Con Pacotrón dándose unha volta pola súa patria perdida, Portugal, non temos máis remedio que estarmos inactivados....de cara á galería blogueira. Non pasa nada, estamos en verán. O estío, como xa sabedes, produce fastío e certa laxitude. Con todo, non está de máis visionar moi ben a anterior instantánea que o Pacotronista nos envía desde ese lugar tan cercano, tan só a 40 quilómetros de nuestra querida Región, traspasado meridianamente o Río Miño. En Katanga, onde nunca sentaron ben as políticas de reserva de prazas de aparcamento públicas para minusválidos, con críticas ás veces xustificadas e ás veces inxustificables ao seu uso "indebido" por parte dos familiares de persoas dependentes, sería imposible (?) que fose ben recibida cousa semellante. Que existan prazas reservadas a mulleres embarazadas, ou parella de muller embarazada, como é o caso da foto que nos ocupa, en párking público dunha coñecida e visitadísima praia do norte do litoral portugués, é dunha "atrocidade" social que os tempos insolidarios que nos toca vivir non consintiría. Que unha embarazada e a súa parella poidan ir tranquilamente á praia xa que, aínda en caso de emerxencia inesperada, disporrían do seu vehículo estacionado a unha distancia mínima a onde se atopan, mentras EU teño que dar unhas voltas e aparcar máis lonxe e andar un bocadiñoé totalmente inadecuado é propio das ocorrencias de Zapatero e da súa ministra igualitaria, pero é totalmente inaceptable para os que non estamos embarazados. Que xa está ben de dar axudas e facilidades, que estamos en crise, coño!!!!!!
Ai....qué tempos. Tempos onde se celebra a bombo e platillo que a Banca, a que nos meteu neste enredo de crise con millóns de persoas en paro e outras tantas en expectativa do que poida pasar co seu emprego, pasou os test de saúde financeira de putísima madre. Quizais algunhas das familias e veciños próximos non os pasase, claro, pero é que son só persoas. Qué máis ten.......
Bo verán.