Páginas

Megalomanía


Segundo os crónicóns protocoruñesistas dos sectores máis cóncavamente alcanforados deste marinedo espazo urbano, resulta evidente (ou invidente) que vivimos nunha cidade que rivaliza en estulticia ao tan sonado e bíblico suceso de Sodoma e Gomorra, que xa vistes no cadro superior cómo remataron a súa historia ben particular.

Efectivamente ou, como diría Lauren Postigo, efestinnavente, a nosa cidade é un lugar onde campan ás súas anchas todo tipo de prostitutas e narcotraficantes. Especialmente perto das zonas residencias de máis rancio abolengo. Onde os drogodependentes (uséase yonkarras) marcan o compás horario do devir cidadán nos nosos barrios. Onde o conxunto da nosa insana mocidade vive atenazada polo alcoolismo e a barbarie que lles provoca -e que eles mesmos provocan-. Onde os universitarios, piares e fortalezas da nosa civilización vindeira, teñen menos futuro vital que Chenoa no Festival de Benicassim teloneando a Primal Scream. Un temible lugar onde as raparigas de doce anos, non ben abandoada a súa confortable nenez, adícanse a esnifar cocaína polas cafeterías coruñesas máis internacionais. Onde os fluídos corporais humanos máis sólidos dispútanse o seu espazo cos clásicos restos caninos e/ou gatunos. Unha hecatombe.


Nesta dramática instantánea podemos observar un grupiño de universitarias celebrando o botellón de fin de ano....que non de curso. Veremos se a finais de xuño non hai que quentarlles as nádegas polos seus pésimos resultados académicos!!!!!


Qué podemos, pois, facer nós. Cidadáns de a pé, e grazas. Simples cotizantes abourados ante tamaña bacanal de orxías desenfreadas. Qué facer para non comprometer á nosa actual infancia e rachar, dunha vez por todas, con esta espiral de despropósitos social-nacionalistas (que non nacional-socialistas)?

A resposta é ben doada. Debemos confiar nos nosos líderes político-espirituais. Unha sorte de espectros procedentes das cavernas da dereita máis reaccionaria que, unha vez máis, semellan dispostos a outro novo sacrificio pola nosa Coruña, xa que non pola patria única e indivisible.

Debemos confiar nos representantes veciñais que aproveitan calquera acto delictivo, mesmo o roubo dun bolso, para alertar á poboación máis sensible sobre o terrible e palpable aumento da inseguridade cidadá e, sinaladamente, dos intentos de agresión sexual atribuídos sen rubor ao botellón, os afters e á connivencia dos nosos representantes públicos no Concello.

Precisamos ser salvados. E se hai un home na Coruña capaz de dar remate a tanta desventura, ese é Carlos Marcos -líder preclaro de Unión Coruñesa- habida conta de que o partido no que militan os representantes veciñais máis "preocupados" xa goberna as institucións galaicas, e semella que sen resultado aparente. Sen resultados positivos, quérese dicir.

Este home si que acerta a dar coa auténtica orixe do problema. Da catástrophe, en sentido greco-latino. A perda dos valores morais máis íntimamente relacionados co sentir da alma nosa está directamente relacionada coa perda do L de A Coruña. L de liberdade. L de localismo malentendido. L de lisérxico. L de lambón e L de lumbago, que é o que me produce esta xentiña!!!!!!!

O clásico e pragmático espírito coruñés-ista achega unha novidade que , a ben seguro, non tardará en ser imitada no mundo todo de por aí adiante: se apoias á nova campaña a favor da reposición do L no nome da nosa cidade, este prohome agasallarache a ti e a todos nós cunha bonita e elegante botella de aceite de oliva....virxe, por suposto, co lema da campaña. Príngate por La Coruña, podería ser.

Pringados.....nós.




Estes últimos días lembreime da que foi durante moitísimos anos a obra literaria máis breve da historia. Trátase dun relato de Augusto Monterroso. Di así:

"Cuando despertó, el dinosaurio todavía estaba allí".

Visto o visto, na miña cabeza veu soando como segue:

"Cando se acostou o dinosaurio, Carlos Marcos xa estaba alí"


COCHESE: Que no cunda el puto pánico, joderyá, que estoy aquí para protegeros....y traigo el equipo completo!!!!!

Bicossssss katangueirossssss!!!!!!!


12 comentarios:

  1. Bonito panorama. Espero que el buen sentido liberal coruñés no permita que nos gobiernen este tipo de personajes nefastos. En democracia, la alternancia es buena. No lo dudo. Pero los cambios deben servir para mejorar las cosas, y yo a esta gente nunca les escucho proponer o decir nada que pueda mejorar Coruña. Más al contrario. Sus declaraciones altisonantes nos perjudican, o por lo menos perjudican la imagen de la ciudad. Saluditos.

    ResponderEliminar
  2. Este panorama de degradación moral xa o pintaban hai vinte anos, na miña adolescencia: drogas, alcohol, prostitución, inseguridade cidadá... Moi desmemoriada anda a sociedade coruñesa ó non lembrar a mítica delincuencia dos oitenta, o vandalismo, os galopantes índices de desemprego e a epidemia dun cabalo chamado morte que tantas vidas levou por diante. Non sei por qué de súpeto preocupa tantísimo nin por qué ten tanto eco. A min, que non son un pureta, non me gusta nada o botellón. A miña familia vive cerca da praza do Humor e cada fin de semana era un inferno. Pero iso non significa que demonice ós que son máis novos ca min. Deberían ser máis civilizados e aprender a convivir. Semella complicado pero creo que se pode conseguir.
    A última campaña da Unión Curuñesa fíxome rir ata as lágrimas. Mira que temos mala fama os ferrolanos (máis ben CERTO SECTOR,os rancios de sempre)pero e que estes "curuñeses" son lo más. Ata resultan simpáticos. Quizais non deberiamos subestimalos tanto. Ese aceite LA... Alguén debería explicarlles como vai o precio da botella de aceite: 3.20 euros (os 10 selos)paréceme excesivo para unha botella tan pequena por moi virxe que sea o aceite.
    Boa noite

    ResponderEliminar
  3. Irei ás fontes da psiquiatría,porque así pódense explicar mellor certos termos:
    MEGALOMANÍA: Sentimento de potencia e superioridade que non ten fundamentos reais. DELIRIO: Idea falsa fixa que presenta resistencia a seren modificada,aínda que haxa datos obxectivos que a contraríen.
    ALUCINACIÓN: Percepción sensorial que ocorre sen haber estimulación externa do órgano sensorial implicado.
    Seguiría aquí con termos como PARANOIA, PÁNICO,FOBIA,OBSESIÓN,PREXUÍZO,PERSONALIDADE AUTORITARIA OU EFECTO PLACEBO. Quen teña interés que busque nun diccionario de termos psiquiátricos. Eu non invento nada.Simplemente é o que me vén á mente cando observo, reflexiono e intento procesar todo este absurdo.Porque non entendo absolutamente nada.
    DESREALIZACIÓN: Alteración da percepción ou experiencia do mundo externo de xeito que pareza estraño ou irreal. Seguro que eu estou desrealizada, porque teño a sensación de que non vivo na mesma cidade que todas estas persoas que queren liquidar a tanto inimigo público. Van ter choio abondo.
    Non sei qué teñen estás datas que me dá por lembrar a Dickens e o seu "Conto de Nadal". Cántos Mr Scrooge hai soltos actualmente.Con qué soñarán? Con chegar a ocupar un posto no Concello ou nunha lista municipal? Con engordar algo máis os seus patrimonios ou os seus egos? O espírito do futuro é implacable: non é nin máis nin menos que a realidade. E a ver como lle fan fronte a ese trago.
    O falar non ten cancela, ben certo é. E o ataque de amnesia colectiva (non sei como calificalo) sobre o que éramos e o que somos parece afectar a un amplo segmento poboacional.Os do pensamento único (máis ben os do ÚNICO PENSAMENTO:MONEY MAKES THE WORLD GO ROUND) apodéranse das almas e mesmo dos subconscientes coas técnicas máis burdas e primitivas: O medo ou a demagoxia.
    Por seguir coa referencia dickensiana penso no título "Historia de dúas cidades".Tal parece que sexa o que queren estas persoas: ou estamos con eles ou contra eles.Non á alternancia,non ó pacto, non a nada que non sexa eles atrincherados no poder.Exemplos do mal perder que ten a dereita neste estado podería dar uns cantos pero para qué? É unha actitude tan inmadura e patética que dá bochorno contemplar os procesos electorais doutros países europeos ou alén dos mares.
    Se esa é a salvación, prefiro arder eternamente antes de vivir no inferno dantesco que me ofrecen. A min,que me dean por perdida.
    A L-gate/L-missing está na sintonía do esperpento valleinclanesco. Eles están xa sobre o ben e o mal.Sobre todo, máis aló da Lei que promocionou Don Manuel,esa que tan alegremente toreaba sir Francis.É este do L un caso de DESORIENTACIÓN E MANIPULACIÓN AGUDAS.
    Non hai xa bastantes problemas como para crear outro máis? Vivindo nunha cidade que é a sé da Real Academia Galega e na que acadaron gran poxanza as Irmandades da Fala,xa hai que ser ignorante e ousado para dar tales mostras de desprezo e odio ó propio.Menos mal que agora saen dos seus armarios/cavernas sen rubor, cheirando a alcanfor e carcomidos pola couza.Ata os dinosaurios teñen outra actitude.
    A chuvia de caspa que nos ameaza non se combate con aceite de oliva; iso é un remedio popular/populachero que fomenta a dermatite seborreica e outras alteracións similares.
    Agora marcho durmir, se a brigada Cochese o permite.Deben estar apatrullando a Agra (supoño que serán eles e non calquera macarra) nun Seat 850 co tubo de escape kaputt: non deixan de pasar por diante da miña casa montando barullo,arriba e abaixo. Marcho da Coruña 48 horas e xa os botaba en falta.Nin Ausonia nin Evax me fan sentir tan segura.

    ResponderEliminar
  4. Andan uns amigos de Katanga preguntándome qué cousa-campaña simpática se podía ofrecer para rir a cachón desta xente carlosmarquista (ese prohome: primeiro con Soto, o de Vigo. Logo con Manuel Pérez -PP- o de Vigo. Logo que se Cudadanos, por Coruña. Logo Partido Galeguista, con Soto again. Agora Unión Coruñesa, como o de Someso, outro que tal...... Trataríase de poñelos en evidencia, que non en invidencia, da que xa dispoñen abondo. E mira ti por onde aparece Msarkadina e dá no clavo: agasallalos cun Diccionario de Psiquiatría!!!!!! Mola mazo!!!!!! E é moi práctico. Non creo que o tomen como un insulto velado!!!!!!

    ResponderEliminar
  5. Periodista Revisionista21 de diciembre de 2009, 10:49

    Una pregunta capciosa: ¿por qué nunca aparecen noticias como ésta en los "blogs vecinales de Coruña"?.

    IDEAL GALLEGO
    El Ayuntamiento retomará los trabajos del primer corredor verde después de Navidad

    La iniciativa en O Ventorrillo se contemplaba en el plan Busquets

    El desarrollo del primer corredor verde del proyecto de Joan Busquets se anunció hace más de un año como “pionero”, sin embargo, las obras llevadas a cabo en los últimos meses en O Ventorrillo a cargo del Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL) obligaron a retrasar su ejecución, según indican desde el Ayuntamiento.
    “Algunas de las obras del FEIL solapaban a las que contemplaba el proyecto de la senda peatonal, como la renovación del alumbrado”, señalaron fuentes de la Concejalía de Infraestructuras, que aclararon que será después de las fechas navideñas cuando se retome la actuación diseñada por el redactor del nuevo Plan General.

    Presupuesto > Para esta idea, el gobierno municipal consignó en noviembre del año pasado 271.000 euros. La intención es que el corredor parta de la escuela infantil para continuar por los pasadizos del entorno hasta la plaza de Salvador de Madariaga.

    El objetivo es crear un amplio espacio peatonal delimitado, a través de otras actuaciones como la renovación del enlosado, el pintado de los túneles o la mejora del alumbrado.

    Con todo, los vecinos se muestran satisfechos con la medida. El gobierno municipal explica que la suspensión temporal de la ejecución del proyecto se pactó con la entidad vecinal del barrio, algo que corrobora su presidenta, Rosa Barreiro, quien indica que lo “fundamental es ocasionar las menores molestias a los vecinos”.

    Aparte de la satisfacción “de ser el primer lugar de la ciudad en que se empiezan a aplicar las directrices de Busquets”, esta representante aplaude la idea de “humanizar las calles”. Lo importante, para la asociación, “es que la gente pueda pasear por todo el entorno”, algo para lo que es necesario “habilitar más espacios peatonales y, por supuesto, incrementar el número de árboles en todo la zona”.

    Barreiro comenta que O Ventorrillo “es el único barrio al que se puede acceder, por cada una de sus entradas, a pie”. Por ello, desde la asociación, con el apoyo del Ayuntamiento, pretenden “potenciar” este aspecto.


    Respuesta A LA PREGUNTA ANTERIOR: no interesa nada que sea bueno para la ciudad. Se trata, descaradamente, de dar una imagen nefasta, con el perjuicio que ello conlleva PARA TODOS NOSOTROS.

    ResponderEliminar
  6. Periodista Revisionista21 de diciembre de 2009, 10:50

    Aclaro que copio y pego la noticia porque el IDEAL no tiene, in sensu strictu, edición digital enlazable a cada noticia.

    ResponderEliminar
  7. Ola, Periodista.....como tampouco se comentarán outras cousas como éstas:

    "Medio Rural repuebla con especies no autóctonas espacios protegidos
    Los árboles foráneos son más combustibles y no restituyen la biodiversidad"

    "Alcaldes del BNG boicotean la privatización de servicios sociales sin ceder las residencias
    Los regidores alegan que el convenio con el Consorcio estipula la "gestión pública"

    "55.000 gallegos tendrán que pagar una conexión de satélite para ver la tele
    La Xunta renuncia a financiar la instalación, que cuesta un mínimo de 200 euros" (Sin tele no hay paraíso!!!)

    "El PP prohíbe aceptar bolsos para evitar otro ‘Gürtel’"

    "Os Baltar enfrontanse á dirección do PPdeG batindo récords
    Xosé Manuel Baltar vai a por todas no Congreso de Ourense. O pasado venres depositaba 2.805 avais de afiliados, todo un récord nun proceso congresual, e o vindeiro sábado 26 iniciará a campaña electoral en Verín, o bastión do oficialismo gobernado por Juan Manuel Jiménez, o seu posible rival e un dos máximos colaboradores de Rogelio Martínez".

    "Feijóo pecha o ano materializando os seus plans eólico e lingüístico
    A Xunta culmina o camiño para derrogar os decretos máis atacados polo PP na oposición"

    BRAVO!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  8. Nin é insulto nin é velado; é a constatación dunha evidencia (perdón pola pedantería). A Psiquiatría (do grego psiqué, alma ou actividade mental e iatréia, curación) e a Psicoloxía son disciplinas moi útiles para entender según qué cousas nesta sociedade tan patolóxica. Se os de Katanga queredes regalarlles un bo diccionario ou un bo tratado, sabede que teño ampla bibliografía.Así, por exemplo,saberán que tamén padecen DISOCIACIÓN agudísima.
    En canto ó "filtro depurativo" que outr@s utilizan nos seus blogs: qué máis dá? O malo é que haxa persoas que só queden con iso: cochino,malo, caca, culo, pedo, pis. Sempre levantando a moral da xente!!! Ídevos preparando coa que vai caer en 2010: Xa están aquíiii... O Anticristo está chegando ó Planeta Koruña.Se este ano o meu ánimo andaba decaído ante a situación que me rodeaba e sentirme tan impotente, para o vindeiro creo que vou ir mercando a soga por metros porque o futuro non invita a outra cousa a unha pesimista crónica coma min.
    Onte un amigo cun irmán seriamente discapacitado que vive no rural lugués envioume esta noticia:

    http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/12/20/0003_8183392.htm

    É durísimo pensar que un home de 39 anos, afectado por unha enfermidade neurodexenerativa, que convive cos seus pais de máis de 70 anos, case dependente en todas as actividades básicas, pero coa conciencia e a dignidade íntegras,teña que pasar por isto. El e tantos máis coma os que se ven no artigo.
    Unha boa mostra da nefanda xestión pseudoprivatizadora do goberno actual. Outra máis. Poderíamos dar moitos detalles que parezan pequenos e insignificantes que sorprenderían a moitas persoas. Sobre todo polo impacto que pode ter nas súas vidas diarias. E hoxe non quero falar máis da conta.
    Só unha pequena concesión a un tema tan de actualidade:
    http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/12/20/0003_8183423.htm
    Temos por diante unha reforma do Plan Galego sobre Drogas. Proxecto bastante opaco, por certo. Se estábamos en paños menores fronte á atención ás dependencias e adiccións, a ver que é o que nos espera, sobre todo en materias de prevención e educación ("vamos a darnos el próximo año para reflexionar,dejar entrar el aire fresco y que todo el mundo participe", seráficas palabras da directora xeral de saúde pública). Señores e señoras moralistas: temos unha pequena Penamoa en cada bar que hai á volta da esquina,onde cada hora alguén destrúe un pouco máis o seu fígado e as súas neuronas.Iso non é drogarse?.Non é bochornoso o espectáculo etílico d@s contertuli@s de "El Gato al Agua",na cadena humorística Intereconomía? (http://www.youtube.com/watch?v=kmKEjfmrwg8). De momento non me veu dar o palo ningún alcohólico pero quén sabe.Tal e como están os tempos, con tanta involución
    mental. Agardo con impaciencia o discurso do presidente Núñez Feijoo desexándonos a tod@s MERRY CRISIS.
    Boa tarde e bicos desde a Agra do Orzán.

    ResponderEliminar
  9. Poño aquí o titular de Msarkadina:

    VOZ GALICIA:

    RADIOGRAFÍA DE LOS SERVICIOS SOCIALES
    El caos en el servicio deja a decenas de discapacitados sin transporte especial

    A Galicia do pepé...a que queren a maioría d@s galeg@s, seica!!!!

    ResponderEliminar
  10. O vídeo de Intereconomía...máis que recomendable.

    http://www.youtube.com/watch?v=kmKEjfmrwg8

    Así calquera pide eleccións....de viños!!!!!

    ResponderEliminar
  11. Granaíno Planetario21 de diciembre de 2009, 20:46

    En estas fechas tan entrañables de Papa Noel,Reyes Magos,villancicos taladrándonos las trompas de Eustaquio y orgía consumista... la gente de Katanga y territorios anexos (¿así es como veis Coruña,no?)... filosofando. Pues menos mal. Para seguir la corriente ya están otros blogs más ortodoxos (que suelen hacer muy bien su trabajo). Vuestro particular encanto reside precisamente en que vais a vuestra bola. A mí me gusta asomarme a esta ventana,recomendada por mis amistades coruñesas y ver que seguís siendo la alternativa cachonda a la par que profunda; que no se me malinterprete: utilizar la picardía para reflexionar sobre asuntos que son muy preocupantes y en los que casi nadie parece reparar.Como decían antes: estamos en "unha sociedade patolóxica".Lo que dicen Tamara,Almorzador Desnudo,Periodista Revisionista (yo no diría que tus preguntas sean capciosas) o Msarkadina es la opinión de much@s ciudadan@s coruñeses. También por Graná hay mucho ciudadano estupefacto que contempla con extrañeza la realidad que le rodea. Supongo que será este frío glacial que nos deja los corazones más encogidos que en todo este año tan duro.Porque ha sido duro de cojones.Pero yo,que soy un optimista crónico,prefiero pensar que de ésta saldremos más fortalecidos.O con los ojos más abiertos.
    Una perla el vídeo de Intereconomía,sí señor.
    Vaya cara de apuro la del presentador, Antonio JIménez,vivo retrato del especimen "señorito-andaluz-quiero-y-no-puedo".Ya daba miedo en Radio España,hace una jartá de años; ahora,por lo menos,se ha quitado la máscara.
    ¡Y que nadie se compre tanto metro de soga,caramba,que no es para tanto!
    A los políticos, TODO LO DE HOY: “Puedes decirme lo que quieras / porque lo estoy grabando. (...) Porque todo lo de hoy / lo voy a tener guardado en algún sitio / para cuando te arrepientas”. Y para sus secuaces también.
    Yo también os deseo MERRY CRISIS.
    Buenas noches para toda Coruña.

    ResponderEliminar
  12. Merry crisis (crises, what crises???) for you, Granaíno. Supongo que la Alhambra estará bonita estos días blancos. Si en Coruña hubiese algo parecido...qué pensaría esta gente??? Obispado parta Coruña, si quiero. Mezquitas, nasti de plasti!!!!! Es la esencia de occidente. Luego les encantan las sevillanas y el cante hondo, que como es sabido es música oriental. Como casi toda la cultura mediterránea. En Galicia, claro, nos va más el tribalismo atlántico. Es muy nuestro. Viene siendo: Mi país contra el mundo. Mi provincia contra mi país. Mi ayuntamiento contra la provincia. Mi barrio contra el ayuntamiento. Mi calle contra mi barrio. Mi casa contra mi calle. Mi piso contra los vecinos. Yo contra mi familia....

    ResponderEliminar