Páginas

Katanga-Koruña, o blog coruñés máis confidencial!!!!!


Estamos de noraboa neste humilde e sen embargo paupérrimo barrio de Katanga. Os responsables (é un dicir) do diario dixital Galicia Confidencial decidiron, baixo a súa exclusiva responsabilidade (é outro dicir), empregar este noso blog insurrecto como unha das súas referencias á hora de informar sobre a nosa cidade katangueira: A Coruña, coa súa área de influencia mediático-metropolitana!!!! GRACIÑAS!!!!!

Nesta captura de aquí abaixo podedes observar como hoxe, 16 de decembro, a nosa anterior entrada pode ser consultada desde a súa portada, dentro da información de exclusiva referencia coruñesa. Ai, qué emocionante!!!!!

Así que...ala. Animádevos a consumir medios de comunicación galegos, como este que nos ocupa e preocupa, porque, se polos medios madrileños fose.....o país katangueiro todo estaría pendente do último peiteado de Guti, das zapatillas con olor a alcanfor de Dona Espe ou das estupendas corridas (non, carafio, esas que pensades non!!!) do último, que non derradeiro, niñato andaluzoide e/ou folcloroide!!!!!

Aínda podería ser peor. Poderíamos atopar á Executiva Nacional dos Sith dándonos leccións de ética desde as páxinas de sociedade dalgúns deses diarios independentes madrileños que emiten a favor do Partido Popular. Por qué non actúa contra eles Ramoncín e lles fai pagar a intemerata por empregar as túnicas do lado escuro da Guerra das Galaxias??? Por qué, por qué???? Onde está George Lucas cando se lle necesita????

CONFERENCIA EPISCOPAL: Por los gallumbos milenarios del Emperador que no disponemos de un sólo chú para hacer frente a más gastos hasta que Dark Vader acabe de pagar la Estrella de la Muerte.....en el 2127!!!!!! O hasta que Lord Rajoy nos devuelva aquello que le prestamos!!!!


RAJOY: Xanta Rita, Rita, Rita.....lo que xe da no xe quita!!!!


Madriz Madriz, Villa y Corte (ou cortello). Rompeolas de todas las Katangas!!!! Prepararse se este ano non levanta a Copa da Liga o Irreal Madriz!!!!!


KATANGUEIRA: Eu, en previsión, xa me collín un apartamentito de solteira en Marte. Éche máis coqueto........
CHUQUELO: Chachi que si!!!!


8 comentarios:

  1. Os meus máis sinceros parabéns para tod@s os amig@s katangueir@s e, por extensión, a toda Katanga, of course. Un brinde polo humor e a ironía pop que usades para intentar comprender a realidade coruñesa. A partires de agora será incluso máis agradable botarlle unha ollada á web de Galicia Confidencial, que xa seguíamos con interés pola Agra, todo sexa por fomentar unha alternativa ós medios de comunicación hexemónicos e ó pensamento único. E, sobre todo, unha alegría saber que hai aínda apostas pola nosa actualidade, á que con demasiada frecuencia volvemos as nosas costas.Para min é un misterio aínda sen resolver que o que acontece só no centro da Península teña máis eco que o que acontece ó seu redor. Será que estar no centro xeográfico failles crer que realmente son o embigo do mundo.
    Teño pasado moi bos momentos en Madrid xunto con amistades madrileñas e non madrileñas. Curiosamente esas amistades madrileñas eran a primeira xeneración da súa familia nados nesa cidade. Os seus pais procedían dalgún outro punto xeográfico e acabaron facendo vida en Vallecas, en La Elipa, en Pan Bendito... Si, ese é o carácter de "rompeolas" de Madrid, do Madrid que máis me gusta. Porque sendo unha terra de aluvión é como se fai unha cidade forte e grande. E, sobre todo, porque esas persoas non esqueceron a súa orixe e non adoptaron a "ideoloxía" do converso madrileño; a saber: "Madriz es la hostia en verso y como mi Madriz no hay dos". Esas son as miñas liaisons madrileñas e non outras. Esa é a miña xente: a que sabe recoller o mellor de cada lugar sen renunciar á súa esencia.
    Os que militan no bando dos Sith son certamente unha minoría bastante barullenta con serviles e bastardos intereses económicos (qué outros poden ter?), erotizados polo poder absoluto. Querer ser a elite non é garantía de ser elite. Nunca. O señorío (que non señoritismo) pode probarse con madurez, con empatía e con prudencia, xamais coa actitude prepotente do que se cre amo e señor. Para dar leccións están sobradamente preparad@s. E para recibilas? Claro que non.
    Agora mesmo andan a voltas coa agresión a Hermann Tertsch e a súa estúpida polémica do Gran Wyoming. Coma se non houbese máis xornalistas no mundo: xente cunha traxectoria impecable, moito oficio e co ego a ras de terra. E a min que me fai lembrar ó affair Martin Prieto ou ó affair Bartolín...Ai, eses liberais pailáns capitalinos, que visten traxes de Milano, beben ata a auga dos floreiros e comulgan os domingos. Dan para unha tese doutoral. E que moitas veces a ética e a estética son altamente incompatibles.
    Nunha época convulsa, de cambios radicais na transmisión de información, non podemos deixarnos acovardar polos de sempre: Darth Vader, os Sith, a Estrela da Morte ó completo ou quen sexa. Temos as nosas conciencias e as nosas ganas de cambiar o mundo. Non caiamos no desánimo.E iso que son bastante escéptica.
    Graciñas por seguir batallando e por buscar un sorriso cómplice en medio de tanta grisura.

    ResponderEliminar
  2. Pois a ver se todos os katanguistas, administradores e administradoras, colaboradores e colaboradoras, e camandulillas varios poñemos toda a costela na parrilla para facer chegar a nosa visión katangueira da vida e, por extensión, do mundo por entre todas as parroquias do País!!!!
    Noraboa, Katangueiro. Especialmente a ti. Que xa sabemos ben cómo che toca sufrir a intolerancia, incomprensión e falta de humor. Lembra que tamén hai amigos e amigas entre os "supostos" blogs veciñais que manteñan posturas moi diferentes da nosa. Meritorio apoio e meritoria xente tamén. BICAZOS!!!!!
    A Msarkadina tamén. E a Cochese. E a Ra. E a Periodista, Almorzador, Tamara, Charito, Raquel, Brado, Hakim, Supernova (non, non nos referimos á peli de Marta Sánchez!!!!), Amèlie, Frankeinas, Alex, Desfeita, Cadelo, Pepi, Anónimos varios, Administradores de Castrillón, Novomesoiro, Agra del Orzán (non confundir con Agra do Orzán) e....si, Ventorrillo. A ventirrollo tamén. A Granaíno Planetario (espero que non sexa J), Vocacita Galaica, Cyberheidi, Opositora, Fabrizzio, Toxo.22, Antonio Meilán, Carolina....ai, sobre todo a Carolina. A Pilar, que nos sigue desde USA.....en fin, delfín!!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Periodista Revisionista16 de diciembre de 2009, 15:04

    Enhorabuena y en hora buena. Os lo tenéis ganado, en el buen sentido. ¡Además, quien os lee a vosotros también me lee a mi! Saludos.

    ResponderEliminar
  4. Granaíno Planetario16 de diciembre de 2009, 19:57

    Antes de nada, muchas felicidades. Como diría el Otro: debeis estar llenos de orgullo y satisfacción. Como han dicho por ahí arriba es un gustazo leer, reir y reflexionar. Sobre todo intentar que la reflexión sea un impulso para un cambio que tanto necesita nuestra sociedad.
    Soy Granaino de pura cepa pero mi nombre empieza por A. Planetario hasta el tuétano por ser fan fatal de los susodichos. Y lo que me une a Galicia, en especial a vuestra ciudad es el amor y la generosidad de un puñao de amistades. He pasado allí muy buenos momentos. Y los que quedan... Dicen en el resto de Andalucía que los granainos tenemos mu mala follá. Yo le llamaría retranca.
    Como despedida: "Os bos e xenerosos a nosa voz entenden". Alguien me lo hizo aprender muy bien, como aquello que escribió Lorca ("chove en Santiago, meu doce amor").
    A seguir dando kaña.

    ResponderEliminar
  5. Granaíno Planetario: Por lo que veo, compartimos algo más que los gustos por la sensibilidad de J.
    Llevamos sólo diez meses abiertos. Muchos blogs y webs llevan años, pero tenemos la suerte y oportunidad de poder generar opinión en cada vez más personas....incluso de Graná. ¡Gracias, por supuesto, a ti! Saludos desde el motor de un autobús.

    ResponderEliminar
  6. Pues muy honrada de figurar en el lote de los agraciados. Ya veo que les tienes una buena pía a los de la Conferencia Episcopal. Se lo merecen casi más que los de la Sgae. Llevan más tiempo chupando de las exclusivas. Bicos.

    ResponderEliminar
  7. MUAC MUAC MUAC.....snif snif snif.....Estou emocionado!!!!!!!! Brotan en min bágoas chuquelas!!!!!! Pero non polos vosos comentarios pelotilleiros, se non por estes pobres artistas que asinaron un manifesto en defensa dos dereitos de autor....Bueno, dos seus dereitos como socios da Sgae. Os autores que se descargan por aí distan moito de ser estes. Mirade, mirade:

    Alberto Comesaña
    Alejandro Sanz
    Alvaro Urquijo, Los Secretos
    Amancio Prada Prada
    Ana Belén
    Ana Torroja
    Andrés Calamaro
    Antón García Abril Compositor
    Antonio Carmona
    Antonio Meliveo Compositor
    Antonio Orozco
    Beatriz Luengo
    Benito Kamelas
    Buika
    Burning
    Calle París
    Carles Benavent
    Carlos Chaouen
    Carlos Narea Productor
    Celtas Cortos
    Conchita
    Dani Martin - El Canto Del Loco
    Danza Invisible
    David Demaria
    Diego Amador
    Duo Dinamico
    Dyango
    Edurne
    Efecto Mariposa
    El Muro de Berlín
    Emilio José
    Enrique Bunbury
    Felipe Campuzano
    Fernando Trueba Director de Cine
    Francisco Belver Mercader Músico-Director de Banda Buenafuente
    Grupo Asfalto
    Hnos... Muñoz - Estopa
    Jaula de Grillos
    Javier Limón
    Joan Albert Amargos Compositor
    Joan Valent Compositor
    Jordi Pujol Casademunt
    José Miguel Carmona Guitarrista
    Kim Fanlo - Nena Daconte
    La Oreja de Vang Gog
    Labuat
    Las Supremas de Móstoles
    Lichis
    Loquillo
    Luis Cobos
    Luis Eduardo Aute
    Mago de Oz
    Malú
    Manolo García
    Marc Parrot
    María Villalón
    Marina Rossell
    Marlango
    Martirio
    Melocos
    Miguel Bose
    Miguel Ríos
    Monica Naranjo
    Nacho Campillo
    Nicolas Vallejo --Nágera
    OBK
    Pabloperea
    Pedro Guerra
    Peret
    Pereza
    Poncho K
    Presuntos Implicados
    Rosario Flores
    Sidecars
    Sidonie
    Siempre Así
    Suburbano
    Tamara (la de los boleros)
    Teresa Berganza
    Vega
    Vicky Larraz
    Victor Manuel
    Xabier Muguruza

    Cántos destes artistas protagonizan os vosos intercambios?????

    ResponderEliminar