Páginas

Crise???? Qué crise????


Efesssstivamente, queridas e queridos katangueiros. Aquí está a crise con toda a súa crudeza. Este último mes é cada vez máis común ver as nosas rúas case desertas contra as nove da noite. Durante o día, a situación non é moito mellor. O aspecto de Katanga comeza a ser desolador.......por zonas.....pero ánimo, que baixou o ghasoil!!!!!!!


Tamén debe ser un alivio para moitas familias o que baixaron os tipos eses de interés, que te quero Andrés, pero aínda con todo.......cada vez hai menos comercios e menos baretos!!!!!!

Total.....que a sensación de moita xente é a de que vai aumentar a inseguridade cidadá, que van aumentar os atracos e latrocinios e outras cousas terribles que nos quedan por penar!!!!!!

Hai quen di que isto é o que nos espera de aquí a fin de ano!!!!!! Qué alarmistas!!!!!!!

O noso poli de barrio di, en cambio, que está todo controlado........polo menos iso é o que quere transmitir este pobre funcionario.

Fóra bromas......o que si que é certo é que preocupa, e moito, o cada vez máis desanxelado aspecto de rúas como Antonio Pedreira, Moraime, Toxosoutos........Non podemos pretender ter diversidade comercial perto da nosa casa se, en cato temos uns cartiños, deixámolos todos nos Centros Comerciais de turno!!!!!!

A xente comerciante katangueira é moi imaxinativa para todo o que sexa chamar a atención e, de paso, sacar uns euritos dalgún sitio!!!!!!!

Porque estes non van afrouxar a presión que exercen sobre os nosos petos, e cando digo "estes" refírome a todos os bancos e caixas de lambóns que hai polo país adiante!!!!!!!!

Algúns veciños do barrio, como estes que vedes aquí, xa tiveron que cambiar de aires ao non poder pagar a hipoteca!!!!!!! Qué vida máis pinguína!!!!!!!

Outras veciñas que, con tal de aforrar, quitáronse de comer cousas boas e así nos andan........a base de cheetos!!!!!

Insistimos.......fóra bromas, pero algo teremos que facer para que o barrio enteiro non acabe colgando o seguinte cartel á entrada desde o Río Grande ( Ronda de Outeiro ) ou no propio Río Bravo ( Terceira Ronda ):


Que si se pon a cousa chunga pero chunga chunga.......haberá que avisar ao noso coleguita El Grigui para que lles meta o medo no corpo a tanto directivo agresivo e lambón de euritos que hai por aí!!!!

Mirade que El Grigui non se anda con chiquitas á hora de amolar a quen sexa!!!!!!!!! Moito ollo, especuladoras e especuladores!!!!!!!

Xa sabedes os demais: COMPRADE NO BARRIO, CARALLO!!!!!!!!!!!

Abur, yogur!!!
>

No hay comentarios:

Publicar un comentario