Páginas

A momentary lapse of reason: un ano de Katanga Koruña

by equipo de administradores de Katanga Koruña

Vai para un ano xa, o 8 de febreiro de 2009, que o noso socio e sen embargo amigo Pacotrón decidiu, un domingo -día do Señor (¿?)-, dar renda solta ás frustracións e inquietudes suburbanas que o atenazaban desde moi cativo comezando iso que chaman pomposamente unha "Bitácora", desde a cal comunicar a súa visión do barrio, da cidade, do País e do mundo, e todo co ollo fuxidío do relativismo absolutista katangueiro. Un enredo.

Explícome. Para un habitante calquera do noso barrio, Katanga non resulta precisamente unha das partes máis bonitas da cidade. Ao contrario. Nós mesmos recoñecemos a desfeita urbana sobre a que vivimos, pero....curiosamente, sendo un lugar de paso entre a Agra e o Ventorrillo, ou entre a cidade toda e Penamoa, para os habitantes desta estrutura de cemento compactado, Katanga é a nosa Estación Término. O punto de inicio e o punto final. Qué ten de malo????


O urbanismo da outra beira do Río Bravo (Ronda de Outeiro) non resulta tampouco moi exemplar. Exemplo: rúa Vila de Negreira. Contra a humidade, ferruxe!!!!

É historia viva desta nosa península ártabra lanzada ao mar, que Emilia Pardo Bazán baptizou como Marineda, a imposición que a visión do todo -A Coruña- tiña sobre unha das partes -Katanga-. A comezos de 2009, Pacotrón dicidiu darlle a volta á tradición e impoñer na Coruña toda a visión que dela e do mundo tiñamos desde Katanga. Impoñer. pois, ese relativismo tan galego que define e nomea todas e cada unha das partes da realidade coma se todas estivesen no mesmo barrio onde os katangueiros viven e, algúns, apenas sobreviven.

Aquí non fixo falta Centro de Saúde ata que non urbanizaron "as pistas". Ou sexa, ata que non se conformou o "Ventorrillo". A maior abundamento, o Centro Cívico, Social e Cultural que nos deben no barrio (Ágora) coincidirá no tempo coa urbanización das faldras da Gramela, o que se dará en chamar San Pedro de Visma. Darase por fin continuidade urbana ao núcleo de San Pedro ata Liaño Flores e Mosteiro de Caaveiro. Non tiveron güevos a poñerlle o nome de KATANGA. Por se acaso.....pero o certo é que os primeiros nativos, os primeiros indíxenas que fixeron barrio son os das casas de Franco. O resto apareceu máis tarde, resultando ese sentimento colonial de que o que sobran agora son, precisamente, esas casas e os seus habitantes. Son unha reserva india asentada sobre precioso chan urbanizable. Haw, por Manitú!!!!!!!

As casas de Franco responden perfectamente ao modelo de promoción social de vivenda da Falanxe: materiais de baixa calidade, espazos ultra-reducidos, moitas zonas comúns e zonas verdes e/ou pistas deportivas....que o exercicio cura a alma e derrota os malos pensamentos!!!!!


Por contra, se cruzas o Río Bravo e, máis ao norte, o Río Vermello (Ronda de Nelle), atoparaste con estes nichos, émulos dos de Feáns, onde debes pagar un pastón para vivir case coma se estiveses morto. A 5 minutos do centro...din....tamén en San Amaro, neno, e quero tardar en ir alí!!!!!


Como hoxe é un gran día, non seguiremos botando leña ao lume do localismo marinedo e trataremos de destacar, como neses programas que emiten as cadeas cando se achega Fin de Ano, un pouco do mellor e outro pouco do peor que se viviu neste blog desde os seus primeiros pasos, aló polas 19:30 horas dun chuvioso 8 de febreiro de 2009. Katanga Koruña, o blog insurrecto da Agra do Orzán. Katanga Koruña, a momentary lapse of reason, veño preferindo eu....

1. Sexo, mentiras e blogs veciñais....
Partindo da base de que Katanga Koruña non é un blog veciñal, in sensu strictu, aínda que resulta meridiano que agroma influído polo aumento dos blogs coruñeses de ámbito territorial, decidimos sen embargo apostar polo desenvolvemento dese territorio emocional, recibindo a benvida dalgúns dos máis recoñecidos e veteranos da cidade. De resultas disto, chegamos ben pronto á conclusión de que os blogs veciñais eran menos "veciñais" do que presumían un tanto así de politizados.

Efectiuiuonder, salvo algunha honrosísima excepción a do Blog dos Mallos, as máis das veces atopamos un chisco de información barrial cun moito de opinión sobre política e sociedade que trascendían, e trascenden, o interese dos nosos veciños e veciñas máis próximos. O caso de Penamoa, e cómo se foi introducindo visceralmente o medo nos habitantes dos barrios onde supostamente irían traficar con total impunidade as diferentes familias procedentes do poboado, e todo por culpa dunha política de erradicación do chabolismo avalada polo goberno municipal e o Bipartito xunteiro, foi quizais o caso máis sangrante de manipulación informativa fóra dos medios tradicionais de prensa escrita.

Isto é unha opinión nosa, certo, pero se Katanga non é pois un blog veciñal a secas......os outros tampouco en absoluto!!!!

Sobre o do sexo....pois nadita, qué esperábades?????


O urbanismo dos Mallos, como humilde ampliación do que fora practicado no Ensanche coruñés, vai pouco a pouco desaparecendo, ao tempo que as fronteiras de formigón entre este barrio e a Agra van diluíndose paseniño paseniño.....Que se prepare o noso amigo e sen embargo administrador do Blog dos Mallos!!!!!


2. A súa excelencia a Princesa Msarkadina.....
Como en toda boa novela por entregas decimonónica que se precie, a orixe desta muller resulta toda unha incógnita. Pode ser unha princesa armenia que fuxiu das gadoupas otomanas ou unha das escasas mostras da extirpe Romanov. Hai quen conta o seu emparentamento coa dinastía ptolomeica, por parte de nai, e quen presume de saber de boa tinta que a súa orixa apunta ao desditado Darío o Grande. Sexa dunha forma ou doutra, o certo é que esta comentarista, que se converteu en colaboradora, merece un espazo virtual para ela soa. Moitas das entradas deste blog non serían nada interesantes sen as súas aportacións. Solidaria ata o infindo, o seu mundo non ten máis fronteiras que as que marca unha sociedade máis xusta. Moitos son os que a queren coñecer, pero poucos os elixidos.

Como estamos de aniversario, confesareivos que é máis que posible que o seu primeiro apelido sexa Tarantino......Un luxo para Katanga toda!!!!!!


MR ARKADIN: Pagaré tres mil fantastillones a quien encuentre una sola pista verdadera que nos aclare algo del pasado de esta mujer y de donde proviene su más valiosa posesión: el conocimiento!!!


3. Vuelve el hombre.....
Este foi sen dúbida o ano da memoria histórica na cidade de Katanga. Aprobáronse un sen número de retiradas de simboloxía e de cambios de nome de rúas. Somos conscientes, non creades, de que isto da memoria pode ter trampas tralas curvaturas dos valores éticos e morais. Sabemos, por exemplo, dalgún xornalista franquistoide ao que se lle retirará o nome dunha rúa, pero nada se di daqueles outros profesionais da retórica laudatoria franquista (ese Risco, for exemple....) que adornan co seu nome innúmeros centros escolares repartidos polo País todo!!!!!

En todo caso, se había un nome infecto e un símbolo malicioso a retirar, ese é sen dúbida o de Millán-Astray. Así, foi votarse a favor da súa retirada e montarse o guiñol de Carlos Negreira, que é o guiñol da dereita deste País. A estas alturas, penso que ningún demócrata entende a teima dunha parte dos conservadores en defender aspectos concretos ou absolutos do réxime franquista. Será porque era un dos nosos...un de Ferrol???? Será un exemplo de patriotismo preconstitucional????

En fin, que seica Millán-Astray era un coruñés de pro. Si, como Franco un ferrolán de pro....Ai, como che está a dereita.......tan chea de galegos......


EL GUIÑOL DE CARLOS NEGREIRA PRESENTA.......
MILLÁN-ASTRAY: Coño, Paco....¿ese que se viene con figura altanera no es Don Carlos? ¿Le echamos un arriba España o, por el contrario, prefieres un viva la muerte?
FRANCO: Si..........


Se o noso blog supón "a momentary lapse of reason", que xa é moito supoñer, a nosa amiga Ra apórtanos o terreo dos soños prohibidos, relatos de ficción, lendas e anécdotas cotidianas....cun pouquichiño de musiqueo, que é o que máis nos gusta.

Para Goya, o soño da razón produce monstros...pero Ra "gallega. Escritora. Madre. Independiente. Ex-militar. Altruista. Bruja. Soñadora. Rebelde. Aventurera. Misteriosa. Cariñosa. Divagadora e Inconformista. Valoro, sobre todo, la sinceridad y la amistad. Por mis venas corre sangre murciana y andaluza", segundo nos indica, sabe ben cómo afastar os pesadelos do noso pelote ou, de non ser así, sumalos á nosa causa.

A delgada liña que separa a realidade da creación literaria marca, sen dúbida, o estilo do seu máis que recomendable blog. Máis que Ra, estamos ante Isis. E iso que Pacotrón se me pon canino cando le algúns dos seus inquietantes relatos!!!!!! Entrade, entrade....se tedes o que hai que ter: sentidiiiiño!!!!


PACOTRÓN, KATANGUEIRO E KATANGUEIRA: Para onde nos levas, amiga Ra???? Mira que temos medo a navegar....
RA: Acaso non pedíades a berros acadar a inmortalidade???? Percorrer as augas caudalosas do Nilo ata o fin de todas as estrelas??? Trascender á materia??? A ver se vos aclarades, carafio!!!!!!


5. Yo protesto, que dicía Don Santiago....Eu si que protesto, eu si que protesto!!!!
Dicía un chiste inglés referido aos carteiros: "dáslles un uniforme e crense Adolf Hitler". Pois a este home, Don Santiago Rey Fernández-Latorre, dáslle un medio de comunicación de prestixio e crese Emile Zola....en perralleiro, se mo permitides.

As súas proclamas desde o balcón da súa "tribuna" axudaron, e moito, a derrubar o malvado goberno bipartito de Touriño-Quintana. O seu escrito, a un mes das eleccións que abriron a etapa albertina na Xunta de Galicia y Aragón, amosou o seu desafecto co Decreto Eólico, porque facía País, contra a Lei de protección da costa, porque facía País, contra o Plan Sectorial de vivenda, porque facía País, contra as políticas de Igualdade e Benestar, porque facían País, contra o Decreto do galego aprobado por unanimidade no Parlamento, porque facía País, e así un sinfín de cousas que non interesan a quen, a cambio de facer País, prefire facer Región!!!!!


Desde lo más hondo de su sentir galaico, estimulado por el enorme cariño que siente por su querida región, Don Santiago nos invita a contemplar sus sinuosos montes esquivos, guardar la imagen de sus humildes hórreos en la retina o embellecerse con la contemplación de todos y cada uno de sus parajes.......


6. A Katangueira....
Presente en todas e cada unha das entradas, merece que se lle destaque a súa inspiración. Xa vos dixemos unha vez que está moitísimo máis presente do que poidades pensar en todo o que aquí se publica.

Naceu, realmente, nas beiras do río de Monelos, pero unha vez que se nos achegou a chonear polo barrio, e xa npon volveu por alí xamais!!!!!

É un premio permanente, máis valiosos se cabe naqueles días aciagos en que todo semella saír mal e onde as paredes da confortabilidade katangueira parece que queren desmoronarse.

A maior abundamento, é unha fonte moi útil para lanzar continuas picaradas a diestro e siniestro.....Algún que outro polo para por aquí na busca do seu "calor" humano....pero é inútil. O seu corazón non marcha de Katanga!!!!!


KATANGUEIRA: Veña, Katangueiro, non me sexas pedorro e descansa un pouquiño....anda.....


7. Botellón....rien ne va plus!!!!.....
Haiche xente que non se sabe se tiveron adolescencia ou é que sempre foron así de rancios, pero este ano que pasou, coa falta de civismo e/ou respecto polos bens públicos que se aprecia na nosa cidade (chicles por doquier xa antes de inaugurar as novas infraestruturas peonís, roturas de vidro en prazas recén rehabilitadas, lixo e máis lixo no chan despois de calquera acto onde se reúnan máis de cincuenta persoas, praia de Riazor convertida en escombreira despois de cada San Xoán, entre outras.....) resulta altamente chocante que sexan as mozas e mozos marinedos os que carguen coas culpas de todo canto desmadre se leve a cabo. Polo menos, iso é o que se desprende das actitudes intolerantes de determinados "representantes veciñais", ou iso din.

O colmo do paroxismo chegou cando a conta dun suposto intento de violación nas proximidades de Juan Flórez, que quedou definitivamente en roubo de bolso, alguén relacionou botellón con drogas, narcotráfico e prostitución, propoñendo ao mundo todo unha visión do Ensanche coruñés que o Harlem semellaría Disneyworld ao lado do detritus coruñés do día a día, coa anuencia do Concello e da propia policía, segundo se desprendía da denuncia "veciñal". Buffff......Ao final deste enguedelle, apareceu quen se ofreceu para "limpiar las calles"....e non falamos dos restos de chicle!!!!

O último episodio ao respecto do "botellón" chega da man do Anteproxecto de lei de prevencióndo consumo de bebidas alcohólicas en menores, da Consellería de Santidade que dirixe dona Pilar Farjas, látigo do pleno do Concello da Coruña contra a permisibidade do bipartito co problema de saúde pública que ela mesma pensaba resolver unha vez gañasen (como así fixeron) as eleccións á Xunta de Galicia y Aragón. Pois ben, en dito anteproxecto déixase en mans dos concellos a resolución dun problema de saúde pública que Dona Pilar, agora, non sabe -ou non quere- atallar. Inconcebiblemente, hai aspectos dese Anteproxecto onde se realizan tratamentos máis suaves e permisivos coa venda de alcohol en determinados espazos que a propia ordenanza de convivencia e ocio do Concello da Coruña. Vivir para ver.....


PILAR FARJAS: Ay, hijos, siento ser tan evidente pero con esto del botellón sólo puedo decir "¡Jesús, qué cruz, virgen santísima, qué cruz!"....
KATANGUEIRO: Non se me preocupe, dona Pilar, que nunca choveu que non escampe!!!! Fai un chopito de mazá?????


8. Os emigrantes de Katanga....
Igual este comentario sobra, pero agora que a conta da crise do capital financeiro que estamos a vivir e padecer hai quen vota as contas sobre cantos inmigrantes viven nos nosos barrios...que seica alguén di que o seu fillo aparellador está no paro por culpa desta xente (¿?), haberá que recordar o noso pasado emigrante ou que, hoxe por hoxe, e grazas a este blog insurrecto, puidemos contactar con persoas como Álex, Carolina ou Pilar....katanguistas auténticos que hoxe habitan terras como Hamburgo, Mallorca ou Barcelona????

Pois a ver se espabilamos, que o noso amigo Chilango xa notou entre as súas amizades coruñesas unha actitude "estraña" ante o inmigrante que, quizais, antes non había.

Non, se xa o dicían os meus amigos trotskistas.....ao final vai haber que facer a revolución!!!!!!


EMILIANO: Pero que viva Katanga, cabrones!!!!! Y a ver si se invitan a unas Coronitas, que tengo sequita la bocota!!!!


9. Medios de comunicación ou medios de información....
Eis o dilema. Os chamados medios de comunicación fan iso precisamente: comunicar. Igual que un Sarxento lles comunica aos seus soldados unha orde absurda. O que ocorre é que a nosa sociedade tende a ver estes medios como de información, como cronistas da realidade absoluta, e non da parcialidade que nos adoitan amosar.

A nosa relación cos medios redúcese ás visitas que alguén da Voz nos fai de cando en vez....e da que supoñemos saíu a historia que denunciáramos do trato que se lle dispensara ao Cousillas e ao Canuto por parte do Rubio e os seus coleguis.....e a grandísima oportunidade que supón para o noso modesto -e molesto- espazo virtual que un medio coma
Galicia Confidencial confíe en nós para determinadas informacións dos ámbitos local ou social. Alí coincidimos co noso amigo do blog dos Mallos, que ten unha presenza máis estable e cinguida ao ámbito puramente local. Meréceo, sen dúbida. Nós...non sei.....

O que si que é certo é que os días que somos recomendados por este medio, o número de visitantes que se nos achega aumenta exponencialmente. Destacan, ademais, as visitas desde Santiago de Compostela, Ferrol ou Vigo. Algúns destes visitantes repite.....


NENÉ: Pero qué carafio.....aquí di que Carlos Marcos convidará a un cruceiro polo Mediterraneo a todas as persoas que demostren que o votaron nas últimas municipais.....E eu que non tiña aínda a idade!!!!


10. Crises...what crises?....
Iso é o que dicimos nós. A crise é a dos comercios do noso barrio, que entre a falta de traballo que padecen moitas familias da zona e a teima zombie dos que aínda o teñen de acudir aos Dolce Vita, Espacio Coruña ou o que lles boten, así non hai quen poida!!!!!

Os responsables do desaguisado, banqueiros e especuladores -especialmente do mundillo do ladrillo- aínda pretenden darnos leccións aos demais de cómo levantarnos desta crise. As receitas, as de sempre: abaratamento do despido ata facelo de balde, a ser posible, aumento dos anos de cotización, retraso na idade de xubilación, recortes sociais.....En fin, xa sabedes, o recadito que nos deixou Adolfo (qué golfo) Domínguez.

E digo eu, e dicimos todos...por qué non se aplican esas medidas coa filla do modistillo, que seica din que é "modelo" grazas a papi e só grazas a el????? Que traballe ela ata os 67 anos por mil euracos ao mes e con despido libre...por se se desmanda....a ver qué lle parecen entón as ideíñas economicistas do seu querido papi!!!!!


SONNY: Joder, macho....no sabía yo que este sastre era más bucanero que George Bush Jr!!!!!!
RICO: Pues lo de la arruga es bella molaba mazo, tío, que así librabas de planchar!!!!
SONNY: Y las hombreras daban muchísimo estilo, tengo que reconocer.....
RICO: Ahí discrepo...a mi siempre me parecieron un poquito.....mariquillas, qué quieres que te diga.....
SONNY: Eso si......





11. Cultura Pop......
Esa é a nosa cultura, por se non o notastes aínda.....Rompendo os tópicos de que por Katanga só se escoita -a tope de volume, todo hai que dicilo- Los Chichos, Camela ou Andy y Lucas!!!! Aquí vainos o son Machester: The Smiths, The Stone Roses, The Chemical Brothers, Oasis......Mágoa que Radiohead sexan de Abingdon e Primal Scream de Glasgow!!!!!!

Debedes saber que unha das nosas entradas máis visitadas, incriblemente, é aquela titulada
Son un pobre katangueiro, a partir dunha canción de Los Planetas.....Será por iso que temos un Granaíno Planetario que nos segue con fruicción??????

Eu, para dar remate a esta entrada especial aniversario, tiña unha dúbida entre dous temas, precisamente, de Primal Scream: Beautiful Future, como un desexo, ou Medication, como "outro" desexo.....

Ao final, inclineime por Beautiful Future....que non se diga. Graciñas e a por outro...ano!!!!!!





DARK VADER KATANGUEIRO: Pero qué coño se cree este puto crío, con su varita mágica de los güevos y sus patéticos amiguitos de reformatorio.....Es que no hay alguien dispuesto a llevárselos a todos por delante de una puta vez???? Es que no hay conciencia ni corazón???? Que se dejen de tontadas y que follen ya, que están más bobos que Chewaka haciendo nudismo más allá de las columnas de Tannhäuser!!!!

CHEWAKA:Augh...uight...uowgh....pfrrrssss...eich.....uausfgh!!!!! ("Si, bueno...tengo que reconocer que no fue mi mejor momento.....y el tanguita apretaba lo suyo!!!!!")

En fin, delfín....ata pronto!!!!!!


16 comentarios:

  1. Primeiro de todo, quero desexarvos os meus parabens de todo corazón. Moitas Felicidades.
    Uuuuuufffffffffff... Ay Katangueiriño,estou sen palabras... Fixéchesme rir dabondo, pero qué cousas dis, qué vergoña, xa estou vermella coma un tomate. Mira que compararme con Isis jaja E que non teño palabras. Moitas grazas por nomearme na vosa casa. É o máis fermoso que me sucedeu dende que empecei a escribir en blogger. Sodes un tesouro.Muaaaaaa

    O que non me gustou foi lembrar que Paquito Franco foi ferrolán, puaaaaaaaaag! E digo "foi" porque grazas ó ceo xa está morto e ben morto. O peor es que hai veciños da miña cidade que aínda teñen os santos collóns de escribir nas direccións Ferrol do... puag, serán mamones!Menos mal que noso tamén é Pablo Iglesias, menos mal, porque vaia deshonra senón...

    Gustoume a ruta por Katanga- Coruña, seguro que algunha vez das que fun á vosa cidade pasei polos arredores dando voltas co meu coche. Sempre pérdome e remato percorrendo toda a cidade coma una tola buscando a saída para a autovía. Igual algún día aparezo polo voso lar, quen sabe...

    Para vos o bico e a aperta más grande e cálida que vos poidades imaxinar. Grazas. MUaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!!

    ResponderEliminar
  2. Graciñas a ti, SuperRa!!!!! e bicos.....

    ResponderEliminar
  3. Acabo de chegar a casa e mira o que me encontro, maldita carracha katanguista!!!! Eu si que estou colorado, con esas cousas que lle contas sobre min a Ra!!!!!! Acabarei vivindo nun boquete do chan, coma os toupos...pero xa me encargarei de que ti "vivas" aínda máis abaixo.

    Fóra bromas, fixeches un bo traballo. Boto en falta algo de Ciencia Ficción, como o da loita contra o Escudo Estelar que se traen entre o Partido Humanista e a AVV. Agra. Neorrealismo katangueiro, sen dúbida!!!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Periodista Revisionista8 de febrero de 2010, 18:42

    Saludos y feliz año. También mne alegro de lo del Galivia Confidencial. Hacía tiempo que no lo visitaba y me sorprendió el cambio radical que pegó. Supongamos que a vosotros algo os debe ese cambio, ¿ok?

    ResponderEliminar
  5. Qué crónica tan bonita! Teño pasado moi bos momentos por aquí (de risa, de reflexión, de cabreo, de estupor, de pura alegría...) pero hoxe emocioneime moito. Por todo o que me fixestes lembrar do ano 2009. Hai 12 meses o temporal non só castigaba Marineda; tamén chegaba á miña vida de xeito bestial. A crise do país sumábase á miña crise vital. Había ben poucos motivos de alegría pero vós fostes un deles. Porque me confirmastes que había moitas persoas que non deixaran de lado a ilusión o idealismo como impulsos vitais. É incrible o que nos depara o destino: achegarnos por casualidade a xente maravillosa coma vós, queridos katangueiros, coa que se establece unha conexión máxica sen case nos coñecer. Agora mesmo venme á memoria o título dunha novela de Goethe, que sempre me fascinou pola súa fermosura: AS AFINIDADES ELECTIVAS.
    Síntome moi agradecida e honrada polas vosas palabras. O meu ego vai camiño do infinito (e máis aló) e non pode ser... Son unha muller de orixes incertas,si (algún día contareivos os meus periplos vitais,prometido). O meu porvir é incerto pero prometedor. E escollín un presente, en apariencia prosaico, pero na rutina tamén acho certa felicidade: Aí está a miña Arcadia Feliz actualmente. O meu apelido si podería ser Tarantino. Pero tamén Zelig, xa que téñovos moito de camaleona: sei adaptarme a moitas situacións; o que nunca cambiaron foron as ideas nin os principios. En canto a Mr Arkadin... Buf! É un coñazo! Débolle algún euriño (fíxome un préstamo para o master que fixen coas Sibilas en Delfos e o postgrado na Biblioteca de Alexandría) e converteuse na miña Negra Sombra. E tamén teño que pagar unha hipoteca na Agra! O ano pasado non puiden ir a Itaca,nin a Armenia, nin a ver á miña escasa familia Romanov, precisamente por pagarlle algún prazo. A ver se este ano liquido a débeda, que xa estou chea. Xa está ben de falar de min (é de moi mal gusto); agora toca falar de Katanga... Xa expresei a miña opinión sobre os temas que hoxe lembrastes, así que non me vou repetir. Únicamente lembrar a orixe do nome de Katanga: é unha provincia sureña da República Democrática do Congo (moi rica en xacementos de cobre,cobalto,uranio ou diamantes)que,nos anos 60 do pasado século intentou independizarse da metrópoli (Kinshasa). Foi unha guerra moi cruenta (xa me gustaría a min ver ás apatrullas cidadás soltas polo Congo; aí si que habían aprender) e as novas que chegaban á Coruña debían ser horribles, alcumando así a ese novo barrio Katanga: por remoto, por temor, por clasismo. Katanga, terra de ninguén. Parece que certas actitudes e prexuízos se perpetúan no tempo. A ver se obteñen algún beneficio da urbanización de Visma. Como estamos de noite temática, déixovos este enlace da Katanga africana:
    http://fr.wikipedia.org/wiki/Katanga
    Un documental moi interesante: "Katanga Bussiness" (a ver se consigo velo enteiro) e unha canción dun congolés de pro, Lokua Kanza:
    http://www.youtube.com/watchv=HNZW_qgmLVc&feature=related
    Despídome en kiswahili, que é o fermoso idioma que se fala na Katanga congolesa (aquí temos o koruño, que tamén ten moita tela): USIKU MWEMA. NINAKUPENDA.

    ResponderEliminar
  6. Perdón pola incontinencia verbal, sinto ser tan acaparadora, pero esquecín algunha cousa:

    1º Ademais de a vós, gustaríame agradecer todas e cada unha das opinións que aquí se verqueron. Todas me resultaron útiles en certo grao, sempre había algo que os demais sabían e eu non. Iso enriquece a mente e alegra á alma.

    2º Saber que moitos e moitas queremos vivir nun mundo mellor (non me refiro a ese rollo tan new age e fedor sectario dos humanistas da Agra), máis igualitario, máis respectuoso coa diferenza, dáme forzas para seguir adiante.

    3º Ken Loach e o adorable Paul Laverty teñen moito que ver con Glasgow. En Manchester pasei algunha noite memorable facendo honra á peli 24 HOUR PARTY PEOPLE (e se cadra non tardo demasiado en volver).

    4º Un saúdo moi cariñoso de parte dun amigo común (políglota, alma sensible que viviu moito tempo en África) e que hoxe non anda moi ben. Faino en lingala e traduce: "MBOTE, KATANGA-KORUNA: NKEMBO, BOKOTI, EYAMBA,BONINGA" ("Ola, Katangueiros: Saúde, forza, fe e amistade").En hindi non pode ser, que hoxe non nos recoñece o alfabeto o teclado.
    5º Un pouquichiño da ciencia ficción poética que reclama Pacotrón: "Todos estes momentos perderanse no tempo, como lágrimas na chuvia". Seguro que das nosas memorias non marcharán.
    Se isto é "A temporary lapse of reason", sabede que para min e moit@s outr@s ven sendo unha parte de "The Eternal Sunshine Of Our Spotless Minds". Novamente, usiku mwema e ninakupenda.

    ResponderEliminar
  7. Pero qué cousas tan bonitas que nos contas, Msarkadina. Vou poñer o saúdo, que supoño que será de Hakim, no noso facebook...para que a xente aprenda idiomas, qué carafio.....

    "A momentary lapse of reason" é un disco de Pink Floid que recordamos por tres razóns tres:

    1. Significa, creo, un momentáneo lapso de razón, que é cómo nós mesmos vemos o noso blog ante tantas e tantas barbaridades virtuais e reais que se cocen por aí....

    2. Pink Floid é un grupo londinense...outra das nosas preferencias pop....e grupo vital na nosa formación cultural aló polos primeiros oitenta (The Wall...for example....)

    3. En Katanga, e por extensión na Coruña, haivos moito "pinfloi"....xa sabedes por onde vou.

    Bicos a ti.

    ResponderEliminar
  8. Outra cousiña: por un erro "formal", non se puido ver o seguinte comentario que nos deixou hai un rato Alter Nativo. Aí vai:

    ResponderEliminar
  9. Aquí vos queda un enlace onde se fala doutro urbanismo máis sostible e humanista, como lle gusta dicir ao Pacotrón:

    http://nomepisesofreghao.blogaliza.org/2010/01/29/o-pxom-da-coruna-unha-ilusion-nada-realista-e-pouco-eco-loxica/

    A conta disto, dicirvos que está moi ben iso que puxestes no voso facebook: o problema da Coru é que se tiran casas de catro ou cinco plantas para levantar oito. Isto leva anos pasando moi sangrantemente en Montealto e Agra, e máis recentemente nos Mallos. Ese é o problema. O pp local enténdeo ao revés: o problema para eles é que se poidan construír cinco alturas onde antes había oito....Pero cando se viu iso?

    A foto que poñedes ao principio da entrada é da Ronda de Outeiro, creo. Pois ben, para un urbanismo habitable habería que tirar todo e facelo de novo. Xa que iso non é posible, polo menos que a partir de agora non se reproduza o erro.

    Exemplos de penoso urbanismo hai tamén moi recentes: Novomesoiro, sen unha soa praza pública para estar, ou Matogrande: bloques e bloques de pisos de oito alturas en rúas estreitiñas. Xa se ve o resultado disto: circulación caótica, falta de espazos para aparcar, doble fila endémica.....moitísimo ruído....

    Pero é que a dereita de aquí nunca viaxou por Europa adiante para ver o que fixo co urbanismo a dereita de alí?????

    Saúdos e noraboa polo aniversario. Que a Divina Pastora vos axude.

    ResponderEliminar
  10. Uf......xa cría que me censurábades o comentario. É broma. A censura de comentarios existe, e non por insultos, precisamente. Pódovolo asegurar, se non por intereses. Aí si que se descobre de qué pau vai cada quen. O que si que é verdade é que hoxe aplícase menos censura nos blogs de barrio que hai uns meses, en pleno conflito de realoxos, como é xa ben sabido para os que vos seguen.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  11. Este blog comeza a trascender a área que limita Katanga para irse, pouco a pouco, convertendo en espazo alternativo para os nosos grandes temas. Estamos orgullosos, xa que a nosa intención inicial, como semre ocorre, era máis modesta:

    http://www.galiciaconfidencial.com/nova/5308.html

    Arre carallo na Habana!!!!!!

    ResponderEliminar
  12. Qué alegría ver que hai un medio como Galicia Confidencial que toma coma fonte de información (E QUE CITA AS SÚAS FONTES) o blog katangueiro ou outros blogs. Non creo que se lle dera cabida á iniciativa Dereito a Cidade nos medios "formais e tradicionais", se non fose porque antes se lles deu eco noutros medios "informais". Eu, por exemplo, entereime por vós. Grazas tamén a Alter Nativo pola súa información. A min vaime ser útil.
    Onte vin algunha rúa da Agra con carteis informativos do BNG. No meu portal, un cartel da campaña "Losada, en mi casa mando yo" e no meu buzón, un panfleto do mesmo (iso si, de asuntos como o da Terceira Ronda, que lles tocan moito -xa que o señor Negreira dixo que estarían rematados se o PP chegaba á Xunta- non din unha palabra). Boto en falta unha acción máis enérxica e efectiva do PSOE. Hoxe, por exemplo, oínlle dicir a unha persoa á que respecto moito que "Busquets deseñou o Puerto Centro de Ocio".Limitábase a repetir o que oíra. Así andan demasiadas persoas.
    Vouvos deixar aquí un enlace a un impactante video de Carlos Negreira (ese home)dando información veraz e obxectiva (a que lle interesa, claro) sobre o PXOUM. Non puiden rematar de velo. É demasiado ata para min e mira que me vai a marcha...

    http://www.youtube.com/watch?v=lm0opM0jNsU

    Quedei fascinada por esa naturalidade, esa desenvoltura e ese salero que derrocha o señor Negreira. Outro tipo carismático con teleprompter (Sarah Palin dixit sobre Barack Obama). É unha blasfemia comparar a Obama e a Negreira, xa o sei; será o efecto alucinóxeno do video.

    ResponderEliminar
  13. Saúde e República, Xan de Couzadoiro...pero para chegar a República, hai moitísimo que traballar. Para que haxa República, ten de haber cidadáns. Para ser cidadán, un debe ser libre. Para ser libre, precísase a suficiente educación para non ser escravo do medo, sa manipulación ou dos interes que defenda quen ten abondosos cartos para vendérnolos como propios. Eis a dificultade do choio!!!!!

    ResponderEliminar
  14. Muy agradecido, amigos, por su mención a mi persona. La gocé mucho leyendo esta entrada: una linda revisión del camino recorrido. Es éste universo katangueiro un mundo mágico: princesas misteriosas, políticos meapilas (cómo me gusta ese adjetivo) e hipócritas, guerras galácticas, música pop y conexiones subterráneas y desconocidas (me refiero a la conexión congolesa). Me parece que la inventiva coruñesa es enorme. Recién me contaron que a otro barrio le llamaron Korea por una guerra. Me están diciendo por aquí ahora que, geográficamente, las auténticas antípodas de la ciudad están en New Zealand (qué bueno, una saga del Señor de los Anillos coruñesa) Jajajaja... Ustedes, tierra independiente, por África Yo podría contarles muchas cosas del surrealismo mexicano pero eso es otra historia. La mala vibra entre las personas que me rodean (no son en concreto mis amistades, es algo generalizado) no creo que vaya contra mí, sino que es fruto del miedo a lo desconocido y a la desesperanza que los invade. Les invito de buen grado (aunque sea virtualmente) a unas Coronitas. O si se tercia, a unos buenos tragos de mezcal, pulque o tequila, porque se les ve a ustedes que son raza. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  15. Moitas grazas polo abrazo, Chilango. Vémonos aquí cando queiras agardando polas túas historias mexicanas.

    ResponderEliminar