Páginas

Bésame Mucho: O día en que o Pato Donald se meteu un chute.

by Katangueiro


Foron varias as persoas que se puxeron en contacto cos administradores deste insurrecto blog para preguntar pola "montaxe" que estamos empregando como foto de perfil katangueiro, aquí e no facebook, onde se ve a este pobre parruliño dándolle ao vicio extraído da flor da papoula.....a heroína, o cabalo. O jaco.

A explicación, debida, é moi sinxela. Estamos ante un recorte dunha das portadas, a segunda, do cómic español Bésame Mucho. Este cómic, adalide da liña chunga a comezos de 1980, protagonizou varias das portadas máis irreverentemente insurrectas da historia dos tebeos e do cómic. Polo menos a nivel de Estado.

Déixovos unhas portadas que atopamos no blog Así se Fundó Carnaby Street, by Javier Reguera, onde o seu autor fai un excelente traballo de recuperación e reivindicación dos cómics que fixeron época. A nosa época.




Atoparemos a algún destes personaxes nas listas de adxudicatarios e adxudicatarias das Vivendas de Promoción Autonómica de Eirís e Novomesoiro, ou son xa veciños actuais deses barrios???? Irán tamén ás manifas esixindo dereito de admisión????

Bueno, mañá máis.....ou máis nada!!!!!!


Tíntin: Cómo que máis nada.....eu aínda teño para uns cantos bucos!!!!!!

10 comentarios:

  1. Serás animal....Pobre Pato Donald, e pobre Tintín. Xa falaremos.

    ResponderEliminar
  2. Non sei qué será peor, se ver a Tintín meténdose un buco nunha parodia ou as borracheiras incontroladas do Capitán Haddock, amosadas aos nenos con total simpatía. Non, se teñen razón en Watchmen: Quen vixía aos vixiantes?

    ResponderEliminar
  3. Supoño que a moita xente lle sorprendería o cambio da foto do perfil. A min tamén, pero pareceume unha ironía.Sobre todo, relacionado cos tempos que estamos a vivir.Descoñecía a existencia destes tebeos (era moi nena).A Makoki,en cambio, si que o teño lido. Foron tempos de grandes e profundos cambios que cambiaron a toda unha sociedade. Para ben e para mal. O aspecto máis positivo era que o underground saía á luz pública e o subversivo deixaba de ser marxinal. Cántas conciencias non terán espertado? Infinitas.Nos tempos que vivimos,cando impera a idiocracia da corrección política (a hipocresía de sempre)estas portadas serían inimaxinables.Os tribunais estarían colapsados.
    Quén non se parou nunca a pensar no lado sinistro dalgúns destes mitos do tebeo: qué tería a poción máxica dos irreductibles galos, as espinacas de Popeye, o pato Donald vestido só de cintura para arriba, o bochornoso paternalismo colonialista de Tintín no Congo (por no falar doutros países que visitou) e mesmo as míticas melopeas do capitán Haddock. Aínda podo lembrar a angustia que me produciu ver ó capitán perdido polo espazo sideral en Tintín na Lúa,a causa da súa inxesta etílica.
    E, a tal hora, a euforia vital de Heidi paréceme insultante e moi sospeitosa.Queda o consolo de pensar que, durante unha época, non había nada sagrado.
    Non quero insistir máis no descoñecemento que ten a maior parte da sociedade do que é realmente unha adicción e o que hai detrás de cada adicto.E por qué unhas persoas se enganchan e outras non. Tampouco quero insistir en como algunhas adiccións (unhas máis aceptadas,coma o alcoholismo ou a adicción ós sedantes; outras,como a adicción a drogas duras) afectou ás vidas dalgúns seres moi queridos por min e á miña propia vida. É unha historia moi longa e dura. Algunhas destas persoas xa non están entre os vivos, outras viven felizmente ou loitan por recuperarse e a outros xa os demos tristemente por perdidos.O que vivimos xuntos fíxonos máis fortes e algo máis lúcidos. Cada día, todos e cada un de nós intentamos vivir como adult@s libres, sen evasións emocionais, afrontando a realidade só coa nosa propia alma.E qué difícil resulta ás veces... Non volver ós vellos hábitos pola frustración vital.
    Eu,que nunca estou segura de case nada,non podo facer apoloxía do consumo das drogas.Tampouco estou a favor da ilegalización. Só podo dicir que estou en contra do maniqueismo e o reduccionismo. E que non lle desexo a ninguén que pase por algún proceso similar: aí si que se pon a proba o amor e a fe na humanidade.
    Espero que chegue o día en que, tod@s, como sociedade, deixemos de mirar cara a outro lado: o incómodo, o suxo, o pobre, o feo, o desagradable tamén forman parte do noso mundo.Que chamen a calquera porta (roubado dunha peli de Nicholas Ray): ninguén está libre.É máis fácil seguir vivindo coma hipócritas zombis funcionais: adosado,monovolumen,nenos,traballos "normais",vacacións en agosto(cántos aspiran a iso).E o non pensar parece ser fácil.
    Mentres tanto refuxiareime na lectura de Edgar Allan Poe,de Thomas de Quincey,William Burroughs e Jim Carroll (famosos adictos).Seguirei vendo do dereito e do revés The Wire,María llena eres de gracia ou Traffic.Escoitarei con devoción a Billie Holiday e a Chet Baker.Agora empezo a lectura do Genesis de Robert Crumb: qué terá que dicir a xerarquía episcopal?
    Quid custodiet ipsos custodes?

    ResponderEliminar
  4. "Quid custodiet ipsos custodes?"

    Impresionante precedente. Graciñas, como sempre, Msarkadina. Agardo ansioso (mesmo ansiolítico) a túa próxima colaboreison.

    ResponderEliminar
  5. E sinto profundamente que tiveses tan perto os terribles efectos de todo consumo non medido.

    Eu son dos que penso que todo ten unha "dose". Aínda sí, nunca probei a heroína, por exemplo. Pero creo que quen queira, dabería ter o dereito a tomar o que sexa con controis sanitarios e sen engordar determinadas contas correntes a conta da saúde física e mental dos drogodependetes.

    ResponderEliminar
  6. Bluff...el tema de las drogas y los que se benefician es increíble.
    ¡Imaginemos lo que nos cundiría en impuestos swi todo eso cotizase como las demás cosas!

    Katangueiro: eres malo......

    ResponderEliminar
  7. Descoñecía a revista, a portada de Olivia e Popeye se sae jajaja... E mira tí, Tintín que caladiño o tiña... jajaja
    O tema da droga é duro pero eu son das que piden a súa legalización, penso que se remataría con moitas merdas ao igual que si legalizasen a prostitución.
    Bicos pra tod@s.

    ResponderEliminar
  8. Biquísimos a ti, Ra. A ver se mañá teño algo de TEMPO (ese valor) e podo subir algunha das miñas gaitadas.

    ResponderEliminar
  9. Moi agradecida novamente. A min tocoume forte este asunto,efectivamente. Pero estou segura de que máis dun de nós o ten moi cerca pero non quere ou non pode recoñecelo. É máis cómodo mirar para outro lado.Eu atrévome a dicir en voz alta que PROBEI CASE TODO (quén é tan inconsciente coma min?): cos meus cartos, con suficiente información e sendo maior de idade. A min non me prestou, podía ter ido polo río abaixo, acompañando a aqueles que pasaron unha boa temporada no inferno e ós que non volveron. Téñolle moito respecto.E medo a ese universo.
    O que non me gusta nada é o enriquecemento de moit@s á conta da situación actual: unha guerra que non é guerra, porque non ten fin.Ou os estados occidentais, que son os principais demandantes das drogas recreativas, empezan a pensar noutro enfoque, ou se perpetuarán unha situación que supón miseria e explotación.
    "Quid custodiet ipsos custodes?" é a cita que orixinou ó título de Watchmen (Who watches the watchmen?), se non me confundo. Non che son tan listiña!
    Pacotrón: a ver esas gaitadas!
    Boa madrugada.

    ResponderEliminar
  10. Piiiiiiiiiiii.......Oooooooooooommmmmmm.....tou porroutou porroutou porroutiña, tou porroutou porroutou porroutou......

    ResponderEliminar