prefire facer Región!!!!!

Desde lo más hondo de su sentir galaico, estimulado por el enorme cariño que siente por su querida región, Don Santiago nos invita a contemplar sus sinuosos montes esquivos, guardar la imagen de sus humildes hórreos en la retina o embellecerse con la contemplación de todos y cada uno de sus parajes.......
6. A Katangueira....
Presente en todas e cada unha das entradas, merece que se lle destaque a súa inspiración. Xa vos dixemos unha vez que está moitísimo máis presente do que poidades pensar en todo o que aquí se publica.
Naceu, realmente, nas beiras do río de Monelos, pero unha vez que se nos achegou a chonear polo barrio, e xa npon volveu por alí xamais!!!!!
É un premio permanente, máis valiosos se cabe naqueles días aciagos en que todo semella saír mal e onde as paredes da confortabilidade katangueira parece que queren desmoronarse.
A maior abundamento, é unha fonte moi útil para lanzar continuas picaradas a diestro e siniestro.....Algún que outro polo para por aquí na busca do seu "calor" humano....pero é inútil. O seu corazón non marcha de Katanga!!!!!

KATANGUEIRA: Veña, Katangueiro, non me sexas pedorro e descansa un pouquiño....anda.....
7. Botellón....rien ne va plus!!!!.....
Haiche xente que non se sabe se tiveron adolescencia ou é que sempre foron así de rancios, pero este ano que pasou, coa falta de civismo e/ou respecto polos bens públicos que se aprecia na nosa cidade (chicles por doquier xa antes de inaugurar as novas infraestruturas peonís, roturas de vidro en prazas recén rehabilitadas, lixo e máis lixo no chan despois de calquera acto onde se reúnan máis de cincuenta persoas, praia de Riazor convertida en escombreira despois de cada San Xoán, entre outras.....) resulta altamente chocante que sexan as mozas e mozos marinedos os que carguen coas culpas de todo canto desmadre se leve a cabo. Polo menos, iso é o que se desprende das actitudes intolerantes de determinados "representantes veciñais", ou iso din.
O colmo do paroxismo chegou cando a conta dun suposto intento de violación nas proximidades de Juan Flórez, que quedou definitivamente en roubo de bolso, alguén relacionou botellón con drogas, narcotráfico e prostitución, propoñendo ao mundo todo unha visión do Ensanche coruñés que o Harlem semellaría Disneyworld ao lado do detritus coruñés do día a día, coa anuencia do Concello e da propia policía, segundo se desprendía da denuncia "veciñal". Buffff......Ao final deste enguedelle, apareceu quen se ofreceu para "limpiar las calles"....e non falamos dos restos de chicle!!!!
O último episodio ao respecto do "botellón" chega da man do Anteproxecto de lei de prevencióndo consumo de bebidas alcohólicas en menores, da Consellería de Santidade que dirixe dona Pilar Farjas, látigo do pleno do Concello da Coruña contra a permisibidade do bipartito co problema de saúde pública que ela mesma pensaba resolver unha vez gañasen (como así fixeron) as eleccións á Xunta de Galicia y Aragón. Pois ben, en dito anteproxecto déixase en mans dos concellos a resolución dun problema de saúde pública que Dona Pilar, agora, non sabe -ou non quere- atallar. Inconcebiblemente, hai aspectos dese Anteproxecto onde se realizan tratamentos máis suaves e permisivos coa venda de alcohol en determinados espazos que a propia ordenanza de convivencia e ocio do Concello da Coruña. Vivir para ver.....

PILAR FARJAS: Ay, hijos, siento ser tan evidente pero con esto del botellón sólo puedo decir "¡Jesús, qué cruz, virgen santísima, qué cruz!"....
KATANGUEIRO: Non se me preocupe, dona Pilar, que nunca choveu que non escampe!!!! Fai un chopito de mazá?????
8. Os emigrantes de Katanga....
Igual este comentario sobra, pero agora que a conta da crise do capital financeiro que estamos a vivir e padecer hai quen vota as contas sobre cantos inmigrantes viven nos nosos barrios...que seica alguén di que o seu fillo aparellador está no paro por culpa desta xente (¿?), haberá que recordar o noso pasado emigrante ou que, hoxe por hoxe, e grazas a este blog insurrecto, puidemos contactar con persoas como Álex, Carolina ou Pilar....katanguistas auténticos que hoxe habitan terras como Hamburgo, Mallorca ou Barcelona????
Pois a ver se espabilamos, que o noso amigo Chilango xa notou entre as súas amizades coruñesas unha actitude "estraña" ante o inmigrante que, quizais, antes non había.
Non, se xa o dicían os meus amigos trotskistas.....ao final vai haber que facer a revolución!!!!!!
EMILIANO: Pero que viva Katanga, cabrones!!!!! Y a ver si se invitan a unas Coronitas, que tengo sequita la bocota!!!!
9. Medios de comunicación ou medios de información....Eis o dilema. Os chamados medios de comunicación fan iso precisamente: comunicar. Igual que un Sarxento lles comunica aos seus soldados unha orde absurda. O que ocorre é que a nosa sociedade tende a ver estes medios como de información, como cronistas da realidade absoluta, e non da parcialidade que nos adoitan amosar.
A nosa relación cos medios redúcese ás visitas que alguén da Voz nos fai de cando en vez....e da que supoñemos saíu a historia que denunciáramos do trato que se lle dispensara ao Cousillas e ao Canuto por parte do Rubio e os seus coleguis.....e a grandísima oportunidade que supón para o noso modesto -e molesto- espazo virtual que un medio coma Galicia Confidencial confíe en nós para determinadas informacións dos ámbitos local ou social. Alí coincidimos co noso amigo do blog dos Mallos, que ten unha presenza máis estable e cinguida ao ámbito puramente local. Meréceo, sen dúbida. Nós...non sei.....
O que si que é certo é que os días que somos recomendados por este medio, o número de visitantes que se nos achega aumenta exponencialmente. Destacan, ademais, as visitas desde Santiago de Compostela, Ferrol ou Vigo. Algúns destes visitantes repite.....
NENÉ: Pero qué carafio.....aquí di que Carlos Marcos convidará a un cruceiro polo Mediterraneo a todas as persoas que demostren que o votaron nas últimas municipais.....E eu que non tiña aínda a idade!!!!
10. Crises...what crises?....Iso é o que dicimos nós. A crise é a dos comercios do noso barrio, que entre a falta de traballo que padecen moitas familias da zona e a teima zombie dos que aínda o teñen de acudir aos Dolce Vita, Espacio Coruña ou o que lles boten, así non hai quen poida!!!!!
Os responsables do desaguisado, banqueiros e especuladores -especialmente do mundillo do ladrillo- aínda pretenden darnos leccións aos demais de cómo levantarnos desta crise. As receitas, as de sempre: abaratamento do despido ata facelo de balde, a ser posible, aumento dos anos de cotización, retraso na idade de xubilación, recortes sociais.....En fin, xa sabedes, o recadito que nos deixou Adolfo (qué golfo) Domínguez.
E digo eu, e dicimos todos...por qué non se aplican esas medidas coa filla do modistillo, que seica din que é "modelo" grazas a papi e só grazas a el????? Que traballe ela ata os 67 anos por mil euracos ao mes e con despido libre...por se se desmanda....a ver qué lle parecen entón as ideíñas economicistas do seu querido papi!!!!!
SONNY: Joder, macho....no sabía yo que este sastre era más bucanero que George Bush Jr!!!!!!
RICO: Pues lo de la arruga es bella molaba mazo, tío, que así librabas de planchar!!!!
SONNY: Y las hombreras daban muchísimo estilo, tengo que reconocer.....
RICO: Ahí discrepo...a mi siempre me parecieron un poquito.....mariquillas, qué quieres que te diga.....
SONNY: Eso si......
11. Cultura Pop......
Esa é a nosa cultura, por se non o notastes aínda.....Rompendo os tópicos de que por Katanga só se escoita -a tope de volume, todo hai que dicilo- Los Chichos, Camela ou Andy y Lucas!!!! Aquí vainos o son Machester: The Smiths, The Stone Roses, The Chemical Brothers, Oasis......Mágoa que Radiohead sexan de Abingdon e Primal Scream de Glasgow!!!!!!
Debedes saber que unha das nosas entradas máis visitadas, incriblemente, é aquela titulada Son un pobre katangueiro, a partir dunha canción de Los Planetas.....Será por iso que temos un Granaíno Planetario que nos segue con fruicción??????
Eu, para dar remate a esta entrada especial aniversario, tiña unha dúbida entre dous temas, precisamente, de Primal Scream: Beautiful Future, como un desexo, ou Medication, como "outro" desexo.....
Ao final, inclineime por Beautiful Future....que non se diga. Graciñas e a por outro...ano!!!!!!
DARK VADER KATANGUEIRO: Pero qué coño se cree este puto crío, con su varita mágica de los güevos y sus patéticos amiguitos de reformatorio.....Es que no hay alguien dispuesto a llevárselos a todos por delante de una puta vez???? Es que no hay conciencia ni corazón???? Que se dejen de tontadas y que follen ya, que están más bobos que Chewaka haciendo nudismo más allá de las columnas de Tannhäuser!!!!
CHEWAKA:Augh...uight...uowgh....pfrrrssss...eich.....uausfgh!!!!! ("Si, bueno...tengo que reconocer que no fue mi mejor momento.....y el tanguita apretaba lo suyo!!!!!")
En fin, delfín....ata pronto!!!!!!