Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta aparcamento. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aparcamento. Mostrar todas las entradas

Do tren chu-chú ao cochecito leré...

by Katangueiro (con Pacotrón vacacioneando...)

Seica a nova troupe xestora do Concello da Coruña, encabezada por Don Car4los o Benefactor, anda dándolle voltas á isea de pechar, liquidar, eliminar o tranvía turístico da cidade, coñecido popularmente como "tren chu-chú". Non é que sexa eu un dos defensores deste invento posto en marcha polo alcalde meapilas aló por 1997 como a principal ocorrencia daquel mandato. Tampouco é que sexa eu moi defensor das políticas xestoras do público que nos oferta a banda popular, nin coruñesa, nin galega nin española. É por isto que a miña crítica a esta posible decisión teña máis que ver co modelo de transporte público que queremos para unha cidade como a nosa. Europea, creo lembrar.

Cando a posta en marcha do trenciño moitos criticáramos que, de quererse un transporte de carácter meramente turístico, resultaba moitísimo máis rendible comprar ou facerse cuns deses falsos trens a rodas neumáticas tan típicos en cidades de histórica e numerosa presencia turistil. Así, non só podería circuncribirse ao Paseo Marítimo, se non que podería servir para dar a coñecer rúas tan embremáticas da nosa cidade como San Andrés, Campo da Leña, Praza de María Pita, Real, Franxa, Mariña, e un longo etc...Pero o que se fixo ao final supuxo un novo dispendio marca da casa aos que xa estábamos acostumados máis que acostumados e que nos tiñan máis que fartos.

En todo caso, para algúns de nós, xa postos e xa corrido o gasto, podería servir como embrión dun futuro metro lixeiro, do que tanto se fala e co que xa contan noutras cidades europeas. Todo iso, as graves perdas desde o pasado ata o presente, así como as espectativas de ver circular pola Coruña un tranvía de verdade, como os de Valencia ou Lisboa, parello ao uso do carril bici esvaécese entre tanta crise e tanta mediocridade xestora. Volven os bugas!!!!...e volven para quedarse...

Vén isto ao caso de que estes adalides da modernización das políticas locais pensan suprimir, de cara ao último trimestre do ano, o carril bus existente e que atravesa Federico Tapia e San Andrés, en aras de recuperar non sei cantos postos de traballo que, din, se perderon coa súa posta en marcha. Vaia vaia, kruskuaia!!!
Ou como diría o outro: ulos, ulos?????

Únese á desaparición desta medida que facilita a mobilidade do transporte público, independentemente da densidade do tráfico privado, a creación de zonas de carga e descarga para que as/os cidadáns poidan aparcar un ratiño e facer unhas compriñas no centro. Así, poderemos coller o buga desde Katanga, para un rato na dita zona, chonear a mazo por entra as diferentes ofertas comerciais, comprar uns gallumbetes ou unhas braguiñas chulas e para casa!!!! E así pensan combater o poderío extremo dos Centros Comerciais!!!! Chachi que si.

Hai a quen non lle entra na cachola que as zonas comerciais emerxentes dos centros e barrios das cidades europeas (Europa again...) baséanse, precisamente, en quitar os coches daí, peonalizar o máximo posible e potenciar o transporte público. Aí está o tema, e nojn vos seguir dando máis pistas, que igual me se emocionan...E ata aquí podo seguir lendo. Que cada pao aguante do seu velorio. Se pensan os señores e señoras comerciantes que permitindo un uso laxo do coche polo centro conseguirán recuperar a clientes que xa o son de Marineda, Espacio Coruña, Carrefour ou o que lle boten, van listos. Que quiten os bolardos, que así podemos subir o buga á beirarrúa!!!! Pola miña banda, que lles dean...a tod@s...

CURUÑESITO: Egh que yo, con este carro, tengo también migh necesidadegh...de aparcamiento....

Renovación e cambio de pavimento en Katanga!!!! Buá, neno!!!!

by Katangueiro

Nesta imaxe da rúa Mosteiro de Sobrado tomada ao atardecer desde a esquina da rúa Mosteiro de Bergondo amosa os cambios que se están acometendo no pavimento do noso barrio. A apariencia é manifestamente mellor, a mobilidade tamén gaña enteiros. As esquinas impiden o aparcamento nelas, como viña sendo historicamente habitual. A parte que linda co Centro Boandanza e a Parroquia tamén foi ancheada, imaxinamos que para a tender as aglomeracións de xente que alí se producen coincidindo coas diferentes entradas e saídas a ambos os dous centros.

A pregunta que me fan os/as katangueiros: onde aparcamos agora?????

Eu non teño resposta. Por iso valoro moi moito vivir nun piso con praza de garaxe fronte a vivir nun piso sen praza de garaxe. Non todo o mundo mira iso. En todo caso, amiguetes, acaso nunha cidade europea moderna debe primar o vehículo ante a persoa????

Respondan, respondan....

Urbanismo ou barbarie: en Katanga temos Plan

by Katangueiro
Partamos dunha premisa: vale que os modestos administradores deste marinedo blog non cursamos estudo algún de arquitectura, pero quen deseñou Katanga, e por extensión imperial o barrio todo da Agra, tampouco.

Cando se fala do urbanismo que non se debe promover, o noso barrio é un dos lugares máis emblemáticos á hora de contrapoñer calidade de vida versus desenvolvemento, sexa en forma de colmeas, sexa en forma directa de nichos.

Non é, por suposto, o único espazo coruñés vítima do que se deu en chamar "Desarrollismo", nome aplicado coma se dunha burla se tratase.

Efectiuiuonder, Os Mallos, Eirís, Monte Alto, Sagrada Familia, Os Castros, Castrillón....temos na nosa cidade abondosos exemplos de falta de gusto, falta de calidade, falta de espazos verdes, falta de plans de mobilidade -referímonos a aparcar os carros polo menos en paralegal, ou que poidan circular os troles, entre outras cousas- e mesmo falta absoluta de vergoña.

Nestes tempos que vivimos perigosamente, na Coruña discútese polo novo Plan, o PXOUM, que non quere dicir Partido Xosialista Obreiro Unificado Marxistaleninista, como algúns semellan entender, senon Plan Xeral de Ordenación Urbana Municipal.

O curioso deste debate é que non se discuten fórmulas para que o Plan inicialmente presentado por este goberno municipal sexa o mellor posible, xa que estará en vigor polo menos doce ou quince anos, atendendo á vixencia dos anteriores: 1985 e 1998. Non non non non.....o que está en discusión é cómo facelo o peor posible. Cómo garantir que todas e cada unha das aberrantes construcións permitidas ao abeiro da escasa e limitada lexislación franquista ou do supermegafashionista Plan de 1998, chamado "Construye como Puedas", poidan perpetuarse no tempo...e no espazo....máis aló do que un urbanismo de calidade mínima aconsella.

Quen pode ser tan inconsciente como para defender que non se limiten dunha vez as alturas en barrios como a Agra ou Monte Alto? Pois os mesmos mesmiños que consideran, como vos adiantamos mos AQUÍ, que a costa galega aínda admite máis urbanismo. Supoño que se referiran ao urbanismo "Sanjenjil", que tan bos resultados está dando no noso territorio galego. Así vos son os nosos gobernantes, e sen embargo amiguetes, do Partido Popular de Galicia.

Será esta unha especie de declaración apaixonada de amor para coa nosa terra pangalaica??? Será algo así como "Ai, meu amor, déixame que te cubra....de formigón!!!!".

Non volo teño moi claro, pero o que si que entendo é que esta xentiña non tende a habitar espazos urbanos como este de aquí abaixo......

.....por qué será????, que dicía La Bombi (1983-1993), icono sexual do tardofranquismo promovido por Chicho Ibáñez Serrador en plena democracia.

Para rematar -que xa parezo Pacotrón enguedellándoo todo e turrando cara o lado canino das historias- aclararvos que as principais falacias que defende ese protocoruñés chamado Carlitos Negreira en nome do Partido Popular da Coruña son as seguintes:

1. Ninguén debe quedar fóra de Ordenación. Gran demagoxia e mentira. Todos os Plans deixan vivendas fóra de Ordenación. O último aprobado, o de 1998, deixaba moitísimas vivendas fóra....e foi aprobado polo PSOE, como di Negreira, pero co voto entusiasta do PP e redactado -oh, surprise surprise- polo señor Porto, militante pepeiro e ex-alto cargo do Urbanismo madrileño, encausado na actualidade, por supostas prácticas...indecentes. Ofrecéronse daquela os populares a ir casa por casa a explicarlles aos propietarios en qué consistía exactamente esta medida??? Nasti de plasti.

2. As vivendas fóra de Ordenación non poden amañarse. Outra mentira grandísma!!!!. A Lei contempla os posibles arreglos que se poden facer, que chegan ao 50 por cento na norma proposta. Ou sexa, podes tirar a metade do edificio e volvela levantar tal cal. O que non se pode é tirar todo o edificio e volver repetir a barbarie urbanística para goce dos cidadáns dos próximos cincuenta anos!!!!!!

3. As vivendas fóra de Ordenación perden unha parte importante do seu valor. A peor das mentiras. Para comezar, moitas das que quedan fóra desta nova Ordenación xa o estabn antes, polo que dificilmente cambia a súa situación catastral. A maior abundamento -ou abundancia- só no último ano as vivendas baixaron en torno a un 20 por cento do seu valor, grazas á crise económico-financeira que nos montaron os promotores e os seus coleguis banqueiros....que a crise non veu porque nós deixásemos de traballar, non, se non porque estes señores quixeron gañar moitísimo máis do razoable. PRECISAMENTE, é o urbanismo de calidade o que revaloriza os pisos. Iso explica que, por exemplo, sempre custe máis un piso de dez anos nos Rosales que un piso de cinco na Agra. Comprobádeo, comprobádeo, e veredes......A última falacia a respecto da devaluación dos pisos é ocultar aos cidadáns propietarios e propietarias que a metade do valor do seu piso é, en realidade, o valor do solo, que crece exponencial e escandalosamente facendo imposible a MOITÍSIMOS cidadáns acceder a unha vivenda, xa non en réxime de compra, se non mesmo en alugueiro.....

4. Por último, e non por iso menos importante, está o tema dos patios de mazá. Non contenta esta xente con asfaltar as rochas e construír oito alturas en ruelas, pretenden evitar unha norma que garantiza a existencia de contrafachada, isto é, calidade do aire e luminosidade, a través dun patio en condicións, pedindo que, efectivamente, se permita cosntruír ATA O FONDO DO SOLAR, deixando eses patios-cheminea onde os veciños dos diferentes inmobles podemos darnos a man, tocarnos libidinosamente ou mesmo andarnos coa cara.


NENÉ KATANGUEIRO: A ver, pedorro......vai rematando, que pareces Pacotrón cun subidón de chourizos, patacas e grelos!!!!

Pois nada, coleguis. Que aquí estamos así. Que, como diría Don Manuel, "aquí pasou o que pasou", e que se trata de probar un novo modelo de urbanismo que, despois do tempo que se estime deba estar en vigor, haberá que valorar e decidir se continuamos na liña de mellorar a habitabilidade e, por tanto, revalorizar os pisos grazas ao que se dá en chamar urbanismo sostible, ou apostamos pola Liña Negreira do tipo "ti vai facendo, e xa.....", que parece que é o que lles vai a esta xente...e aos que os apoian.


LA BOMBI: Pues yo vivo en un primero del Agra del Orzán y nunca nunca nunquita me da la luz del día....por qué será?????
RAÚL SENDER: Niña niña....no me tires de la lengua que me tiro....yo detrás!!!!!

Ah...antes de marchar, tampouco está de máis que vos informedes das apostas "pola esquerda", como gosta dicir Pacotrón, de cara á elaboración deste PXOUM, consultando Dereito a cidade. A estes non lles dan bóla nos medios, non!!!!!

Ou esta información de Viviendas Coruña.....a maldita e dura realidade sobre as auténticas preocupacións cidadás!!!!

Aburete, tribulete!!!!

Abarrote no Parrote: A Coruña imposible?



Para todos os coruños de pro non hai lugar máis emblemático e marinedo que O Parrote. Por aquí pasearon (e paseamos) todas as parelliñas de namorados da nosa megaurbe....e mesmo en tempos poderías ter visto a Don Millán-Astray, coruñés de pro tamén, acompañando da manciña a algún futuro político local conservadorcillo!!!!

Por todo isto, resúltanos altamente gratificante e mesmo emocionante poder contemplar (e soñar) cun Parrote tal e como nolo presentan Xose Lois Martínez e Carlos Almuíña. Por contra, resulta tamén altamente frustrante que, como no caso da ponte colgante entre A Coruña e Ferrol, este tipo de proxectos de futuro, con futuro e para o futuro aparezan desde xa como soños imposibles, inviables, improbables ou mesmo impropios. No caso da ponte, por falta, seica, de orzamento. Había e hai outros prioridades. No caso do Parrote, por resultar prioritarios, unha vez máis, os imtereses particulares, supeditados estes aos locais. Nós dicimos: VIVA O LOCALISMO KATANGUEIRO, se isto axuda a facer real o que se nos representa nesta afoto.

Non debemos dar máis importancia da que ten que algúns membros do Goberno Municipal coruñés se manifesten total ou parcialmente a favor. Un proxecto coma este precisa, que o saibades xa, dun Plan Director das murallas da Coruña, responsabilidade das diferentes administracións. Temémonos que nunca se chegará a iso. Hai cartos metidos a porrillo para o tema do párking e alguén (non eu) debería indemnizar á empresa construtora e adxudicataria do párking. Ai......que xa estou desperto!!!!!!

Mentras tanto, ou mentras tonto, debemos estar atentos e preparados por se alguén vén pola Coru en Plan Director.....non vaia ser o demo!!!!!!


ALMODÓVAR: Agflsss.......Pues a mi se me ocurre convertir el Porrete ese en un parque temático con molinos manchegos...muchos...pintados de cutre y hortera....y una estatua de mi madre de diez metros de altura, ataviada como si fuera la Vírgen del Rosario, o la del Rocío, o la del Carmen, o la de Triana, la del Perpetuo Socorro, la Dolorosa, la Moreneta....Ya veríamos dónde ponemos a Penélope!!!!


PENÉLOPE: Peeeeeeeeedrooooooooooooooooo....mira que te doy!!!!!!!


ÁLEX DE LA IGLESIA: Pues yo, si me dan pastuca gansa, os la lío ahí como en El Día de la Bestia....con Segura, las Torres de Kío y todo el berenjenal demoníaco ese!!!! Coruña rabuña con el 666!!!!!


MALAMADRE: Non me joder co tema do Parrote, que se fai falla arréovos unhas hostias das que ides berrar Malamadre Nunca Máis!!!!!!!

Aburete, tribulete!!!!!!

Problemas para aparcar en Katanga? Eu....nunca!!!!!!


Xa temos aquí, para todos e todas vós, o revolucionario sistema de aparcamento katangueiro (SAK) que vai resolver os vosos-nosos problemas co aparcamento, especialmente eses días.....si.....eses.......en que non hai nin un sitio!!!!!! Aproveitade o momento e non o dubidedes. Podedes facer os vosos pedidos neste blog ou pinchando AQUÍ, que é onde tamén podedes facer peticións musicais....se é que somos a hostia de guais en Katanga!!!!!



Por certo.......chorvis.......mirade que aluvión de visitas tivemos aí atrás!!!!! Que xa non sabemos quen nos ve.......que hai katangueiros e arrastraos en todo o mundo!!!!!!!




Xa sei que non se ve un pijo....pero algo se adivina, non????????

Que non vos credes que é o noso blog katangueiro??????? Mirade entón neste outro vídeo fallido onde, por un momentiño, veredes que SI que é o noso blog!!!!!!



Ala.....abur, yogur!!!!!!!!