Páginas

Pero qué bonito es el MUSAC de León!!!!!!!

Seguro que o noso ÁGORA non lle irá moi atrás, pero é evidente que este edificio en pleno extrarradio de León é unha virguería!!!!!!!





Xa nos gustaría unha Katanga máis colorista........e non pintada da cor dominante nos espazos físicos e psíquicos do barrio......O GHRIS ghrisote!!!!!!



Polo de agora......que non polo de Ágora.......teremos que conformarnos con ir á Pisci.......de boliñas que hai na Guarde deste nené katangueiro.......que mirade qué ben o pasa o condanadooooooo

"A min iso do MUSAC sóame a roio patateiro. Dádeme unha boliñas nunha saliña do Ágora e xa veredes que chuliguai!!!!!!!!", comentounos este pobriño inocente de Dios!!!!!!


Tamén podemos encher de boliñas de cores o Centro Cívico e Social de Mesoiro que vos ten moita presencia visual....mirade se non qué ben que se pasean os nosos amiguiños da Asociación Veciñal de Novomesoiro!!!!!!!


En fin, delfín, que nos esperan tempos mellores.....ánimo!!!!!

Máis parques e máis prazas na Escola Infantil de Novo Mesoiro!!!!!!!


Desde o Blog de Katanga queremos sumarnos ás veciñas e veciños de Novo Mesoiro nas súas máis que imprescindibles demandas de máis superficie de parques para os nenés e máis prazas en guarderías e escolas infantís!!!!!
Efectivamente, hoxe organizaron unha concentración de que vos deixo foto para reclamar esas melloras que teñen un gran valor social, que son todo o relativo a facilitar espazos educativos e de convivencia e xogo para os nenos e nenas de todos os barrios da Coruña!!!!!!!!!! Un bravo e un enlace para a xentiña de Novo Mesoiro:

Noticia futurista do Blog de Novo Mesoiro!!!!!

Na nosa queridísima Katanga, o parque infantil do que "disfrutamos" ten estes días algún problemilla tanto de fugas como de fauna ibérica, como puidestes xa ver
AQUÍ!!!!!!!!!

Se non vos chegou con aquela durísima reportaxe con "rasurado de Pilocha" incluído, aquí vos deixo unha pequena galería fotográfica sobre o asunto infanto-xuvenil no noso barrio:


Isto foi o que se atoparon uns papás katangueiros un día que andaban a xogar cos seus nenés ás excavacións arqueolóxicas!!!!!



"Nós non temos nin idea de quen puido poñer iso no parque infantil nin tampouco de quen son esas cocorotas.....¿verdade, Bart????"




"Se é que xa hai tempo que para xogar un pouquiño cos amiguiños hai que ir coa.....merenda.....de casa!!!!", comenta este rapaz katangueiro que tapa o seu feo rostro por temor a represalias.........




......e á Katangueira......que me anda así de virulenta desde que un mocoso lle intentou chulear os escasos euritos que levaba ao economato!!!!!!!

Alaaaaaa......aburete, yogurete!!!!!!
....que vos dean....

Con la Iglesia hemos topado, amigo katangueiro!!!!!





Que si....que si.....que temos que decidir dunha vez e para sempre se os que nos representan son estes señoritos da foto ou aquelas persoas que, mal que ben, votamos ou non votamos libremente!!!!!!!!
A tal fin, unha das múltiples formas de manifestarse é participar nunha enquisa que está a facer Telecinco.....Telecinco a de Berlusconi, si.......para pulsar a nosa opinión ao respecto de si debe un goberno, o noso goberno, atender as opinións da Igrexa??????
Para participar nesa enquisa, xa sabedes, no enlace conseguinte:

Expresade aquí a vosa opinión sobre os curillas

Katangueira deséxavos unha boa votación!!!!!



Celebración e posterior Eucaristía en honor da chegada dun ferrolán moi importante a Katanga!!!!!!!



O xoven Papa oficiando misa en tempos complicados!!!!!!!



Ficha patriótico-identificativa do xoven Papa.

E de regalo........este estupendo vídeo-protesta con música dos Pementos Vermellos Picantes ( Red Hot Chilli Pepers ):




Ala.....cheghou xa!!!!!!!

Radiohead en Katanga!!!!!!!!!



Pois si......despois de moitas peticións interesadas e interesantes de peñita como Pacotron, Katangueira e Espi, entre outros, aí vos vai unha completa lista de reproducción do mellor e do mellorciño que Radiohead compuxo para Katanga ( podedes ver que a lista está na columna da dereita do blog ). Desfrutade desde xa desta estupenda banda sonora indi-katangueira. Se non vos gusta, pausade o reproductor e.....a outra cousa, waterfly!!!!!


Aquí rescatamos esta foto do grupo tomada nun dos módulos convivenciais de Penamoa.......échevos o que hai!!!!!!

Ala....abur, yogur!!!!!



Comunicado da Asociación Veciñal Agra do Orzán!!!!!!!

"Celebradas eleccións para elixir nova Xunta Directiva da Asociación Veciñal Agra do Orzán o pasado 26 de marzo e presentadas DÚAS candidaturas: unha a guai nosa e outra a dos disidentes, gañamos nós".

Reproducimos o comunicado urxente que nos fixo chegar o politburó da Asociación Veciñal Agra do Orzán, que tivo tempo de renovar os seus órganos de decisión e incisión política entre batalliñas contra o Escudo Estelar e caceroladas varias.

Eleccións na Asociación Veciñal da Agra!!!!!!

Loita a morte contra o Escudo Estelar!!!!!!

Cacerolada contra Mar Barcón para diversión do PP!!!!!!!


Así quedou esta veciña en vista do resultado eectoral na Asociación Veciñal Agra do Orzán!!!!!!!!!

E nós......en babia....como debe ser!!!!! Abur, yogur!!!!!

Problemas para aparcar en Katanga? Eu....nunca!!!!!!


Xa temos aquí, para todos e todas vós, o revolucionario sistema de aparcamento katangueiro (SAK) que vai resolver os vosos-nosos problemas co aparcamento, especialmente eses días.....si.....eses.......en que non hai nin un sitio!!!!!! Aproveitade o momento e non o dubidedes. Podedes facer os vosos pedidos neste blog ou pinchando AQUÍ, que é onde tamén podedes facer peticións musicais....se é que somos a hostia de guais en Katanga!!!!!



Por certo.......chorvis.......mirade que aluvión de visitas tivemos aí atrás!!!!! Que xa non sabemos quen nos ve.......que hai katangueiros e arrastraos en todo o mundo!!!!!!!




Xa sei que non se ve un pijo....pero algo se adivina, non????????

Que non vos credes que é o noso blog katangueiro??????? Mirade entón neste outro vídeo fallido onde, por un momentiño, veredes que SI que é o noso blog!!!!!!



Ala.....abur, yogur!!!!!!!!

Xa temos piscina.....e fauna ibérica!!!!!!!!!

Efectivibuonder......traemos hoxe aquí uns vídeos que nos amosana nova piscina que temos no barrio. Como bonus, tamén poderedes desfrutar da visión única e intransferible da "Guarida das ratas".......explicada por Pili. Que vos ghuste!!!!!!




O temilla é que alguén reclamou que se pechase a praza que hai na rúa Mosteiro de Cines para evitar que os nenés saísen coas súas cacharradas á rúa por onde pasan bugas seguido......o resultado........cando chove hai Pisci porque non hai sumidoiro......e é que a ninguén se lle ocorreu facer un desaghue........e xa vedes o resultado. Por certo, que os veciños están de mala hostia con isto.....que quede ben clariño!!!!!!!!!

E claro......para remate....non vos perdades a Pilocha promocionando a "política do rasurado".........que digo eu............en qué carallo estaría Pili pensando!!!!!!



Por se non podedes ver os vídeos, aí quedan unhas fotos da desfeita:



Vivaaaaaaa....vivaaaaa.....xa temos pisci en Katangaaaaa!!!!


........e uns bos exemplares de roedores de gran tamaño e voracidade. Esta é a súa casiña!!!!!!!

Ala......cheghou!!!!!



Barbarism begins at home!!!!!!! O comercio katangueiro entra en crack!!!!!



Supoño que xa lestes estes días a noticia de que na Coruña pechan 11 comercios ao día........e o noso barrio leva a peor parte de toda a cidade........así que......xa sabedes.......ide, ide e ide ao Dolce Vita, que xa iredes tamén cando teñades que comprar unha barra de pan ou un boli.......que no barrio non vai quedar quen venda nada!!!!!!! Mirade se non a noticia enpublicada no Irreal Galaico:

"La crisis provoca en A Coruña el cierre de once comercios al día

La crisis económica se está ensañando con especial dureza con las pequeñas y medianas empresas y los comercios. En lo que va de año se han cerrado en la provincia de A Coruña más de mil establecimientos, lo que supone más de once al día, mientras que en Galicia, las pymes que se han disuelto se acerca a las tres mil. Por barrios, la zona más castigada de la ciudad es el Agra del Orzán.

RÁNKING El Agra del Orzán es el barrio coruñés más castigado por los problemas económicos

DESTRUCCIÓN En el primer trimestre de este año se han disuelto casi tres mil empresas en Galicia"

"Hombre....cómo no van a cerrar comercios en el Agra del Orzán......si todo aquello está lleno de yonkarras, ex-putas y gentes del rural y del mal vivir que hablan gallego!!!!!", comentou o flamante concelleiro do PP, señor Carlitos Negrera. "Si aún aconteciese que cerraban el Sporting Casino, la Hípica o la tienda de las hermanas Papuchita, Pitita y Emilita González-Girón Puentes-Armada viúda de Don Arturito Fernandez-Aragón, el que fuera asistente de cámara del Generalísimo en el Ifni y a la sazón sobrino-nieto de Don Eustaquio Cifuentes-Quiroga de Palacio-Llano.......pues en ese dramático caso sí que estaríamos mucho más preocupados!!!!!", rematou por dicir o novo Deputado autonómico pola provincia da Coruña.


En todo caso.....está tan pero tan tan mal a cousa por aquí que éste é o regalo infantil máis vendido no barrio....todo sexa pola penitencia!!!!!!

Total.....que en Katanga andamos como sempre.....adiantándonos ás desghracias e ás miserias!!!!! Por todo isto, deixámosvos este bonito (pero triste) tema dos nosos depresivos veciños The Smiths......que xa hai tempo que non os vemos polos mosteiros!!



The Smiths din que a barbarie comeza na casa.......non é certo, a barbarie comeza en Katanga!!!!

Barbarism begins at Katanga



Katanga kriminal 4: episodio no Río Grande!!!!!!!


Pois vaia follón que se montou onte na área Z.E.K. (Zona de Expansión Katangueira) cruzando o Río Grande, que é chamado vulgarmente a Ronda de Outeiro, cando un apagón fixo que non funcionasen os esmafaros e uns calorrillos dron en cruzar por onde non debían........que a madeira chamoulles a atención ciudadana e acabou todo como o rosario da aurora: a hostias!!!!!!! Aquí vos coloco a noticiado Ideal:

Un hombre insulta a un policía local y provoca un tumulto de veinte personas

ABEL PEÑA > A CORUÑA

Los agentes municipales tuvieron que despejar la zona de ciudadanos alterados PATRICIA G. FRAGA
Un hombre fue detenido y acusado de atentado contra la autoridad después de que abordara a un Policía Local que regulaba el tráfico en el cruce entre la avenida de Finisterre y la ronda de Outeiro. El suceso provocó un altercado en el que habrían participado cerca de veinte personas.

Lo que podría haber sido un simple incidente entre un peatón y un policía local que regulaba el tráfico en el cruce de la ronda de Outeiro con la avenida de Finisterre degeneró en un tumulto en el que participaron veinte personas y que culminó cuando una de ellas resultó detenida por atentado contra un agente de la autoridad.
Los hechos tuvieron lugar alrededor de las ocho de la tarde. La zona del citado cruce llevaba aproximadamente unos veinte minutos sin fluido eléctrico, lo que había provocado que los semáforos dejaran de funcionar, así que dos agentes municipales fueron destacados para controlar el tráfico en persona. La situación se desarrollaba con normalidad hasta que dos peatones trataron de cruzar a pie por el centro de la rotonda, algo que no está permitido. El agente que en esos momentos controlaba el tráfico les informó de ello y uno de los hombres retrocedió.

Sin embargo, su compañero avanzó para enfrentarse verbalmente con el policía. “A mí me pareció que iba borracho, porque le conozco y además no es la primera vez que le detienen”, comentó una mujer que lo presenció todo. Todos los testigos consultados coinciden en señalar que el hombre, ebrio o no, se encaró con el agente y que luego cayó al suelo.

Donde difieren los testimonio es al señalar la causa de la caída. Unos sostienen que simplemente se cayó de espaldas cuando le obligó el policía a retroceder y otros que recibió un leve empujón del mismo agente. En lo que vuelven a coincidir todos es que, desde el suelo, el sujeto volvió a proferir insultos contra el municipal. “Desde aquí no se podía escuchar lo que decía, pero por la forma en que lo hacía sí se notaba que le estaba increpando”, señaló una mujer.

Sólo su trabajo > Al final, el agente decidió zanjar el asunto y echó mano a los grilletes. “O rapaz tiña razón”, dijo el cliente de un bar al referirse a la acción que había tomado el policía. El gerente de otro establecimiento, situado al otro lado de la calle, coincidió. “Hizo su trabajo, nada más. Se le puso con los brazos extendidos, provocándole”, aseguró.

En ese momento, la situación parecía controlada, pero de repente empezaron a salir de los establecimientos que bordean la rotonda personas que se acercaron al agente municipal y comenzaron a increparlo.

“Salieron de uno de los bares y también hubo una chica que salió del restaurante de comida rápida de la esquina”, aseguró una dependienta, que añadió que varios de los sujetos eran de etnia gitana, extremo que fue confirmado por otro testigo.

Al final, llegaron a reunirse en el centro de la rotonda cerca de dos docenas de personas, algunas apoyando al agente y otras, al detenido, que permanecía esposado. El otro agente había acudido en apoyo de su compañero y trataban de controlar la situación. “No podía dar crédito a lo que estaba viendo “, aseguró la dependienta. Mientras tanto, se formaba un atasco. No fue hasta que otros coches patrulla acudieron como refuerzos que el 092 consiguió poner orden y el tumulto se dispersó. En unos minutos, la circulación volvió a la normalidad.

Total.......que a Katangueira xa está mosca conmigo por iso de que ela andaba por aí e non lle gustou o rollo e todo iso que ao final é un puto enredo...........e é que ela está descontenta........e xa está!!!!! Que aquí non somos animais!!!!! Que repetamos a lei....cando nos cadra!!!!!


Xa vos avisei de que a Katangueira estaba algo mosca.........e cómo me deixou o buga!!!!

Sen maís....abur, yogur!!!!

Alucina.....veciña!!!!!: Humanistas e Asociación de Veciños da Agra do Orzán contra o Escudo Estelar!!!!!!

Se algunha vez vos fixastes na parte lateral dereita do noso blog de Katanga veríades unha selección de vídeos relativos ao noso barrio, o noso equipo e a nosa área natural de expansión: Coruña toda. Pois ben. Un dos vídeos máis insólitos e katangueiros é a Rolda de Prensa que convocan unha serie de organizacións (moitas do ámbito "Humanista") na Asociación veciñal Agra do Orzán convidando á cidadanía a loitar contra o "Escudo Estelar"!!!!!!!!!!!

Web convocante “Mundo sin Guerras”

Páxina da Asociación vecinal Agra do Orzán sumándose ao evento-liada humanista-pacifista!!!!!!

Ala.....para que non vos queixedes....aí vai o vídeo impagable!!!!:



Sobre todo este enredo, unha familia katangueira moi moi pero que moi apreciada no barrio ten algunhas declaracións e confesións que realizar:

"Pois si....eu asistín de incógnito a esa rolda de prensa e estou máis que indignado. Coa de problemas que ten a xente cada día pola crise e todo iso para que se gasten os esforzos en combater á miña Estrela da Morte.....coño xa.......que está a anos luz de Katanga, joder, e non vos fixo ningún mal......aínda!!!!!!", comentounos moi cabreado o coñecido Lord Dark Katangueiro. Lembrade que para contactar con nós como fixo Lord Dark non tedes máis que premer AQUÍ.



"A verdade é que Lord Darkiño xa non vos é o que era desque se enterou do que andan a tramar os Humanistas", declarounos enfurecida Lady Darkitty Katangueira, "que non sabedes o que lle costou construír a puta Estrela da Morte esa do carallo.....que levamos desde 1979 sen vacacións nin nada!!!!!!"

Un pouco máis tarde, xa máis calmada despois duns bos linguetazos de chupito de melón, Lady Darkitty confesounos que, por levar, levan xa a intemerata de anos sen pillar unha boa ración de pulpo con cachelos ou nin tan siquera un raxo con patacas e pimentos de Padrón por iso de economizar. Cómo vos está o patio katangueiro. Qué miseria!!!!!



"Pois si que é unha miseria. Dígovolo eu......que xa non lembro cando papei por última vez un pouco chicha.....que non saio das boliñas de pienso resesas que quedaron de cando as Guerras Clon.......de cando Lord Dark Katangueiro e Lady Darkitty comezaban a xogar aos médicos.....vamos......no pleistoceno superior", asegurounos o chuquelillo da familia despois de deglutir varias galletas de coco que levábamos no peto.

Desde Katanga-Koruña queremos expresar a nosa solidariedade para unha familia boa boa pero moi requeteboa das que apenas quedan no barrio. Unha familia que nunca se meteu con ninguén. Unha familia das que fan barrio, carallo!!!!!!!

En fin.....aquí tedes a proba dos desvelos e outras miserias que tivo que aturar esta xentiña para poderense construír unha Estrela da Morte digna:



En todo caso, eu, de ser un dos organizadores desta marcha contra o Escudo Estelar, tamén denominado Estrela da Morte, andaría con coidado con esta familia.....que cando a xente anda desesperada.....nunca se sabe cómo pode terminar a aventura!!!!!


"Vide....vide aquí se tedes ghuevos......lambóns do carallo.....fillos de Katangaaaaaaaaa!!!!!!!!"

Ala, que cada pau aguante coa súa vela.....abur, yogur!!!!!

V Encontro Internacional de Micoloxía do Arco Atlántico!!!!!!!


Un amigo de Katanga, membro da Asociación Micolóxica Viriato e que ben que sabe da cantidade innúmera de ferroláns que habitan entre nós, convídanos a este Encontro especialmente dirixido aos amantes das SETAS.......pacomé, que non pacolocarse, que mira que sodes malpensados!!!!!!!

En fin, que tedes toda a información no seguinte enlace champiñoneiro que Manolito de Katanga nos conseguiu. Ánimo e a por elas. Ole Ferrol!!!!!!

Información vital para os amantes das setas ……...ben entendido!!!!!!!!

Abur, yogur!!!
>