Páginas

Holydays in the sun

Texto e fotos by Pacotrón

OS ADOQUÍNS BAIXO O ASFALTO

Durante o maio francés de 1968, a primavera de París, houbo quen escribiu nunha parede aquilo que dicía: Baixo os adoquíns está a praia. A frase fíxose famosa, traspasando fronteiras espaciais e temporais, e representando unha sorte de certeza en que o paraíso perdido, aquel que procuramos incesantemente, existe. Primeira mentira. Da outra, a de que se podía cambiar o mundo con flores e poesía, renunciando a facer  política -burguesa e corrupta por defecto e definición-, aínda agora estamos pagando as consecuencias. As decisións, non-políticas pero si economicistas, tomadas polos aquelas e aqueles que pertenceron a esa xeración conforman e deforman a sociedade actual. A realidade, aquilo que é real, fora perfeitamente retratado por Danny Boyle no denostado filme "A praia" (The Beach), protagonizado por Leonardo DiCaprio. O paraíso perdido non existe porque xa non quedan paraísos. Alí onde hai impresionante beleza natural hai alguén disposto a apropiarse dela. Os nosos soños yupis son pesadelos para moitos seres humanos. De crearmos un paraíso para nós sós, e os nosos amigos, este sería fascista, sectario, exclusivo e, en definitiva, infernal. O cárcere que nós mesmos creamos para nós mesmos. E mesmas.


Vimos de pasar uns días no Alentejo portugués. Percorrendo as súas estradas máis litorais non é difícil percibir o antigo empedrado que existe, e persiste, baixo o moderno asfalto, e que aínda resiste nas beiras dos arcéns, perfeitamente á vista. Tal como era a Avenida de Fisterra, sendo eu neno, e que aínda aparece por veces, en canto levanta un anaco de rúa. Ten tons sepias, marróns e beiges. As ccidades europeas, as italianas, francesas, alemanas, británicas e portuguesas, conservan o gosto polo empedrado dos seus centros históricos. Empedrado peonil, para os peóns, e adoquinado grisote para o tránsito de vehículos. Non sei qué pasaría no noso país, e mesmo no conxunto do Estado katangueiro todo, que abandonamos ese costume humanizador. Seguramente serían ideas de novos ricos, fachendosos da súa propia transformación e progreso económicos, analfabetos vitais. Auténticos gañáns.


E haberá quen pense que o empedrado é pobre, que non é cómodo, que non se poden levar tacóns -e menos de agulla- ou que esgota as pernas e agarrota as suspensións dos tremendos de carros que pilotamos, pero eu admiro que en Portugal persistan no empedrado, como as grandes civilizacións, e conducir, pilotar, o meu vinículo sabendo que debaixo do asfalto está o empedrado. Isto si que é unha frase certeiramente real: Baixo o asfalto está o adoquín, e baixo o adoquín a praia. Polo menos en Portugal.

Recomendamos unha visita polo Alentejo. Especialmente pola súa costa imponentemente dunar. Diríamos que se Portugal quedase deshabitado, en pouco máis de cinco anos a area cubriría unha parte moi importante da súa costa atlántica. Vilas enteiras quedarían, de seguro, ocultas baixo as dunas. Algo así como se apareceron as vellas pirámides ás tropas de Napoleón, quen xogaron a disparar os seus canóns contra a esfixie de Gizeh para ver de facer branco nela. Outros gañáns.


De certo que alí o océano, tan coñecido para nós, é imponente. Máis aínda pola súa abertura ao mar. As correntes que chegan do sur traen millóns e millóns de grans de area por día desde os desertos occidentais africanos. O vento do nordés conforma as dunas ao longo de toda a costa portuguesa. Isto é máis evidente na costa sur do País, entre o río Sado e o cabo San Vicente. E detrás das dunas, os piñeiros, os campos de arroz e as vides de viño. E detrás dos campos as casas. Bonitas elas. E o ceo sempre tan azul.....


Non é tampouco este Alentejo o paraíso perdido que buscaban tanto Sartre -ese caradurilla- como DiCaprio, pero comparándoo coas atrocidades cometidas por nós, sós ou en compañía doutros, en nome do turismo sobre a pel máis íntima do noso territorio, ata facelo en ocasións irrecoñecible, non podo evitar certa envexa. Este lugar esta cheo de persoas procedentes de Alemaña, Francia, Reino Unido, Holanda que van gozar daquilo que, sen selo, é o máis parecido ao paraíso....e nós por aquí suspirando polos turistas madrileños!!!!! Outros bos gañáns que preferimos destruír o noso máis bonito a cambio do seu máis feo. Cando escoito alguén que di: "¡Sarria, qué bonita!" ou "Malpica es un típico pueblo marinero gallego" resulta difícil non esvaecer. Abandonarse e abandonalo todo.


Outras veces, menos káustico e certeiramente máis práctico e materialista, penso na deformación da nosa paisaxe como un fracaso colectivo que nin tan siquera nos dá cartos. Se tivese sido un éxito esta clase de progreso á galega, os centros de lugares como Caión, Malpica, Miño, Muxía ou Fisterra estarían tan ateigados de todo tipo de restaurantes e tascas, e as súas rúas tan revoltas de xentes do máis diverso pasando algo máis que un día por alí que sería imposible circular a determinadas horas, ou non sentirse atraídos polo balbordo dos propios e dos estraños. Aquí flipamos con Baiona, Sanjenjo, Portonovo ou Villagarcía. Anda xa, por favor. Viaxemos un pouco todos. Paremos en Aveiro, Lagos, Porto Covo ou Vilareal de Santo António!!!!! Lugares que destacan polo máximo cariño e respecto que amosan polo seu patrimonio. Máis bonitos, máis turistas, máis cartos.....

Pero xa vos dixen que penso estas cousas nos meus días máis materialistas...


Este relato continuará na seguinte entrega titulada: BAIXO A PRAIA ESTÁ O FORMIGÓN.

Exit

by Katangueiro


Marchamos uns días de vacances. A Katangueira, o Pacotrón e mais eu. Neste segundo verán desde o comezo do camiño iniciático da insurrección imos precisar tantos acompañantes, persoal de servizo e guardas de seguridade que calculamos gastar uns 60.000 euritos diarios. Como a muller do Presidente do Imperio, Michelle Obama!!!! Imos avanzando.....

Michelle, my belle.
Sont des mots qui vont très bien ensemble,
Très bien ensemble.

E non creades que nesta ocasión, como nas outras, imos chonear a base de ben por hostais cotrosos de dubidosa salubridade ou pensións de mala morte, que a morte sempre é mala.

Non, queridísimas e queridísimos katanguistas. Nesta ocasión iremos gozar desde mar oceana que conquistou os corazóns lusitanos converténdoos en "herois do mar"...con permiso da GNR, ata as procelosas e españolísimas augas mediterráneas, moi perto pertiño de onde parou a presidenta imperial. Con sorte poderemos tomar uns chiquitos coa Gunilla e xogarnos á birisca o bikini da Duquesa de Alba. Nobleza baturra!!!!!

O Pacotrón promete vacilar co tipo do mostrador do Hotel. Ataviado coas súas gafas de fai un sol de carallo aproximarase coa cabeza lixeiramente desviada cara á esquerda. Cando o tiparraco polloso lle pregunte polo nome, o nota responderá: Benson Señor Señora. A ver se non nos dan unha hostia o primeiro día xa!!!!!

Para concelebrar este momento de desleixo estival, eis un grafiquiño katangueiro que amosa, sen nengún xénero de dúbidas, a orixe das xa case 31.250 páxinas vistas do noso probemático espazo virtual. Don Luis Álvarez, don Vicente Zabala e o ex-Alcalde meapilas estarán orgullosos: Katanga é, basicamente, española. Mal que ben....Pero, quen serán "el resto"????? Medo me dá.


Ata a volta, expreso aquí uns desexos en nome do equipo completo. A ver se cumprides algún por unha vez....que non todo van ser vacas fracas!!!!!

1. Non xogar co lume no monte, que os mistos cárgaos o demo.

2. Non correr moito no carro tuneado, que non estamos nun videoxogo con tres vidas.

3. Non facer Valedor a Paco Vázquez aproveitando que estamos fóra. Iso nin de coña, eh?.

4. Non vos enganchedes a blogs que inventan problemas "veciñais". Bastantes temos xa no mundo real.

5. Se practicades sexo, aínda que sexa sen querendo, lembrade que Coruña leva dezanove anos con máis mortes que nacementos....Estamos extinguíndonos!!! Botade unha man.

6. Nas verbenas, gastade no bochinche, que se non a ver quen paga os destrozos...auditivos!!!

7. Na praia e no campo protección tres mil millóns, que este sol xa non é o de antes.

8. Durante o baño marino, non tragar auga, que meteredes no estómago calquera porcallada!!!!

9. Non facer moito caso aos agoreiros da catástrofe económica, que as cousas están bastante mellor do que queren que creamos. Mirade Michelle!!!!!!

10. E, por último....non sexades cretin@s, insolidari@s, reaccionari@s ou algo peor...Non permitades que se sacrifiquen as políticas sociais en pro de garantirlles aos que mandan, aos que mandan de verdade, os seus suculentos e indecentes beneficios...que non se lles pode deixar sós nin sequera dez días!!! Vixiade por nós, plis.

GUNILLA: Pues parrrese serrr que los katanguerrros vienen hasiaquí para jugarrrse tu bikino!!!
DUQUESA: Buenooo...en peores me he visto....Viva Sevilla...ji, ji, ji, ji, jito....


Ei.....que faltaba un......



Ata a volta, nen@s da revolta!!!!


P'a chulo, Don Luis Álvarez, machote español!!!

by Pacotrón...cun mosqueo que te caghas!!!!!!


LUIS ÁLVAREZ: "Las corridas han sido rentables a pesar del perjuicio que nos causaron los antitaurinos que arrancaron carteles. No vamos a permitir más atropellos por parte de esos indeseables"

( Ler todas as atrocidades emitidas por este personaxe AQUÍ ).

Este protohombre taurino, empresario modélico na procelosa arte da matanza de bichos, galán setentoso e prorroguista presuntuoso vén de interpretar, nesta entrevista que lle adicou un diario local de información escrita, que as corridas, as dos touros, foron "rentables", que non rendibles,  e que agarda porrogar o contrato co Concello dous anos máis. Dous anos máis de salvaxismo chulapo a maior gloria deste tipo de gañáns que adoitan travestirse de latin-salero ou de fréscolis conservadora con mantilla e falda ( negra ) curta.

E digo eu, e creo que digo ben....se foron realmente rentables esas tres matanzas municipalmente apoiadas e empresarialmente organizadas Don Luis.....para qué precisará este macho 'pañol a dobre prórroga que agarda asinar sen problema???? Será acaso que as corridas foron "RENTABLES" grazas e só grazas á aportación municipal deses 185.000 euracos que ben poderían adicarse a cuestións máis construtivas e/ou prácticas, como mellorar o transporte público na Comarca...for example.....En fin, delfín....pola nosa parte, qué queredes que vos digamos??? Que agardamos que este ano fose o último en que se gastan cartos de todas e todos nós para que un puñao de matarifes faltos de viagra e sobrados de masculinidade de pastel desfruten da matanza inmisericorde de 18 animais que merecían, unha vez existentes, mellor trato, e que se esa era a súa única saída deste mundo, que non os tivesen criado. Bestas.......

Tamén agardamos a unha desas excasas veces en que algún pobre bicho consegue vinganza extrema e atravesa, na Praza, na Praza, a un deses valentes muchachotes de traxe luminoso e escuro corazón.....QUE MORRAN NA PRAZA, COMO OS TOUROS!!!!!!!


TORERITO: Va por uztedez.......


TORITO: Eso....va por ustedes....


Aburete!!!!!!

Crítica da razón expúrea

By Katangueiro




Sen ánimo de amargar o período vacacional de katangueiro algún, presentamos unha serie de preguntas quizais retóricas, quizais oratóricas, co afán indisimulado de axudarvos a pensar. Ben ou mal, pero pensar.

Equilicuá o susodito inquérito:

Por que ata hai ano e medio a Cidade da Cultura era unha foxa de cartos e agora é unha oportunidade para atraer visitantes mesmo antes de ser rematada?

Se o Turismo é a panacea de Galicia, por que os Concellos máis turísticos non dispoñen de recursos para atender o incremento poboacional destas datas?

Se o turista medio que nos acompañan estes días nas alegrías e sensabores do terruño gasta unha media de 90-100 euracos diarios e os pelegríns 25-30, por que nos aferramos ao Xacobeo como táboa de salvación da economía estival?

Nun e noutro caso, para onde van eses cartiños?

E noutra orde de cousas, para onde foron os cartiños das múltiples licencias urbanísticas concedidas na última década?

Qué lle parecerá a Don Santiago e pecha o Padornelo que un tercio das empresas que compiten polo concurso do Decreto Eólico ( a jugaaaarrrrr!!!!!! ) fosen creadas no pasado e sen embargo recente mes de xullo?

Xa que as Caixas galegas tiñan de fusionarse si ou si polo ben do País, por que non se fusionan os medios de comunicación escritos que nos chuchan millóns e millóns de euracos dos nosos petos e impostos?

Non sería mellor gastar eses cartos, e mais os de publicidade institucional directa, en rematar a Transcantábrica, o AVE ou mellorar a Sanidade?

Por que a Xunta non dá cifras de incendios e o Exército fala de máis dun cento?

Por que en Galicia nos liamos a discutir por un metro máis ou menos de camiño, leira ou monte e ninguén afronta dunha vez por todas o problema dos bosques de eucalipto próximos ás vivendas?

E por último....por hoxe.....Cóntannos os ianquis ( non ionquis, que tamén... ) toda a verdade sobre o que está pasando ou pode pasar no Golfo de México?????