Páginas

O BNG, Tolkien e a Terra Media: xogo de comparanzas...

by Katangueiro, xogando...

É quizais "O Señor dos aneis" a obra literaria máis importante da segunda metade do século XX. Se empregásemos unha linguaxe deportivo-futboleira diríamos, como no caso do fóra de xogo, que aquí conflúen posición e influencia. Isto é, e volvendo ao literario, é unha obra impresionante na súe escrita, no texto, no pretexto e na intertextualidade, así como é importantísima na mesma medida a enorme influencia que tivo e que xerou toda unha serie de imitacións e analoxías máis ou menos acertadas. É unha das poucas obras que comecei a ler de novo unha vez cheguei ao seu final. Outra é "Fundación e Terra" de Asimov.

Se collemos a triloxía de Tolkien por riba veremos máis dunha concordancia coa historia-histeria que vive a máis importante organización política propiamente galega, o BNG, nestes últimos anos. A súa deriva, para os que nunca dubidamos á hora de sumar esforzos, capacidades e cariño ao proxecto de transformación social e nacional que conlevaba, lémbranos aquelas palabras de Theoden, Rei de Roham, cando se pregunta antes do ataque de Saruman ao abismo de Helm: "Como puidemos chegar a isto?". Quen é, no BNG, ese Theoden? Imos xogar, se queredes.

Din os críticos que en "O Señor dos aneis" o autor retrata, entre liñas interpretativas, a loita entre a vida "natural", case primixenia, en permanente contacto e comuñón coa natureza (hobbits) -unha especie de Inglaterra idealizada- contra o novo mundo da destrución tecnolóxica, do culto ao líder, da disciplina bañada en sangue e do capitalismo agresivo e rampante, representado na obra por Mordor e na realidade pola Alemaña de Hitler, o Señor Escuro. Os seres humanos, a medio camiño entre unha opción e outra, son os trunfantes da historia do anel. Os novos donos do mundo, que DEBEN estar ben dirixidos. Hai certo fascismo de baixa intensidade en todo isto. Algo así como Baroja, que defendía unha ditadura de intelectuais. Unha "boa" ditadura. Digamos que se os humanos somos dirixidos por xente como Aragorn todo irá ben. Se nos dirixe un Senescal como Denethor II, imos de cú. Quen son, no BNG, Aragorn e Denethor II??? Seguimos xogando, se queredes.

Dentro deste universo inclúense os Elfos, señores que teñen cabalgado moito, máis e mellor pola Terra Media (Unidade Galega e PNG, por exemplo?) e dos que poucos xa quedan, aínda que valerosos e fieis, ou os Ananos, os que viven nas covachas, afastados voluntariamente do que acontece o seu redor, e son un tanto particulares e pouquísimo socializados (@s afastad@s/excluíd@s pola aba esquerdo-soberanista?). Por último está Gandalf, primeiro "O Gris" e logo "O Branco". É tan impactante o paralelismo que estou seguro de que xa sabedes que é Gandalf no BNG, non si? Se sabedes quen é Gandalf, supoño que xa imaxinades quen é Aragorn. Frodo podería ser eu. Tamén ti, que conste.

Non se me escandalicen, por favor, pero quen detenta o poder, que tecnocratiza esta organización nacida "natural", quen somete, quen constrúe para destruír é, en boa medida, quen manda agora no BNG. Dáme o mesmo Sauron ou Saruman. Danme o mesmo orcos que Uruk-Hai. Non hai máis proxecto para a Terra Media que o seu control absoluto, quede despois esta no estado calamitoso que quede. Todos temos certa pena do pobre Gollum, en permanente camiño de autodestrución por obter unha bagatela, un anel. Pobre, si. Pero no caso de Mordor, conquistar para destruílo todo resulta abafantemente miserable. Négome, como Hobbit, a soportalo, a contempalo desde a barreira. Négome porque digo que non. Son, efectivamente, dos do NON. A moita honra, se dicimos non a certas cousas.

Para facerlle fronte a Mordor temos a uns humanos divididos. Por unha banda, un Rei de Roham que non é para nada mala persoa, en absoluto, queridísimo de sempre polos seus "súbditos", pero que vive desde hai tempo manipulado por Grima "Lingua de Serpe" (poder-Xunta?), que realmente está ao servizo de Saruman. Para cando consegue liberarse do embruxo, xa é tarde de máis para el. A súa morte en batalla estaba máis cantado que o patético final reservado a Gollum -este Gollum fora un Hobbit, en tempos, pero autodexenerouse el só obsesionado co seu "tesouro". Aparece ás veces para pedir cabezas e depuracións  eito. Uf. Saquen conclusións vostedes (Theoden-Quintana???). Curiosamente, para enredar máis esta analoxía, o seu mellor legado é unha muller moza -a súa filla, na obra-. O emparellamento que lle propón Tolkien a esta muller (Eadwyn-Táboas?) para salvar mundo e humanidade é con Aragorn. Manda truco, ou como diríamos por aquí, manda carallo na Habana.

 Por outra banda está o Senescal de Gondor (Aymerich?), obsesionado con ser recoñecido como o primeiro entre os humanos, o inicio dunha nova "xenealoxía" que os una, dirixa e leve ao trunfo. Un líder? Un iluminado? Non sei. No BNG hai quen se presenta así pero, como no caso do Senescal, non parece espertar demasiadas adhesións á visión do proxecto que representa. Para moitos humanos non está nada claro que caer nas mans de Denethor II sexa moito mellor que caer nas propias mans de Mordor. Uf outra vez. Xa me aturullan os inusitados paralelismos. E non mo riades, que o conto é triste.

O Hobbits (irmandiños?) son o cemento da "Comunidade do anel", desa comunidade de, por e para tod@s. Acreditan, e de que forma, nunha volta ao esencial, ao primixenio, ao primeiro dos sentimentos, o que nos fixo fortes, ecuánimes, grandes, temibles para os que procuran so a destrución, estean onde estean. Podes facer burla do seu tamaño, pequerrecho en comparanza cos seus pés e orellas, pero o tempo, inaelable, implacable, vailles dando se non toda a razón, si moita dela. Tiveron que enfrontarse a dúas "Torres" en 2009 e non sairon moi ben parados, pero saíron. A súa é a defensa do proxecto común, do respecto ás outras visións, o que inclúe necesariamente o respecto por un mesmo e pola Comunidade no seu conxunto. Está meridianamente claro. Quizais o seu mundo, a súa cosmovisión, está hoxe en retroceso aparente, pero loitarán ata o fin das súas forzas pola súa/nosa pervivencia, contra a tiranía e polo "Retorno do Rei", ou o que é o mesmo, o proxecto polo que dá a vida Gandalf, se é preciso. Por iso digo que Frodo podo ser eu, claro, pero podes ser ti. Pode ser calquera.

Por último, lembraredes que as forzas de Mordor contaban con humanos "traidores" ao seu servizo en forma de mercenarios e que eran chamados, pola súa orixe xeográfica, os Orientais. Mercenarios, Orientais ou Liberados...que máis ten...

Sabes xa agora que é Aragorn, que non é Hobbit pero é tido como un máis?
Sabes xa quen son Sauron e Saruman?
E Gollum?
E Gandalf?

VALE, PERO NON ESQUEZADES QUE É UN XOGO E QUE NON DEIXAN DE SER PREGUNTAS


12 comentarios:

  1. Moi bo-divertido-chispeante, aínda que eu non dou incluído O señor dos aneis na categoría de mellores obras da segunda metade do s. XX. Gustoume, pero paréceme moi xudeo-cristiana. Eu pensei que Gollum era outro ao que xa lle atribuíches personaxe. Ao Quin véxoo máis como Senescal de Gondor, que queres que che diga... Apertas irmandiñas do sul!

    ResponderEliminar
  2. éche un xogo, x ves.Podes atribuír ti mesma. Gollum dá para moito. Xa imaxino por onde vas, pero o Senescal...que queres...actualmente é máis o que creo que é.

    ResponderEliminar
  3. jajaja tes razón! Actualmente é moita categoría para o Quintana. O Gollum dá para demasiados personaxes, agora mesmo me estou a figurar outro do que temos falado bastante ultimamente (misterio-misterio).

    ResponderEliminar
  4. hahahahahaha....si, é que che nos hai moito Gollum para atribuír. O que dis do Senescal é tal cal o pensei eu. Demasiada categoría. O que me falta por ver é quen é Ela-A-Araña. Este personaxe é un supervivinte da primeira idade, toda vez que a acción se desenvolve na terceira e agora estamos na cuarta, a dos humanos. Creo (os estupefacientes non sempre me deixan pensar). Os que ofrecen yoyas a diestro e siniestro son os Trolls, iso si.

    ResponderEliminar
  5. http://www.vieiros.com/media/vieiros/documento-quintana.pdf

    ResponderEliminar
  6. Interesante achega anónima, mais sería mellor se viñese acompañada dunhas palabriñas do propoñente a respecto disto. Graciñas sen embargo.

    ResponderEliminar
  7. Abofé que é un simil acaído, e muito porreiro, tamén. Si, algunhas falabamos no seu momento de estes paralelismos. E como animas a xogar, vou xogar. De entrada, para ir facendo:
    - Sauron: o mal non acouga. E válese de distintos medios para colmar as súas aspiracións absolutas. POdería ser el, o home que nunca ri, mais imos asumir Sauron mesmo como idea e castelo-organización máis escUra do nacionalismo galego.
    - Saruman, meigo botado a perder que traballa para o ideal de control de SaUron, a organización-idea do absolutimo no bng, cun exército de orcos dispostos a todo o que dicte a súa maquiavélica vontade.
    - Gandalf... he he he...o barco e luminoso. O Bo e Xeneroso, como así o recoñecimos en homenaxe recente. ; )
    - Os hobits, aí levas nrazón, son @s militantes.
    Seguiremos xogando.
    Saúde

    ResponderEliminar
  8. Gandalf... he he he...o branco e luminoso, quería dicer.

    ResponderEliminar
  9. Non sei, eu creo que máis ben persoa. Xa lle preguntarei.

    ResponderEliminar
  10. Son o anónimo do 8 de xaneiro. Perdón pola falta de explicación. Dei con este documento fedellando na rede e, simplemente, pareceume unha lectura interesante, por como está a situación do país e dentro do BNG.
    "2-Si o BNG tivo un erro na apreciación da realidade social do país máis equivocado sería facer casoa sectores ultraminoritarios que non so teñen esa mesma lectura equivocada si non que ofrecen como receita máxica converter ao BNG na representación política da marxinalidade facendo oídos xordos a unha sociedade cunhas clases populares nas antípodas deses posicionamentos políticos e dibuxando un país non só imposible se non tamén non desexable".
    o do erro na "apreciación da realidade social" dura, dura e dura...

    ResponderEliminar
  11. Está clarísimo, Anónimo. A coincidencia é completa e a receita dos inmobilistas interesados é "silencio cómplice", tamén chamado "silencio patriótico". Outra variante é aquela de "te doy unas yoyas", un pelín máis suburbana, claro...Graciñas, neno/a!!!!

    ResponderEliminar