Páginas

Os sete piares da infamia: a estatística e as contas da vella

Compartir
by Katangueiro

De sobras é coñecido o espírito ecléctico e relativista da poboación katangueira. Non sabería dicirvos se isto é debido ben aos tempos inconclusos que nos toca vivir, ou ben á impronta que nos deixou a penetración, distribución e consumo, sen escudo protector ningún, de estupefacientes e/ou opiáceos varios ao longo das décadas dos setenta, oitenta e noventa. Qui lo sa.

O que non é discutible en absoluto é a eficaz campaña de descrédito que vive, especialmente desde o último terzo do século XX -cambalache-, a disciplina científica da lóxica fronte ao novo gurú da senrazón e da realidade cuántica que é a estatística. Karl Marx, o menos recoñecido dos irmáns humoristas, estableceu que a Economía -"a Economía, estúpidos, a Economía", Bill Clinton dixit- era o auténtico motor da historia. Seica desde a queda do muro de Berlín ese combustible para as transformacións foi sustituído pola demagoxia, o acientifismo e os choques entre interpretacións absolutas do conxunto da realidade. En definitiva: a Estatística. A Divina Pastora nos colla confesos.

Ao meu modesto -e molesto- entender, a Estatística é a disciplina científica que veu suplantar a Lóxica como método primaria de análise, coñecemento e interpretación da realidade. Vexamos uns exempliños clarificadores:

ANTES:

1. O suxeito A traballa para os coñecidos supermercados X como repoñedor.
2. Os repoñedores dos coñecidos supermercados X cobran 950 euros brutos ao mes.

Ergo: O suxeito A cobra 950 euros brutos ao mes.

A ver a ver a ver....xa sei que non sempre se cumpren estas premisas. Igual o suxeito A acaba de comezar na empresa e, estando de prácticas, cobra menos cantidade por non ter asinado aínda o contrato definitivo. Tamén é posible que sexa un enchufado, ou leve alí tantos e tantos anos, que cobre bastante máis desa cantidade. En todo caso, algo de verdade absoluta si que asoma, xa que sendo certas as dúas premisas previas, resulta evidente que os repoñedores do supermercado X son uns pringadetes que non chegan nin a mileuristas....

AGORA:

1. O suxeito A posúe dúas vaquiñas frisonas berrendas en negro cojonudas.
2. O suxeito B non ten vaca algunha, pero vive cun chuqueliño palleiro.

Ergo: Os suxeitos A e B teñen unha vaca e medio palleiro cada un.

Toma ciencia infusa!!!!....Pobre chuquelillo!!!!!


CHUQUELO: Bueno, bueno, bueno. Tampoco va a ser lo peor que me ha pasado en esta perra vida!!!!!


Pois todo isto vén a conto de que, numera numerando e a estatística aplicando, o Alcalde de Katanga-Todiña, Don Javier Losada, tirou de contas a conta -nunca mellor escrito- das 4.000 alegacións ao Plan Xeral e sáenlle redondiñas redondiñas: se só hai 4.000 alegacións, quere dicir que hai 240.000 coruñeses e coruñesas de acordo co Plan. Toma empirismo!!!!! A isto se lle viña chamando, por tradición, facer as contas da vella...que a saber de qué vella estamos a falar!!!!!


VELLA PITONISA: Pue yo mimma...acazo que te creía???? Mira bien......Une, dole, trele, catole.......


Polo lado da oposición dos pepeiros as cousas están aínda máis claras: moitas desas 4.000 alegacións corresponden a edificios enteiriños de doce, trece ou sabe Deus cántas alturas!!!!!! Así, a bote pronto, pode saír que alegaron uns 400.000 coruñeses e coruñesas. Un potosí.

Pola banda dos socios benegallos de Losada, lembran que o Plan do 98 contou co voto a favor de PSOE+PP...e así nos foi, tal e como eles nolo adiantaran. Triste consolo, a fe miña, xa que o que si demostrou todo este enredo cuántico a conta dos volumes e alturas é que á xente lle interesa máis vivir especulativamente que vivir mellor. Non mo credes? Pois velaí un exemplo:

No máis que probable caso de que A Coruña sufra un terremoto de 8,75 na escala Ritcher, acompañado dun maremoto con ondas de máis de cen metros de altura, e seguido de tres tifóns con ventos de máis de 300 kilombeiros por segundo, o que de verdade lle preocupa á peña é a canto van quedar entón os metros cadrados dos seus pisazos sen vistas nin patio!!! Así. Tal cal. Virgencita que me quede como estoy.


PRESIDENTA COMUNIDADE: Hombre, que hasta en esto hay diferencias. A nosotros nos aseguraron que este edificio duraría mil años...por lo menos!!!!!!


En fin, que a ciencia esa da estatística di que vivimos nun Estado do benestar avanzado, con importantes prestacións en sanidade ou educación e onde se protexe a mazo o medio ambiente e o patrimonio histórico-artístico e todo iso....pero o certo certiño de verdad de la buena é que aquí a xente acredita máis no horóscopo da Pronto que en que o ser humano tivese pisado a lúa, ou que existisen os dinosaurios ou que o Universo sexa tan grande como nos contan, e non o sol, a lúa, a Terra e catro planetoides que pasaban por alí...que é o que nos conta a Biblia. Vivir para ver.


ASTRONAUTA: A ver quen carallo me chuleou a Pronto que deixei aquí mesmiño, ao lado da sombrilla esta.....porque hai máis pisadas por aquí que no Orzán a noite de San Xoán!!!!!!!

Vaia cos tempos que corren....ou que nos corren!!!!!

5 comentarios:

  1. Y tal es así con las estadísticas del paro, que no incluyen a los demandantes de primer empleo, como si no fuesen parados. O las del sueldo medio, que se coge el sueldo bruto de la gente y se hace una media que lo más seguro es que nadie cobre. Por ejemplo: diez personas con¡brando 30.000 al año y diez personas cobrando 10.000 dan veinte personas cobrando 20.000 al año.

    ResponderEliminar
  2. Sinceramente, entendo mellor algunhas contas da vella (se non me equivoco, este método foi utilizado polas nosas avoas para a intendencia doméstica ou a economía familiar) ou os queixiños do Trivial que non a Estatística Descriptiva ou as súas Inferencias. Pasei e paso demasiadas horas martirizada por tal ciencia como para non utilizar o seu nome en van.Non debemos esquecer que o mal uso da estatística pode producir serios erros na descripción e interpretación, afectando ás políticas sociais,á práctica médica e á calidade de estructuras coma pontes ou plantas de reacción nuclear. Cando titulares coma este nun xornal: "As galegas esperan 40 días máis que a media estatal para ir ó xinecólogo", non sei se rir ou chorar.

    http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/02/22/0003_8310787.htm

    Señoras e señores, isto é estatística, pero a interpretación que lle dá cada sufrid@ usuari@ será ben distinta. Pensará: "Logo, eu son un/unha panoli".Será relativismo personalista?
    Non, é un feito constatable: as listas de espera son manipuladas e o sistema funciona
    de xeito lamentable. O relativismo éche algo moi noso. Poderíamos resumilo nunha máxima moi galega: "Cada un fala da feira segundo lle vai nela". Vamos, que aquí temos unha serie de datos obxectivos, números a tutiplén e sacamos as conclusións máis bizarras e convenientes ás nosas peculiares teorías. Tomemos como exemplo a interpretación dos resultados (por parte dos medios e das persoas) nunha xornada postelectoral. Xa o escribiu Spengler: "Toda cultura ten o seu propio criterio, no cal comenza e termina a súa propia validez. Non existe moral universal de ningunha natureza". De aí que quizais haxa tanto escepticismo e tanto cinismo. E tanta cara dura. E moito laissez faire...
    En canto a xente empezou a tolear e sacou a calculadora para botar contas sobre anchuras e alturas, as cotas das hipotecas, os alugueres, os préstamos polo Audi, foi cando se montou o barullo máis gordo. Todo moi científico e obxectivo. No momento no que se impuxo a adoración ó vil metal sobre calquer outro valor foi cando se perdeu a nosa cultura. Tanto ten que non haxa patios de luces ou habitar nun nicho. A necesidade acuciaba, así que canto máis e máis e máis se construira, mellor. Agora, vendo o desolador panorama urbanístico (a península coruñesa non dá para máis), máis nos vale espabilar e cambiar algo desta realidade. Temos demasiados medos inconscientes e moi poucas ganas de reflexionar. Sobre todo, moi pouca conciencia do fráxiles que son as nosas vidas. Quén lle pode asegurar a tanto furibundo alegador que dará pagado a multimillonaria hipoteca e poderá poñerse a especular como un "señor"?
    Non me estraña nada que haxa unha corrente pseudocientífica denominada "Deseño Intelixente" que pretendía que se deixara de ensinar a Teoría da Evolución de Darwin nas escolas usamericanas. Seguro, seguro, que nalgún cole opusdeísta ou lexionariocristista xa están co asunto a voltas. Eu, persoalmente, quedo co Pastafarismo, a relixión do Monstro Spaghetti Voador.

    http://es.wikipedia.org/wiki/Pastafarismo

    A min díxome Tana (que é esa "vella" da foto, ben coñecida por min xa que me bota as cartas) que era a responsable en segredo das "contas do INE" (Instituto Nacional de Estatística): "Mira, bonita, eu a cada un dígolle o que quere oir e listo. Así xa non se teñen que comer o tarro".
    Marcho agora para ver se coa análise de regresión me cadran ben as contas, que estamos a final de mes e estou coa costa de primavera.
    Bicos esotéricos para tod@s.

    ResponderEliminar
  3. Saúdos, Katangueiros. Entrei hoxe aquí desde Chuza, pero xa me falaran de vós uns colegas composteláns. Tedes que saber que por alí se vos le moito. Ánimo e un consello: máis humor, que nos fai falta.

    ResponderEliminar
  4. Benvido, Virus. Por aquí témosche moito antivirus!!!!!!

    Graciñas, Msarkadina. Lembra a túa promesa....

    ResponderEliminar
  5. De nada, Pacotrón. Tranquilo, que xa sabedes que son unha muller de palabra. Biquiños.

    ResponderEliminar