Páginas

Chunguísima decisión da Xunta de Galicia sobre a residencia universitaria da Coruña

by Navia (con algo de retraso...)


Coa decisión da Xunta A Coruña perde outra oportunidade para o crecemento e o desenvolvemento sustentable. É, xa que logo, outro ataque máis aos servizos públicos!!!

Sendo a UDC un dos principais axentes de demanda de vivenda na cidade da Coruña, que debe satisfacer as necesidades de aloxamento de máis de 7.500 estudantes doutros Concellos de Galiza, doutras Comunidades Autónomas e do alumnado orixinario de paises do Espazo Europeo de Educación Superior. Semella que esta nova é absolutamente negativa para a Universidade, para cidade e para a propia educación dos universitarios galegos que deciden vir a estudar a UDC.

Ningunha outra universidade sofre a situación da UDC coa inexistencia no Termo Municipal de oferta pública de aloxamento a precios acordes co nivel de renta dos estudantes.

Un dos obxectivos principais de toda estratexia de aloxamento universitario é reducir o incremento de estudantes que buscan o aloxamento no sector privado e dispor dunha oferta de aloxamento residencial público de calidade adecuada e cantidade suficiente que satisfaga as necesidades de confort para o traballo na etapa universitaria.

No libro editado polo Concello da Coruña no ano 2010 denominado Áreas residenciais universitarias presentábase o proxecto gañador do concurso para residencia universitaria da Coruña. Proxecto que apostaba pola madeira, a eficiencia energética, a experimentación tecnolóxica e o desenvolvemento sustentable.

Tamén se recollían unha serie de artigos no que se recopilaban experiencias, proxectos e aloxamentos universitarios de Europa, do Estado e de Galicia, ademais dun artigo de Xosé Lois Martínez Suárez, pax.121-141, intitulado “Estratexia de aloxamento universitario e UDC”, no que se dá conta da situación do aloxamento universitario na UDC e se denuncia unha situación absolutamente incompresible provocada polos convenios asinados entre o Concello de Culleredo e a Universidade nos anos 1993 e 1994, mediante os cales a Universidade renunciaba a construcción de equipamentos públicos para aloxamento universitario e favorecía os privados.

Do teor seguinte:

1.CAMPUS DA CORUÑA: CONVENIO UDC-CONCELLO DE CULLEREDO- RIALTA

En xuño de 1993, a UDC suscribe un Convenio Marco co Concello de Culleredo para potenciar a construccion de Aloxamentos Universitarios de iniciativa privada, no seu termino Municipal, no que o Plan Xeral de 1985 non tiña previsto este uso, relegando de facto a xestion para o desarrollo das Areas Residenciais previstas no PP-1991

Respondendo a unha solicitude da Sociedad Residencial Rialta SL propietaria de 39.820 m2 de solo en Culleredo (a antiga Canteira Prebetong) clasificados como Solo Urbanizable Non Programado “el ayuntamiento de Culleredo en sesiones plenarias de 19 de agosto y 29 de octubre de 1993, acordó conceder a RIALTA SL, los beneficios derivados del Convenio Marco…” entre a UDC e o Concello, e acorda calificar os terrenos para que poidan construirse aloxamentos universitarios declarando as edificacions necesarias de utilidad publica e interes social.

Tres meses despois, xaneiro 1994, a Comision Provincial de Urbanismo otorga “a la compañía Residencial Rialta SL la autorizacion…para la construccion de una Residencia Universitaria…” na ex canteira de Prebetong.

O 14 de xuño de 1994 na Casa Consistorial de Culleredo, os representantes do Concello, UDC e Sociedade Residencial Rialta SL asinan un convenio no que, entre outros aspectos, concrétase a construccion de aloxamentos universitarios en dúas fases cun total de 500 plazas, “asi mismo se compromete el Ayuntamiento de Culleredo a no autorizar ninguna otra instalacion de este tipo con destino a usos universitarios publicos hasta tanto la universidad no justifique esta necesidad y siempre reservando a favor de la Sociedad Rialta SL las primeras quinientas plazas”.

A xestion urbanistica do Campus central da UDC diseñada no PP-1991 sufre con esta iniciativa un cambio radical de rumbo: a politica de aloxamento universitario publico da UDC limitaráse á concertacion dos precios de 150 plazas en cuartos dobles (hoxe 175 plazas) polas que a UDC abona unhos 240.000 euros por curso academico de subvencion aos alumnos aloxados en algunha das plazas dobles ofertadas por Residencial Rialta, a quen o alumnado beneficiario deberá abonar a outra parte.


No longo proceso de construción da Residencia Universitaria Pública houbo actuacións que axudaron a que a esta residencia estea no proceso e resultado que agora quere darlle a Xunta. Convén lembrar a lentitude de Urbanismo do Concello da Coruña á hora de axilizar todos trámites precisos para a súa construción, a Consellería de educación para axilixar e resolver as expropiacións precisas, a dos propietarios de solo e os seus asesores coa súa política obstrucionista e de reivindicación de máximos, un sector da propia universidade que non tivo a sufiente valentía para resolver os asuntos que se foron presentando (mesmo algún membro do goberno da Universidade puxo proa ao proxecto) e a Consellaría de Vivenda que tampouco actuou coa dilixencia e afouteza que a situación precisaba. Todo este conxunto de factores e circunstancias troxéronnos até aquí. E, xa se sabe, cando esta deireita do PP goberna ten que dar satisfación aos poderes fácticos que a fixeron chegar ao poder, porque o pobo, tamén, se sabe, quere traballo e espetáculo!!!.

De aquí en diante seguiremos comprobando como o goberno municipal do PP vai tecendo todo un sistema de actuacións tendentes a entregar aos seus amigos negocios e máis negocios, aínda queda por saber como van resolver o problema do edificio de Fenosa, o Parque ofimático, O furado do Parrote, o caso Relámpago, a aprobación do Plano Xeral de Ordenación Municipal, o desmantelamento definitivo de Pena Moa e outros moitos asuntos, sobre todo de da carácter urbanístico. Eu xa o adianto: favorablemente aos intereses dos grupos de presión locais e non aos intereses da maioría social, mesmo aquela parte que os votou.

Tempo ao tempo!!!

ANA (PRIMEIRA POLA ESQUERDA): No pisote de Maripili son cinco e un can, onde Juan viven na miseria okupa e a Puri xa non lle collen máis ex-mozos no ático....a ver onde carallo acampo hoxe.....
ELENA (NO MEDIO): Vou facer como que chapo, a ver si non se dan conta de que teño camastro grande!!!!
UXÍA: A ver como lles digo aos meus puriles que conten conmigo ata final de 2020....mínimo!!!!!


Así está o patio, nenos!!!!

Á procura da esquerda soñada (a la recherche du temps perdu)

by Katangueiro

Temos tan interiorizado que vivimos tempos vertixinosos que damos quizais relativa importancia aos cambios que nos rodean. Somos tan relativistas coas nosas propias vidas que mesmo recoñecendo as enormes transformacións que estamos a vivir e notando o cercano alento da besta neocon azoutando Europa, dubidamos de todos os aires de cambio que prometan unha sociedade mellor. E iso que a nosa sociedade é manifestamente mellorable. Vaia se o é!!!!

O resultado das eleccións municipais do pasado 22 de maio, unido ao posterior resultado electoral no veciño Portugal, constatan que nesta crise hai unha Europa vencida e unha Europa vencedora. En canto a modelos, desde logo. En canto a Estados, vai por barrios. Adepende do amigo americano.

Pero do que non cabe dúbida é de que algo se está a mover entre unha parte farta da sociedade, formada basicamente por mozas e mozos sen espectativa, ou en espectativa de desesperanza, ben sexa nos depauperados países do Magreb, ben sexa na desenriquecida europa meridional. Habitan en nós eses aires de cambio dos que vos falaba e, pouco a pouco, semella medrar a idea dunha nova esquerda, máis social, máis adaptable ás transformacións, máis participativa e, polo tanto, horizontal. Máis modelo, tamén. Máis contrapeso e contrapoder. Unha esquerda que ofreza unha alternativa válida, viable e xusta. Caia quen caia. É disto do que se está a falar estes días.

O movemento d@s acampad@s cumpre un mes. Fóra da aparición de mensaxes contraditorias ou líderes de discutible coherencia, moito do que se nuclea arredor deste movemento que reivindica e practica o asemblearismo como fórmula diaria de entendemento é descontento social. Descreimento do modelo imposto. Esixencia de cambio profundo. Soberanismo individual, quizais. Un preludio do soberanismo colectivo. Este domingo teñen convocadas concentracións en todo o Estado. Aquí celebrarase en Santiago de Compostela. Haberá quen desconfíe. Eu fágoo. Pero o certo é que se hai quen demanda unha democracia real, haberá que ofertar tamén unha esquerda real, habida conta de que a dereita real xa habita entre nós. Será unha pedra de toque do que aínda queda do movemento inicial e servirá para calibrar, seguramente, o actual calado da protesta. As imaxes de acampad@s entorpecendo as investiduras dos novos gobernos son contraditorias. Por un lado, non. Por outro, sen embargo, si. Se acreditamos na vontade popular expresada, non. Se acreditamos que non se reúnen as mínimas garantías democráticas que a validen, si. En fin, que a Divina Pastora nos protexa...

Un día antes, o sábado 18 de xuño, celébrase na mesma cidade un Encontro Aberto para "escoitar, pulsar a opinión, debater, tomar nota, informar e informarse con todas aquelas persoas -militantes ou non do BNG e das súas correntes- cidadáns preocupados e preocupadas polo que está acontecendo", nas súas propias palabras. Este acto aberto vén impulsado desde o Encontro Irmandiño, a corrente do BNG liderada polo señor Beiras. Se ben semella inicialmente pensado para un consumo interno arredor da crise do proxecto nacionalista no noso País, está a dar cabida a persoas de todo tipo simplemente PREOCUPADAS, pero non rendidas. Sei que o Pacotrón andará por alí. Que a Divina Pastora nos ilumine....

Hai poucos días apareceu tamén un manifesto impulsado por unha vintena de persoas comprometidas coa esquerda política e descreídas da esquerda actual. Coñecido como Iniciativa BenComún, o manifesto aposta por "reactivar a participación cidadá na esquerda nacional". As adhesións a este texto inclúen militantes do PSOE e do BNG, así como exmilitantes e persoas de variada adscrición. Anuncian un acto aberto para o próximo 2 de xullo, tamén en Santiago de Compostela. Que a Divina Pastora nos ampare....

Estase a mover polas redes un documento chamado Declaraçao Galega de Soberanía, cun importante apoio recollido, especialmente do disgregado mundo independentista e de certa intelectualidade nacional. Para min que toda soberanía colectiva debe partir da soberanía individual, a que nos debe permitir vivir, e vivir ben, totalmente afastados dos modos de consumo e das ataduras económicas que se nos queren vender como modelo correcto ou, cando menos, o menos malo dos modelos. Galicia pode ser independente e Núñez Feijoo o seu Presidente. Os cambios que se queren son, quizais, máis profundos. Que a Divina Pastora nos colla confesados....

E todo isto aquí, ao lado da nosa casa. Hai un referente novísimo, de esquerdas, frontista e soberanista no caso de Bildu que non pasa desapercibido. Está por ver o que a Divina Pastora nos depara.....

NOTA: Divina Pastora: grupo de vivendas situado no barrio coruñés da Agra do Orzán. Estas vivendas "baratas" deron saída á crecentísima demanda proveniente da poboación rural trasladada ás cidades, especialmente a partir dos anos setenta. Podedes ver esta estupenda foto de aquí tomada desde a Ronda de Outeiro!!!

Carlos Negreira e Millán-Astray: Vuelve el Hombre

Reproducimos, con ou sen "cubrición" mediante, este artigo publicado o 11 de setembro de 2009. Vexan, vexan que agoireiros somos!!!!! Nótese que este texto é o que se pode ler en terceiro ou cuarto lugar de buscardes en google biografía Carlos Negreira. Hai que tirarlle das orellas a alguén, certamente.....A entrada orixinal está por aquí mesmiño.....cos seus comentarios do momento....Ai...que tempos....


Resulta altamente interesante comprobar cómo a ideoloxía fascista española, o franquismo, tamén chamado nacional-catolicismo, sigue atrapando a xeneracións enteiras de españois de todo tipo e condición. Supoño que serán os seus eternos valores morais....valores que eu aínda non vin pero que andarán por aí mesmo, coño, que son xente de misa!!!!!!
A última das últimas é a que nos acaba de regalar o candidato a Alcalde de La Coruña (con ele, claro, que en gallego es una vulgaridad!!!!) Don Carlos Negreira coa súa bizarra defensa da figura de José Millán-Astray, apelando,iso si, ao seu....CORUÑESISMO!!!! Ben. Cando menos de nacimento.

Efectivamente, este alcaldable opina que Don José Millán-Astray foi un home de pro....que qué será iso de pro....pronazi? profascista? protestón? Prometeo?????...así que TODOS A SALVAR A ESTATUA DO FUNDADOR DA LEGIÓN ESPAÑOLA!!!!!!

Pero o caso do Don Carlos non é nin único nin aillado. O líder popular coruñés sigue a estela de outros prohomes que o precederon na defensa dos fascistoides....Qué emperre!!!!! PARA CANDO A XUSTIZA LLES DÁ UN TOQUE POR APOLOXÍA DO TERRORRISMO????

A todo isto, e para colmo de males, hai que aturar a BASURAZA de ver cómo se aproveita dunha muller, coruñesa tamén, que non atopou escola infantil para os seus dous xemelgos. Tan só para un. POIS NADA, NADA, que llo diga a Carlos Negreira, que lle diga que cántas escolas infantis construíu a Xunta, a que ten as competencias, na nosa cidade??? Qué pasa coas que aprobou o anterior Goberno Galego??? Que pregunte, que pregunte, e que se informe antes un pouquiño, se quere evitar que o seu gran problema non sexa empregado por "aguiluchos" para expresar outros intereses.

UNHA VERGOÑA!!!!!


Reconozco que me calenté un poquito.....es que me sale el Lacoruñesismo por los poros...a flor de piel!!!!

Pero é que o fundador do Partido Popular xa se ten manifestado abertamente a favor do que significou o réxime franquista.....do que el formou parte, claro. E que parte, oighan!!!!



Si fuera usted un hombre....yo le......!!!!!!

Tamén resultaron moi apreciadas as manifestacións de Mayor Oreja, recordado por combater o terrorrismo de ETA e defender, ao mesmo tempo, a calidade de vida e tranquilidade que se respiraba con Franco!!!!!


Hombreee....je je je.....yo en esas declaraciones me refería, más bien, a algunos de nosotros...que vivíamos de puta madre, eso es cierto. Nunca quise hacer referencia a los rojos ni separatistas...esos no, como es comprensible....



Eeeeeiiiiiii...mei amici!!!!


Por último, una pregunta:

QUERES QUE CARLOS NEGREIRA SEXA O PRÓXIMO ALCALDE DA CORUÑA????
POIS XA SABES....NON VOTES......ELES SI QUE VOTARÁN!!!!!!!!!!!!


A ver a ver...que todos temos pasado, home, e é de bos cristiáns perdoar....aos que mandan!!!!!


Abur yogur...Boa finde!!!!

Demolición e silencio

by Pacotrón

Non, non estamos a falar do edificio Conde de Fenosa. Ese non se vai tirar. Xa está Don Carlos o Benefactor atarefadísimo atendendo ao clamor social que pide a súa legalización. Falamos de políticas de incidencia social, como son a igualdade, a mobilidade, a participación, o emprego ou a promoción do galego. Comecemos por esta última.

Xa sabíamos que en tempos de bonanza económica a promoción do galego sobraba, xa que do que se trataba era de abrirse ao mundo, globalizarse. E non entendo por que non se podía un globalizar en galego cando un si que se pode globalizar, poñamos por exemplo, en luxemburgués. Agora que estamos en crise, tampouco resulta acaída a promoción do noso idioma. Seica é un gasto innecesario. Hai que aforrar para que a banca recupere o seu ritmo (natural) de enriquecemento indecente. Iso si que importa.

Tamén sabíamos que a igualdade sobra na casa popular. En tempos de bonanza é inútil, pois todos os españois e españolas somos iguais ante a Lei e só se miran os méritos persoais (?). En tempos de crise é aínda máis inútil, porque todos e todas somos iguais, claro, pero hai uns máis iguais que outros.

Que o emprego se asocie á empresa e a participación cidadá tamén é só un pálido reflexo ideolóxico que se lles escapou entre os dedos. Hoxe sabemos que os beneficios empresariais non son sinónimo de creación de emprego, se non todo o contrario. Aí temos o caso Telefónica ou o caso das nosas antigas dúas Caixas galegas: canto máis gañan máis recortan...ou era ao revés????? Sobre a participación diremos que se nos pretende facer "partícipes" dese modelo económico neocon. Que bonito!!!!

E mira que xa estábamos advertidos sobre as políticas de mobilidade deste novo goberno municipal. Quitarán bolardos e carril bus??? Voltarán os bugas de caché para estacionar sobre a beirarrúa de San Andrés, como sempre foi tradición???? Qui lo sá....

E sempre ese silencio cómplice nuns medios de comunicación que ocultan a gravidade do recorte. 

Ai...tantas e tantas cousas que desaparecerán como bágoas baixo a chuvia...

DON CARLOS: Hombreeee.....si llueve un poquitito siempre puedes llevar paraguas...hasta que escampe!!!! Jijijijijijijiji....jito...........(que no me pregunten por la cubrición...que no me pregunten por la cubrición...por Dios!!!)
SEÑOR SENTADO Á DEREITA DO BENEFACTOR: Pero qué picaruelo es usted, Don...

Dous vídeos imprescindibles

Por recomendación da Msarkadina e dunha amiga combatente insurrecta que habita na área metropolitana coruñesa deixámosvos estes dous vídeos, moi diferentes entre si pero IMPRESCINDIBLES. O primeiro é unha visión humorística pero real do que ocorreu en España nestes últimos anos. O segundo é de máis fondura e ámbito internacional. Está realizado en 2006 e fala do que estamos vivindo actualmente. Entre outros, aí está Galeano...

Noutra orde de cousas, podemos confirmarvos a entrada no equipo de Katanga Koruña dun novo colaborador. Chámase Navia e pronto, moi pronto, teremos máis novas del. Benvido Navia...de Suarna????


El orden criminal del mundo from Turkestana on Vimeo.

Máis sobre o absurdismo

by Pacotrón

Onte celebráronse en Portugal novas eleccións. Veñen convocadas a raíz de non ter podido o Partido Socialista de Sócrates sacar adiante os seus orzamentos do Estado para 2011. A imposibilidade de acadar acordos parlamentarios -que sumasen unha maioría responsable de cara a sacar ao conxunto do país da delgada liña vermella que separaba a fin de ano aos estados "rescatables" dos estados "solventes"- provocou a dimisión do señor Sócrates, convocatoria electoral incluída, e a entrada de Portugal no fondo de rescate europeo. Aquel día o Sócrates compareceu ante a prensa absolutamente abatido, en tanto o principal partido da oposición, o PSD (o noso PP), celebraba a caída do goberno socialista, celebración que non se viu empañada pese a que isto supuña entregar o país aos ditados dos mercados e empufarse socialmente por décadas en tanto a banca, outra vez, desentendíase completamente da desfeita global. É curioso o destes neocons...moito presumir de patriotismo e tal e pascual e non lles dá grima axudar a arruinar a todo o Estado con tal de sern os novos gobernantes, como acaba de acontecer. As celebracións de onte pola noite nas sedes do PSD non semellan razoables, se atendemos á terrible situación na que se atopan os cidadáns e cidadás portugueses. Que está pasando? Pois que a dereita, máis extrema que nunca, avanza ao galope desta crise, tomando aldeas, cidades e países, arruinando economías e recortando os dereitos do que se deu en chamar "Estado do benestar". Xa o dixo Rajoy: "En España tendremox el extado de bienextar que podamox", ao que lle falta finalizar con "que podamox conxentir lox que creemox que el beneficio emprexarial extá por delante del conjunto de prioridadex xocialex". Claro. E en Portugal, onde máis que no Estado de benestar vivíase no Estado de estar e punto, estes recortes serán aínda máis dorosos para o conxunto da depauperada cidadanía.

A poucos días de investirse as novas corporacións municipais e autonómicas, a tónica española non dista moito da que sacudiu Portugal en meses precedentes. Son tais as ansias de destruír ao adversario que goberna que non se dubida en poñer a economía ao borde do abismo. Como se non se entenden as diferentes declaracións de futuras e futuros concelleiros/as e deputadosd/as poñendo en dúbida a solvencia das institucións públicas e mesmo a súa capacidade real para pagar nóminas se aínda non tomaron posesión nin dispoñen, como recoñecen sen rubor, de suficientes e actualizados datos sobre o estado real das contas? Fixádevos, en Castilla-La Mancha a señora Cospedal pon en dúbida o pago de salarios para logo indicar que iso vaino amañar o PP, entre outras cousas, privatizando a TV pública. Ah, xa....

Na Coruña, un concelleiro electo (Flores) adianta graves problemas financeiros que, literalmente, se inventa, xa que este home non pode coñecer as contas de cada departamento ata que vaian tomando posesión el e os seus compis. Úlome privatización de servizos sociais...

Como molo!!!!!

É que este absurdismo que nos rodea, tan destrutivo, pode acabar estalándolles na cara. Temos un exemplo moi claro no caso dos pepinos. Morre xente en Alemaña e desde o seu goberno conservador apúntase a España e á agricultura ecolóxica, orixe desta doenza. De novo, penosas noticias relativas ao noso Estado katangueiro que parten do todopoderoso e solventísimo Estado Alemán. E van....Pasados os primeiros días é tan evidente que hai doentes que non consumiron eses produtos que as perdas do sector hortícola español son tamén as perdas do sector hortícola alemán. A xente deixa de comprar froitas e verduras ata que non se aclare o enredo, e deixa de comprar todas. O tiro pola culata, pero a operación global era de medo: liquidar o cada vez máis potente mercado agrícola ecolóxico español, poñer ao partido gobernante nunha situación económica e anímica insostible, facilitar e acelerar a chegada do señor Rajoy á Moncloa e conseguir, ao final, que España sexa rescatada polos bancos alemáns. Ole. Aos populares válelles con tal de mandar canto antes. Ademais, apúntase ás Autonomías como apuntaladoras do déficit. Que listos!!! Os bancos e Caixas hai que salvalos e proveelos. As Autonomías hostias.

Échevos o que nos ten o absurdismo, que cambian os significados das palabras ao seu antollo e alteran a sintaxe con mentiras e medioverdades moi acaídas aos seus tradicionais intereses. Así, chámanlle Fondo de Rescate a o que é un Fondo de Secuestro da economía de todo un Estado, literalmente. Falan de servir ao pobo, á xente, e liquídase o estado de benestar en aras da salvación dunhas entidades financeiras que, de certo, non gañan o que queren ou desexaban pero que REALMENTE NUNCA ESTIVERON EN PERIGO. Ou é que credes que os directivos de CaixaGalicia e Caixanova, agora reunidos "Géiper" tiveron en algún momento desta crise problemas de solvencia ou liquidez???? Viron acaso gravemente mermado o seu patrimonio??? 

Continuará...seguro.

PASSOS COELHO: Jijijijijijijiji....aaaaaaiiiiiii...... Juajuajuajuajuajuajuajuajua!!!!! Como molo!!!

Revisionismo histórico (Se eles poden, Msarkadina tamén)

by Msarkadina

A Real Academia de Historia vén de gastar 6,4 millóns de euros nun tochazo co que nos intentan persuadir de que Francisco Franco Bahamonde NON FOI UN DICTADOR ou que José María Aznar perdeu as eleccións xerais de 2004 porque o PSOE manipulou á xente a conta do desastre do Prestige (galegos, galegas: Non temos nada que dicir?). Nin unha palabra para as persoas represaliadas desde 1939 a 1975 (por non falar da xente que padeceu a ominosa Ley de Vagos y Maleantes de 1954, máis coñecida como “La Gandula”, reforma da lei republicana de 1933, pero moito máis represiva e opresiva). Ole, ole y ole.

¡Viva el orden, viva el Rey, viva España y la ley!

Dado que o disparate paréceme moi caro postúlome para facer un revisionismo acorde cos tempos: políticamente correcto e moi, moi amable. As miñas tarifas son moito máis económicas e cito as miñas fontes. Neste caso, "Platero y yo". Unha das miñas avoas, cando se lle acabaron os epítetos, deu en chamarlle "Mula Francis" (un personaxe cinematográfico moi famoso nos anos 40-50). Para non ferir sensibilidades eu prefiro comparalo con Platero, o burriño que creou para a literatura Juan Ramón Jiménez. Xa que nin abrimos un libro (xógome unha man a que haberá quen crea que isto vai polo grupo “Platero y tú”) e xa que nin vemos o Barrio Sésamo vai sendo hora de que alguén poña as cousas no seu sitio ("Niños, niñas: hoy vamos a explicaros la diferencia entre democracia y dictadura). Eu non estudei historia pero para o revisionismo este, tanto ten. Neste tudo-vale a miña interpretación vale tanto como as demais:

“Franco es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera, que se diría todo de algodón, que no lleva huesos. Sólo los espejos de azabache de sus ojos son duros cual dos escarabajos de cristal negro. Lo dejo suelto y se va al prado, y acaricia tibiamente con su hocico, rozándolas apenas, las florecillas rosas, celestes y gualdas... Lo llamo dulcemente: 'Franco, Franco, Franco?', y viene a mí con un trotecillo alegre que parece que se ríe, en no sé qué cascabeleo ideal...

Come cuanto le doy. Le gustan las naranjas mandarinas, las uvas moscateles,todas de ámbar; los higos morados, con su cristalina gotita de miel... Es tierno y mimoso igual que un niño, que una niña...; pero fuerte y seco por dentro, como de piedra. Cuando paseo sobre él, los domingos, por las últimas callejas del pueblo, los hombres del campo, vestidos de limpio y despaciosos, se quedan mirándolos:
- Tien’ asero (Tiene acero)".


Algunha conclusión (ó chou), que non estamos para moita leria:

1.- Non foi unha dictadura senón unha dictablanda.

2.- Franco era a reencarnación humana de Mimosín antes de que existise Mimosín.

3.- Houbo xente que o viviu con normalidade e naturalidade, como a familia Mayor Oreja (Jaime Mayor Oreja dixit en 2007, cun par).