
Continuamos onde o deixamos onte: este pedazo de obra que cumpre perfectamente coa lexislación vixente, sinaladamente no que se refire á seguridade no traballo dos demais (seguridade laboral, vamos). Ese pedazo de obrarrrrrrrrrrr condemoooorrrrrrrr que disfrutan os veciños da rúa
Julia Minguillón.
Pois aí quedouvos a foto esta.
Aproveito a entrada para lembrarvos que teño pendente, e penso cumprilo, falarvos do Campo da Burra, isto é, do Parque do Observatorio e o seu follón. Prometo facelo nos próximos días. Por agora, conformádevos con esta bonita foto que nos envía Pacotron e, se queredes ver lío, pinchade a maiores
AQUÍ.:

Para os que non pinchastes
AQUÍ, quedadevos coa foto da manifa, que está de vicio.

Por certo, e xa que falamos do Observatorio: ¿hai alguén que coñeza aos que viven aquí?

Premiarase aos que informen enviando un correo a
katangueiro@gmail.com.
Dígoo porque
Katangueira, que aínda sendo de Monelos aprecia a nosa forma de vida, preguntoume pola mañá se sabía se estaba en venda, ou sexa, se a crise esta provocou que sabe Deus quen precise vender o seu chalete. Así que....se sodes os propietarios, aquí estamos coas orellas en posición.
Abur, yogur.