Non se podía comezar mellor este máxico e estrafalario 2010 que recibindo un premio da nosa amiga Ra e os seus soños perdidos......Para coñecer todos os pormenores deste extraordinario agasallo, seguide as peripecias deste deus ex machina exipcio AQUÍ MESMIÑO!!!!!
Que si...que xa facía tempo que non levábamos unha sorpresa tan sorpresiva comezando o ano....que isto non pode ser, amiga RA, que me lembro da miña adolescencia (igual que amans-amantis é a/o que é amado, adolens-adolescentis é á/ao que lle doe algo) e sinto latexar cousas que había tempo que non latexaban!!!!! Moitas gracias, pequena (ou inmensa, segundo se mire) RA.
O malo deste asuntillo é que, ao parecer, hai que publicar SETE verdades SETE para que se cumpran os meus soños........estou eu para verdades!!!!!! Pois nada nadita. Farei o esforzo. Aquí van:
1. Os katangueiros somos menos dos que parecemos pero máis dos que pensades que somos. Un paradoxo espazo-temporal.
2. Pacotrón ten corenta tacos!!!! (uffff.....estoume xogando a miña vida chuquela con isto!!!!)
3. Pacotrón é o auténtico Annubis deste blog. Eu só son o seu Primado.
4. Katangueira escribe máis do que parece a simple vista. O que non vos digo é onde.
5. Sexo: a diferencia de RA, excítome moito despois de comer.....e punto. Despois de comer todos os días calquera cousa. Despois de cear non me excito sen axuda. Jesús, María y José!!!!!
6. Pacotrón e eu calzamos o mesmo pé: un 44. Vaia equipa de baloncesto perdeu Katanga!!!!!
E......7. Pasei practicamente toda a miña vida rodeado de mulleres.....e sígoa pasando!!!!
LIGHTMAN: Perdona, machote, pero mientes más que la Beatriz Mato explicando lo maravilloso y fantástico que es recortar en gasto social.....Te tocas la nariz, te tocas la oreja, te tocas los huevos. Levantas el hombro izquierdo, tuerces los pies, pones cara de cosa, babeas, escupes al hablar y, a mayores, te tiembla el párpado derecho. O acabas de estar con Rajoy o eres el Pinocho más grande que existe..........y me refiero al tamaño de la nariz, no te me excites!!!!!
RAJOY: Xin paxarxe, Lightman. Yo lo único que xé ex que lox mentiroxitox tienen que venir a la Catedral de Xantiago de Compoxtela....que ex Año Xanto. Pero que no vengan todox juntox, que nox lo colapxan!!!!!!! A ver, nené, dale ya el golpecito exe, que pexax máx que tu madre con todo el joyerío puexto!!!!!!!
En fin, delfín. Que o próximo 8 de febreiro facemos un aniño xa, así que irei pensando algo para devolverlle o favor a RA e a algúns acólitos katangueiros máis. Entre mentras, aquí vai este temiña adicado a aqueles/aquelas que buscan soños, aínda que estean perdidos!!!!!!!
Mira que poñer a miña idade e talla de pé é para colgharche dos ghuevos, Katanguista!!!!! Xa falaremos ti e eu. Vouche practicar unha trepanación que nin Apophis!!!!!!!
ResponderEliminarPerdidos no... Prohibidos! aunque últimamente sí que é verdade que andan como noutro planeta jejeje
ResponderEliminarGrazas de corazón! Arráncachesme uns bos sorrisos que xa tocaban... Estas festas... ufff non me gustan nadiña, fago o esforzo pola miña filla, senon...
Dille a Pacotrón, que non te mate por dicir os seus anos que non hai nada máis fermoso que cumplilos (esa é sempre unha boa sinal)...
E falando de cumples... Un día antes de facer vosoutros un ano... Eu fago 30 primaveras!!!! jajajajajaja...
Camilo Sexto non é o meu estilo, pero a canción é moi bonita e unha é unha empedernida buscadora de soños.
Moitos bicos katangueir@s e grazas a vos por ser como sodes e facer o que facedes.
Feliz ano!!!
BIEN VENIDOS Y BIEN HALLADOS....FELIZ 2010.
ResponderEliminarEste Rajoy que sacas se sale.
Ai...Ra...que ti cumpres 30 primaveras e outros teñen xa 40 outonos!!!!!
ResponderEliminarSaúdos e benvida a Granaíno Planetario, que se nos fixo siareiro, como se fósemos Curro Romero!!!!!!!
E bicos a Msarkadina, onde queira que esteas!!!!
A canción de Camilo Sexto está por bonita e pola letra. De todas formas, eu prefiro aquela de "Yo tenía fe...." de Jesucristo Superestar!!!!!
Eu acho que é a primeira vez que escribo aqui, meus amigos. Sinto não ter feito antes mas o meu português não é bom e o meu galego é muito pior.
ResponderEliminarOs meus melhores desejos para todos os leitores do blogue katangueiro da Corunha. Quanto segredo revelado,mas os mistérios tambén tenhen muita beleza. Eu cheguei aqui (da India e da Africa) por uma mão amiga (pequena mais gigante,doce,forte,unica): Você sabe de quem falo. Som moi feliz e orgulhoso dos novos amigos.Gosto também da mitologia egípcia e assim miña Bastet/Sekhmet sera boa guia para minha visitaçao,quando seja possible. A cançao é muito linda e comovente.
Namaste!
Feliz y esperanzador 2010(soy bastante ingenuo, lo reconozco). Muchas gracias por vuestra calurosa bienvenida. Cómo no voy a hacerme seguidor de vuestro blog, si los coruñeses y sobre todo, las coruñesas (en particular, alguna que conozco muy bien) sois más grandes que el Faraón de Camas (también conocido como Curro Romero). Y que conste en acta que soy militante antitauromaquia, pero el Faraón es mucho Faraón.
ResponderEliminarKatangueiro, dile a Pacotrón que estea tranquilo, que yo le gano en cinco añitos. No sé si será un signo de inmadurez o qué, pero muchos de mis amistades,gustos y aficiones (bueno,no todos) permanecen inalterables y espero no tener que renunciar nunca a ell@s.
Un saludo desde Cádiz,donde estoy pasando unos días, a pesar de todo lo que nos ha caído.
Granaíno: non creas que me enfado de veras...o que pasa é que o Katangueiro é máis novo e gústalle presumir. Eu, últimamente, estou descubrindo unha enorme cantidade de mulleres que pensan que son moi guapo.....aínda que todas pasan dos sesenta!!!!! Debo ter beleza madura.
ResponderEliminarTampouco son Taurómaco, coma ti, pero o de hoxe ía de Faraóns. Só faltou a Faraona (doña Lola Lolísima). Para outra, sácoa.
Hakim: Parabéns pelo seu português!!! O da sua Bastet/Sekhmet nâo o savía!!! Aguarda que fale com ela!!!!!! Em quanto á cançâo, eu, como o Katanguista, quedo com esta que lhe vamos dedicar a Bastet/Sekhmet e a Ra....por Apophis!!!!!!
http://www.youtube.com/watch?v=UT7BS3QT0VM
Aínda que hai quen prefire isto:
http://www.youtube.com/watch?v=yMbu31VkUuA
Xa nos diredes!!!!!
Pois nada, kolegas katangueir@s,outro ano que deixamos atrás.E tamén un decenio,manda caralho.
ResponderEliminarNon son eu moi dado á nostalxia pero xa me entra vértigo cando calculo que hai 20 anos andaba eu polo instituto,facendo o BUP e as miñas primeiras ghamberradas.Lembro con emoción como unha das persoas que máis quero (e a quen me mola facer rabiar porque son un cabroncete) me botou á cabeza (literalmente)un tochazo chamado "Sinuhé o exipcio". Como tamén son un larchán de coidado,tardei bastante en lelo pero acabei enghanchado (falando de min non hai mellor termo) para sempre. O que quería esa pequena e brillante NeferNeferNefer era cultivarme un pouco.E por cousas así logramos volver do País dos Mortos.
Unha gozada ver novamente o careto de Tim Roth.Magnífica elección a de Camilo Sesto: gran cantante que arriscou coma poucos por ese papel.Debeu ser un acontecemento esa estrea con Franco agonizante.A peli a vín hai relativamente pouco e quedei alucinado. O que pagaría por poder ver a Teddy Bautista facendo de Iscariote agora mesmo: a ver se hai 00000.Agora marcho, a ver se podo contemplar a estrela Sirius no ceo de Barna,para pensar un pouco na Coru e todo o bo que teño alí.
Boa madrugada. Aquí estou,non moi lonxe. Empezar o ano está sendo movidiño, pero sigo en pé!
ResponderEliminarA estas horas tan intempestivas, que son as miñas favoritas, reivindico o dereito a soñar mesmo esperta. Entre vivir e soñar... non sei qué escoller as máis das veces. Qué dilema! No meu universo onírico non hai nada prohibido nin perdido, xa que bastantes normas e límites nos impoñen no mundo real.
A min Camilo Sesto paréceme un gran cantante e si,fixo unha gran aposta por Jesuschrist Superstar naqueles tempos. Creo que transmite a emoción e a paixón das dúbidas que a tod@s nos acosan ante o simple feito de vivir. Lástima que agora sexa unha especie de Norma Desmond posmoderna. Tamén me gusta a versión de Ted Neely, na película (moitas lembranzas).A min conmóveme especialmente a que canta María Magdlena: I DON'T KNOW HOW TO LOVE HIM. Esa si que é unha verdade.
Graciñas por poñer a foto de Tim Roth,unha das miñas tantas debilidades! Todo un experto o Lightman en comunicación non verbal.
Nesta noite tan pechada non podo gozar dos corpos celestes: non para de chover e zoa o vento que mete medo. Así que intentarei descansar un pouco acompañada da doce voz de Mama Cass Elliot que canta DREAM A LITTLE DREAM OF ME:
Stars shining bright above you.
Night breezes seem to whisper I love you-
Birds singing in the sycamore tree.
Dream a little dream of me.
Say nighty-night and kiss me.
Just hold me tight and tell me you'll miss me.
While I'm alone, blue as can be,dream a little dream of me.
Sweet dreams till sunbeams find you.
Sweet dreams that leave all worries behind you.
But in your dreams, whatever they be,
dream a little dream of me.
Stars fading but I linger on, dear,still craving your kiss.
I'm longing to linger till dawn, dear,
Just saying this...
Dream a little dream of me.
Vou preparar unha entradiña con ese tema de María Magdalena.....Algún día habería que explicar que é iso da virxe da barca de Muxía, a nossa senhora do mar de Peniche ou a Dama de l'acq (non dama do lago, non, se non dama da auga) da tradición artúrica (ai...ese Ambrosio!!!!).
ResponderEliminarTamén está a Dama del Río, de Teo Cardalda...pero iso é OUTRO cantar!!!!!!