Páginas

A Unión Europea de Consumo by Sarkozy

by Katangueiro, desde o borde mesmo...

O pasado domingo, en plena escalada mesiánico-apocalíptica do mestre, do profeta, do guía, do caudillo, do mesías, e de tantas e tantas cousas inútiles que pode ser o chungo Sarkozy, recibimos con ledicia extrema -iso si, contida- a súa clarividente aseveración mitineira-parisina (ou lá lá) que finiquita, por se alguén o dubidaba, aquilo que se dera en chamar pomposamente Estado do Benestar e que co tempo foi devindo en Estado de Estar, primeiro, e Estado de Malestar, agora.

Efectiviuonder, o pedorro apóstata da sensatez clamou desde o seu atril ante milleiros e milleiros de antropomórficos cidadáns/ás, agora transmutados/as en consumidores/as. Clamou ante millóns de familias francesas e, por extensións, europeas, poñendo fin a tal invento, ese do Benestar, pensado para enganar á pobre clase traballadora de occidente naqueles anos tolos en que tampouco se tiña moi claro se era preferible vivir aquí ou na URSS. Pobre ela, onde queira que repouse. Cantos crimes se cometeron no seu bendito nome!!!!!

O mamarracho hungárico amigo da Vanity Fair clamou como só el sabe, alentando ese espanto, ese medo irracional que nos está a levar a todos e todas, sen distinción xenérica algunha, ao mesmo borde do precipicio abisal. Ese borde tan profundo e demoníaco que pide, que suplica, por un pequeno paso adiante. Pequeno para ti. Xigante para os mercados. "Compra e morre, afórranos a túa xubilación". Clamou no oasis e no deserto. Na estepa e na tundra. Na selva e na planicie. Clamou. Sarkozy clamou e deixou todo claro. Todo iso que o implúmbeo Rajoy -e antes o chamado socialista- nin quixeron nin queren aclararnos.

 E clamou e dixo: "A construción dunha Europa do consumo é un erro se xunto a ela non hai unha Europa da produción". Bravo. Eu preferiría deixalo en "a construción dunha Europa do consumo é un erro", pero algo é algo. Non hai máis Europa que preocupe e ocupe nestes momentos aos nosos/seus gobernantes. Se non vendiches bonos a futuros de España, por poñer un exemplo, agardando o seu total desplome para sacarlles a túa boa comisión é que non estás no mundo. Coleguita. Non estás.

Dá ese paso ao abismo e afórranos máis sufrimento. O teu sufrimento. Polo ben do teu País. Por salvar o euro. Por tranquilizar os mercados. Compra e morre. Que máis queres?

Rosalía pop

by Katangueiro et Pacotrón ad libitum




Hoxe é o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e ferven os medios galegos e a rede con cuestións relativas á súa obra e figura. Nós, pobres katanguistas, non queríamos nin podíamos ser menos. Pero ocorre a terrible desgraza de que un non che vos está capacitado para cousas destas. Máis por falta de ansiedade que de calidade. Cousas. Así que, unha vez máis, tiven de recorrer ao insoportablemente infame Pacotrón para que, con recurso de amparo, me/nos escribise algunha cousa del, ultimamente tan e tan enredado nas cousas que lle son propias ao Pacotrón.

Digamos que o tiparraco cumpriu e temos esta revisión pop da Rosalía feita, creo eu, con ganas de provocar. Isto é o que nos envía o paxarolo:

"Estimadas e inestimados katangueir@s:

É relativamente frecuente escoitar, á hora de abordar personalidades como a de Rosalía de Castro, que a estas alturas pouco ou nada queda por dicir dela e da súa obra. A min paréceme que si, que queda abondo. Ninguén discute, por exemplo, a súa universalidade, mais tamén é certo que as diferentes literaturas que a contemplan entenden de forma ben diferente a súa mesma obra. Explícome, no eido da literatura española é moi frecuente valorar "En las orillas del Sar" como a súa obra culmen, en tanto nos nosos lares, na casa, teimamos -e eu entre moit@s- en preferir "Follas Novas", e non só pola lingua na que está escrita. A capacidade que Rosalía exhibe para pasar do máis íntimo ao máis colectivo é absolutamente marabillosa. De tanta universalidade que alí se atopa poderíamos dicir que é toda unha artista pop, no mellor e máis amplo sentido da palabra que escollades. Pese a esta opinión que teño e manteño, decidinme hoxe por uns versos da súa poética en español, convenientemente traducidos ao galego, para unilos en comuñón quizais indecente, quizais provocativa, a unha serie de versos tamén escollidos e traducidos por min da autoría de Robert Smith. Que atrevida é a ignorancia, diredes. Pois si. Son un maldito e bastardo ignorante. O que si que vos garanto é novidade ao respecto. Unha novidade sobre Rosalía. Esa mesma que hoxe me atopei nunha selección de "poemas góticos" que fixo algunha web. Que atrevidos son os góticos.

Quédavos isto de min para vós. Que gostedes. Seguro -pero seguro- que ides dubidar.

ROSALÍA POP

...Non está  a miña casa deserta...
non está deserta a miña estancia...
que aínda que non estás ao meu lado
e aínda que a túa voz non me chama,
a túa sombra si, si...a túa sombra;
a túa sombra sempre me agarda.

Unha tumba pouco profunda,
un monumento á idade arruinada.
Xelo nos meus ollos
e os ollos ao igual que o xelo non se moven
berrando á lúa
outro tempo pasado.

Tal imaxino a sombra triste
da miña man, soa vagando
nas esferas onde existe
que ir á gloria se resiste
polos que quixo agardando.

Pero o mundo non é nin xusto nin inxusto,
é só nós, tentando sentir que hai algún sentido niso.
Non, o mundo non é nin xusto nin inxusto,
e aínda que é mozo,
tanto sen facer.
É unha traxedia para todos.

Cando lembro do ancho bosque
o mar dourado
de follas murchas que no outono
axita o vento con sopro brando,
tan fonda angustia nubra a miña alma,
turba o meu peito,
que me pregunto:
Por que tan perto
tan fiel memoria deume o ceo?

Non había un plan o calquera cousa segreda,
non hai rastro invisible ou a verdade contada en nada...
se non vivir nos demais, nos recordos e nos soños.

Ámote...por que me odias?
Ódiote...por que me amas?
Segredo é este o máis triste
e misterioso da alma.
Máis isto é verdade...verdade!
dura e atormentadora!
Ódiasme, porque te amo;
ámote, porque me odias.

O teu nome
como xelo no meu corazón.
Todo tan frío como a vida.
Ninguén pode salvarte?
Todo
tan frío como o silencio,
e nunca dirás unha palabra.
O teu nome
como xelo no meu corazón.

Coa eterna primavera da vida que se apaga
e a perenne frescura dos campos e das almas,
aínda que os uns se agostan e aínda que as outras se abrasan.
Astros e fontes e flores, non murmuredes dos meus soños,
sen eles, como admirarvos nin como vivir sen eles?

Non mires, non mires, suspiran as sombras,
murmurándome lonxe de ti.
Non espertes na noite para vela durmir.
Ti sabes que sempre vas durmir.

Debuxo no teu rostro os sorrisos das sombras
deslizándose lonxe de ti.
Non me importa como te escondas,
atoparémonos se iso desexamos.
E aínda a parte máis difícil para ti,
para poñer a túa confianza en min.
Ámote máis do que podo dicir.
Por que non o acabas de crer?

En todo estás e ti es todo,
para min e en min mesmo moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.








Dirti uiquen...

by Pacotrón

Non sei cantas palabras conforman o idioma inglés. Tampouco podo acertar a confirmar se son moitas, poucas, as xustas, as necesarias ou demasiadas. Dígovos que non sei cantas palabras conforman o idioma inglés.

 Non sei cantas palabras existen en idioma galego. Non sei se son moitas, poucas, suficientes, as xustas, as menos, as oportunas ou demasiadas. Insístovos que non sei, nin quero saber, cantas palabras existen en idoma galego.

 Dise do inglés, en comparación coas diferentes linguas románicas, que gasta ben poucas palabras para a súa expresión. Unha cuestión de puro practicismo protestante que nos leva a aquela promoción interesantísima que nos oferta falar un idioma aprendendo tan só (¿?) mil palabras. Teima ridícula de se tratar da lingua galega, xa que ese número é xa preciso só para insultar ou desprezar. Non digamos se ademais queremos amar. O que vén ocorrendo é que a riqueza dun idioma non a marca exactamente a cantidade de vocabulario que debes de aprender. O inglés, por tanto, parco en palabras, resulta extremadamente rico en canto a expresións lingüísticas. Do meu intenso contacto con aquela cultura saquei dúas delas que considero de interese comentar. Especialmente despois desta fin de semana pasada tan pouco rica nas palabras e tan extremadamente intensa en sentimentos que fan que o meu corazón salte máis alto aínda que ese rapaz da foto que abre este texto.

 Pois debedes saber que os ingleses teñen un nome para definir ese espazo en forma de punta de lanza invertida que se forma entre as pernas dalgunhas mulleres, á altura da parte superior dos muslos, aínda cando os dous membros están ben xuntos. Este espazo é moi visible desde a parte de atrás e, din os pérfidos british, podes ver a luz do sol atravesándoo. A este efecto chámanlle dayline [deilain, en pronuncia caseira]. A luz do día. Incrible. Pero non o busquedes que non vén no dicionario. E debedes saber que teñen unha expresión para definir unha fin de semana que un mozo ou moza pasa acompañado/a da súa parella nun hostal, piso, tenda de campaña, etc. Chámanlle dirty weekend [dirti uiquen] a iso e, din os malévolos british, ten que ver con follar. O malo é que, aplicado ao noso caso, hai quen confunde follar con foder. Insistentemente. E non é o mesmo, joder, non. É unha cuestión de seleccionar entre todas as opcións e escoller, sempre que se poida, o lado amoroso do asunto. Falta moito follar e sobra moito foder. Foder a marrana. De aí o dirti uiquen. Unha porca porca porca fin de semana dunha escuridade tal que apenas divisas esa luz atravesando a alguén por entre as pernas. E perdoade se ofendo...ou non.

 Así e todo, e por sorte para min, unha fin de semana completa non é nada, unha semaniña enteira iso si que é muiñada. Teño recordos dabondo para durmir entre soños. Teño imaxes gravadas para forrar un libro que falase de todo o que pasou e de todo o que pasará. Teño amizades ás que non lles debo nada que non sexa afectivo, nin eles ou elas a min. Teño gana e teño folgos. Teño tempo e teño forzas. Teño algo novo entre os dedos e certas cousas que enchen cabeza e corazón. Teño o que outros non teñen nin por asomo nin por carencias éticas. O pasado domingo, o bloody sunday, un pequeno ser humano ascendeu de porco a marrán. Era de tarde pero o sol aínda non se ocultara. Dentro do grande espazo semellaba xa noite pecha, tal era o efecto de contraste que os focos halóxenos producían na nosa visión. A luz non se filtraba, polo que penetraba directamente no meu cerebro, tan só oculta, en contadas ocasións, polas sombras recortadas de persoas, animais ou cousas. Tocoulle subir ao escenario a este home pequecho que vos digo. Andar firme e decidido, satisfacción nos recunchos dos seus beizos. Suficiencia na mirada e certa xuventude na apariencia. Achegouse ao lugar reservado para as intervencións. Levantou a vista paseniñamente e respirou. Toumouse uns segundos de silencio, tal vez decidindo se ser persoa ou ser miserento. Escolleu isto último. Por convicción ideolóxica, eu creo. Arrancou, así de fácil, aplausos maioritarios no mercado de gando. Os únicos aplausos que hai no muindo para el. Fóra daquel matrix insensato este pequecho non existe. Non importa. Non interesa.

Rematou erguendo encantado o seu puño, formando así un inespertado dayline por entre a sú axila dereita. Nunca remata un día sen aprender cousas novas. Como cando te emocionas cos aplausos que un grupo de mozas e mozos adican a un vello a quen non lle deben nada máis que sentimentos e logo, como quen non quere a cousa, escoitas os aplausos debidos a quen preferiu pasar miserablemente á historia. Un xusto pago. Eis a diferenza entre follar e foder.

O Ex-Concello da Coruña: informe de (in)xestión

by Pacotrón


"Se nada tes, nada agardes" 
(dito katangueiro)

Se había algunhas dúbidas sobre a desaparición de facto, in pectore, ad hoc, tu quoque... daquilo que se deu en chamar durante décadas Concello da Coruña -unha sorte de administración local encargada da xestión, deseño e programación económica, política e social do término municipal da Coruña- seguro que a tal hora e a tal día, 9 de xaneiro do apocalíptico e sen embargo lustroso e modernete 2012 que nos acompaña, estas disipáronse, esvaecéronse, diluíronse ou, simplemente, marcharon embora. A nosa atlántica cidade quedou desde hai pouco máis de seis meses en mans dunha xestora que sustitúe con máximos de indignidade ao antano denominado Concello da Coruña e hoxe, sen xorna algunha, Ex-Concello da Coruña. Así, sen máis.

Probas desta tristísima situación tiñamos moitas. Había que estar cego para non velas. Para comezar, no Palacio de María Pita non se recibe. Podes pedir citas e citas e citas, dá igual se é coa Ex-Alcaldía ou con algunhas das Ex-Concellerías delegadas antes existentes. Simplemente non se recibe. Tampouco pensedes que se estea a montar algarada algunha por isto. En tempos, un retardo dunha ou dúas semanas en ser recibido/a provocaba airadísimas reaccións en prensa de asociacións e/ou afectados. Hoxe non hai nada disto porque non hai goberno municipal ao que reclamar. Acudir, por outra parte, á Xunta Xestora do Término Municipal da Coruña para que solucione algo é como esixirlle á Academia de Cine de Hollywood que premie cun Óscar a Chiquito de la Calzada por toda unha carreira.

Noutra orde de misterios, o botellón e a drogadicción, antes instalados alí onde había unha asociación "veciñal" da órbita elipticoidal do PP, despareceron das nosas prioridades, cinguíndose unicamente a apenas un centenar de mozos e mozas que campan polos Xardíns de Méndez Núñez. Outro exemplo exemplarizante, e permitídeme o xogo de palabros: desde outubro de 2011 non se convocan protestas da Plataforma Ventorrillo Desmantelamento Penamoa (e en contra do uso de preposicións). Desde as eleccións Xerais do 20 de novembro xa non hai motivo. Desapareceron o tráfico e o consumo de estupefacientes como por arte de birlibirloque...e non me refiro ao barrio. Tampouco se ve motivo para acudir co teatrillo habitual ás portas de María Pita nin por drogas, nin por comercios nin por problemiñas sindicais nin por falta de buses nin por nada de nada de nada. A trincheira mediática respira, e de que forma, máis tranquila que unha katanguista nonaxenaria con cinco tranquimazíns enriba. Todo vai de pinga grazas á Xunta Xestora do Término Municipal da Coruña presidida por Don Carlos o Benefactor.

O emprego, mellor dito, o desemprego. Outra mostra do bo non-facer do Ex-Concello da Coruña. Nos seis meses que leva esta Xestora en funcionamento conseguiuse o nunca visto na "cidade das marabillas": aumentou o paro un 11%, nin máis nin menos. E contra os malfadados progres, esquerdosos e sospeitosos de nacionalismo e desafección patriótica española, o Ex-Concelleiro para todo, señor Flores, aclara as medidas máis importantes de loita contra o desemprego postas en marcha por esta a súa Xestora:

"Flores ha destacado el «importante esfuerzo» que ha realizado el actual Gobierno municipal para congelar los impuestos en este año"(Voz Galaico-Regional).

Cambiouse aquilo de Coruña Emprega por Coruña Desemprega. A próxima visita do Ex-Alcalde e actualísimo Presidente da Xunta Xestora do Término Municipal da Coruña á Cociña Económica (ou Ex-Cociña Económica, que vaias ti a saber...) vaise atopar contigo, conmigo, con el, con ela...con tod@s!
Podemos estar contentos. Son de tal calibre e dramtismo as cifras do paro na Coruña que case case case logran facernos esquecer as terribles cifras do desemprego en Galicia toda.

Medidas de alcance, sen dúbida algunha, combinadas coa subida de billete de autobús. Esta última resulta unha medida extrema de xustiza redistributiva. Quita aos pobres mozos/as, empregados/as, desempregados /ase xubilados/as para conxelar as taxas das licencias urbanísticas, por exemplo. É unha idea-proposta. Tamén se pode pagar fraccionado o IBI (Imposto de Bens Inmobles). Se tes unha propiedade en pleno centro de, poñamos, douscentos metros cadrados con vistas á bahía, aparte de tres ou catro pisos postos a especular polos barrios periféricos da cidade PODES PAGAR FRACCIONADAMENTE os teus impostos. É outra idea-proposta, pero seguro que non é verídica. Ademais, sempre podes venderlle a unha pobre viúva propietaria dunha vivenda de corenta metros cadrados do Grupo Franco, por exemplo, que pode pagar fraccionado tamén o seu IBI. Tod@s iguais, tod@s libres.

A mobilidade, outro exemplo de liberdade. Din que nomearon a alguén para ser Ex-Concelleira de Mobilidade do Término Municipal da Coruña, pero nunca a vin. Xúroo. De feito, os anuncios vencellados a transporte público, por exemplo, corren a cargo do Ex-Concelleiro de Tráfico. Claro que si...para que enredar?. Un exemplo: a supresión do carril-bus, ou mellor dito, a súa sustitución por un novo sistema de paso preferente para buses urbanos. Unha tomadura de pelo anunciada e promocionada a bombo y platillo polo Ex-Concelleiro de Tráfico, quen se esqueceu de medir o ancho dos buses da Compañía e deseñou un carril máis estreito que provoca que os vehículos de transporte público coruño ocupen parte importante do carril antes destinado unicamente a vehículos particulares. Volve a circulación en "fila india" polas principais arterias comerciais da cidade. Albricias. Fálase tamén de suprimir bolardos para facilitar o aparcamento en "liña descendente", isto é, enriba das beirarrúas. Para axilizar as xestións dos cidadáns. Albricias again. Isto de suprimir o carril-bus xa vén de sempre na Coruña. É unha tradición arraigada entre a dereita arraigada da cidade. Antes Vázquez, agora Negreira. Que máis ten? Queda inaugurada a Ex-Concellería de Inmobilidade.

Educación -esa tontada- non aparece máis que para dar disgustos. Recórtanse programas emblemáticos da "casa" como o Luditarde inmisericordemente ou liquídanse actividades extraescolares ou páganse literalmente miserias aos educadores/as que as imparten. Contrasta isto co tradicional afán deste tipo de "xestores" por colocar a fillos, amigos, familia e afíns varios de inutilidade manifesta en postos de traballo inmerecidos e, por suposto, suprabenpagados:

Recorte de 183.000 euros para o programa Luditarde

A Cultura, un importante motor económico da cidade, xa non existe. Tampouco parece existir persoa xestora do asunto. Hai algo programado? Hai algún criterio lóxico, aínda que sexa desde a lóxica da dereita? Hai alguén aí? Pasou o outono, chegou o inverno, e non acabo eu de ver nada. O Rosalía segue anunciando os ciclos de 2011 e para o Ágora anúnciase cousa boa e moderna para toda a Agra do Orzán. 40.000 habitantes do noso Señor e seguimos sen unidade técnica de Servizos Sociais no barrio. Non fai falta. Para iso están os bares! Ponme outra!

Logo hai unha cousa que se chama inercia, palabra estraña e suxerente que deriva de inerte. As instalacións deportivas, os Centros Cívicos ou as bibliotecas continúan aí, como cando espertou o dinosaurio. Deporte faise, supoño, e algunha actividade se organiza, como sempre. Tamén os Canguros Municipais deben estar activos, aínda que non se fale xa da súa existencia. Os Locais de Ensaio sei que si. Non sei máis que non teña que ver coa inercia ou coa condensación. CONDENSACIÓN. Gran película. Calquera día nos poñen a xestores inmobiliarios a dirixir todas estas instalacións, como fixeron co recinto feiral Expocoruña, e santas pascuas.

En fin, ata aquí o informe superficial que adicamos ao incansable labor realizado pola Xunta Xestora do Término Municipal da Coruña. Un labor nunca ben ponderado que implica sacrificios sen conto, acción a raudais, realismo a toda cor, escenas lúdicas en HD con 3D e a toda a hostia de sorround, escenarios de luxo, secundarios ben dramatizados e un descenso histórico de ventas en todo o comercio do centro coruñés, ese que repirou aliviado cando retiraron o carril bus, ese que suspirta polo fin dos bolardos e que tanto celebrou o acceso ao poder dos nosos actuais e eficacísimos xestores. Que lles sexa de proveito a tod@s. A outra cousa, volvoreta.

(Vivaaaa vivaaa  viiiivaaaa.....plas plas plas plas plas)

DON CARLOS: ¿Y me dice usté, querido vecino de Katanga, que yo vengo siendo Alcalde o algo de esta ciudad? A ver...déjeme pensar un poco....mmmmmmm....es que creo que me acordaría de algo así, ¿no?

O BNG, Tolkien e a Terra Media: xogo de comparanzas...

by Katangueiro, xogando...

É quizais "O Señor dos aneis" a obra literaria máis importante da segunda metade do século XX. Se empregásemos unha linguaxe deportivo-futboleira diríamos, como no caso do fóra de xogo, que aquí conflúen posición e influencia. Isto é, e volvendo ao literario, é unha obra impresionante na súe escrita, no texto, no pretexto e na intertextualidade, así como é importantísima na mesma medida a enorme influencia que tivo e que xerou toda unha serie de imitacións e analoxías máis ou menos acertadas. É unha das poucas obras que comecei a ler de novo unha vez cheguei ao seu final. Outra é "Fundación e Terra" de Asimov.

Se collemos a triloxía de Tolkien por riba veremos máis dunha concordancia coa historia-histeria que vive a máis importante organización política propiamente galega, o BNG, nestes últimos anos. A súa deriva, para os que nunca dubidamos á hora de sumar esforzos, capacidades e cariño ao proxecto de transformación social e nacional que conlevaba, lémbranos aquelas palabras de Theoden, Rei de Roham, cando se pregunta antes do ataque de Saruman ao abismo de Helm: "Como puidemos chegar a isto?". Quen é, no BNG, ese Theoden? Imos xogar, se queredes.

Din os críticos que en "O Señor dos aneis" o autor retrata, entre liñas interpretativas, a loita entre a vida "natural", case primixenia, en permanente contacto e comuñón coa natureza (hobbits) -unha especie de Inglaterra idealizada- contra o novo mundo da destrución tecnolóxica, do culto ao líder, da disciplina bañada en sangue e do capitalismo agresivo e rampante, representado na obra por Mordor e na realidade pola Alemaña de Hitler, o Señor Escuro. Os seres humanos, a medio camiño entre unha opción e outra, son os trunfantes da historia do anel. Os novos donos do mundo, que DEBEN estar ben dirixidos. Hai certo fascismo de baixa intensidade en todo isto. Algo así como Baroja, que defendía unha ditadura de intelectuais. Unha "boa" ditadura. Digamos que se os humanos somos dirixidos por xente como Aragorn todo irá ben. Se nos dirixe un Senescal como Denethor II, imos de cú. Quen son, no BNG, Aragorn e Denethor II??? Seguimos xogando, se queredes.

Dentro deste universo inclúense os Elfos, señores que teñen cabalgado moito, máis e mellor pola Terra Media (Unidade Galega e PNG, por exemplo?) e dos que poucos xa quedan, aínda que valerosos e fieis, ou os Ananos, os que viven nas covachas, afastados voluntariamente do que acontece o seu redor, e son un tanto particulares e pouquísimo socializados (@s afastad@s/excluíd@s pola aba esquerdo-soberanista?). Por último está Gandalf, primeiro "O Gris" e logo "O Branco". É tan impactante o paralelismo que estou seguro de que xa sabedes que é Gandalf no BNG, non si? Se sabedes quen é Gandalf, supoño que xa imaxinades quen é Aragorn. Frodo podería ser eu. Tamén ti, que conste.

Non se me escandalicen, por favor, pero quen detenta o poder, que tecnocratiza esta organización nacida "natural", quen somete, quen constrúe para destruír é, en boa medida, quen manda agora no BNG. Dáme o mesmo Sauron ou Saruman. Danme o mesmo orcos que Uruk-Hai. Non hai máis proxecto para a Terra Media que o seu control absoluto, quede despois esta no estado calamitoso que quede. Todos temos certa pena do pobre Gollum, en permanente camiño de autodestrución por obter unha bagatela, un anel. Pobre, si. Pero no caso de Mordor, conquistar para destruílo todo resulta abafantemente miserable. Négome, como Hobbit, a soportalo, a contempalo desde a barreira. Négome porque digo que non. Son, efectivamente, dos do NON. A moita honra, se dicimos non a certas cousas.

Para facerlle fronte a Mordor temos a uns humanos divididos. Por unha banda, un Rei de Roham que non é para nada mala persoa, en absoluto, queridísimo de sempre polos seus "súbditos", pero que vive desde hai tempo manipulado por Grima "Lingua de Serpe" (poder-Xunta?), que realmente está ao servizo de Saruman. Para cando consegue liberarse do embruxo, xa é tarde de máis para el. A súa morte en batalla estaba máis cantado que o patético final reservado a Gollum -este Gollum fora un Hobbit, en tempos, pero autodexenerouse el só obsesionado co seu "tesouro". Aparece ás veces para pedir cabezas e depuracións  eito. Uf. Saquen conclusións vostedes (Theoden-Quintana???). Curiosamente, para enredar máis esta analoxía, o seu mellor legado é unha muller moza -a súa filla, na obra-. O emparellamento que lle propón Tolkien a esta muller (Eadwyn-Táboas?) para salvar mundo e humanidade é con Aragorn. Manda truco, ou como diríamos por aquí, manda carallo na Habana.

 Por outra banda está o Senescal de Gondor (Aymerich?), obsesionado con ser recoñecido como o primeiro entre os humanos, o inicio dunha nova "xenealoxía" que os una, dirixa e leve ao trunfo. Un líder? Un iluminado? Non sei. No BNG hai quen se presenta así pero, como no caso do Senescal, non parece espertar demasiadas adhesións á visión do proxecto que representa. Para moitos humanos non está nada claro que caer nas mans de Denethor II sexa moito mellor que caer nas propias mans de Mordor. Uf outra vez. Xa me aturullan os inusitados paralelismos. E non mo riades, que o conto é triste.

O Hobbits (irmandiños?) son o cemento da "Comunidade do anel", desa comunidade de, por e para tod@s. Acreditan, e de que forma, nunha volta ao esencial, ao primixenio, ao primeiro dos sentimentos, o que nos fixo fortes, ecuánimes, grandes, temibles para os que procuran so a destrución, estean onde estean. Podes facer burla do seu tamaño, pequerrecho en comparanza cos seus pés e orellas, pero o tempo, inaelable, implacable, vailles dando se non toda a razón, si moita dela. Tiveron que enfrontarse a dúas "Torres" en 2009 e non sairon moi ben parados, pero saíron. A súa é a defensa do proxecto común, do respecto ás outras visións, o que inclúe necesariamente o respecto por un mesmo e pola Comunidade no seu conxunto. Está meridianamente claro. Quizais o seu mundo, a súa cosmovisión, está hoxe en retroceso aparente, pero loitarán ata o fin das súas forzas pola súa/nosa pervivencia, contra a tiranía e polo "Retorno do Rei", ou o que é o mesmo, o proxecto polo que dá a vida Gandalf, se é preciso. Por iso digo que Frodo podo ser eu, claro, pero podes ser ti. Pode ser calquera.

Por último, lembraredes que as forzas de Mordor contaban con humanos "traidores" ao seu servizo en forma de mercenarios e que eran chamados, pola súa orixe xeográfica, os Orientais. Mercenarios, Orientais ou Liberados...que máis ten...

Sabes xa agora que é Aragorn, que non é Hobbit pero é tido como un máis?
Sabes xa quen son Sauron e Saruman?
E Gollum?
E Gandalf?

VALE, PERO NON ESQUEZADES QUE É UN XOGO E QUE NON DEIXAN DE SER PREGUNTAS


Sen novidade na fronte (noroeste)

by Katangueiro

Moito me quedou marcada a lume e ferro aquela historieta-imaxe absolutamente bizantina onde unhas persoas, supostamente sabias, resabias e respectabilísimas, andaban a discutir sobre o sexo dos anxos -que total, tanto ten que o teñan ou non, que eu non mos penso follar- mentres os turcos, os otomanos, os espabilados infieis, petaban nas portas e, posteriormente, daban liquidado a aventura do Imperio Romano de Oriente, mil anos despois - como se dun trunfal Reich se tratase- da caída do corrompido Imperio de Occidente.

 A bizantina esquerda progresista (ou o que sexa que for) desta cristalina Galicia -que habitamos pesadamente- discute a eito sobre o sexo dos anxos, en tanto a dereita cavernaria e iletrada cabalga tan rampante. Iletrada porque pensa só en números, porque coloca a raposos fracasados que quebraron bancos, confianzas e malgastaron os aforrrados esforzos dos demais, á fronte da economía total, porque coloca a meritorios sen capacidade coñecida máis que a de servir cafeses a ricos mandamais en postos de altura na administración do Estado. Porque coloca a un tipo do Círculo de Empresarios a dirixir o Instituto Nacional de Estatística, un dereito constitucional en mans privatizadoras. Os nosos datos en mans privadas. As nosas vidas e facendas en mans privadas. O noso futuro privatizado...e a peñita que nin se dá enteirado. Tanto ten. Tanto me ten.

 Din que todo se pega, e debe de ser certo. A imaxe lamentable que está a dar o PSdG-PSOE lembra sen esforzo á imaxe que vén dando a aba nacionalista do "pacto de progreso" que foi quen de derrotar a Fraga no seu día e poñer ao PP de Galicia contra as cordas municipais no 2007. Se pensan, tanto uns coma outros, que se trata de cambiar de cara, de rostro, de cartel eleitoral, van listos. Por poñer caretos, que poñan calquera, que as hostias van vir do mesmo lado. A dereita vai dar desmontado o Estado de Benestar, ou o que había, e precisamente quen máis sofre esa condea é quen máis os vai apoiar. Hahahahahahahaha. "A culpa é da xente, que non sabe nin o que vota", teño escoitado moitas veces. "tTemos o País que nos merecemos", escoitei outras veces. Triple hahahahahahahahahahahahahahaha. Claro, por iso todos os políticos seica son iguais pero sempre -ou case sempre- van e gañan os mesmos iguais. Se é que non nos enteiramos. Se é que andamos a argallar asembleas nacionais, uns, ou consellos federais, outr@s, ou eu que sei que parvadas inútiles en tanto se derruban as portas, se traspasan os límites marcados e nos rouban o que é noso. Non sei vós, pero eu teño ghana de gherra e penso dala. SÓ OU EN COMPAÑA DOUTR@S.

 Ao que haberá que adicar o tempo que nos quede é a construír -e non o digo eu, que o di o amigo Pacotrón (ese que nos observa desde ollos que semellan covas de desatinos)- un referente político transformador, que sexa útil para todas as persoas -moitas moitas moitas- que se resisten a vivir nun presente e futuro domeñado polos "mercados", polo De Guindos e todos os que naceron no Palco do Bernabeu co carné do Real Madrid na man e a gomina en forma de "cara al sol". Ese referente pode ser que xa exista, non digo que non, e haxa que reforzalo en todas as súas paredes e piares fulcrais. Tamén pode ser que non exista, que non exista como marca eleitoral e que haxa que presentalaa xa, haxa que dar cera a eito e a cotío. A todos e todas. Que xa está ben. Xa está ben de tanto careto, de tanta pompa e de tan poucaa sensibilidade política. Colle a historia polos fuciños, por non mentar partes máis xenéticamente importantes, e protagonízaa.

 Onte vin de novo "Veludo Azul". A Laura Dern, chorando pola infidelidade sexual do seu namorado, pregúntase "onde está o meu soño dourado?". Non está, nena. Hai que soñalo aínda.

Abur!!!

O pirata, o ladrón, a súa muller e a miña amante


Son realmente tan maior, vou tan maduro e resulto tan anacrónico que xa penso, como o facía o meu avó cando cumpriu os oitenta anos, que estamos ao borde do abismo e só nos falta dar ese paso adiante? Éche pregunta retórica.

Vivo anclado nun mundo que enche sacos de desgana, malas prácticas e desautorizacións a eito. Un mundo onde caben/cabemos todos, e non pensedes que se libra nin dios. Iso é bo, a democratización dos despropósitos que nos trouxo esta, e non outra, crise.

1. Moito nos cansamos de repetir que a SGAE, e os seus truculentos defensores, erraban nas súas prácticas e se enchían os peitos de cartos en nome duns artistas que, na súa inmensa maioría, vivían as transformacións sociais e comunicativas alleos á recadación que o fascismo imperante lle permitiu a unha entidade privada nun Estado democrático. Despois de todo, alguén vai pagar algo daquilo. Polo menos o Bautista, pero o mundo da música e do entretemento en xeral está cambiado e non se ve que alguén aprenda das leccións e estableza novos cauces de uso e transmisión das obras artísticas. Ver a Ramoncín, que non fai nada a dereitas desde os oitenta, ou a Bisbal, tipo forrado e irritante onde os haxa, reclamando democracia e respecto prodúceme vómitos. O Antón Reixa preséntase para presidir esa sociedade, e fala de rexeneración e de non perseguir ás perruquerías. O outro contrincante fala de renovación. Cambialo todo para que nada cambie. Non vou por ningún, porque daí non vai saír nunca nada bo.

2. Non gostamos das xeneralizacións que se adoitan producir coa clase política en canto aparece algún concelleiro ou concelleira que meteu a man nos cartos, cobrou indebidamante, enriqueceuse coa práctica política ou, simplemente, pagou favores que enriquecían a outros. Hai polític@s e polític@s. E hai unha (suposta) democracia onde a ninguén lle poñen literalmente unha pipa na cabeza para obrigarlle, no nome dos seus filliños, a votar a este ou estoutra corrupto/a. Cadaquen saberá o que vota e por que. Digo isto porque a conta do máis que probable enxuizamento dun membro da familia real, Undargarín, estamos asistindo a unha sorte de vendaval mediático de presión, onde non se libran nin os medios máis monárquicos, para controlar as vías de ingreso desta xente. Tamén falan de facer público o patrimonio real a fins de ano. Impresionante. Todo o que a lóxica e a democracia ben entendida non conseguiu en trinta e tres anos vai e o consegue un consorte e as súas prácticas "non exemplares".

3. Este despropósito de ambición, deslealdade e asalto a fondos públicos pagarao quen o vai pagar, xa o veredes, porque hai a quen protexer moitísimo máis por riba del. Aquí hai nenos e nenas que van quedar sen actividades exxtraescolares municipais por aforrar uns poucos miles de euros e había quen cobraba millón e pico de euros en facturas duplicadas de servizos incribles, non realizados en ocasións ou de escaso valor. Poñemos en solfa o sistema de partidos por uns corruptos, así que a ver se poñemos en cuestión agora á monarquía. Na miña perruquería, o outro día, para unha clienta isto non era así. Aínda hai castes.

4. Para rematar. Amo á prima de risco. Tenme mollado o corazón. Rozado, desgastado, abusado e triste corazón. Amo cando sube, amo cando baixa. Amo que me controle e nos controle. Amo que dispoña das nosas vidas sen compaixón. Amo tocala, sentila. Amo os seus beizos cando me queren en forma de miniemprego. Amo as súas contas, que non son as miñas, e mesmo amo cando me despreza. Ámoa cando me mira así, altiva, esimismada e arrogante. Como a amo entón.

KATANGUEIRO: Uf...305 nada máis??? Sube, sube, siiiii, aaaaaaahhhhhhhh, dame duro, nenaaaaaa!!

Bágoas


Bágoas da Ministra italiana do Traballo anunciando onte os recortes de pensións, o aumento da necesidade de anos a cotizar e a quebra, penso, que evidente do que en Europa, e neste caso Italia, se deu en chamar Estado do Benestar. Bágoas porque, estou certo, ela ben sabe que nin con estes sacrificios rematará a traxedia. Quizais estamos xa condenados, non sei. Eu polo de agora prefiro pensar que hai quen sufre con/por isto. Un pouco por compensar, seica tamén van perseguir máis duramente o fraude fiscal (non era xa o que estaban facendo? Mmmmmmm...Non é tamén o que se fai tamén en España? Máis mmmmmmmmmmm...) e aumentarán os tipos impositivos ás maiores fortunas. Si, como en Suecia. Vamos.

Bágoas no noso barrio de Katanga, porque isto que cae do ceo non é choiva, non, que son bágoas polo fin das festas parroquiais. Outra cousa non sería unha explicación. A nosa querida parroquia, de tradicional virada de costas á realidade do barrio no que está situada, quixo un ano máis botar un pulso á racionalidade e celebrar nestes días pasados, sábado e domingo, unha nova edición das festas en honra de San Francisco Xabier. Que pensará este home de todo isto?

De resultas, comezando decembro, cun tempo que non acompaña nin convida a acudir a cousas deste calado moral, cunha crise global que asusta e que xa toca cuestións tan básicas como as pensións, a universalidade (suposta) da sanidade ou as prestacións, non se lles ocorre outra cousa mellor a estes meapilas -porque meapilas é o que son todos estes e todas estas da nosa querida parroquia- que dispoñer de dous días de verbena a dolor. Orquestras con chavalas mozas en mínimos trapos incluídas. Corte de rúa pactado cos munícipes, gran carpa para cubrirse das inclemencias e un monte de cartos tirados ao lixo un ano máis. Que de onde saen estes cartos? Fácil. Polo menos ata este ano, unha parte o pon a parroquia, das esmolas dos cristáns que acuden os domingos. Outra parte o Concello da Coruña. en forma de múltiples apoios que restan gasto, e a última parte os comercios e bares da zona. Tendo en conta de que os establecementos en funcionamento no barrio caeron á metade desde 2006, e tendo en conta o pouco que recoñecían os responsables recadar por esta vía, témome que unha vez máis este capricho pagouse con cartos públicos e cartos do "público" que acude ás sucesivas misas. Hai familias no barrio con todos os membros no paro, pero eu non coñezo o labor social que desenvolve esta parroquia. Quitando as festas, claro clarito.

E bágoas, estas provocadas pola comedia humana que nos sorprende cada día. Anuncian a bombo e platillo que se pechan os blogs dos Rosales e Ventorrillo (ver a nosa triste e emocionada nova) e vai e resulta que non era certo. NIN NUN BLOG VECIÑAL PODES CONFIAR XA. No caso do Blog de los Rosales semella que o leva outra persoa de perfil ben diferente, pero de blog pechado...nasti de plasti. O caso do blog do Ventorrillo (do Ventirrollo par os colegas) non é o mesmo. Resulta que volve en todo o seu esplendor. Agora van a polos delincuentes que hai na Ronda de Outeiro, despois de tontear cos de Penamoa e Conchiñas. Vese que nisto da delincuencia convén ir a cachos. Polo menos a algúns lles cunde mellor así. Pois nada, nada, a Rajoy, Feijoo e Negreira, que son os das (in)competencias!!!!!


SAN FRANCISCO XABIER: perdoa, Katangueiro, pero eu son o primeiro ao que lle jode tanta fe disfrazada de verbena e tan pouca obra... 
KATANGUEIRO: levanta, hostia, levanta....

Sabemos de ti...

by Katangueiro

Hai ben de tempo que este noso/voso querido blog katanguista sumouse de motu proprio á rede irmandiña de blogs atrvés da denominada rolda de rebeldía e a instancias dun dos nosos principais colabordores. no seu caso trátase dun compromiso persoal. No meu caso, dunha promesa. En todo caso, valla a redundancia, nós nunca pedimos nin pediremos o voto para ninguén. Non é a nosa función. Si meditar e tentar abrir debates sobre o modelo social para a nosa sociedade. Dáme igual se é para un barrio, unha vila, unha cidade, un país ou o mundo. A nosa soberanía está en perigo. Tanto ten nestas alturas se amas Galicia, España, Europa ou es desas persoas que fan patria de cada lugar onde se encontran. Non temos soberanía porque xa non somos donos do noso destino. Ou si?

En fin, que lle saquedes proveito a isto que vos deixo, unha campaña do Encontro Irmandiño para estender o seu coñecemento e propociar achegas con todo@s @s que estamos/estades fartos. Pero se non vos sirve de moito, tampouco pasa nada...ok?


Nada (de nada)

by Katangueiro

Nada.

Estás sentado na casa. Estás tumbada no sofá. Estás currelando na oficina ou no taller. Estás comprando algunhas cousas no super. Estás facendo sexo. Estás tomando un viño. Estás conducindo sen rumbo. Estás recollendo o teu fillo no cole. Estás facendo a cola do paro. Estás borracho. Estás colocada. Estás rezando para que as cousas non vaian a peor. Estás agadando a que alguén diga ou faga algo. Estás manifestándote. Estás deprimido. Estás alterada. Estás calculando canto tempo podes aturar así. Estás mirando escaparates. Estás facéndote maior. Estás poñéndote guapote. Estás hoxe tan linda. Estás aprendendo idiomas. Estás limpando peixe. Estás facendo a cama. Estás metendo a tarxeta no caixeiro. Estás na colaa do paro. Estás currando como un cabrón. Estás rota. Estás cruzando a rúa. Estás tarareando unha canción. Estás chorando. Estás protestando. Estás a punto de rebentar. Estás rindo. Estás lendo as mentiras dos xornais. Estás soñando esperta. Estás espido ante o espello. Estás contenta porque por fn chove. Estás comendo un cocido. Estás facendo bici estática. Estás visitando un museu. Estás mollado. Estás quieta. Estás inquieta. Estás durmindo. Estás correndo de novo. Estou escribindo neste blog. Estás léndome.

 Ti, eu, nós...estamos facendo algo neste momento. Estamos ofertando ao mundo, ás persoas que nos arrodean, as nosas emocións, os nosos traballos e mesmo os nosos sacrificios ou ledicias. Estamos ofertando unha forma de vida. Vida. Entretanto...os mercados, os medios de comunicación, os políticos (moitos e moitas, pero non todos e todas), os banqueiros, os exconselleiros das "Caixas galegas", os comentaristas asalariados, os empresarios enriquecidos, os donos da enerxía, os responsables da xestión pública local, autonómica e estatal, os do Ibex 35...que ofertan????

  "La nada se quedó y ahora yo me peleo por volverlos a encontrar, los momentos buenos" (Los Piratas)



MARIANO: Lo importante ex crear, inxenxatos...Queréis un aguita????

Auxe e caída dos blogs veciñais coruñeses...

by Katangueiro 

 Andaba este pobre parrulo polidependente máis que preocupado pola evidente falta de actividade deste noso blog non-veciñal cando vai e resulta que, segundo a prensa informada e sesuda local, algúns dos blogs máis significados nestes últimos cinco-catro anos pechan a súa actividade. Eu andaba co Pacotrón, que había xa tempo que non coincidíamos, e quedei pampo coa nova, pois resulta que, precisamente, son os blogs dos Rosales e Ventorrillo os que protagonizan a primicia.

 Vale, nunca nos gustou moito o xeito de informar do blog dos Rosales, pero xa temos recoñecido que esta xente foi a pioneira na cidade no uso desta arma comunicativa barrial tan eficaz. Sempre os admiramos por iso. Isto é o que colgaron na súa despedida:

  "Cinco años de noticias, comentarios y experiencias compartidas nos han llevado hasta aquí. Un 16 de septiembre de 2006 comenzamos este espacio que hoy llega al final de su primera temporada. La motivación que nos ha alimentado durante estos años se ha ido apagando y de ahí que hayamos decidido poner el punto y aparte. Por supuesto, queremos agradecer a todos los comentaristas, colaboradores, lectores y amigos sus muestras de cariño, estando ahí durante todos estos años y también a nuestras familias, por su santa paciencia y comprensión. No es un adiós, sino un cambio de aires de sus administradores. Nos gustaría que alguien retomase esta labor y por eso, estamos abiertos a cualquier proposición. Nuestra sección de contactos seguirá activa. Mientras tanto, dejamos nuestra particular carta de ajuste, alimentando el blog con una de las muchas fuentes de información que hemos manejado todo este tiempo. Veréis artículos extraídos de múltiples fuentes que se publicarán automáticamente. Esto puede provocar la aparición de algún artículo off-topic, pero eso no debería extrañar a los lectores más antiguos. Un fuerte abrazo; nos vemos en el barrio. Carlos y Cristóbal".

O do blog do Ventorrilo xa foi outro cantar. Un comezo ilusionante, entanto mandaba o alcalde meapilas, e toda unha trincheira informativa en canto chegou ao goberno municipal o bipartito PSOE-BNG. Agora que están os que están semella que xa non che vos hai moita motivación. Normal. Na súa descarga debemos dicir que as redes están a cambiar. Imponse a comunicación 2.0 e os blogs, sendo útiles para isto, sempre adoeceron de certa manipulación por parte dos seus administradores, especialmente no tema dos comentarios, onde chegas a dubidar se non hai alguén con catro, cinco ou dez nomes diferentes comentando unhas cousas e outras. O Pacotrón, que para iso é un adiantado, leva varios meses cun proxecto moitísimo máis aberto e positivista. Logo vos conto. Isto é o que nos di o Ventorrillo na súa despedida:

"Se acabó la ilusión. Aquella que todos los días al levantarme me animaba a colgar un post sobre el barrio. ¿Motivos? Buf, no hay ninguno en particular y sí muchos otros también.No sé cómo explicarme, pero lo intentaré en un par de líneas. Comencé a escribir un diciembre del año 2007. Curiosamente ya conocía a Xotengo, administrador del Blog de Los Rosales, con el que coincidía junto a los niños en el parque del Paseo de Los Puentes y le dije que iba a intentar hacer un blog sobre el barrio. Me dió muchos ánimos, pero me recordó que daba mucho trabajo su mantenimiento, al menos si quería que fuese tenido en cuenta por los lectores (...) Todos los que habéis leído el blog, sabréis que estado trabajando codo con codo con la Plataforma Ventorrillo Desmantelamento de Penamoa, siendo ésto último el principal tema de denuncia en la bitácora.Y la gota que ha colmado el vaso, es que el próximo 24 de Octubre tendré que asistir a un juicio como TESTIGO de un robo con intimidación, en el que tanto denunciante como denunciados son asiduos de la Plaza de las Conchiñas, y ya sabéis a qué me refiero. Eso sí, me indican que de no asistir podría ser multado con hasta 5000€ de multa. Si tengo miedo(claro que lo tengo), tengo que pedir mi asistencia como TESTIGO PROTEGIDO. Esto ya es el colmo. ¿Qué gano con todo ésto? ¿Merece la pena el tiempo dedicado a la bitácora? La vida y la familia son mucho más importantes. Ya le había dicho a Virtu, otra de las administradoras del blog, que era mejor que lo dejara. Que tanta historia con Penamoa y demás no podía ser bueno. Y así lo hizo, de lo que me alegro un montón. No hay nada mejor que pasar desapercibido, sobre todo cuando pisas terrenos muy enfangados".

Esta é a situación dos outros blogs que puidemos constatar:

Blog dos Mallos: activo, agora de vacacións ata fin de mes. Sempre se colle un tempiño de descanso e fai ben. Logo volve con máis forza.

Blog do Castrillón: absolutamente activo. Ben.

Blog do Ensanche: deixou a súa actividade por 2009...seica os cambios na Xunta....

Blog de Monelos y Barrio das Flores: actividade moi municipalista.

Blog del Agra: continúa a súa actividade

Blog de Pedralonga: sacaron dous blogs, Pedralonga existe e Pedralonga fala. Parados, paradísimos...

Blog de Novomesoiro: continúa a súa actividade, iso si, menor que en tempos pasados. Ver este blog e lembrarnos de Iván é todo un. Estreméceme.

Blog de Matogrande: actividade de mínimos, pero continúa habendo vida. Van por libre.

Blog de Labañou Un gato en la ventana: surrealista. A súa dirección url lévanos a un blog en inglés que fala de papeos saudables e que ten moita publicidade. Semella que lles chulearon o dominio ou algo...

En fin, aquí tedes un listado cos blogs veciñais coruñeses ordenados por votos de non sei quen. Nós figuramos aí.

O que semella que está a pasar, fóra de excepcións xa comentadas, é que o ambiente na rede anda á procura de información e comunicación, ao tempo. Interesan máis, polo que vou vendo, os novos blogs de tendencias, moda e música que o enredo veciñal en clave, ocasionalmente, demagóxica...por non dicir outra cousa. Tampouco os blogs máis activos, precisamente os dous que pechan, souberon ver o que habís detrás do movemento do 15-M. Noneran os seus administradores, tamén hai quw recoñecelo, persoas que pola súa idade e condición social puidesen entrever os cambios na comunicación e no intercambio de ideas libre que alí se deu. Abaixo o administrador, viva o foro...pode ser o lema.

Se queredes ver quen anda realmente activ@ nesta cidade a efectos 2.0, informando cunha mínima honradez e transparencia sobre o que se coce a nivel social ou cultural, ben sexa na moda, na música ou en todo tipo de actividades de impacto urbano actual, fixédevos nas seguintes propostas:

Blog de Covadonga Gurtiérrez. Moda e tendencias. Moi coidado.

Marcus.es. Un pouco de todo. Tecnoloxía, actualidade da cidade, seguimento de medios e música. Un dos blogs máis seguidos de Galicia. Traballa en:

Código Cero. Diario de novas tecnolóxicas de Galicia. O seu nome non pode ser máis elocuente.

Empuje.net. Contracultura galega. Moitísimo esforzo hai detrás disto.

Música para marsupiales. O seu autor é burgalés, pero vive e estuda na Coruña. Todo un luxazo, como poderedes ver. Música, cine, novidades, videoxogos...buf.

Coruña online Blog de Víctor Lamela que combina información local con temática xeral sobre novas tecnoloxías, política, sociedade...etc. É un dos blogs asociados á Opinión de A Coruña.

Axitpop Comunicación. É un espazo para a promoción de bandas da Coruña e área de influencia. Ás veces sae fóra. Moito do material que alí se move e autocreado e autoeditado pola propia xente de axitpop. Atrévense, ademais, coa animación en stop motion. A peña que se move no mundiño musical coruñés coñece Axitpop. O Pacotrón está detrás dese proxecto e nótase.

E isto é unha pequena parte do que se está cocendo nesta cidade.

Volver...


Ler estes días a prensa e quedar estupefacto é todo un. Comprobar con que convicción e entreguismo nos lanzan os medios a esa cerimonia da confusión chamada "mercados" é demasiado duro mesmo para un pobre katangueiro curtido en rúas de formigón. A última ocorrencia dos grandes partidos españois de retocar a anteriormente sacrosanta Constitución Española de cara a reducir e controlar o déficit das administracións públicas, todo en aras indisimuladas de tranquilizar a eses "mercados" é excesiva mesmo para un pobrísimo katanguista despistado e solitario coma min. Como dirían os nosos secuestrados veciños: "É de mais...que chatice!".

Porque vólvese a caer na mesma desgraza unha e outra vez. Porque esa medida ataca frontalmente as medidas políticas máis progresistas ao condicionar a xestión do público mediante cintos de protección de débeda. Como se ese fose o problema, o causante, desta incesante crise. De certo que, de termos controlado e evitado a altísima débeda PRIVADA, que é a que nos meteu neste problemiña cos "mercados", cunha medida semellante agora non estaríamos aquí. Porque aínda non se controla, mediante lei algunha, o reparto desorbitado de beneficios por parte dos executivos das máis grandes empresas e multinacionais. Porque, postos a cambiar cousiñas da Constitución, poderíamos falar dalguns dos seus títulos máis discutibles. E tod@s sabedes a que me refiro...

Postos a cambiar cousiñas, por que non recoñecer que este sistema neoliberal é un fracaso e pon en risco ao mundo e as persoas que o habitamos, sexa aquí, sexa alá???

Por que se siguen tendo en conta as opinións dunhas axencias que evidenciaron ao longo da súa existencia innumerables erros de vulto?

Por que Alemaña xira á esquerda e nós damos xa por sentado que gobernará Rajoy?

Por que nos asusta Christine Lagarde?

Eu estou co desplante do outro día no Parlamento. Hai veces que hai que deixalos sós, cos seus "mercados", co seu liberalismo, co seu...







Eleccións...que ilusión (sobre a desaparición de Xornal)

by Pacotron

Convocadas Eleccións ás Cortes Xerais para o día do aniversario da morte do ferrolán, non resta máis que o desespero. Á coñecida candidatura de Don Mariano uniuse hai cousa dun mes á de Don Alfredo Pérez Rubalcaba. Dúas caras novas entre as que escoller, vamos....Do segundo, dicir que nos lembramos perfeitamente da súa omnipresencia nos gobernos tanto felipistas como zapateristas. Di que sabe como sacarnos da crise pero os gobernos dos que formou parte nunca foron quen de encararse ao capital depredador en ningunha das circustancias. Do primeiro, baste que vos diga que prefiro que gañe o Rubalcaba -postos a escoller, que non sei eu se vale para algo- para que vexades en que medida xulgo a candidatura deste galego socarrón líder da dereita española.

Pois supoño que non haberá indignación que valla que impida que un destes dous sexa o próximo Presidente do Estado Katangueiro. Échevos o que hai. Entretanto, entre que se fala da data escollida, dos apoupos de Don Mariano cos seus imputados ("serán uns putos imputados, pero son os nosos putos imputados", semella que diría), de Ortega Cano e os seus xuramentos a conta da descendencia, das primas de risco española e italiana, do perto pertiño que estivemos de que os USA entrasen en suspensión de pagos (coa de güisquitos que me deben...), das homilías polas vítimas do atentado de Noruega e mesmo un pouquichiño sobre a traxedia de Somalia, entretanto, digo, pensamos en todo isto mentres escoitamos a de "Bailar pegados" cantada en riguroso directo mariapitense polo propio Sergio Dalma agardando con ansia felina a reaparición da Tonadillera, así con maiúsculas, Dona Isabel Pantoja, entretanto, insisto, as nosas entidades financeiras gozan de moi boa saúde. Tan boa que só se poden queixar de que a tiveron mellor. Xusto o que nos ocorre a todos nós. Que alivio saber que tralo prezo da ruina dun Estado se agocha o triunfo da salvación do seu entramado financeiro.

Que por que saco todo isto? Porque as eleccións non van servir, se nada o remedia, para resolver a grande incógnita que nos ofrece este recén comezado século: poderemos atopar un modelo económico xusto e equitativo, medioambientalmente sostible e socialmente progresista? Poderemos sustraernos aos cantos de serea do capitalismo, tan listo el, e a súa interminable cadea de desexos e ambicións consumistas? Daremos unha patada a todo isto e a todos estes en forma dalgún tipo de resultado electoral máxico o próximo 20 de novembro ou, máis ben, acabaremos como Portugal e Irlanda, en mans da dereita con máscara de xestoría, disposta a aplicar calquera recorte posible a conta do medo da xente, do control da información, da deformación da realidade, das declaracións temerarias...?????

Non sei que ten o día este. Será o verán este, que non é verán porque a primavera non foi tampouco tal. Acabo de ler en Galicia Confidencial que este xoves desaparece o diario Xornal en papel, para volver quedar como o dixital que era desde hai nove anos. Esta desaparición únese á do diario Galicia Hoxe, dependente da editorial do Correo Gallego, polo menos xa anunciada e denunciada, e á liquidación por derrubo da mítica cabeceira nacionalista "A nosa terra". Dentro de pouco non sei que nos quedará para seguir a actualidade en papel aos que gostamos de realizar esa mesma actividade no idioma galego...ou no que queda del, máis ben. Encántame a literatura infantil, de certo, pero non me vexo indo á praia cunhas historietas dos bolechas eses...non me vexo. Tampouco sei que existan publicacións adultas el galego sobre temas de actualidade, humor, música, cine, novas tecnoloxías...ou non as coñezo ou non as hai....En fin, só nos queda a literatura...ata que nos quede...É de tal calibre a crise esta, no económico e no moral, que calquera día quedamos sen libros, que sempre haberá mellores cousas nas que gastar -ou aforrar- os cartos.

Teño que preguntarlles a Rajoy e Rubalcaba, a ver que opinan de todo isto....

Igual sería moi importante, dígoo por achegar algo en positivo a todo isto, que as persoas que dalgunha maneira formamos parte dese proxecto aínda vivo e, certamente, ben máis independente que o común dos proxectos aínda vivos, chamado Galicia Confidencial colla un pulo ben maior do que agora ten. Por molestar, dígoo. Por molestar aos que me molestan. Por molestar aos que sempre se saen coa súa. Por molestar aos que rin nas fotos mentres anuncian novos recortes. Para molestar os que mandan de verdade. Para -joder- algo!!!!

O dito. Teño que irlles preguntar a eses que se presentan....

DON CARLOS: Pues a nosotros no nos va tan mal, ¿no, Don Paco?
DON PACO: No, no...ji ji ji ji ji ji ji...jito....
DON CARLOS: (Bueno, éste por lo menos no me pregunta por la cubrición...)


Do tren chu-chú ao cochecito leré...

by Katangueiro (con Pacotrón vacacioneando...)

Seica a nova troupe xestora do Concello da Coruña, encabezada por Don Car4los o Benefactor, anda dándolle voltas á isea de pechar, liquidar, eliminar o tranvía turístico da cidade, coñecido popularmente como "tren chu-chú". Non é que sexa eu un dos defensores deste invento posto en marcha polo alcalde meapilas aló por 1997 como a principal ocorrencia daquel mandato. Tampouco é que sexa eu moi defensor das políticas xestoras do público que nos oferta a banda popular, nin coruñesa, nin galega nin española. É por isto que a miña crítica a esta posible decisión teña máis que ver co modelo de transporte público que queremos para unha cidade como a nosa. Europea, creo lembrar.

Cando a posta en marcha do trenciño moitos criticáramos que, de quererse un transporte de carácter meramente turístico, resultaba moitísimo máis rendible comprar ou facerse cuns deses falsos trens a rodas neumáticas tan típicos en cidades de histórica e numerosa presencia turistil. Así, non só podería circuncribirse ao Paseo Marítimo, se non que podería servir para dar a coñecer rúas tan embremáticas da nosa cidade como San Andrés, Campo da Leña, Praza de María Pita, Real, Franxa, Mariña, e un longo etc...Pero o que se fixo ao final supuxo un novo dispendio marca da casa aos que xa estábamos acostumados máis que acostumados e que nos tiñan máis que fartos.

En todo caso, para algúns de nós, xa postos e xa corrido o gasto, podería servir como embrión dun futuro metro lixeiro, do que tanto se fala e co que xa contan noutras cidades europeas. Todo iso, as graves perdas desde o pasado ata o presente, así como as espectativas de ver circular pola Coruña un tranvía de verdade, como os de Valencia ou Lisboa, parello ao uso do carril bici esvaécese entre tanta crise e tanta mediocridade xestora. Volven os bugas!!!!...e volven para quedarse...

Vén isto ao caso de que estes adalides da modernización das políticas locais pensan suprimir, de cara ao último trimestre do ano, o carril bus existente e que atravesa Federico Tapia e San Andrés, en aras de recuperar non sei cantos postos de traballo que, din, se perderon coa súa posta en marcha. Vaia vaia, kruskuaia!!!
Ou como diría o outro: ulos, ulos?????

Únese á desaparición desta medida que facilita a mobilidade do transporte público, independentemente da densidade do tráfico privado, a creación de zonas de carga e descarga para que as/os cidadáns poidan aparcar un ratiño e facer unhas compriñas no centro. Así, poderemos coller o buga desde Katanga, para un rato na dita zona, chonear a mazo por entra as diferentes ofertas comerciais, comprar uns gallumbetes ou unhas braguiñas chulas e para casa!!!! E así pensan combater o poderío extremo dos Centros Comerciais!!!! Chachi que si.

Hai a quen non lle entra na cachola que as zonas comerciais emerxentes dos centros e barrios das cidades europeas (Europa again...) baséanse, precisamente, en quitar os coches daí, peonalizar o máximo posible e potenciar o transporte público. Aí está o tema, e nojn vos seguir dando máis pistas, que igual me se emocionan...E ata aquí podo seguir lendo. Que cada pao aguante do seu velorio. Se pensan os señores e señoras comerciantes que permitindo un uso laxo do coche polo centro conseguirán recuperar a clientes que xa o son de Marineda, Espacio Coruña, Carrefour ou o que lle boten, van listos. Que quiten os bolardos, que así podemos subir o buga á beirarrúa!!!! Pola miña banda, que lles dean...a tod@s...

CURUÑESITO: Egh que yo, con este carro, tengo también migh necesidadegh...de aparcamiento....

Chunguísima decisión da Xunta de Galicia sobre a residencia universitaria da Coruña

by Navia (con algo de retraso...)


Coa decisión da Xunta A Coruña perde outra oportunidade para o crecemento e o desenvolvemento sustentable. É, xa que logo, outro ataque máis aos servizos públicos!!!

Sendo a UDC un dos principais axentes de demanda de vivenda na cidade da Coruña, que debe satisfacer as necesidades de aloxamento de máis de 7.500 estudantes doutros Concellos de Galiza, doutras Comunidades Autónomas e do alumnado orixinario de paises do Espazo Europeo de Educación Superior. Semella que esta nova é absolutamente negativa para a Universidade, para cidade e para a propia educación dos universitarios galegos que deciden vir a estudar a UDC.

Ningunha outra universidade sofre a situación da UDC coa inexistencia no Termo Municipal de oferta pública de aloxamento a precios acordes co nivel de renta dos estudantes.

Un dos obxectivos principais de toda estratexia de aloxamento universitario é reducir o incremento de estudantes que buscan o aloxamento no sector privado e dispor dunha oferta de aloxamento residencial público de calidade adecuada e cantidade suficiente que satisfaga as necesidades de confort para o traballo na etapa universitaria.

No libro editado polo Concello da Coruña no ano 2010 denominado Áreas residenciais universitarias presentábase o proxecto gañador do concurso para residencia universitaria da Coruña. Proxecto que apostaba pola madeira, a eficiencia energética, a experimentación tecnolóxica e o desenvolvemento sustentable.

Tamén se recollían unha serie de artigos no que se recopilaban experiencias, proxectos e aloxamentos universitarios de Europa, do Estado e de Galicia, ademais dun artigo de Xosé Lois Martínez Suárez, pax.121-141, intitulado “Estratexia de aloxamento universitario e UDC”, no que se dá conta da situación do aloxamento universitario na UDC e se denuncia unha situación absolutamente incompresible provocada polos convenios asinados entre o Concello de Culleredo e a Universidade nos anos 1993 e 1994, mediante os cales a Universidade renunciaba a construcción de equipamentos públicos para aloxamento universitario e favorecía os privados.

Do teor seguinte:

1.CAMPUS DA CORUÑA: CONVENIO UDC-CONCELLO DE CULLEREDO- RIALTA

En xuño de 1993, a UDC suscribe un Convenio Marco co Concello de Culleredo para potenciar a construccion de Aloxamentos Universitarios de iniciativa privada, no seu termino Municipal, no que o Plan Xeral de 1985 non tiña previsto este uso, relegando de facto a xestion para o desarrollo das Areas Residenciais previstas no PP-1991

Respondendo a unha solicitude da Sociedad Residencial Rialta SL propietaria de 39.820 m2 de solo en Culleredo (a antiga Canteira Prebetong) clasificados como Solo Urbanizable Non Programado “el ayuntamiento de Culleredo en sesiones plenarias de 19 de agosto y 29 de octubre de 1993, acordó conceder a RIALTA SL, los beneficios derivados del Convenio Marco…” entre a UDC e o Concello, e acorda calificar os terrenos para que poidan construirse aloxamentos universitarios declarando as edificacions necesarias de utilidad publica e interes social.

Tres meses despois, xaneiro 1994, a Comision Provincial de Urbanismo otorga “a la compañía Residencial Rialta SL la autorizacion…para la construccion de una Residencia Universitaria…” na ex canteira de Prebetong.

O 14 de xuño de 1994 na Casa Consistorial de Culleredo, os representantes do Concello, UDC e Sociedade Residencial Rialta SL asinan un convenio no que, entre outros aspectos, concrétase a construccion de aloxamentos universitarios en dúas fases cun total de 500 plazas, “asi mismo se compromete el Ayuntamiento de Culleredo a no autorizar ninguna otra instalacion de este tipo con destino a usos universitarios publicos hasta tanto la universidad no justifique esta necesidad y siempre reservando a favor de la Sociedad Rialta SL las primeras quinientas plazas”.

A xestion urbanistica do Campus central da UDC diseñada no PP-1991 sufre con esta iniciativa un cambio radical de rumbo: a politica de aloxamento universitario publico da UDC limitaráse á concertacion dos precios de 150 plazas en cuartos dobles (hoxe 175 plazas) polas que a UDC abona unhos 240.000 euros por curso academico de subvencion aos alumnos aloxados en algunha das plazas dobles ofertadas por Residencial Rialta, a quen o alumnado beneficiario deberá abonar a outra parte.


No longo proceso de construción da Residencia Universitaria Pública houbo actuacións que axudaron a que a esta residencia estea no proceso e resultado que agora quere darlle a Xunta. Convén lembrar a lentitude de Urbanismo do Concello da Coruña á hora de axilizar todos trámites precisos para a súa construción, a Consellería de educación para axilixar e resolver as expropiacións precisas, a dos propietarios de solo e os seus asesores coa súa política obstrucionista e de reivindicación de máximos, un sector da propia universidade que non tivo a sufiente valentía para resolver os asuntos que se foron presentando (mesmo algún membro do goberno da Universidade puxo proa ao proxecto) e a Consellaría de Vivenda que tampouco actuou coa dilixencia e afouteza que a situación precisaba. Todo este conxunto de factores e circunstancias troxéronnos até aquí. E, xa se sabe, cando esta deireita do PP goberna ten que dar satisfación aos poderes fácticos que a fixeron chegar ao poder, porque o pobo, tamén, se sabe, quere traballo e espetáculo!!!.

De aquí en diante seguiremos comprobando como o goberno municipal do PP vai tecendo todo un sistema de actuacións tendentes a entregar aos seus amigos negocios e máis negocios, aínda queda por saber como van resolver o problema do edificio de Fenosa, o Parque ofimático, O furado do Parrote, o caso Relámpago, a aprobación do Plano Xeral de Ordenación Municipal, o desmantelamento definitivo de Pena Moa e outros moitos asuntos, sobre todo de da carácter urbanístico. Eu xa o adianto: favorablemente aos intereses dos grupos de presión locais e non aos intereses da maioría social, mesmo aquela parte que os votou.

Tempo ao tempo!!!

ANA (PRIMEIRA POLA ESQUERDA): No pisote de Maripili son cinco e un can, onde Juan viven na miseria okupa e a Puri xa non lle collen máis ex-mozos no ático....a ver onde carallo acampo hoxe.....
ELENA (NO MEDIO): Vou facer como que chapo, a ver si non se dan conta de que teño camastro grande!!!!
UXÍA: A ver como lles digo aos meus puriles que conten conmigo ata final de 2020....mínimo!!!!!


Así está o patio, nenos!!!!

Á procura da esquerda soñada (a la recherche du temps perdu)

by Katangueiro

Temos tan interiorizado que vivimos tempos vertixinosos que damos quizais relativa importancia aos cambios que nos rodean. Somos tan relativistas coas nosas propias vidas que mesmo recoñecendo as enormes transformacións que estamos a vivir e notando o cercano alento da besta neocon azoutando Europa, dubidamos de todos os aires de cambio que prometan unha sociedade mellor. E iso que a nosa sociedade é manifestamente mellorable. Vaia se o é!!!!

O resultado das eleccións municipais do pasado 22 de maio, unido ao posterior resultado electoral no veciño Portugal, constatan que nesta crise hai unha Europa vencida e unha Europa vencedora. En canto a modelos, desde logo. En canto a Estados, vai por barrios. Adepende do amigo americano.

Pero do que non cabe dúbida é de que algo se está a mover entre unha parte farta da sociedade, formada basicamente por mozas e mozos sen espectativa, ou en espectativa de desesperanza, ben sexa nos depauperados países do Magreb, ben sexa na desenriquecida europa meridional. Habitan en nós eses aires de cambio dos que vos falaba e, pouco a pouco, semella medrar a idea dunha nova esquerda, máis social, máis adaptable ás transformacións, máis participativa e, polo tanto, horizontal. Máis modelo, tamén. Máis contrapeso e contrapoder. Unha esquerda que ofreza unha alternativa válida, viable e xusta. Caia quen caia. É disto do que se está a falar estes días.

O movemento d@s acampad@s cumpre un mes. Fóra da aparición de mensaxes contraditorias ou líderes de discutible coherencia, moito do que se nuclea arredor deste movemento que reivindica e practica o asemblearismo como fórmula diaria de entendemento é descontento social. Descreimento do modelo imposto. Esixencia de cambio profundo. Soberanismo individual, quizais. Un preludio do soberanismo colectivo. Este domingo teñen convocadas concentracións en todo o Estado. Aquí celebrarase en Santiago de Compostela. Haberá quen desconfíe. Eu fágoo. Pero o certo é que se hai quen demanda unha democracia real, haberá que ofertar tamén unha esquerda real, habida conta de que a dereita real xa habita entre nós. Será unha pedra de toque do que aínda queda do movemento inicial e servirá para calibrar, seguramente, o actual calado da protesta. As imaxes de acampad@s entorpecendo as investiduras dos novos gobernos son contraditorias. Por un lado, non. Por outro, sen embargo, si. Se acreditamos na vontade popular expresada, non. Se acreditamos que non se reúnen as mínimas garantías democráticas que a validen, si. En fin, que a Divina Pastora nos protexa...

Un día antes, o sábado 18 de xuño, celébrase na mesma cidade un Encontro Aberto para "escoitar, pulsar a opinión, debater, tomar nota, informar e informarse con todas aquelas persoas -militantes ou non do BNG e das súas correntes- cidadáns preocupados e preocupadas polo que está acontecendo", nas súas propias palabras. Este acto aberto vén impulsado desde o Encontro Irmandiño, a corrente do BNG liderada polo señor Beiras. Se ben semella inicialmente pensado para un consumo interno arredor da crise do proxecto nacionalista no noso País, está a dar cabida a persoas de todo tipo simplemente PREOCUPADAS, pero non rendidas. Sei que o Pacotrón andará por alí. Que a Divina Pastora nos ilumine....

Hai poucos días apareceu tamén un manifesto impulsado por unha vintena de persoas comprometidas coa esquerda política e descreídas da esquerda actual. Coñecido como Iniciativa BenComún, o manifesto aposta por "reactivar a participación cidadá na esquerda nacional". As adhesións a este texto inclúen militantes do PSOE e do BNG, así como exmilitantes e persoas de variada adscrición. Anuncian un acto aberto para o próximo 2 de xullo, tamén en Santiago de Compostela. Que a Divina Pastora nos ampare....

Estase a mover polas redes un documento chamado Declaraçao Galega de Soberanía, cun importante apoio recollido, especialmente do disgregado mundo independentista e de certa intelectualidade nacional. Para min que toda soberanía colectiva debe partir da soberanía individual, a que nos debe permitir vivir, e vivir ben, totalmente afastados dos modos de consumo e das ataduras económicas que se nos queren vender como modelo correcto ou, cando menos, o menos malo dos modelos. Galicia pode ser independente e Núñez Feijoo o seu Presidente. Os cambios que se queren son, quizais, máis profundos. Que a Divina Pastora nos colla confesados....

E todo isto aquí, ao lado da nosa casa. Hai un referente novísimo, de esquerdas, frontista e soberanista no caso de Bildu que non pasa desapercibido. Está por ver o que a Divina Pastora nos depara.....

NOTA: Divina Pastora: grupo de vivendas situado no barrio coruñés da Agra do Orzán. Estas vivendas "baratas" deron saída á crecentísima demanda proveniente da poboación rural trasladada ás cidades, especialmente a partir dos anos setenta. Podedes ver esta estupenda foto de aquí tomada desde a Ronda de Outeiro!!!

Carlos Negreira e Millán-Astray: Vuelve el Hombre

Reproducimos, con ou sen "cubrición" mediante, este artigo publicado o 11 de setembro de 2009. Vexan, vexan que agoireiros somos!!!!! Nótese que este texto é o que se pode ler en terceiro ou cuarto lugar de buscardes en google biografía Carlos Negreira. Hai que tirarlle das orellas a alguén, certamente.....A entrada orixinal está por aquí mesmiño.....cos seus comentarios do momento....Ai...que tempos....


Resulta altamente interesante comprobar cómo a ideoloxía fascista española, o franquismo, tamén chamado nacional-catolicismo, sigue atrapando a xeneracións enteiras de españois de todo tipo e condición. Supoño que serán os seus eternos valores morais....valores que eu aínda non vin pero que andarán por aí mesmo, coño, que son xente de misa!!!!!!
A última das últimas é a que nos acaba de regalar o candidato a Alcalde de La Coruña (con ele, claro, que en gallego es una vulgaridad!!!!) Don Carlos Negreira coa súa bizarra defensa da figura de José Millán-Astray, apelando,iso si, ao seu....CORUÑESISMO!!!! Ben. Cando menos de nacimento.

Efectivamente, este alcaldable opina que Don José Millán-Astray foi un home de pro....que qué será iso de pro....pronazi? profascista? protestón? Prometeo?????...así que TODOS A SALVAR A ESTATUA DO FUNDADOR DA LEGIÓN ESPAÑOLA!!!!!!

Pero o caso do Don Carlos non é nin único nin aillado. O líder popular coruñés sigue a estela de outros prohomes que o precederon na defensa dos fascistoides....Qué emperre!!!!! PARA CANDO A XUSTIZA LLES DÁ UN TOQUE POR APOLOXÍA DO TERRORRISMO????

A todo isto, e para colmo de males, hai que aturar a BASURAZA de ver cómo se aproveita dunha muller, coruñesa tamén, que non atopou escola infantil para os seus dous xemelgos. Tan só para un. POIS NADA, NADA, que llo diga a Carlos Negreira, que lle diga que cántas escolas infantis construíu a Xunta, a que ten as competencias, na nosa cidade??? Qué pasa coas que aprobou o anterior Goberno Galego??? Que pregunte, que pregunte, e que se informe antes un pouquiño, se quere evitar que o seu gran problema non sexa empregado por "aguiluchos" para expresar outros intereses.

UNHA VERGOÑA!!!!!


Reconozco que me calenté un poquito.....es que me sale el Lacoruñesismo por los poros...a flor de piel!!!!

Pero é que o fundador do Partido Popular xa se ten manifestado abertamente a favor do que significou o réxime franquista.....do que el formou parte, claro. E que parte, oighan!!!!



Si fuera usted un hombre....yo le......!!!!!!

Tamén resultaron moi apreciadas as manifestacións de Mayor Oreja, recordado por combater o terrorrismo de ETA e defender, ao mesmo tempo, a calidade de vida e tranquilidade que se respiraba con Franco!!!!!


Hombreee....je je je.....yo en esas declaraciones me refería, más bien, a algunos de nosotros...que vivíamos de puta madre, eso es cierto. Nunca quise hacer referencia a los rojos ni separatistas...esos no, como es comprensible....



Eeeeeiiiiiii...mei amici!!!!


Por último, una pregunta:

QUERES QUE CARLOS NEGREIRA SEXA O PRÓXIMO ALCALDE DA CORUÑA????
POIS XA SABES....NON VOTES......ELES SI QUE VOTARÁN!!!!!!!!!!!!


A ver a ver...que todos temos pasado, home, e é de bos cristiáns perdoar....aos que mandan!!!!!


Abur yogur...Boa finde!!!!