Páginas

A lei do silencio

Compartir
by Katangueiro



Se ben hai ocasións en que un se sinte coma Sísifo, condenado ao xogo infinito de subir o pelouro ata o cumio inalcanzable para ver, sempre e en todo lugar, como esa rocha maldita cae ata o máis profundo do val unha e outra vez, hai outras moitas en que me recoñezo a min mesmo máis coma unha sorte de Terry Malloy, ex-boxeador algo sonado pero guapote que currelaba para o mafioso Johnny Friendly no enorme filme "A lei do silencio" de Elia Kazan.

O pobre de Terry, farto dos criminais procederes do seu taimado coronel suburbial, decide converterse nun delator, por obra e gracia do amor e do bo curilla que interpreta Karl Malden. Hai quen di que este filme foi a resposta que o grande director de orixe grega deu a todas as persoas que pasaran do sentimento de admiración ao de noxo polo seu testemuño contra compañeiros e compañeiras do Hollywood máis liberal durante a "caza de bruxas" emprendida polo corrupto e alcoólico senador Joseph McCarthy. Os mafiosos portuarios serían, nesta metáfora política, as súas antigas amizades comunistas e o propio Terry Malloy un trasunto, e vaia trasunto, do mesmísimo Elia Kazan. Deleznable.

O por qué destes sentimentos que asoballan o meu espírito animoso ata caer rendido, ben xa for polo peso da consciencia que roda monte abaixo, ou ben polas hostias ben recibidas no careto, que é o lugar onde os malos gostan de deixar marcas de castigo indelebles, non acaba de aparecérsem nin acaba de iluminarme ante o camiño que deba percorrer ante o derrubamento da casa onde habito, que é o meu propio corpo. Eu mesmo.

Unha idea non se me marcha dos miolos nestes últimos e sardiñeiros días. Cando rapaz, discutía moito cun meu amigo de corte trostkista e posado revolucionario. Segundo el, as crises do capital canto peores, mellor.
E nesas están moitos líderes sindicais actuais. Os galegos tamén, inocentes eles. Do que se trata agora, e seica hai quen se quere dar por enterado e hai quen non, é de que as crises do capital non inciden directamente sobre quen as causa. Nin siquera sobre o capital in sensu strictu. Inciden sobre as capas máis humildes da sociedade, capas que se reviravoltan ideoloxicamente cara á dereita, cando non ultradereita, procurando no discurso insolidario todas aquelas respostas que os informativos de radio, televisión ou prensa escrita, non semellan atopar ou expresar. Respostas que a esquerda, cainita ela, tampouco é quen de condicionar desde unha perspectiva puramente social.

No político, por outra banda, e coa importancia que terán as próximas eleccións -e as seguintes, e as seguintes, e as seguintes das seguintes...- asistimos impasibles ao esfarelamento das diferentes alternativas que se poderían conformar desde unha análise crítica que parta da "masa" social inconforme para dar chegado -é a pedagoxía, estúpidos- á gran maioría social. Tanto ten ese nacionalismo de esquerdas que no noso País representa o BNG como a "neo-refundación novamente novidosa da nova esquerda" que se nos presenta estes días desde a quase extinta IU. O máis triste e penoso é que, para moitísimos cidadáns, a alternativa está no PP.

Isto é o que non entendía o meu colegui e é o que non entenden moitas persoas na actualidade.

A lei do silencio imponse. O silencio dos cemiterios.

Será que nos suben o IVE. Será que Portugal xa o fixo hai tres anos e as cousas foron a peor. Será que temos medo e non damos atinado na correcta diana. Será falta de confianza en nós mesmos. En nós propios, por dicilo máis apropiadamente.

KATANGUEIRO: Pois non hai mal que por ben non veña. Con isto da putada que me fixo Hermes estoume poñendo dun cachi.....!!!!!!




Abur, yogur!!!

Exercicios de patriotismo barato...

Compartir
by Pacotrón




Que se me entenda ben. Cando falamos de exercicios de patriotismo barato referímonos, como non podía ser doutro xeito nas especiais circustancias económicas que padecemos, a cousas, feitos, eventos, realidades que supoñen un xesto de heroísmo patrio ao servizo do ben colectivo....Falamos da eliminación de italianos e franchutes do mundial este. Qué pensábades, malotes????

Falamos, pois, de que estes países-estado vanse aforrar unha boa pasta gansa grazas á sufridísima e temperá eliminación dos seus combinados "nacionais" ás primeiras de cambio en Sudáfrica 2010. Un choio para as sufridas arcas públicas destas dúas repúblicas!!!

Inglaterra e Alemaña, facendo honra ao seu espírito práctico, pactarán a eliminación dunha soa delas polo qué dirán....e supoñemos que será Inglaterra...que non se pode estar acojonando á peña con recortes sociais dos que non se falou durante a recente campañita eleictoral e facerse cargo, por exemplo, dunha selección que chega a semifinais ou algo....co que custa manter aos anxeliños!!!!Que se hotelazos, que se rapazas liberais que saben idiomas, que se comidiñas especiais, masaxiños diarios, sesións de sauna e chorro....Un diñeiral!!!!!

España e Portugal, pola súa banda, xa pactaron atoparse en oitavos e resolver pola brava tanta presenza europea no mundial e tanto gasto de Deus. Portugal empatará con Brasil, que para algo foi a súa colonia ata antonte. España enfrontarase a Chile....que tamén foi colonia...Madre del amor hermoso!!!! Ata é posible que ningunha das dúas chegue a cuartos, co alivio pecuniario que iso suporía es Estados onde se pagará por cousas que xa pagou Paco Pobo dabondo. É que non se pode subir o IVE así como así e pretender asumir os custos de ter unha sele campiona do mundo!!!!!


Menos mal que nos queda Eslovaquia, porque Holanda, co follonazo político que se teñen montado, non dará para moito máis. Tamén creo que Dinamarca lle debía pasta a Xapón, non????

En fin. Unha triste Europa nun triste mundo....pero como dixo a Súa Maxestade: "Todos debemos apretarnos el cinturón". Será para que non nos caian os pantalóns, supoño.


BERLUSCONI: Ha, ha, ha, ha.....é vero questo dell aforro economico, mai a la ritorna dei "queridíssimi" ragazzi della azurra haberai vendetta absoluta e brutale!!!!!!! Io vado gtioccare a la Itate Media con il suo culo!!!!!



SARKOZY: C`est la merde....pardon....c`est la vie...la vie de merde pour le bleu!!!!




XOGADORES: É que non potiamo soportare un giorno più questas maledettas vuvuzelas!!!!



Uf...cómo está o patio!!!!! Abur.



The day after: Mundo Sardiña

Compartir
a elucubreison by Pacotrón





Descoñezo se tivestes algunha vez o enorme "pracer" de percorrer, atravesar máis ben, Katanga toda contra as oito da mañá seguinte á noite de San Xoán.....Santo maldito, maldito santo.


A mistura de restos orgánicos procedentes dos fondos mariños das cercanas, e tanto, costas atlánticas domina a paixase urbana desde o fondo dos recolectores de lixo, o asfalto para o tránsito de vehículos, as beirarrúas deseñadas para a mobilidade humana, ata o parabrisas dalgún Peugeot tuneado. Tal son os tentáculos do reinado sardiñil.


Non sei ben por qué, pero este animaliño resulta tan agarimoso ao paladar nunha luminosa e soleada noite de finais de xuño como desagradable mesmo á vista transcorridas, apenas, unhas horiñas de nada e unhas cantas sardiñas devoradas regadas con birra ou viñote malo, no seu defecto. E qué defecto.


A señora que vende o pan, o quiosqueiro resacoso, o matrimonio da cafetería, os clientes de todos, ULEN A SARDIÑA!!!! Eu mesmo, non pillo a razón, ulo a sardiña pese ao importante aseo persoal dese día e o completo cambio de atuendo, por se as moscas. Literalmente,.....ULO A SARDIÑA!!!


Hai uns anos, un coñecido mesón do barrio, farto da chantaxe dos prezos deste peixe elemento, pasouse aos xurelos con ánimo de crear escola. Xurelos en San Xoán. Nunca tal fixera. Precisamente os veciños e veciñas, eses que en todo o ano non se toman nin un café ou unha cocacola nese hosteleiro lugar, armaron tal escándalo ante tamaño sacrilexio que nunca, pero nunca máis volveu ocorrer tal cousa. Eu probeinos encantado, e repetín e repetín. Iso si que vos é un peixe. Rico, con sustancia e nada desagradable á vista na mañá conseguinte.


Por qué non cambiamos de bicho? Eu qué vos sei. A min plin, que son de Lalín, pero eu xa hai anos que traizoei tal tradición e paseime inmisericorde, como tantas e tantos katanguistas, ao excelente, agarimoso, sustancioso, belido e parsimonioso churrasco. De porco, de cuxa, de cordeiro, de polo.....Churrasco mítico. Churrasco histórico. Churrasco galego.


Dentro dunhas horas, Katanga ulirá a sardiña. A Coruña toda tamén.


Sabíades que hai días en que ule a sardiña na Coruña e non son San Xoán?



SAN XOÁN: Mira, neno, a próxima vez que me volvas responsabilizar das porcachadas que organizades a conta do meu nome vaste meter este dedo por onde vas cagar as espiñas.....E para colmo, sen pagarme un puto royaltie polo uso da miña "marca"!!!!


Abur, yogur.....


De benefitientia publica: Don Carlos o Benefactor

Compartir
by Pacotrón


Nos ominosos anos de miseria e carencias tanto de índole pecuniaria como moral -anos pasados e, case case, presentes- era común característica de diferentes señoras de alta alcurnia e copete pagar o seu sen fin de pecados e vicios nefandos que daban, con gran sufrimento, cometido desenvolvendo con apoteose de xenerosidade un intenso labor social. Consistía este, basicamente, en atención a desvalidos e doentes, inmisericordes todos eles, mais rebaño de Deus a fin de contas.

Sopa boba, que así a nomeaban moitas persoas, moi humildes tamén e de sincera e sentida relixiosidade, que vían aquela hipocresía absoluta da parafernalia de repartir cazolo a cazolo unha sorte de alimento líquido de diferentes densidades, segundo a observancia, entre un desnutrido grupo de humanos, extraídos xa da súa condición, por parte dunhas señorotas ben vestidas, de ampuloso nome e cansino apelido tintineante. E todo isto ás portas das igrexas e conventos, dos concellos e centros sociais, procurando a bondadosa, dadivosa e misericordiosa mirada do Eterno pola vía máis directamente posible. Que boas as señoras. Con que servidoras nos da gozo o Señor!!!!, debían dicir os peticionarios desde o seu estado de miseria.



Unha amiga de Katanga, escasamente katangueira mais de orgullo choni, comentoume hoxe totalmente indignada como certo líder da dereita local, Carlos Negreira o benefactor, aproveitou unha unidade móbil de doazón de sangue para cumprir coa solidaria obriga non sen antes realizar convocatoria de prensa. Ela que leva anos doando sen dicirllo a practicamente ninguén!!!!

Non é a primeira vez que este tipo de feitos ocorre. De certo, en contadas ocasións, diferentes políticos de diferente sinal e/ou cor proceden a realizar ante os medios unha acción conxunta de carácter solidario, ecolóxico ou mesmo lúdico, con tal de motivar o persoal e irnos animando á súa práctica. Non semella que sexa este o caso. A nosa amiga insiste en que nas emisoras de radio locais só nomearon a Carlos o benefactor, pero o feito é execrable fágao quen o faga.

Moitas son as formas de facer política social, de educar na solidariedade e en dar información sobre necesidades que están aí mais, ás veces, tendemos a esquecer. Aparecer nunha unidade móbil de doazón de sangue con escolta mediática, xa garantidos os titulares do día seguinte na Voz, na Opi e no Ideal, semella unha sorte de compensación excelsa do sacrificio intravenoso a realizar. Non moi cristián, por certo.....ou si????



Noticia do sacrificio solidario-mediático de Don Carlos



CHICO RUBITO: Y qué, Don Carlos....¿Cuánta sangre le llegaron a extraer esos mastuerzillos?
DON CARLOS O BENEFACTOR: Bué.....no sé....¡ocho litrazos, como mínimo!


Abur, yogur.....

Morra a crise, viva o peloto!!!

Compartir
by Katangueiro

ADVERTENCIA: OS COMENTARIOS AQUÍ EXPOSTOS PODEN FERIR A SENSIBILIDADE, A SUSCEPTIBILIDADE E MESMO A MORALIDADE DE DETERMINADAS PERSOAS. AVISADOS QUEDADES.




Que é máis patriótico español, desexar que la roja gañe o mundial ou, polo contrario, desexar que a chimpen ás primeiras de cambio???

En vista das noticias publicadas estes días sobre
as primas que estes rapazolos van cobrar se levantan a copa do mundo, semella claro que a resposta correcta é a segunda opción. Que non cheguen nin a cuartos, que así non ven un chú!!!!

Pero eu pregúntome -
un tanto asín avergoñado de pertencer á raza humana- se non houbo nin un deses rapaces que cando se lles deu a coñecer o que cobrarían se gañaban o mundial que comentase: "Home, graciñas polo pastón, pero como que me chega sen problema coa terceira parte diso para manter os meus chaletes e os da miña familia, os meus vinículos deportivos e os da miña familia e os meus liguetes e os da miña familia.....". Pero de verdade que non houbo nin un tan só cun mínimo de decencia que se percatase que nestes tempos de retricións dirixidas contra os máis febles NON ERA DE RECIBO NIN OPORTUNO NIN ECONOMICAMENTE CORRECTO aceitar unha prima así???????

Tampouco se entende ben, como denunciou un deputado do BNG no Congreso, que nestes tempos de apretarse o cinto
todo dios haxa clubes de jumbol gastándose o indecible mentras non pagan as débedas con Facenda e Seguridade Social. Probade vós a facer tal, a ver, a ver....Neste grupo de carotas, o caso do Real Madrid pasa de castaño escuro. Fichan ao Mouriño pola intemerata mentras deben á Administración -a nós- máis de 115.000 millóns das antigas pesetucas!!!!!! Non, se o día en que esa "casa" quebre, aínda será cuestión de Estado habilitarlles un
Fondo de Rescate como o da Banca!!!!!

E ao tempo, o Banco Mundial, eses cracks que non se enteiraron de que o temilla das hipotecas-lixo ía acabar mal pero mal mal, advírtenos que Spain is different e está moi grave, pero que as medidas de "axuste" van ben encamiñadas......Xa veredes que pronto se nos ofrecen para un prestamito salvador en cómodos prazos e ao 6 por cento de nada....que de algo teñen que vivir estes señores!!!!!!


EJECUTIVO: Uf, cómo está el patio....El año pasado me sobraban 10.000 fantastillones de nada y este año sólo me sobran 9.500.....Qué indignidad!!!!


E que dicir sobre o espectáculo en si, o mundial de Sudáfrica??? Seguro que o agardaban superansiosos os millóns de persoas que nese continente, algúns nesa mesma Sudáfrica, non teñen nin o máis mínimo imprescindible para sobrevivir, ou os nenos da guerra, ou as nenas escravizadas sexualmente, ou o conxunto de seres humanos informe que non chega aos 45 anos de esperanza de vida.....Que preferencias deportivas guiarán a estas persoas???? Estarán con calquera país africano, por iso de barrer para a casa, ou caerán tentados polo glamour infinito destes rapazolos da burbulla europea, engominados e chuletas, vestidos de Armani e deportivo entre as pernas, que pululan polas seleccións procedentes do vello -e tan vello- continente???

Non, se xa o di Shakira, e ben
clarito........"Samina mina ¡eh! ¡eh!, waka waka ¡eh! ¡eh!, samina mina Zangaléwa, porque esto es África".....entre outras lindezas como "Llegó el momento, caen las murallas, va a comenzar la única justa de la batallas"....e non fala de economía, non.....


PRIMAS DE LA ROJA: Pos nosotras no sabemos qué pintamos así, pero es chupi conocer a los jugadores....Amás, pagan bien!!!!!


Aburete, tribulete!!!!

Alla requesta della vita cioni (novella)

Compartir
related by Pacotrón




"Papà Cioni, coñecido como Papá Choni -pronunciado Papachoni-, asegurou as gafotas de sol entre os cabelos engominados. Para iso, axudouse da man que lle deixaba libre o cubata que lle viñan de servir. Iso era o bo que tiñan os novos locais de moda para toda a familia: os espellos verticais que permitían, nunha rápida aproximación, admirar a beleza facial e, ao mesmo tempo e sen moito esforzo, procurar os posibles desperfectos seica visibles así como, afastado tan só metro e medio, contemplarse o corpo todo: ese morenío de solarium esbozado, apenas, nos sobreespidos e musculosos brazos de ximnasio e nas depiladas pernas advertidas por baixo das bermudas vaqueiras. Quedou conforme, pois, nun par de pasos, antes de retorcer o sorriso de pracer e formar, queréndoo un pouco, unha carantoña infantil de beizos elevados cara a punta do nariz.



- Papi, papi....pídeme outro....bueno, qué estás tomando?

- Red Bull con Cen Pipers -respondeu disciplentemente o Papachoni.

- Si, pos eu outro.



Desde o outro extremo do local, a Mamachoni apuraba un copazo entrementras abaneaba sistematicamente o carriño onde durmía, ben tapadiña entre cazadoras, a nena de oito meses. Aínda era cedo, pensou, e ben podían baixarse un par de cubatiñas máis. Polo menos ata a unha e media, que mañá era sábado e non tocaba "retreta" ata que a Yesi pedise por mamar ou por cambiarlle o puto pañal.

Mirando para o Papa, Mamachoni lembrou cómo casaran uns anos antes, despois de saíren non menos de dez anos, e cómo viñera a caer a pequerrecha unha vez compraran un piso nun deses novos barrios marinedos, eses que agromaran a comezos de século por todo o extrarradio urbano. Nada de Elviñas nin Katangas. Qualité qualité. Xa nin baixaban ao Centro, de tan ben atendidas que podían quedar as súas necesidades protoadolescentes de rachises e tapeos. Tal era a dotación hosteleira do barrio e tal era agora que viñera a nena e había que desprazarse co carriño. Como para coller o monovolume e buscar aparcamento polo Orzán, como antano. Como para pregar e despregar repetidas veces o trasporte infantil e como para atopar sitio onde sentar nun mesón. Nada, nada, que non hai nada como o barrio. Xente xoven e currelanta.



O Papachoni aproximouse á mesa e depositou delicadamente o cubata da Mama. De fondo resoaban un deses ritmiños latinoides dos que tanto gozaran de mozos, polo que a Mamachoni recibiu o líquido cuns delicados movementos de cadeira.

- Acaban de dicirme que mañá vai estar un día da hostia. Podemos ir á praia, non? -inquiriu con dificultade etílica o Papa ao tempo que respondía ás cadeiras da súa choni cun par de movementos pélvicos non moi ensaiados.

- Ai, si, que así vou de estrea....Novo bikini, novas Ray-Ban de juja e nova neveira! -contestou verdadeiramente alborozada.

- E o domingo, paparota cos teus vellos! -remarcou o Papachoni fregoteándose xa o bandullo de marcados abdominais.



Entón, escoitouse un leve tusir que proviña do carriño da nena. A Mama cubriuna un pouco mellor, pois era tal o fume suspendido no ambiente, a maior parte provocado por eles mesmos, que as sucesivas cazadoras acumuladas enriba do seu pobre corpiño non daban a basto para evitar a contaminación nicotínica e mais alcatranosa que atacaba sen piedade á cativiña.



- Que si, que si, Papachoni meu....que temos que aproveitar mentras poidamos, que con estes políticos que nos gobernan que non teñen nin puta idea e que só saben malgastar os cartos de todos, en calquera momento nos deixan tesos.....e sen nada que levarnos á boca!.

- Que non te amarguen, nena -dixo o Papachoni en ton tranquilizador.

Pola porta apareceron Miki e Yoli. O Papa ergueu o vaso de cubata para chamar a súa atención. O Miki levaba postas unhas gafas escurísimas e unha viseira da Guiness. A Yoli perdía tamén visión polo movemento das catro coletas que levaba apretadas e asimétricas. Por fin, decatáronse da presenza dos amigos Choni e para alá foron. A Mamachoni mirou para o reloxo e dixo moi baixiño, como para si:

- Haberá que ir pedindo outro..... -mirou entón para o Papa e elevou un pouco a voz -pero mañá o monovolume lévoo eu!

- Pois eu pensaba levar o Hyundai......

O Papachoni rematou de golpe o terceiro Red Bull con Pipers da noite e apresurouse en saudar, tal eran as ganas de aproveitar o escaso movemento da barra nese preciso instante, e así ver de pedirlle aos recén chegados bebidas para os catro, non fora ser que o Miki se estirase por unha vez e caese algún cubata do clo-cló......."








Aburete, yogurete....




Xeroglíficos fotográficos katangueiros

Compartir
by Katangueiro


Imos cun xoguiño que a ver se vos gusta. Trátase do "Xeroglífico fotográfico katangueiro". É moi sinxelo, así que poden xogar da Coruña toda. Non acomplexarse.

Trátase de dar sentido ás seguintes series fotográficas, se o tivesen, despois dunha preguntiña e obter así a resposta que estas imaxes ocultan. Xa me liei. Procedamos. Haberá un importante agasallo para a primeira persoa -é un dicir- que responda correctamente a todas as preguntas.


1. Que institución coruñesa, rancia e caduca, abriu estes días o proceso para escoller novo Presidente* -e non é Hogueras de San Juan-?????

* Indicamos Presidente, e non Presidente/a xa que unha institución rancia e caduca que se preste NUNCA escollería a unha muller de Presidenta, nin nada serio, a non ser que estivese conformada UNICAMENTE por socias féminas. Aí si que vale...qué remedio.









2. Qué político local vén de anunciar a súa retirada definitiva da política protagónica -e non é Carlos Marcos-?????









3. Por contra, qué altísimo político conservador coruño está máis que relacionado co mundo da cesta -e non da compra, precisamente-?????









4. Qué equipo español gastou miles de fantastillóns en fichar outro nota que tampouco vai conseguir que gañen nin a Liga nin a Champion nin nel de nel -e non é o Depor-?????










E 5. Qué recoñecida expresión coruñesa....esta é fácil, nenos....que recoñecida expresión coruñesa da fala coloquial....quen a falle, capón!!!!.....significa, nin máis nin menos, "multitude" -e non é "mogallo"?????







Abur, yogur. En poucos días publicaremos as solucións a estes -aparentes- galimatías!!!!!