by Pacotrón
Pode dicirse máis alto, pero non máis claro. Pode ser mediante preguntas ou por medio de respostas. Tanto ten.
Podemos petarnos a cabeza contra os muros do minimalismo conceptual que nos invade. Ese que prefire e procura as explicacións máis simples aos feitos máis complicados.
Podemos tentar razoar e atopar solucións beneficiosas para todas e todos. Podemos ser congruentes e comprensivos. Mesmo podemos pagar polo dereito á liberdade. Ben entendida: a liberdade que concede o capital.
O que non podemos de ningunha maneira é derrubar o mito social de que os únicos "autores/autoras" son os artistas da música e do cine, ou de que as únicas persoas con dereitos de imaxe son os futbolistas e, en menor medida, as monarquías. Una mentira gorda y cochina.
Case me conformo con que nos respondan a esta preguntita de nada: Por qué podemos intercambiar calquera cousa (libros, xoguetes, mobiliario, papel moeda, selos, produtos de perfumería ou droguería, cacharradas, coches, motos, bicicletas, roupa, comida.....) mentras sexa un acordo libre entre persoas, e non podemos intercambiar arquivos?
Redactado con ironía: Por qué podemos intercambiar ou regalar "arquivadores" e non arquivos?
Sexamos serios: mesmo podemos intercambiar droga se é para autoconsumo.....e hai quen intercambia armamento!!!!!
O que máis nos enerva é que se compramos un CD ou un DVD para as nosas cousas compradas, regaladas ou intercambiadas, teñamos que pagar un canon por "piratería previa suposta", canon que acaba parando nas contas correntes nada correntes de Teddy Bautista, Ramoncín ou Rosariyo Flores!!!!!!
E xa postos a piratear música, por exemplo, a ver quen carallo piratea algo destes cracks "nacionales". Ou sexa: eu pirateo a Coldplay e recibe un cacho de beneficio o que compuso "Mi Gato Hace Ai Ai Ai Ai". Como di Msarkadina: Ole ole y ole!!!!!!
Dous megaporretas a cambio dun litro de codeína pura???? Cambio, cambio!!!!!!
En fin, que o anteproxecto de Ley de Economía Sostenible, tamén coñecido por Ley para Sostener la Economía de los "Artistas Pañoles", non busca máis que pechar webs e blogs sen orde xudicial para impedir a libre circulación de ideas e información, confundindo á xente con argumentos de perogrullo sobre supostos dereitos de autor que, inexplicablemente, só se aplican a uns poucos, cando na NOSA SOCIEDADE case todo ten dereitos de autor. Un exempliño:
Se cada vez que o señor Ramoncín, por acaso, leva roupa de marca QUE PODE INTERCAMBIAR E EXHIBIR, ou compra e UTILIZA unha cadeira ou moble calquera cun deseño propiedade dunha marca (IKEA vende deseños propios), cadeira ou moble que tamén pode emprestar ou intercambiar; cando conduce un coche e circula por espazos públicos, coche que pode intercambiar, ou cando merca unha bufanda e unha camisola do Rayo Vallecano, que tamén pode ensinar, intercambiar e exhibir ante miles de persoas...mesmo pode ser que saia pola tele con esa bufanda, aproveitándose da imaxe do clube!!!....en resumo, se cada vez que Ramoncín fai algunha desas cousas TIVESE QUE PAGAR DEREITOS, NON LLE CHEGABA CO QUE CHUPA DE COLDPLAY NIN PARA UN LACOSTE PORTUGUÉS de mercadillo dominical!!!!!!
Ya, pero el Zapatitos ese es un cagao y ya está dando marcha atrás AQUÍ!!!!!...y yo que había entregado unos euritos de entrada para mi Audi A10 a cuenta de futuribles!!!!!!
ÚLTIMA HORA: A Asociación de Produtores de Bebidas Alcohólicas de España reclama a Ramoncín tres mil fantastamillóns de euracos por aproveitarse do nome xenérico das súas bebidas para, unha vez incluído entre as letras das súas cancións, caer máis simpático e vender a dolor entre o colectivo dos alcohólicos festivaleiros e de fin de semana. Nesta simpática instantánea, foto de grupo da última xunta directiva desta popular Asociación.
En fin, delfín...que por hoxe chegou!!!!! Déixovos co artigo 20 da actual Constitución Española. Apurade a lelo, non vaia ser que o cambien!!!!!! E lembrade que CENSURAR É A ARTE DE PROHIBIR QUE AS/OS DEMAIS FAGAN OU VEXAN O QUE UN ACABA DE FACER OU VER!!!!!!
Artículo 20 de la Constitución Española:
1. Se reconocen y protegen los derechos:
a) A expresar y difundir libremente los pensamientos, ideas y opiniones mediante la palabra, el escrito o cualquier otro medio de reproducción.
b) A la producción y creación literaria, artística, científica y técnica.
c) A la libertad de cátedra.
d) A comunicar o recibir libremente información veraz por cualquier medio de difusión. La Ley regulará el derecho a la cláusula de conciencia y al secreto profesional en el ejercicio de estas libertades.
2. El ejercicio de estos derechos no puede restringirse mediante ningún tipo de censura previa.
3. La Ley regulará la organización y el control parlamentario de los medios de comunicación social dependientes del Estado o de cualquier ente público y garantizará el acceso a dichos medios de los grupos sociales y políticos significativos, respetando el pluralismo de la sociedad y de las diversas lenguas de España.
4. Estas libertades tienen su límite en el respeto a los derechos reconocidos en este Título, en los preceptos de las Leyes que lo desarrollan y, especialmente, en el derecho al honor, a la intimidad, a la propia imagen y a la protección de la juventud y de la infancia.
5. Solo podrá acordarse el secuestro de publicaciones, grabaciones y otros medios de información en virtud de resolución judicial.
TEDDY BAUTISTA: Tu quoque, Pacotrón? PACOTRÓN: Home non....Toma, toma e toma. De parte de Teddy Bear e San Juan Bautista, lambón, que nunca lles diches un chú!!!!!
ÚLTIMÍSIMA HORÍSIMA: Asina pero de xa mesmo este manifesto "En defensa dos dereitos fundamentais en internet"
Unha vez asinado, apoia moralmente á nai de Ramoncín. Unha nai é sempre unha nai...aínda que sexa a deste lambón!!!! Entra AQUÍ e non perdas ocasión de ver unha foto de cando este xenial artista practicaba o onanismo (se tiraba unas pajillas, vamos) cunha foto de Olivia Newton-John en calentines!!!!!!
En principio, es una ley para convertir la base de la economía española pasando de una economía basada en el ladrillo -economís especulativa- a otra basada en las nuevas tecnologías -economía productiva, o así-. Como en todas las medidas anticrisis, aquí de lo que se trata o bien es de bajar impuestos, sobre todo a los más ricos -modelo neocom- o bien subirlos a la clase media -modelo socioliberal europeo-. Esta ley camina por esto último. Si tenemos que pagar por intercambiar información, Hacienda llevará un piquito. ¡Ay, si persiguieran bien el fraude!
ResponderEliminarhttp://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/02/12/0003_7523660.htm
O también:
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/12/07/0003_8155699.htm
Bueno, katangueiros, que me alegro de ver por aquí a Pacotrón. Bicos.
Si, si, Pacotrón....Se chega a ser por el, aquí estaríamos menos actualizados que Monseñor Rouco Varela!!!!!
ResponderEliminarA todo isto, con gran disgusto da Katangueira, cambiamos a imaxe de perfil deste blog....Aínda non sei se funcionará!!!!
ResponderEliminarClaro que funciona, cabrito. ¿Donde está mi culo y mi Paul Newman hostiado del feixbú?. Mala gente.
ResponderEliminarjajaja me meooo con o da Asociación de Productores de Bebidas Alcoholicas, sodes tremendos, me gusta moito como expoñedes o tema, e que é certo. Pero vos creedes que Ramoncín & company algunha vez (xa non digo leer) mirou por encima a Constitución?
ResponderEliminarE que a min, xa, estas cousas me soan a chiste, moi forte que teñamos nos que manter a unha panda de paspallás que so saben rascalas bolas pegándose a vida padre a conta dos demáis... son unha pande de... mira mellor non o digo non vaia ser o demo...
Eu xa firmei contra a lei esa, e vos? Dixovos o enlace por si "ascaso" http://www.petitiononline.com/ed021209/petition.html
Hai que pasar ben a bola a ver se entre todos podéramos facer algo en contra da iniciativa da señora ministra, Ramoncín & Company.
En fin...
Biquiños pra tod@s.
Lei de Economía Sostible? Estou morta da risa. Outra medida máis estilo "cortiña de fume". E, para variar, unha medida máis de presión e control. Dentro de nada deberían propoñer sesións de electroshock colectivas (estilo "Alguén voou sobre o niño do cuco") para conseguir o pensamento único e uniforme. Se total, xa nos están a tratar coma a un rabaño... A este paso nin sequera poderemos intercambiar fluidos.
ResponderEliminarEu xa non albergo esperanzas de que se persiga o fraude fiscal en gran escala. Estou segura de que moita xentiña se beneficia e NUNCA ocorrerá NADA. Pero ollo con deixar de pagar un par de mensualidades do teléfono móbil que vas de cabeza á infame lista de morosos. Aí si funciona a lei do funil.Impresionante.
E qué dicir da aplicación da presunción de culpabilidade implícita no ridículo canon de pagar por un CD ou unha impresora? Ó máis puro estilo "Minority Report" len nos nosos ollos a nosa futurible intención de piratear. Onde se estuda iso? É un master que imparte a SGAE?
Todo o que ten que ver con es@s individu@s é feo, turbio e fedorento. As súas prácticas cuase mafiosas, os seus aires gangsteriles e a súa cobiza provocan unha antipatía e unha animadversión unánimes. Hai 4 anos, en Ciudad Real,contemplei unha actuación made in SGAE,en vivo e en directo: a chegada dun inspector a un pub de estética mod,onde a música que pinchaban, estaba íntimamente relacionada coa obra musical de Ramoncín ou Miguel Ríos.O dono do garito gastou un pastizal en defenderse e GAÑOU. Celebrámolo por todo o alto o ano pasado. Menos mal que hai algo de cordura.
As altas esferas e os parásitos da industria discográfica seguen de costas á realidade, encallados na corrente do gatopardismo:
http://noticias.lainformacion.com/arte-cultura-y-espectaculos/musica/lo-que-la-industria-musical-no-quiere-que-sepas_BYBaep7bQUe0Vv6IKDj12/
http://alt1040.com/2009/11/mientras-gonzalez-sinde-sataniza-las-descargas-la-taquilla-de-espana-logra-la-mayor-recaudacion-de-su-historia
E disque Ramoncín,tan litigante,quere demandar á súa propia nai:
http://www.elmundotoday.com/2009/11/ramoncin-denuncia-a-su-madre-por-llevar-una-foto-suya-en-la-cartera/
Mágoa non ter estado no Espárrago Rock para botar a este caradura da escea! Que pague ós Produtores de Bebidas Alcohólicas.Talvez deberíamos fletar un buque c@s membr@s da SGAE cara ó Océano Índico, para que saiban como as gastan os auténticos piratas. Porque eles xa o son, pero de traxe e garavata.
Con tanto prohibicionismo éntranme unhas ganas tolas de pecar máis atrozmente.
Ra e Msarkadina: Mañá sen falta engadimos os vosos enlaces a este post. Sobre todo o das asinaturas que nos envía a "intrigante" Ra e o da nai de Ramoncín da "retorcida" Msarkadina.
ResponderEliminarEstes da SGAE non viron a peli de Saura "Cría Cuervos". Polo menos, non a nai de Ramoncete!!!!
Katangueiro: pero...xa me explicarás de onde sacaches esa foto de perfil!!!! Vannos entalegar a todos e imos compartir cela coa nai dalgún rockeiro!!!!! Como se entere ese administrador dun blog que denunciou a unha web por ameazas "veladas" (será polas alegres veladas?) aínda acabamos denunciados pola Disney!!!!!! Maldito pato polidependente!!!!!
Boa noite. Coma sempre, a horas intempestivas, chego eu.Todo isto da sostenibilidade ou como se diga cheira a paternalismo rancio e protección de intereses moi antigos e dos que levan a desfrutar demasiado tempo certas oligarquías. Moitos artistas (falo de artistas de verdade: xente que está a crear á marxe de subvencións e súan sangue por manter a súa integridade) están en desacordo e síntense extorsionad@s pola SGAE. Como usuario, eu debería demandar porque sinto danado o meu dereito á imaxe por considerarme un presunto delincuente antes de delinquir.
ResponderEliminarAdemais, se me poño cabezón, podo ir ata Estrasburgo se chega a aprobarse este cachondeo de lei: ampárame o artigo 19 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o DEREITO A COMUNICAR."TODO INDIVIDUO TEN DEREITO Á LIBERDADE DE COMUNICACIÓN E EXPRESIÓN;ESTE DEREITO INCLÚE O DE NON SER MOLESTADO A CAUSA DAS SÚAS OPINIÓNS,O DE INVESTIGAR E RECIBIR INFORMACIÓNS E OPINIÓNS E O DE DIFUNDILAS,SEN LIMITACIÓN DE FRONTEIRAS,POR CALQUERA MEDIO DE EXPRESIÓN". Se quero, podo chegar a ser tanto ou máis litigante que José Ramón Julio Márquez aka Ramoncín,ese home que ten o careto tan tuneado que cada día me lembra máis a John Cusack. Con todos os meus respetos para o gran Cusack.
O que conta Arkadina de Ciudad Real é certo. En concreto, aconteceu en Tomelloso, na Sala Beat,onde o dono pincha os seus propios discos,vinilos de colección.Unha auténtica pasada.Boa estratexia a de Ricardo: argumentar que os artistas "expoliados" por el e os clientes non ven un céntimo da SGAE.Boa celebración e moitas risas despois dos cartos gastados en defender o sentido común.
http://www.elpais.com/articulo/cultura/juez/niega/SGAE/pueda/cobrar/toda/musica/elpepucul/20070520elpepicul_4/Tes
Pobre consolo é o de saber que o afán recadatorio é universal. O equivalente británico da SGAE (a PRS) ameazou á empregada dunha tenda en Clackmannanshire, Escocia, por cantar en voz baixa mentres curraba. A pobre Ms Sandra Burt estaba aburrida desde que lles sacaran a radio no comercio.Ante tal saída de pata de banco enviáronlle un ramo de flores e unha nota de desculpa. Sonche ratas ata niso.
O mellor de todo: a encantadora heroicidade de Ms Burt nas súas declaracións."Terían que poñerme un esparadrapo na boca.Non o podo evitar".
http://news.bbc.co.uk/2/hi/uk_news/scotland/tayside_and_central/8317952.stm
Apoio a mención da tovarich Arkadina: xa que nós podemos ir ó caldeiro, eles deberían ir nun paquebote cara ó Índico,a recibir leccións de piratería.Non debería facer bromas que está o tema moi chukelo para os currantes do mar e os habitantes do corno de África (Somalia,Etiopía ou Eritrea),que as están a pasar moi putas.
A min gústame o cambio da foto de perfil: sempre pensei que había algo raro no Donald,con esa teima de non levar calzón e eses cambios emocionais tan bruscos.Non creo que desconxelen a Disney para que vos leve ós tribunais,co cara que anda a minuta da avogacía usamericana.Se cadra hai que temer máis a "ameazas fantasmas" que andan cerca de Katanga, non? Se cadra pode ser Donald o que denuncie se o fotografían camiño a Penamoa.
Boa noite, alegría e saúde para tod@s.
Nesta santa casa estamos máis que convencid@s de que temos un elenco de administradores e administradoras como non hai outro na Coru. De verdad de la buena. Pero o que temos aínda máis claro clarito claro como el agua cristalina, claro clarito claro como el azul claro del día, é a enorme calidade sen competencia no mercado de todas e todos os nosos comentaristas. Calidade humana e retórica. A cantidade non importa. A calidade si. Noutros "sitios" poderán presumir de trinta ou corenta comentarios nun só post. Visto o visto nalgúns deses casos....qué queredes que vos diga. Ata dá a impresión, ás veces, de que son catro con dous ou tres nomes diferentes interviñendo cada un dúas ou tres veces tamén!!!!!
ResponderEliminarAquí, en Katanga, de sempre: la qualité!!!!!
Almorzador: hai que ver qué lucidez tes a certas horas. Estupenda colaboreison, pero hai que mimir, carafio!!!!!!!
Yo ya firmé. No soy de las optimistas con esto de las firmas, pero por mí que no quede. Y os animo a todos los que podáis.
ResponderEliminarA Katangueiro: ¡no sabía que me eras tan pelotillero!
Un fai o que pode por quedar ben en sitios nos que paga a pena quedar ben. E éste é un deles. C@s coleg@s d@s coleg@s a morte!!! No tema do sono si, estou dacordo pero os días na Coruña hai que desfrutalos, non son para durmir como os días laborables, neno. Agora que acabo de chegar a Barna xa estou botando en falta a cidade.
ResponderEliminarBoa noite a tod@s.
Última hora: Ramoncín deberá pagar derechos de autor a la cadena de restaurantes Kentucky Fried Chicken por titular una canción "El Rey del Pollo Frito", dedicada al directivo de una discográfica.
ResponderEliminarAh,pequeña aclaración: A Ramoncín lo echaron de escena en el Viñarock '06, en Villarrobledo (Albacete). Ya no podemos gozar el pequeño corte videográfico en Youtube. Una lástima.
El Espárrago Rock, en Granada, no tiene el caché suficiente para contratar a tal "artistazo".¡Pero a qué se dedicará la gente en los festivales!
Otra pequeña aclaración (coño, para una vez que entro a opinar, parezco Petete): Onán "derramaba su semilla" fuera de. Vamos, la clásica marcha atrás. Y la cólera de Dios cayó sobre él por no querer fecundar a su cuñada. No confundamos a Onán, que era un hombre concienciado que no quería sobrepoblar Palestina con este bucanero pajillero.¡Justicia poética para Onán! Lo dice uno que se ha quedado miope (seguro que esa es la explicación de los padres escolapios que me hablaron de Onán).
ResponderEliminarSaludos, Granaíno Planetario. A veces, a ciertas personas, no sólo a Ramoncete, sino a muchas otras que se tragan eso de que todo esto es para proteger a los artistas y sus creaciones (como si al intercambiar un archivo hiciésemos más daño que al intercambiar un libro, por ejemplo), les dedico estos versos granaínos y planetarios que espero reconozcas:
ResponderEliminarA veces me pregunto
De quien será el fantasma,
Que te ha tapado los ojos
Para que no veas nada.
Graciñas, da Coru para Graná!!!!
Gran transcendencia da nosa entrada "Perdoa, AVA, pero Lucas me quería a mi" na súa parte final, onde sacamos o vídeo de youtube onde uns "elementos" abusaban de dúas persoas que, a dicir verdade, teñen as súas facultades mermadas. Ver aquí o resultado (que se prepare o RUBIO):
ResponderEliminarhttp://www.lavozdegalicia.es/coruna/2009/12/09/0003_8159492.htm
Pois xa sabedes: a poñelo en letras ben grandes. LOGRO DO BLOG KATANGUEIRO. Eu voulle propoñer á Conselleira de Sanidade a vasectomía selectiva para esa chusma. Sen anestesia.
ResponderEliminarPor Diossssss.....Msarkadina!!!!!! Medo me dás!!!
ResponderEliminarPacotrón: non hai nada que temer. Xa sabedes que teño unha mente moi pero que moi retorcida. Pero sería unha boa medida,non? As oriundas de Monte Alto damos os toques de atención neste estilo.E agora que vivo na Agra,sonche máis expeditiva.Sobre todo,eu.
ResponderEliminarDe todos modos, non creo que a Conselleira me faga caso. Ela é máis partidaria do "creced y multiplicaos".E así anda o mundo.