Páginas

Ab urbe condita......

by Msarkadina

Nacín, crieime e vivín a maior parte da miña vida na Coruña, filla e neta dunha familia traballadora. Crecín dun xeito razonablemente feliz, sentíndome amada e protexida . Para os meus maiores, a mellor herdanza que se lles podía deixar ós fillos era una boa educación e unha boa bagaxe cultural: por iso non repararon, na medida das súas posibilidades, en gastos económicos. Do que non eran conscientes eran dos valores cívicos que nos estaban a transmitir, xa que para eles eran innatos, algo imprescindible para desenvolverse na vida: a cortesía, a honradez, a solidariedade, a xenerosidade, a importancia do esforzo, do traballo e do compromiso.

Agora ,na miña idade adulta, é cando máis o valoro: sobre todo porque as persoas que mo transmitiron non eran uns santos. Porque teño a lucidez de ver que xente que pasou auténticas penurias para darme o que teño (unha vida mellor da que eles levaron) foron capaces de conservar a esencia máis positiva do que nos fai humanos. Eses son os meus exemplos cívicos e non outros.

Téñolles escoitado historias do barrio e da cidade que deixan pequenas ás películas do neorrealismo italiano. E se cadra, tamén a algún culebrón. Sobre a República, a Guerra Civil, a represión, a posguerra e a presunta bonanza do “desarrollismo”. Sobre a ignorancia, o terror e a aniquilación das conciencias e das vontades. Morreu Franco, chegaron aquilo ó que lle chaman transición e democracia e as conciencias e vontades anuladas foron asolagadas por unha nova epidemia chamada consumismo,que era moi IN (o comunismo estaba OUT). Ó mesmo tempo unhas taxas desmoralizantes de desemprego, o progresivo desmantelamento vital e industrial da cidade e un cabalo chamado morte (a heroína) formaban parte do día a día.

Pero AQUÍ NON PASABA NADA (o lema era “LA CORUÑA DESPEGA”: xa tiñamos cortinglés, continente e alcampo,empresas chegadas de fóra). Empezamos a vivir os primeiros signos do capitalismo salvaxe (canto sofreu e segue a sofrer o pequeno comercio) e todos tan felices. A maior vileza parecía ser que nos roubaran a capitalidade: velaí o gran argumento dese enxendro ideolóxico (?)chamado coruñesismo. Toda Galicia na nosa contra porque “vivir na Coruña que bonito é”. O chauvinismo pailán elevado á enésima potencia. Na tola carreira por querer aparentar o que non éramos deixamos atrás aqueles valores que non parecían axeitados para a clase media á que queríamos ascender e adoptamos os valores dos novos ricos. Así foron os anos 80 e 90 na Coruña,tal como eu os lembro, xa que era unha nena. Das seguintes décadas . PERO AQUÍ SEGUÍA SEN PASAR NADA: LACURUÑA ERA LO MÁS.




Eramos unha cidade-estado de opereta. Pura autarquía. Y ole y ole y ole… O século XXI non nos sentou demasiado ben; pero insisto, son as miñas lembranzas.

Eu non son quen de facer unha crónica socioeconómica ou política do que ten pasado nos últimos 25 anos. Non teño os coñecementos, nin a capacidade. Únicamente posúo a lucidez suficiente como para asegurar que, durante demasiados anos, o inmobilismo, a indolencia e a indiferencia estragaron á cidadanía. Ninguén parecía ser consciente do poder que ten cada cidadán se exerce como tal os seus dereitos. Fomos unha cidade de “SEÑORITOS DE CALDO Á MERENDA” (fantástica expresión dunha das miñas avoas, cando se refería ós que vivían das apariencias pero levaban vidas miserables). Governados por populistas aprendices de sátrapas , aprendimos a mirar para outro lado, a renegar do que nos era propio (A Coruña, cidade feita de periferias, cidade de barrios, de traballadores, disfrazada de urbe de curuñeses-de-toda-la-vida, que eran unha minoría). Qué bonita era Lacuruña in those good old times (isto é a miña particular homenaxe a Sir Francis Vázquez).Qué ben se vivía.Ou qué ben vivían algúns.

Pero chegou o infausto ano 2006 e a maldición caeu sobre Lacuruña: a sir Francis enviárono ó exilio vaticano. Disque tivera unhas boas meteduras de pata: a soberbia (ai, eses momentos de Roi Soleil: La Corogne c’est moi), a estulticia de abrirlle ó Concello a Aznar e á súa alegre troupe en plena crise do Prestige e da guerra de Irak e pode que tamén se deixara levar por un pequeño impulso cobizoso e fixera un bo petiño (isto pénsoo eu, que son moi suspicaz) e favorecera a algún ilustre curuñés de pro. Empresarios, of course, que son o motor da cidade.Paco e os seus súbditos na Cidade das Marabillas. A voz que discrepaba era calificada de anticuruñesa. Horror, terror e pavor!

Na era DPV (Despois de Paco Vázquez) a cidade caeu na apocalipse: todo foi ó carallo. A democracia non é democracia cun governo bipartito. Con Paco, todo. Sen Paco, o desastre. Todos os problemas e todo o malestar social e culpa de Javier Losada. Segundo certas mentes ecuánimes e preclaras Javier Losada é un traidor, un mindundi e un monicreque. Os nacionalistas, uns desalmados que queren destruir o legado de Paco, o redentor.

O día no que deixen de falar desde o narcisismo máis primario, con menos ignorancia e cos pés sobre a terra, empezarei a prestarlles algunha atención. Porque levo recorrido demasiado mundo (isto non é unha metáfora),experimentado moito e visto demasiadas cousas para crer que desde 1984 non se puido ter feito absolutamente nada. Algo cheira a podre na Coruña e non sae de Bens ou Penamoa, senón dunhas cantas mentes estultas.


NOTA KATANGUEIRA: Menos mal que esta Markadina nos curra un pouco...co que nos custa pagarlle o soldiño!!!!!!!

Aburete, tribulete!!!!!! E mañá falaremos da censura!!!!!!

9 comentarios:

  1. Canto tempo sen pasar por aquí. Saúdos, katangueiros e katangueiras. Agardo impaciente o que teñades que dicir mañá.

    ResponderEliminar
  2. Ei, chicas!!!!!! Teño a Pacotrón algo liado estes días....Asuntos familiares graves. Prometeu escribir algo sobre o máis que inminente (e esperable, polo que estaba a pasar noutros estados europeos) control dos contidos de internet....Control económico, claro. Aquí pagando...o que queiras, neno!!!!!
    O que pasa é que Pacotrón é un surrealista que te cagas. Non sei se estará centrado.....

    ResponderEliminar
  3. ...e, por certísimo....imos ter de cambiar a nosa foto de perfil, eh, katangueir@s???? Aínda que é verdade que o grupo de administradores/colaboradores crece ata semellarse aos sete ananiños do conto do carallo, a imaxe do cuíño non acaba de definirse conceptualmente (eu teño ideas ao respecto, claro!!!!)

    ResponderEliminar
  4. Novamente agradecida por contar comigo. Co apurada que anda a vida e o puñetero Euribor, contar coa vosa aportación económica é fundamental para chegar a fin de mes. Ademais, isto é terapéutico: creo que vou deixar de ir ó psicanalista, definitivamente. Non máis paranoias. Un saúdo para os meus dadivosos mecenas katangueiros (especialmente para Pacotrón). Pola Agra agardamos con impaciencia ese comentario sobre a censura, camuflado no eufemismo tan postmoderno de "Lei de Economía Sostible". Como era a cousa?
    E de qué vai iso da definición conceptual dun cu? Nunca deixaredes de sorprenderme! Por qué non algunha afoto de Robert Mapplethorpe? Máis conceptual non che pode ser. Boa noite.

    ResponderEliminar
  5. Queridísima Msarkadina: non volvas ó psicoterapeuta.Como a Woody Allen, a psicanálise serviuche para ben pouco. A xente de Katanga, ademais dun sobresoldo, estanche a dar a oportunidade de liberarte das túas pantasmas internas. Eu de ti utilizaría o diván para outras finalidades.

    ResponderEliminar
  6. Ao fin alguén que lle chama ás cousas polo seu nome!

    ResponderEliminar
  7. No había leído esta entrada hasta hoy y bien que lo siento. Una gran descripción, sobre todo con la que se nos viene encima, con la campaña electoral por delante. Es triste que la gente en este país tenga la memoria tan floja y piense tan poco en el futuro a largo plazo. Estamos condenados a extinguirnos en la maldita globalización. No nos merecemos otra cosa. Muchas gracias por la reflexión.

    ResponderEliminar
  8. Transmítolle as grazas á Msarkadina, que é quen as merece e ten.

    ResponderEliminar
  9. ¡Cuánta razón tenías! Años de ombliguismo y de julandradas que conllevan a una población de encefalograma plano... Demasiado aspirante a señorito de caldo a la merienda, de eso sobra en esta ciudad... Lo jodido del tema es que las perspectivas son muy pero que muy oscuras. Un besazo y no pierdas nunca esta lucidez tan maravillosa.

    ResponderEliminar