En comentarios dirixidos á anterior entrada (a min, isto do "post" sóama a post-ín!!!), a nosa comentarista e sen embargo coleguilla Msarkadina recomendounos unha nova da Voz de Galicia que viña a conto da resistencia dalgúns concellos gobernados polo BNG a privatizar servizos sociais. Esta última nova, recomendada por Pacotrón (ese mamífero bípedo implume), dicía o seguinte:
Msarkadina remitíanos, pois, a ésta outra....
...que ten que ver ou non ten que ver, como vexades vós, que eu xa vexo de sobras!!!!
Estas dúas novas trouxéronme á memoria unha discusión que tiven cun rapaz a conta da súa aboa, unha muller recén xubilada (65 anos) con menos de 400 euros. O rapazolo, dunha vila costeira, xustificaba a paixón da súa gran mamma por Núñez Feijoo co argumento tan manido de "a ver cómo vivía Zapatitos con menos de 400 euros!!!".
Nun primeiro instante (intre, que diría Albor), acollín con simpatía o comentario dicindo: "home, ou Núñez Feijoo ou Rajoy, ou ti ou eu ou calquera....".
Craso erro. O rapaz vomitou toda a xenreira dereitosa da súa aboa contra os ilusos rojitos que ían arruinarnos a todos coas axudas sociais aos, literal, "neghros, xitanos, colombianos e mulleres maltratadas".
Ante este insólito e, á par, terrible comentario, descarguei, á miña vez, toda a miña xenreira rojita. Fun malote, seguro. PREGUNTEILLE QUE CÓMO ERA ISO DE QUE UNHA MULLER DE 65 ANOS COBRASE TAN SÓ 300 E TANTOS EUROS. "É que é non-contributiva", dixo. "Ah", dixen eu. "Nunca cotizou ao Estado", engadín. "E vive en casa propia?", perguntei. "Si, e máis ten un piso na Coruña. Paghounos co seu traballo, eh??", rematou chulescamente o irreverente raparigo.
"Vale", respondín armándome de paciencia. "Os meus abós, os dous que aínda viven, cobran pagas contributivas, polo que suman entre os dous un montante que lles permite vivir dignamente. Sen tolemias consumistas pero sen privarse dun filete. Viven en casa alugada, claro. Toda o tempo que puideron cotizaron, e pagaron impostos. Claro, así non puideron aforrar moito. Tiveron tres fillos".
O rapaz fitoume estrañado, como sen comprender por qué lle contaba iso. O rapaz levaba o peiteado de Cristiano Ronaldo, un brinco de diamante e un carro tuneado (Renault Clio azulón con faldóns de fibra de vidro).
"Non o pillas?", pregunteille. "Non, neno. Ti verás...", respondeu. "Moi sinxelo, chorbo. Os meus abós, que cotizaron e pagaron impostos, sempre votan esquerda. Mesmo votan "Zapatitos". Valoran o esforzo cotizante que realizaron e o esforzo cotizante colectivo actual. Por iso non poden ver diante a estes "señoritos" populares como Rajoy ou Núñez Feijoo. Os meus abós cren na Lei de Dependencia e nos servizos sociais públicos e universais. A túa aboa viviu da trapallada social. Isto é, eu, que son listísma, non pagho impostos, non pagho seguridá social e non pagho nada. Por que unha muller de 65 anos NON TEN EXCUSA PARA NON TER COTIZADO NADA E, en cambio, TER COMPRADO CASA E PISITO!!!!!! Isto non é España anos 50. Isto é Europa, amiguete!!!!",. Para daquelas, eu xa me imbuía do espírito de Leónidas. "Por iso, a túa aboa é de dereitas", rematei. "Por que non cre no esforzo social colectivo. Por iso, agora ten menos de 400 euros de pensión, e graciñas, neno, que con Franco non había pensións non-contributivas, que as puxo Felipe...un sociata!!!!! (...e que me vexa eu dicindo isto, que son anti-Felipista...)". "Un rojete", remarquei e dei por rematado.
Xa vos dixen que fora malote.
O certo é que resulta evidente que en Galicia existe unha minoría moi maioritaria que é como esa señora (unha santa, non o dubido). Unha minoría maioritaria a quen non lle importa unha merdalla que quiten axudas a libros de texto -total, non teñen que estudar-, que retiren a atención sanitaria de tarde -total, non estou enferma-, que privaticen servizos públicos -total, sempre me busquei a vida e, se fai falla, vendo o piso da Coruña-, ou que non se aplique a Lei de Dependencia -total, para que leven as axudas os neghros, colombianos, xitanos ou as maltratadas esas....-. Si, ou os meus dous abós, que están agardando unha resposta da administración. Si, eses que cotizaron solidariamente e que son rojitos. Eses que cren no futuro. A aboa do meu coleguilla, sendo moitísimo máis nova que eles, só cre no pasado.
Ensinanza moral: nun País de trapallada é normal que gobernen os trapalleiros. O insólito sería que gobernasen os meus abós!!!!!!!
Saúdos e bon nadal..........katangueiro!!!!!
KATANGUEIRA: Mira, neno. Se queres revolución, xa sabes, e se queres ser malote, tamén sabes.....Ti, como Moncho es mucho: tú ya sabes!!!!!!!! Felices festas a toda Katanga!!!!!!
Aportación do Katangueiro:
FELICES FESTAS (xa tiña ganas de colgar isto)!!!!!!!
In dependentia summa versus in competentia manifesta aut in tolerantia suprema!!!!!
ResponderEliminarJopelines, katanguista. Semellas un bispo!!!!
Isto recórdame aquelo de incontinentia summa. ¡¡¡¡Felicas festas katangueiras!!!!
ResponderEliminarLa pena es que casi nada de lo público funciona.
ResponderEliminarY lo digo de corazón, una verdadera lástima.
Pero cánto latín sabedes! Eu quedei co pouco que aprendín en segundo do extinto BUP e xa... E qué dano me fixeron os Monty Python aquel ano: era oir a palabra summa na clase de latín e escarallarme tanto da risa como os que oían o nome de Pijus Magnificus. Tanto, tanto, como para padecer unha urxencia minxitoria (ou sexa, unha Incontinencia Máxima) e ir correndo ó WC. Graciñas, Supernova!
ResponderEliminarA vós non podo deixar de agradecervos a mención que ocupa e preocupa a un sector cada vez máis amplo da nosa poboación,cada vez máis envellecida e con máis persoas dependentes.Un proxecto que botara a andar como o de Igualdade e Benestar,desmantelado por puro capricho.Só por demostrar quén é o amo.Esa é a realidade e punto.O tema do transporte adaptado é só un pequeno exemplo. Seguiremos contemplando tristemente episodios similares que só intentarán resolver cando se vexan nun medio de comunicación. Por vergüenza torera, que pa algo van al Casino de Puentevedra, neno. Os principais damnificados: a poboación e os traballadores, que acabarán queimad@s, deprimid@s e abochornad@s.
Katangueiro: nin fuches malote nin cruel. Foi unha sólida argumentación ante un exemplo de IGNORANCIA SUPINA E IDIOCIA SUPREMA.A descripción que dás dese rapaz é moi gráfica: deses individuos hai un cento e seica teñen todos o cerebro tan tuneado coma os seus bugas. Son os LISTOS, tan LISTOS, como as súas avoas. Son os que nunca leron un libro e presumen diso, os que nunca viaxaron a outra cidade máis que para ir de rachí, os que non pensan que é inútil estudar linguas mortas coma o latín, os que gastan todo o seu soldo en niquelar o carro e non apoquinan un céntimo na casa dos vellos. Son os LISTOS POSTMODERNOS, sen a pillería nin a cobiza de xeneracióna anteriores; ERGO, moito máis perigosos. O caso desa avoa é paradigmático: trapalleira,ignorante,raposeira, das que gardan os cartiños debaixo do colchón.Unha mentalidade que é unha rémora dos tempos dos caciques. O penoso é que sigue habendo caciques e sigue habendo servos.Sobre todo,mentalidades serviles coma ésta.Nin máis nin menos. Que me chamen cruel, roja, desalmada, o que lles dea a gana. Si que o son; igual que eles son ruíns, ignorantes e miserentos. Ben sei que eu non teño toda a razón, pero si gran parte dela. Así que cando atopo un caso similar, procuro poñer o piloto automático.Non quero vencer, nin convencer.Simplemente,négome a perder o tempo con tal panda de insolidarios descerebrados.
Por iso, insisto: de malote, nasti de plasti.
É doloroso ver casos coma os dos teus avós, agardando unha resposta da Administración,coma o que espera a Godott e ver casos coma o desa "avoa lista" que aínda ten máis que dicir.
Eu mesma vin como lle denegaban ó meu pai,ós 56 anos, que cotizou desde os 14 anos,unha pensión de invalidez,padecendo un cancro que o levou á tumba en 42 días.Concedéronlla despois de morto,alomenos.A miña nai, que nunca cotizou pero que coidou de avós,pais,sogra,fillos e marido,viuse cunha pensión irrisoria.Polo menos eu xa traballaba e era outra fonte de ingresos.A min non me daba o corazón para tunear nada. O único que quería tunear era a dor da ausencia do meu pai e a tremenda inxustiza que creo que padeceu. E cántos casos haberá coma éste(e seguro que peores e máis demenciais).
E cando oio argumentos coma os de "darllo todo ós neghros, xitanos, colombianos e mulleres maltratadas",sinto verdadeiro pánico. Porque son, supostamente, seres pensantes os que emiten tales opinións.Carentes da máis mínima EMPATÍA: ou sexa, a capacidade de poñerse no lugar do outro. Cualidade intrínsicamente humana. Ou iso din os expertos.
Non sigo, que estou desbocada. E para o que queda do ano négome a perder o tempo con persoas que recelan de min porque me ven cun libro na man,porque teño demasiados amigos estranxeiros e ghreñudos ou porque falo idiomas e,total pá qué, se teño que traballar as fins de semana.
Eu tamén desexo, de todo corazón, a todo o mundo, unhas felices festas katangueiras. Que todos teñamos un solsticio tranquiliño e sen demasiados sobresaltos.Non pido máis.
Carai,parece que o da incontinencia máxima atacoume polo lado verbal, para variar. Sínto ser pesada, pero hoxe foi un día moi chukelo,demasiadas malas novas e o Dr Feelgood, o meu psicanalista,está de vacacións, así que imaxinade o cabreada que estou. Se me dá por delinquir, nin a Brigada Cochese, nin todo un Gerardo Crespo e o seu Mariachi poderían pararme.
ResponderEliminarComo estou academicista, vou definir dous termos que me veñen á cabeza,co diccionario da Real Academia Galega na man.
ESTÚPIDO: Quen ten ou demostra moi pouca intelixencia.
ESTUPIDEZ: Dificultade intelectual para entender as cousas e carácter daquilo que reflicte esa dificultade.
E, sendo aínda máis academicista, e mesmo pedante,entro novamente no terreo da psicoloxía (que todo sexa dito,non é o meu campo de traballo na vida civil). E fago referencia á INTELIXENCIA EMOCIONAL.Segundo DANIEL GOLEMAN (sen esquecer os estudos de Leuner, Gardner, Wayne Payne et alt) a INTELIXENCIA EMOCIONAL É A CAPACIDADE PARA RECOÑECER SENTIMENTOS PROPIOS E ALLEOS E O COÑECEMENTO PARA MANEXALOS. A intelixencia emocional poderíase organizar en cinco capacidades: coñecer as emocións e sentimentos propios, manexalos, recoñecelos, crear a propia motivación e xestionar as relacións humanas.
Despois de todo o que levo contemplado este ano e con tanta xente intentando convencerme de que eu e moitos que pensan coma min somos tarad@s e outsiders, recito coma un mantra sanador as Leis Fundamentais da Estupidez Humana, que formulou o historiador económico italiano Carlo Maria Cipolla (http://es.wikipedia.org/wiki/Carlo_Maria_Cipolla):
1.- SEMPRE E INEVITABLEMENTE CADA UN DE NÓS SUBESTIMA O NÚMERO DE INDIVIDUOS ESTÚPIDOS QUE HAI EN CIRCULACIÓN.
2.- A PROBABILIDADE DE QUE UNHA PERSOA DETERMINADA SEXA ESTÚPIDA É INDEPENDENTE DE CALQUERA OUTRA CARACTERÍSTICA DESA MESMA PERSOA.
3.- UNHA PERSOA ESTÚPIDA É UNHA PERSOA QUE CAUSA UN DANO A UNHA PERSOA OU GRUPO DE PERSOAS SEN OBTER Ó MESMO TEMPO UN BENEFICIO PARA SI, OU MESMO TENDO UNHA PERDA.
4.- AS PERSOAS NON ESTÚPIDAS SUBESTIMAN SEMPRE O POTENCIAL NOCIVO DAS PERSOAS ESTÚPIDAS.EN CONCRETO AS PERSOAS NON ESTÚPIDAS ESQUECEN CONSTANTEMENTE QUE EN CALQUERA MOMENTO E LUGAR E, EN CALQUERA CIRCUNSTANCIA, TRATAR E/OU ASOCIARSE CON INDIVIDUOS ESTÚPIDOS MANIFÉSTASE INFALIBLEMENTE COMO UN ERRO CUSTOSÍSIMO.
5.- O ESTÚPIDO É SEMPRE MÁIS PERIGOSO CA O MALFEITOR.
Recollidas nun ensaio titulado Allegro ma non troppo. Traducido ó castelán e este ano ó galego. A súa lectura é moi reconfortante.
Anónimo: Eu diría que o sector público funciona malia as moitísimas trabas que se lle poñen. Xa sei que hai demasiados quilómetros de distancia pero a min gústame mirar moito para o Norte: refírome ós modelos públicos escandinavos. Pagan uns impostos altísimos pero a contraprestación de servizos e a calidade de vida son incomparables. E a participación a acción cívica, enorme. Ata non hai moito máis de 60 anos, Noruega (o caso que mellor coñezo), por exemplo, era un país bastante empobrecido cunha alta taxa de emigración. A crise económica tamén os tocou, pero de xeito máis leve que a nós.
Eu traballo no eido público pero NON SON FUNCIONARIA.Son unha pringada máis. De feito, nin sequera teño un posto vitalicio,iso co que tanta xente soña. E pódoche asegurar que o Sistema é moitas veces unha besta cruel e inhumana. Sobre todo, para o traballador con boa vontade e sentido da responsabilidade. Por iso, moitos traballadores "quéimanse" (a famosa síndrome Burn-out: http://es.wikipedia.org/wiki/Burn-out ),"despídense interiormente" (tanto no sector público coma no privado) e ocupan o seu posto de traballo coma corpos sen alma. Iso si, os cargos intermedios ou "encargaos" (unha subespecie dos LISTOS)non deixan de multiplicarse.
Moitísima saúde para tod@s. Boa noite.
Graciñas, Msarkadina. Que este 2010 sexa o mellor para ti, que o mereces!!!!!!!
ResponderEliminarNoutra orde de cousas, máis sobre os servizos públicos do pepé:
VOZ GALICIA
La Xunta anuncia a los alcaldes que se privatizará el personal de atención en 14 centros de día
PARA CONSULTAR A NOVA COMPLETA:
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/12/22/0003_8187541.htm
Últimamente, os anuncios da Xunta meten máis medo que a rapariga do pelo mollado de The Ring metida no teu salón facendo contorsións imposibles na túa alfombra!!!!!!!
Msarkadina, que lo público funcione en este país, pasa porque cada cual sea responsable y consciente de cual es su cometido y lo desempeñe, que no esté en su trono poco menos que intocable a verlas vir.
ResponderEliminarLo malo ya no es sólo que los funcionarios tengan, en general, esa actitud ( además de aptitud ), sino que gran parte del resto de la sociedad, su máxima aspiración laboral es la de ser funcionario.
Hay excesivos funcionarios en este país y aún más funcionarios fustrados que llevan en el sector privado la misma actitud que los funcionarios en lo público.
Es un problema sociológico de muy difícil solución. Pero con solución, como casi todo.
Felices fiestas para todos los que andáis por aquí.
ResponderEliminarKatangueiro: no creo que esa que sale sea la Katangueira.....más bien parece una fantasía. Cuidadín con los alucinógenos, neno!
Anónimo: no creo que haya tanto funcionariado como dices. Posiblemente está mal distribuído, que es otra cosa. El Ayuntamiento de Marbella (menos de 100.000 habitantes) tiene casi tantos como el de Coruña. Me gustaría saber a qué se dedican. Pero luego en sanidad, atención a dependientes, niños, educación a todos los niveles....¿crees de verdad que sobran?. Ya seguiremos. Saludos a ti también.
Msarkadina: el decálogo de la estupidez debería colgarse en todos los espacios públicos. Incluidos blogs y webs varias.
Feliz y próspero año 2010. Os lo merecéis y vais a hacer muchísima falta para combatir la desinformación informativa. El que la desinforme, buen informador será.
ResponderEliminarCánta amabilidade virtual!!!! Espero que Pacotrón non se me enfade por incluír un vídeo de Muse que vén moi a cañón ao noso espírito irredento, insurrecto, insumiso e, ás veces, insólito...non digo que non!!!!!! Graciñas!!!!!
ResponderEliminarParte final do tema de MUSE e tradución ao castelán:
ResponderEliminar"During the struggle
They will pull us down
Please, please
Lets use this chance
To turn things around
And tonight
We can truly say
Together we're invincible
Together we're invincible "
"Durante la lucha
ellos nos aplastaron
pero por favor, po rfavor
utilizemos esta ocasion
para dar vuelta a las cosas
y esta noche
podemos decir la verdad
juntos somos invencibles
juntos somos invencibles".
FELIZ 2010!!!!!!!!!
Katangueir@s que veño rezagada!!!! Estas festas me aturullan. Polo demo que rematen dunha vez!!!!
ResponderEliminarPrimeiro de todo quería desexarvos un Bo Nadal e Próspero ano 2010.
En canto a vosa entrada dicir:
Pacotrón estiveches bárbaro!!, cun par "rojitos" di que sí!!
E a avóa do rapaz con casa pagada e demáis, ben lle chega e senon que alugue a outra propiedade! Non me parecería raro que seguira traballando e cobrando en negro... ups... Agora a mala son eu, pero como xa o teño asumido...
Bicos e abrazos pra tod@s!
Katangueiros, cando queirades pasade a recoller dous premios que vos agardan no meu blog. http://raylossuenosprohibidos.blogspot.com/
ResponderEliminarBicos pra tod@s e Feliz ano.
Xa pasamos...xa pasamos....que ilu!!!!!! Non podía comezar mellor o ano.....bueno...sempre se me ocorren "cousas"......
ResponderEliminar