Existe unha opinión moi xeneralizada, mesmo en sectores pretendidamente ilustrados, que adoita responsabilizar da meirande parte das desfeitas urbanísticas que contemplamos ao período histórico -e histérico- denominado "franquismo".
Non somos os katangueiros uns defensores ou valedores das "bondades" do Réxime que instaurou o ferrolán en 1936 na nosa casa e, a partir do 1 de abril de 1939, no conxunto do Estado katangueiro todo. Pero se imos falar de urbanismo, así ao gordo, teño que dicirvos que as aberracións permitidas polo entramado de poder opusdeísta-falanxista quedaron en anécdotas divertidas en comparación ao que se viviu na Coruña desde a chegada da democracia.
O certo, por moito que nos doa, é que naqueles tempos de necesidade apostouse por unha expansión da cidade nucleada arredor de novas promocións de vivenda pública -con entrega de chaves brazo en alto e todo- que enchían o noso extrarradio de familias, as máis das veces de procedencia rural e moi humilde, á par que, por supostísimo, se premiaban algunhas fidelidades familiares de vellos combatentes da Cruzada, ou familiares destes, ou amigos destes, ou vai ti saber......
CIUDADANO ESPAÑOL: ¡Pero deme ya esas p. llaves, señor, que son para mi y para mi humilde familia!
TECNÓCRATA: No tero, no tero.......
Pero grupos de vivendas como Palavea, Carmen, María Pita, Mariñeiros, Franco, Juan Canalejo, Sagrada....etc forman parte da historia urnbana que conformou toda unha época.
A maior abundamento, a expansión urbanística privada contou cuns arquitectos que afiaban o enxeño para, cos mínimos custes, levantar da nada centos e centos de inmobles que se precisaban para cubrir a crecentísima demanda provocada pola emigración interior. Falamos, claro está, daquelas vagas de seres humanos procedentes do contorno rural que se achegaban á Coruña á procura dun futuro mellor ou, tan só, dun futuro a secas. Un exempliño?. O barrio dos Mallos e, moi sinaladamente, a Praza Padre Rubinos, cuxa foto inaugura este texto e que aquí abaixo se nos volve aparecer en todo o seu irrepetible esplendor!!!!!
A "dobre" Praza Padre Rubinos contemplaba unha parte oeste (na imaxe), que recibía o sol da mañá, e unha parte leste, que o recibía de tarde.
A partir de finais dos sesenta, e sobre todo na década dos setenta, o tardofranquismo dos tecnócratas deu xa mostras abondosas de especulación urbanística e falta de rigor en canto aos volumes e a estética. Cousas do "desarrollismo", seica.
Chegados a este punto, resulta moi difícil de explicar cómo as tres décadas e pico de democracia non supuxeron a corrección deste novo modelo especulativo vizoso, se non pola conta, polo menos no caso da nosa cidade, o triunfo absoluto da especulación como modelo de desenvolvemento urbano e, por tanto, a rendición total de todas as forzas que apostaban, e apostamos, por un urbanismo humanista. Nunca tanto se avanzou, no económico e social, pero nunca tanto se estragou. Zona histórica incluída.
Efectivamente, lévanse aprobado na Coruña dous Planos Xerais. O de 1985 foi chamado do incumprimento, xa que destacou máis polo pouquísimo que se respectou que polo cumprimento das súas propias normas. O de 1998 levounos ao punto de partida actual:
Padre Rubinos-leste na actualidade. Todo legal.
Padre Rubinos-oeste na actualidade. Todo legal. Ollo, porque a ocupación do solar foi tan completa que eliminou o patio interior existente do que disfrutaban os veciños colindantes. Bravo!!!!
Centro financeiro de Madrid???? Non, Ronda de Outeiro á altura (nunca mellor dito) dos Castros.
Ao lado, outro bo exemplo do noso "particular" urbanismo moderno que seica hai que conservar...in aeternam!!!!!
En plena Ronda de Outeiro, á altura de Katanga, gozamos do urbanismo "serra"....pero non do Courel, que é suaviña, se non alpina!!!! A qué se igualou ese edificio, exactamente?????? Defende o Partido Popular, realmente, a pervivencia deste modelo máis aló do tempo e do espazo????
Inicialmente, a Divina Pastora queda fóra de Ordenación. Persoalmente teño as miñas dúbidas ao respecto de que estivese algunha vez "ordenada".....
O seu impactante volume non se disimula nin coa chegada da escuridade. Urbanismos como este son os que degradan un barrio e fan que os pisos coticen á baixa. Un piso de dez anos dos Rosales vale máis que un piso de dez anos na Agra....Onde está a diferencia???? Na diferente relación que se estableceu entre vías, espazos públicos e alturas. Nin máis nin menos.
Aquí, un precioso contrapicado....Ai, que se nos cae enriba!!!!!!!
Hai que recoñecer que o franquismo tamén nos deixou "proxectos" de rúas imposibles. Tamén na Ronda de Outeiro, á altura dos Castros.....Qué cruz ten esa xente!!!!!
Por recomendación d'O Traveseiro, deixámosvos unha impactante imaxe tomada desde Cidade Xardín: o edificio Televés......cómo o ves?????
VECIÑA DO EDIFICIO: Uy, pues las vistas son maravillosas.....
VEICÑA DO EDIFICIO DO LADO: ¿as vistas de quen...?
O impresionante proxecto de rehabilitación levado a cabo nas vivendas de "Nuestra Señora del Carmen" pon en valor as políticas de promoción pública de vivenda, independentemente da época na que se desenvolveron. Comparade, comparade....inclúe zonas verdes e pistas deportivas de serie!!!!
A falacia da estratexia do PP á hora de atacar violentamente o Plan que se pretende teña A Coruña para o seu futuro é que parte de dúas premisas falsas que vertebran todo o seu discurso. Vexamos:
1. Os pisos fóra de ordenación devalúan o seu valor.
Mentira gorda. Os pisos do Edificio Fenosa son moitísimo máis caros que os de Vila de Negreira. So, eran e serán. Dá o mesmo que nunca entren en ordenación. Están en solo máis caro e fixéronse con mellor calidade, que é o que se paga aquí realmente!!!!
Item máis: os pisos con vistas á Ría da zona de San Amaro sempre subirán ou manterán o seu prezo, por moi fóra de ordenación que queden. Os pisos de rúas estreitiñas con alturas que impiden o paso do sol tenderán a baixar, por moi dentro da prdenación que estean.
2. Expóliase aos cidadáns eliminando alturas e devaluando os seus pisos. O novo Plan é o principal problema que ten esta cidade.
Mentira aínda máis gorda, se cabe. Por sorte ou por desgraza -eu creo que por desgraza- a lei é moi permisiva cos desmanes urbanísticos do pasado. O que se fixo mal seguirá aí. O que se pretende é poñer punto e final a ese modelo de crecemento que non é útil, práctico, humano, sostible ou simplemente sensato. Nin tan siquera nos fai ricos a todos. Coma sempre, os petos que se enchen son poucos e coñecidos.
O problema urbanístico da Coruña NON É QUE SE QUEIRAN TIRAR EDIFICIOS DE OITO PLANTAS para deixalos en catro...non non non. O problema que VIVIMOS ACTUALMENTE é que se tiran edificios de catro alturas-vivenda e se sustitúen por oito alturas, en ocasións con DÚAS VIVENDAS en cada......Toma densidade!!!!!!
Aquí non se perden os aforros por vivir nun edificio fóra do Plan. Sempre houbo edificios fóra do Plan (fóra parcialmente, como é o caso) e sempre subiron de prezo. O QUE SI QUE FAI PERDER OS AFORROS é adicar medio soldo de toda a túa vida laboral en pagar un piso onde, en moitísimas ocasións, non se recibe nin un só raio de sol, non hai espazos públicos, non hai unfraestruturas mínimas, non hai máis que gris e escuridade. Ah....e moitísima humidade e moitísimo gasto de enerxía en inverno!!!!
Disque se vén un terremoto ou cae un meteorito no teu edificio, non o poderás levantar de novo se está fóra de ordenación. En fin, a parte de que isto é totalmente falso, qué cousas pasan pola cachola da xente en caso de derrubamento da súa vivenda!!!!! En vez de pensar en se salvas a vida e cómo, só estás preocupado por se o teu piso devalúa o seu prezo "probable" no mercado......Ai, ai, ai, ai......Cómo puidemos chegar a isto!!!!!
Placa que pervive na frachada dalgúns edificios katangueiros e da Agra toda. Memoria histórica urbanística!!!!
Graciñas pola vosa atención...Aí vos queda un documentaliño sobre o impacto do mal urbanismo na vida das PERSOAS......si, das PERSOAS......iso que semella non cotizar no mercado. Ata pronto!!!!!
PACOTRÓN: Este Katangueiro volveu enredarse no espiñento asunto ese do urbanismo.....voulle botar unha bronca dixital e virtual que te caghas!!!!!
Coma sempre, espectacular...
ResponderEliminarGraciñas, ddgrandio. Supoño -e espero- que te refiras ao noso artiguiño, claro. Non ás fotos chusqueiras que fago en ratos libres. Fóra bromas, moitísimas grazas de verdade. Sempre me motiva pensar que todo isto, ao final, é lido por alguén....aínda que o Pacotrón me riña despois por teimudo!!!!!
ResponderEliminarGustoume moito a vosa referencia, con foto incluída, ás chamadas casas de Franco. Teño alí recordos da nenez cos meus abós maternos, xa desaparecidos. Sobre esas casas, cousas malas e cousas boas. Por exemplo, son pisos moi pequerrechos, de pouco máis de corena metros cadrados, pero foron, aínda así, unha forma digna de acceder a unha vivenda en tempos duros. Creo que se inauguraron en 1966, con brazo en alto, si.
ResponderEliminarAlgo a ter moi en conta, e que fala ben dese tipo de urbanismo de necesidade, é que foi deseñado cun muro vexetal que dá á Rolda de Outeiro. Mirade o resto dos edificios, a ver quen a ten. Pola parte do medio, hai unhas rúas de ancho equilibrado á altura dos bloques, salvo unha rúa cega que non sei ben por qué quedou así. Na parte traseira, había unha pequena praza eunha pista deportiva que hoxe é un mini parque infantil. E máis verde cara Monasterio de Caaveiro. Cada portal contaba cun baixo propiedade dos veciños, para reunións ou trasteiro. A Igrexa acabou quedando con algúns deles. Gustaríame moito que os amañasen un pouco por fóra e por dentro, como se está facendo con outros grupos da época. Darlles lustre. Saúdos e noraboa polo blog
Bótase en falla unha foto dun dos maiores adefesios da cidade: o edificio Televés en Gregorio Hernández, no futuro parque da Agra. A un lado tiña un convento e ao outro nada, as escaleiras do observatorio. E coidado, porque ao mellor fica peor cando urbanicen a zona.
ResponderEliminarMoi boa referncia, Traveseiro. Prometo persoalmente facer ubha boa "afoto" pero xa.
ResponderEliminarKatangueiro: graciñas pola foto que me sacas. Aí saio moito máis mozo do que son. O que si quero dicirche é que chirría un pouco a túa defensa do urbanismo público franquista. Homeeeeee, aí te pasas, aínda que recoñezo que o defendes ben. Moi ben. O que si que me vale é que a democracia semella que empeorou o urbanismo na Coru, e non debería ser así, por definición. Digamos que nos dous casos, A Coru empeorou. Aquela cidade do primeiro terzo do século XX era esplendorosa!!!!!!
las casas de franco se entregaron con la "mano levantada" deseo que se tiren con con el "puño levantado", para construir algo mejor.
ResponderEliminarsalud y republica
Vale, pero que se tiren para hacer algo mejor. Yo soy de la Divina Pastora.
ResponderEliminarEu únome ás felicitacións previas e aínda diría máis: estades que vos saídes do mapa. E que haxa paz entre Pacotrón e o Katangueiro, que xa sodes unha parella de facto.Qué dúo!
ResponderEliminarSó sete piares para tal infamia? Talvez haxa moitos máis para soster tal cantidade de atrocidades e tropelías. A sabedoría hai moito tempo que desapareceu; non falemos xa do sentido común. Sempre pensei que, se noutros tempos había outras necesidades máis perentorias, a mutilación (si, mutilación urbanística) que sofreu A Coruña puídose ter evitado en certo grao. Igual que moitos outros desatinos na área metropolitana ou no rural. Pero iso non dá cartos nin interesa tanto. As vosas fotos ilustran moi ben toda a historia urbanística. A quen lle poden gustar os novos edificios da praza Padre Rubinos, que rompen toda a harmonía do conxunto? Ese edificio do lado oeste... Qué legalidade máis estupenda.
O documental(que xa vira) de Redeiras e Grueiras tocoume o corazón. A historia das Atochas-Monte Alto forma parte do meu patrimonio histórico-sentimental: vivín alí case toda a miña vida. Fun testemuña de moitos cambios, demasiados. O que máis me doe é como se foi desfacendo a rede de vínculos veciñais e afectivos nas Atochas. Algunha desas casiñas que aparecen foron o fogar da miña familia! Alí creceu a miña nai e as súas irmás (actualmente, aspiran ó título de Vicarias Supremas das Atochas; algo así coma un título nobiliario-proletario). Por fortuna elas puideron adquirir unha vivenda en propiedade e en boas condicións antes de que se perpetrara o latrocinio das casiñas do tramo Travesía de Atocha Alta, a rúa Atocha Alta e a rúa Mondoñedo. Por alí andaba un individuo ruin, baboso,de longos tentáculos e carente de ética a quen agora chaman "constructor" (venlle grande o nome). Deses que van con mondadentes na boca e cunha bolsa do super chea de diñeiro B. Ou vendían ou tiñan que enfrontarse ás súas técnicas sibilinas de acoso. Algúns edificios foron caendo a cachos. Alegreime moito de que okuparan o "chalé", denominación enxebre atochana da Casa Das Atochas, a que resiste. Xoguei nesas rúas, entraba nas casas dos veciños que me coñecían (había unhas tertulias memorables e interxeneracionais no baixo da miña madriña, que era algo así como a casa de Tócame Roque), comprei nesas tendas, recibín axuda, comprensión e afecto. @s vell@s resistentes morreron ou tiveron que marchar (unha veciña moi querida reside actualmente nun pisiño reformado de Labañou, nos bloques "Nuestra Sra. del Carmen" e está encantada, en contraste coas súas precarias condicións previas). Iso si, cada tarde achégase ata o seu vello barrio para ver ás súas amigas. Non só lles roubaron a luz e o seu calor: roubáronlles a vitalidade e a memoria. Queren convertir as Atochas nun barrio pseudo-burgués e anónimo. Non o conseguirán! Eu, que para a miña tristeza, tiven que marchar dalí polo imposible dos prezos para adquirir vivenda, vin parar á Agra. E aínda non podo crer a sorte que tiven (un piso novo a un prezo razoable en casco urbano). O meu edificio ocupa un solar no que existían dous edificios contiguos que tiñan catro alturas e, actualmente, ten seis. Vaia, que a miña hipoteca e mais eu tamén estamos fóra da lei, qué emoción. De momento, aínda non temo que caia un meteorito, nin haxa un terremoto ou que veña o Anticristo. Moitas noites aínda soño con recibir a caricia da luz do faro da Torre, tal e como a podía ver en noites claras coma ésta, ou o sereas dos barcos no silencio nocturno. Talvez algún día poida volver.
A miña aposta de futuro está por facer humana e habitable a cidade que nos roubaron, en lugar de facela a nosa inimiga. Partindo da situación actual pódense mellorar moitas cousas. Esas placas nas fachadas (qué sublimnal relación co xugo e as flechas)...
Seguiremos en pé.
Recupero aquí uns máis que interesantes comentarios que o noso amigo Jesús deixou no blog dos Rosales a conta da polémica que alí se está a vivir tamén. Son breves e clarificadores:
ResponderEliminar(...)"Con el PGOM del 98, quedaron al menos un 20 % de los edificios de esta ciudad fuera de ordenación parcial por causa de su exceso de ocupación de parcela.(...)"
(...)"Actualmente, con la LOUGA del 2002, por cierto del PP, hay infinidad de edificios en esta ciudad que están fuera de ordenación parcial y no ha pasado nada en estos casi ocho años que lleva en vigor dicha ley, ni va a pasar nada en los próximos".
Home, Pacotrón. Por fin estamos os dous por aquí, xuntiños!!!!!! Ti e mais eu, parella de defecto!!!!!!
ResponderEliminarMsarkadina: o dos sete piares non vai referido so urbanismo, en exclusiva, que podería perfeitamente.....O urbanismo é un dos sete piares que iremos tocando estes próximos días. Polo menos é a miña intención. O que non sei é se Pacotrón non preferirá unha das súas pallas mentais e censurará os meus escritos....a ver!!!!
Só fago tempo mentras quento un caldiño de chourizo afumado, grelos, garabanzos e fideos....pero teño que dicirche, besta parda irredenta, que eu tirareime pallas mentais, pero ti andas coas outras "pallas", e vanche saír pelos nas palmas das mans!!!!
ResponderEliminarTodos prometen...Pacotrón cumpre. Xa está incluída unha foto do edificio Televés, como nos pedira O Traveseiro e nós comprometéramosnos!!!!!
ResponderEliminarQué bonito bonito pero bonito de verdá!!!!!
Ollo, que hai quen o considera progreso "del bueno". Os que estropearon Malpica, por exemplo.
Pero al final ¿qué urbanismo genera más beneficios, a medio y largo plazo, el especulativo o el ecológico?
ResponderEliminarcoño y si hacemos una ciudad nueva
ResponderEliminarsalud y republica
con unos politicos nuevos
ResponderEliminarsalud y republica
Querido Xan. Por sorte ou por desgraza, os políticos non nacen coma as silvas ou os toxos. Cultívannos os cidadáns, que son os que os escollen. Así que se queremos outros, tamén deberemos ter outros cidadáns, porque co que temos actualmente, máis do mesmo.
ResponderEliminarA xente adoita dicir: "Todos son iguais". Como di Pacotrón, "se todos son iguais, por qué sempre gañan os mesmos?"