Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta Castrillón. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Castrillón. Mostrar todas las entradas

Auxe e caída dos blogs veciñais coruñeses...

by Katangueiro 

 Andaba este pobre parrulo polidependente máis que preocupado pola evidente falta de actividade deste noso blog non-veciñal cando vai e resulta que, segundo a prensa informada e sesuda local, algúns dos blogs máis significados nestes últimos cinco-catro anos pechan a súa actividade. Eu andaba co Pacotrón, que había xa tempo que non coincidíamos, e quedei pampo coa nova, pois resulta que, precisamente, son os blogs dos Rosales e Ventorrillo os que protagonizan a primicia.

 Vale, nunca nos gustou moito o xeito de informar do blog dos Rosales, pero xa temos recoñecido que esta xente foi a pioneira na cidade no uso desta arma comunicativa barrial tan eficaz. Sempre os admiramos por iso. Isto é o que colgaron na súa despedida:

  "Cinco años de noticias, comentarios y experiencias compartidas nos han llevado hasta aquí. Un 16 de septiembre de 2006 comenzamos este espacio que hoy llega al final de su primera temporada. La motivación que nos ha alimentado durante estos años se ha ido apagando y de ahí que hayamos decidido poner el punto y aparte. Por supuesto, queremos agradecer a todos los comentaristas, colaboradores, lectores y amigos sus muestras de cariño, estando ahí durante todos estos años y también a nuestras familias, por su santa paciencia y comprensión. No es un adiós, sino un cambio de aires de sus administradores. Nos gustaría que alguien retomase esta labor y por eso, estamos abiertos a cualquier proposición. Nuestra sección de contactos seguirá activa. Mientras tanto, dejamos nuestra particular carta de ajuste, alimentando el blog con una de las muchas fuentes de información que hemos manejado todo este tiempo. Veréis artículos extraídos de múltiples fuentes que se publicarán automáticamente. Esto puede provocar la aparición de algún artículo off-topic, pero eso no debería extrañar a los lectores más antiguos. Un fuerte abrazo; nos vemos en el barrio. Carlos y Cristóbal".

O do blog do Ventorrilo xa foi outro cantar. Un comezo ilusionante, entanto mandaba o alcalde meapilas, e toda unha trincheira informativa en canto chegou ao goberno municipal o bipartito PSOE-BNG. Agora que están os que están semella que xa non che vos hai moita motivación. Normal. Na súa descarga debemos dicir que as redes están a cambiar. Imponse a comunicación 2.0 e os blogs, sendo útiles para isto, sempre adoeceron de certa manipulación por parte dos seus administradores, especialmente no tema dos comentarios, onde chegas a dubidar se non hai alguén con catro, cinco ou dez nomes diferentes comentando unhas cousas e outras. O Pacotrón, que para iso é un adiantado, leva varios meses cun proxecto moitísimo máis aberto e positivista. Logo vos conto. Isto é o que nos di o Ventorrillo na súa despedida:

"Se acabó la ilusión. Aquella que todos los días al levantarme me animaba a colgar un post sobre el barrio. ¿Motivos? Buf, no hay ninguno en particular y sí muchos otros también.No sé cómo explicarme, pero lo intentaré en un par de líneas. Comencé a escribir un diciembre del año 2007. Curiosamente ya conocía a Xotengo, administrador del Blog de Los Rosales, con el que coincidía junto a los niños en el parque del Paseo de Los Puentes y le dije que iba a intentar hacer un blog sobre el barrio. Me dió muchos ánimos, pero me recordó que daba mucho trabajo su mantenimiento, al menos si quería que fuese tenido en cuenta por los lectores (...) Todos los que habéis leído el blog, sabréis que estado trabajando codo con codo con la Plataforma Ventorrillo Desmantelamento de Penamoa, siendo ésto último el principal tema de denuncia en la bitácora.Y la gota que ha colmado el vaso, es que el próximo 24 de Octubre tendré que asistir a un juicio como TESTIGO de un robo con intimidación, en el que tanto denunciante como denunciados son asiduos de la Plaza de las Conchiñas, y ya sabéis a qué me refiero. Eso sí, me indican que de no asistir podría ser multado con hasta 5000€ de multa. Si tengo miedo(claro que lo tengo), tengo que pedir mi asistencia como TESTIGO PROTEGIDO. Esto ya es el colmo. ¿Qué gano con todo ésto? ¿Merece la pena el tiempo dedicado a la bitácora? La vida y la familia son mucho más importantes. Ya le había dicho a Virtu, otra de las administradoras del blog, que era mejor que lo dejara. Que tanta historia con Penamoa y demás no podía ser bueno. Y así lo hizo, de lo que me alegro un montón. No hay nada mejor que pasar desapercibido, sobre todo cuando pisas terrenos muy enfangados".

Esta é a situación dos outros blogs que puidemos constatar:

Blog dos Mallos: activo, agora de vacacións ata fin de mes. Sempre se colle un tempiño de descanso e fai ben. Logo volve con máis forza.

Blog do Castrillón: absolutamente activo. Ben.

Blog do Ensanche: deixou a súa actividade por 2009...seica os cambios na Xunta....

Blog de Monelos y Barrio das Flores: actividade moi municipalista.

Blog del Agra: continúa a súa actividade

Blog de Pedralonga: sacaron dous blogs, Pedralonga existe e Pedralonga fala. Parados, paradísimos...

Blog de Novomesoiro: continúa a súa actividade, iso si, menor que en tempos pasados. Ver este blog e lembrarnos de Iván é todo un. Estreméceme.

Blog de Matogrande: actividade de mínimos, pero continúa habendo vida. Van por libre.

Blog de Labañou Un gato en la ventana: surrealista. A súa dirección url lévanos a un blog en inglés que fala de papeos saudables e que ten moita publicidade. Semella que lles chulearon o dominio ou algo...

En fin, aquí tedes un listado cos blogs veciñais coruñeses ordenados por votos de non sei quen. Nós figuramos aí.

O que semella que está a pasar, fóra de excepcións xa comentadas, é que o ambiente na rede anda á procura de información e comunicación, ao tempo. Interesan máis, polo que vou vendo, os novos blogs de tendencias, moda e música que o enredo veciñal en clave, ocasionalmente, demagóxica...por non dicir outra cousa. Tampouco os blogs máis activos, precisamente os dous que pechan, souberon ver o que habís detrás do movemento do 15-M. Noneran os seus administradores, tamén hai quw recoñecelo, persoas que pola súa idade e condición social puidesen entrever os cambios na comunicación e no intercambio de ideas libre que alí se deu. Abaixo o administrador, viva o foro...pode ser o lema.

Se queredes ver quen anda realmente activ@ nesta cidade a efectos 2.0, informando cunha mínima honradez e transparencia sobre o que se coce a nivel social ou cultural, ben sexa na moda, na música ou en todo tipo de actividades de impacto urbano actual, fixédevos nas seguintes propostas:

Blog de Covadonga Gurtiérrez. Moda e tendencias. Moi coidado.

Marcus.es. Un pouco de todo. Tecnoloxía, actualidade da cidade, seguimento de medios e música. Un dos blogs máis seguidos de Galicia. Traballa en:

Código Cero. Diario de novas tecnolóxicas de Galicia. O seu nome non pode ser máis elocuente.

Empuje.net. Contracultura galega. Moitísimo esforzo hai detrás disto.

Música para marsupiales. O seu autor é burgalés, pero vive e estuda na Coruña. Todo un luxazo, como poderedes ver. Música, cine, novidades, videoxogos...buf.

Coruña online Blog de Víctor Lamela que combina información local con temática xeral sobre novas tecnoloxías, política, sociedade...etc. É un dos blogs asociados á Opinión de A Coruña.

Axitpop Comunicación. É un espazo para a promoción de bandas da Coruña e área de influencia. Ás veces sae fóra. Moito do material que alí se move e autocreado e autoeditado pola propia xente de axitpop. Atrévense, ademais, coa animación en stop motion. A peña que se move no mundiño musical coruñés coñece Axitpop. O Pacotrón está detrás dese proxecto e nótase.

E isto é unha pequena parte do que se está cocendo nesta cidade.

Urbanismo ou barbarie: en Katanga temos Plan

by Katangueiro
Partamos dunha premisa: vale que os modestos administradores deste marinedo blog non cursamos estudo algún de arquitectura, pero quen deseñou Katanga, e por extensión imperial o barrio todo da Agra, tampouco.

Cando se fala do urbanismo que non se debe promover, o noso barrio é un dos lugares máis emblemáticos á hora de contrapoñer calidade de vida versus desenvolvemento, sexa en forma de colmeas, sexa en forma directa de nichos.

Non é, por suposto, o único espazo coruñés vítima do que se deu en chamar "Desarrollismo", nome aplicado coma se dunha burla se tratase.

Efectiuiuonder, Os Mallos, Eirís, Monte Alto, Sagrada Familia, Os Castros, Castrillón....temos na nosa cidade abondosos exemplos de falta de gusto, falta de calidade, falta de espazos verdes, falta de plans de mobilidade -referímonos a aparcar os carros polo menos en paralegal, ou que poidan circular os troles, entre outras cousas- e mesmo falta absoluta de vergoña.

Nestes tempos que vivimos perigosamente, na Coruña discútese polo novo Plan, o PXOUM, que non quere dicir Partido Xosialista Obreiro Unificado Marxistaleninista, como algúns semellan entender, senon Plan Xeral de Ordenación Urbana Municipal.

O curioso deste debate é que non se discuten fórmulas para que o Plan inicialmente presentado por este goberno municipal sexa o mellor posible, xa que estará en vigor polo menos doce ou quince anos, atendendo á vixencia dos anteriores: 1985 e 1998. Non non non non.....o que está en discusión é cómo facelo o peor posible. Cómo garantir que todas e cada unha das aberrantes construcións permitidas ao abeiro da escasa e limitada lexislación franquista ou do supermegafashionista Plan de 1998, chamado "Construye como Puedas", poidan perpetuarse no tempo...e no espazo....máis aló do que un urbanismo de calidade mínima aconsella.

Quen pode ser tan inconsciente como para defender que non se limiten dunha vez as alturas en barrios como a Agra ou Monte Alto? Pois os mesmos mesmiños que consideran, como vos adiantamos mos AQUÍ, que a costa galega aínda admite máis urbanismo. Supoño que se referiran ao urbanismo "Sanjenjil", que tan bos resultados está dando no noso territorio galego. Así vos son os nosos gobernantes, e sen embargo amiguetes, do Partido Popular de Galicia.

Será esta unha especie de declaración apaixonada de amor para coa nosa terra pangalaica??? Será algo así como "Ai, meu amor, déixame que te cubra....de formigón!!!!".

Non volo teño moi claro, pero o que si que entendo é que esta xentiña non tende a habitar espazos urbanos como este de aquí abaixo......

.....por qué será????, que dicía La Bombi (1983-1993), icono sexual do tardofranquismo promovido por Chicho Ibáñez Serrador en plena democracia.

Para rematar -que xa parezo Pacotrón enguedellándoo todo e turrando cara o lado canino das historias- aclararvos que as principais falacias que defende ese protocoruñés chamado Carlitos Negreira en nome do Partido Popular da Coruña son as seguintes:

1. Ninguén debe quedar fóra de Ordenación. Gran demagoxia e mentira. Todos os Plans deixan vivendas fóra de Ordenación. O último aprobado, o de 1998, deixaba moitísimas vivendas fóra....e foi aprobado polo PSOE, como di Negreira, pero co voto entusiasta do PP e redactado -oh, surprise surprise- polo señor Porto, militante pepeiro e ex-alto cargo do Urbanismo madrileño, encausado na actualidade, por supostas prácticas...indecentes. Ofrecéronse daquela os populares a ir casa por casa a explicarlles aos propietarios en qué consistía exactamente esta medida??? Nasti de plasti.

2. As vivendas fóra de Ordenación non poden amañarse. Outra mentira grandísma!!!!. A Lei contempla os posibles arreglos que se poden facer, que chegan ao 50 por cento na norma proposta. Ou sexa, podes tirar a metade do edificio e volvela levantar tal cal. O que non se pode é tirar todo o edificio e volver repetir a barbarie urbanística para goce dos cidadáns dos próximos cincuenta anos!!!!!!

3. As vivendas fóra de Ordenación perden unha parte importante do seu valor. A peor das mentiras. Para comezar, moitas das que quedan fóra desta nova Ordenación xa o estabn antes, polo que dificilmente cambia a súa situación catastral. A maior abundamento -ou abundancia- só no último ano as vivendas baixaron en torno a un 20 por cento do seu valor, grazas á crise económico-financeira que nos montaron os promotores e os seus coleguis banqueiros....que a crise non veu porque nós deixásemos de traballar, non, se non porque estes señores quixeron gañar moitísimo máis do razoable. PRECISAMENTE, é o urbanismo de calidade o que revaloriza os pisos. Iso explica que, por exemplo, sempre custe máis un piso de dez anos nos Rosales que un piso de cinco na Agra. Comprobádeo, comprobádeo, e veredes......A última falacia a respecto da devaluación dos pisos é ocultar aos cidadáns propietarios e propietarias que a metade do valor do seu piso é, en realidade, o valor do solo, que crece exponencial e escandalosamente facendo imposible a MOITÍSIMOS cidadáns acceder a unha vivenda, xa non en réxime de compra, se non mesmo en alugueiro.....

4. Por último, e non por iso menos importante, está o tema dos patios de mazá. Non contenta esta xente con asfaltar as rochas e construír oito alturas en ruelas, pretenden evitar unha norma que garantiza a existencia de contrafachada, isto é, calidade do aire e luminosidade, a través dun patio en condicións, pedindo que, efectivamente, se permita cosntruír ATA O FONDO DO SOLAR, deixando eses patios-cheminea onde os veciños dos diferentes inmobles podemos darnos a man, tocarnos libidinosamente ou mesmo andarnos coa cara.


NENÉ KATANGUEIRO: A ver, pedorro......vai rematando, que pareces Pacotrón cun subidón de chourizos, patacas e grelos!!!!

Pois nada, coleguis. Que aquí estamos así. Que, como diría Don Manuel, "aquí pasou o que pasou", e que se trata de probar un novo modelo de urbanismo que, despois do tempo que se estime deba estar en vigor, haberá que valorar e decidir se continuamos na liña de mellorar a habitabilidade e, por tanto, revalorizar os pisos grazas ao que se dá en chamar urbanismo sostible, ou apostamos pola Liña Negreira do tipo "ti vai facendo, e xa.....", que parece que é o que lles vai a esta xente...e aos que os apoian.


LA BOMBI: Pues yo vivo en un primero del Agra del Orzán y nunca nunca nunquita me da la luz del día....por qué será?????
RAÚL SENDER: Niña niña....no me tires de la lengua que me tiro....yo detrás!!!!!

Ah...antes de marchar, tampouco está de máis que vos informedes das apostas "pola esquerda", como gosta dicir Pacotrón, de cara á elaboración deste PXOUM, consultando Dereito a cidade. A estes non lles dan bóla nos medios, non!!!!!

Ou esta información de Viviendas Coruña.....a maldita e dura realidade sobre as auténticas preocupacións cidadás!!!!

Aburete, tribulete!!!!

Medidas extremas do Concello da Coruña ante o aumento incontrolado da inseguridade cidadá!!!


by Katangueiro


Parece ser que os blogs veciñais coruñeses reunidos na Santa Cruzada contra este antinatural Goberno Municipal de Marineda acaban de apuntarse o maior logro da súa aínda recente e alícuota historia: o Concello da Coruña, a través do seu Departamento de Seguridade Cidadá, acaba de contratar a estes especialistas na loita contra o narcotráfico, a venda de armas, prostitución e/ou liberdade de expresión: a división Cochese.

É que, últimamente, hai que recoñecer o incrible aumento da inseguridade cidadá na nosa cidade. A saber: falsas acusacións de violación e abuso por parte de rapazas para ocultar non sei qué aos seus pais (Rosales), vídeomontaxes de algaradas con contido só para adultos (Novomesoiro e Castrillón), denuncias de ameazas "desveladas" entre administradores de blogs (Ventorrillo), prostitución e narcotráfico a plena luz do día (Ensanche), zonas peonís máis amplas para que os manguis rouben e logo escapen con máis facilidade (Agra), rapazas que abortan por doquier, os Sex Pistols que ameazan con volver...de novo, os obispos en plan macarra ou os comerciantes da Rúa Barcelona, que non saben xa se convocar tamén eles un referendo independentista como no resto de Catalonia!!!!!

SEX PISTOLS: Fuck you, Katangueiro.....No future for Episcopal Conference!!!! (La SGAE les advierte que si se bajan las canciones de los Sex Pistols, no importa lo desagradables que sean, el que va a cobrar es Ramoncín o, en su defecto, Juan Pardo, Teddy "Bear" Bautista o algún rancio de esos)


Bueno. Aquí deixámosvos o vídeo promocional deste equipo que, como se pode comprobar perfectamente, xa está a actuar polo barrio do Ventorrillo e arredores de Penamoa. Logo seguimos dando estopa:




Impactante e tranquilizador, non?????? Por fin os asustados e/ou asustadizos veciños coruños poderán durmir tranquilos!!!!!


OBISPOS ESPAÑOLES: Sssssi, claro. No dudamosssss de lasss capacidadessss de essstosss chicossss en temassss como el de lasss dorgassss y lasss meretricesss, pero a lasss que hacen "cosassss" y luego abortan hay que enviarlasss al infierno junto con lossss que lasss apoyan!!!!!


BONO: Con la cantidá de añoj que llevo cantando cancioncitaj en U2, defendiendo a ejtaj gentej de Dioj, creo que no me merejco ejte trato de loj obijpoj ejpañolej!!!!!!


Claro que non, señor Bono. O que ocorre é que isto que está pasando na Coru xa pasou hai anos noutros lugares de europa, coas terribles consecuencias de sobra coñecidas. Vexamos algúns exemplos extraídos dos argumentarios de certas forzas políticas centroeuropeas.....a ver se atopades as diferencias!!!!!!:

"Sus partidarios declaran que no tienen ideología. Esto es claramente un fraude, ya que todo partido necesita una ideología".

"Llegan a la sociedad con mensajes populistas. Pero no cualquier mensaje que pueda ser aceptado por la población sino aquellos que surgen de un estado visceral; como por ejemplo la pena de muerte para terroristas, narcotraficantes y violadores o el tema de la inmigración (inseguridad ciudadana)".

"... ven como un problema que se construya una mezquita en cada pueblo (por ejemplo), lanzan mensajes como primero: «los que aquí» para recibir prestaciones viviendas, etc., aunque se pasen por encima de los Derechos Humanos".

"Su éxito político cíclico parece deberse a una cierta atonía de los partidos democráticos. En todos los países los dos partidos mayoritarios, los que pueden gobernar, suelen tener políticas muy similares, por lo que el ciudadano no ve alternativa y tiende a abstenerse o a votar a partidos que le ofrecen alternativas, aunque sean demagógicas".

E, por último, fixádevos nisto de aquí (non vos asustedes polas semellanzas, avisamos):

"Los caballos de batalla políticos (...), que les dan votos, son la inseguridad ciudadana y la inmigración. Son «problemas» muy inmediatos que el ciudadano ve en la calle. Ya que cuando se habla de inseguridad ciudadana no se están refiriendo a los grandes delitos sino a la pequeñas delincuencia. Su solución es meramente policial, y ahí es donde está la demagogia, ya que tratan las consecuencias en lugar de las causas. Además, para ello ponen en peligro el régimen de libertades que conforman un sistema democrático".



LOSADA: Buenu, buenu, buenu....lo que yo digu. Aquí hace falta que los ayuntamientus asumamus plenas competencias en materia de seguridá....Así ya veríais, ya.......


KATANGUEIRA: A ver, neno. Deixa xa dunha vez de falar de cousas serias e faime unha masaxe por aquí, que teño hoxe as cervicais que a Divina Pastora mas protexa!!!!!!

Ufflsss........En fin, delfín. Que teño cousiñas que facer...Aburete, yogurete!!!!!!


"Agardando polos bárbaros", by Konstantinos Kavafis

Unha colaboración by Msarkadina


POEMA AGARDANDO POLOS BÁRBAROS, DE KONSTANTINOS KAVAFIS

Qué agardamos agrupados no foro?
Hoxe chegan ós bárbaros.

Por qué está inactivo o Senado
e inmóbiles os senadores non lexislan?
Porque hoxe chegan os bárbaros.

Qué leis votarán os senadores?
Cando os bárbaros cheguen darán a lei.

Por qué o noso emperador deixou o leito
ó romper o día
e na porta maior agarda agora sentado
no seu alto trono, coroado e solemne?
Porque hoxe chegan os bárbaros.
O noso emperador agarda para recibir
ó seu xefe. Ó que lle fará entrega
dun longo pergamiño. Nel
escritas hai moitas dignidades e títulos.

Por qué os nosos cónsules e pretores visten
as súas togas vermellas, de finos brocados;
e locen brazaletes de amatistas
e refulxentes aneis de esmeraldas espléndidas?

Por qué ostentan bastóns marabillosamente cincelados
en ouro e prata, signos do seu poder?

Porque hoxen chegan os bárbaros;
e todas esas cousas deslumbran ós bárbaros

Por qué non acoden coma sempre os nosos ilustres oradores
a brindarnos o chorro feliz da súa elocuencia?

Porque hoxe chegan os bárbaros
que odian a retórica e os longos discursos.

Por qué de súpeto ese desacougo
e movemento? (Cánta gravidade nas caras).

Por qué baleira a multitude as rúas e prazas
e sombría volta ás súas casas?

Porque a noite cae e non chegan os bárbaros.
E xente chegada desde a fronteira
afirma que xa non hai bárbaros.
E qué será agora de nós sen bárbaros?
Quizais eles foran unha solución, despois de todo.




Máis madeira, é a guerra!!!!!


Para os que están convencidos de que a cantidade é sempre e en todo lugar preferible á calidade, o mundo nunca é suficiente á hora de sumar "iniciativas" á causa da desinformación, á axitación veciñal e á organización dun sen número de algaradas.

Hai uns meses circulou polos ámbitos blogueiros un enlace a un NOVO BLOG sobre o temita de Penamoa. Un blog "aspectacular" plagado de erros ortográficos inconcebibles nalguén con suficientes coñecementos para manexar un blogspot.

Blog de "Peñamoa"...o surrealismo cutre aínda existe!!!!!



Os administradores facíanse chamar "vecinos del Ventorrillo".....Carafio, serán veciños que non pasaron polo cole, vista a gramática e ortografía!!!!!

Este blog, que emitiu ben pouco tempo, ten agora un novo campión da xustiza veciñal. O seu pomposo nome, "Coruña Habla", xa nos indica de qué palo van estes cherifes: falan en nome de toooooda a cidadanía da Coruña.

Blog Coruña Habla...porque no de Penamoa aínda hai clases!!!!!!!!



Déixovos aquí uns textiños extraídos dese blog "cidadán" para que vos quededes tranquiliñas e tranquiliños coas sanísimas intencións dos seus promotores: toda unha lexión, a xulgar polo repartiditos que están por entre todos os barrios implicados na "loita".....

"Somos un grupo formado por vecinos de A Coruña, en particular de los barrios de Mesoiro, Eiris y Ventorrillo". (Isto é como unha U.T.E. pero de blogs!!!)

"Somos personas normales y corrientes implicados en la realidad de nuestros barrios". (Veciños superimplicados...estou intrigado!!!)

"Esta implicación nos ha llevado a desarrollar esta iniciativa como un medio de aglutinar y canalizar el sentir de nuestros barrios provocado por la adjudicación de viviendas sociales y “traslado” de poblados como el de Penamoa". (Ah, implicados para o de Penamoa.....)

"La Xunta de Galicia se ha ofrecido a colaborar en esa linea, sin embargo el Ayuntamiento se ha negado". (As contas claras e o chocolate espeso....Concello culpable. Xunta güenaaa!!!)

"Queremos evitar que se forme un gueto en nuestros barrios. Un gueto de delicuencia y drogas, insalubre e insocial, como lo es el poblado de Penamoa". (Xa viven nun gueto. O gueto está nas súas cabezas!!!!!!)

"Por eso nuestra demanda se centra ahora mismo en reclamar al Ayuntamiento de A Coruña que acepte la solución de la dispersión y colabore con la Xunta de Galicia poniendo los medios necesarios para realizar la dispersión de aquellas personas que tienen su origen en focos conflictivos". (Acabáramos.....quedou clariño, vale???)

Nada, nada. Nel del panel. A ver se duran un pouquiño máis que os seus "homónimos"!!!!!!!. Polo de pronto, mal comezamos. Para a información que publican, podían enlazar directamente con todo o que hai xa e aforrábamos esforzos e tempo!!!!!!

Que saibades que este blog TAMÉN está sendo promocionado como o mellor da Coruña toda polo noso videocreador do blog do Ventorrillo.....Se é que na Coruña nos coñecemos todos!!!!


O vídeo da polémica que debería poñer no seu sitio ao señor Ponte


A plataforma de persoas adxudicatarias das Vivendas de Promoción Autonómica (os famosas 256) acaba de presentar unha denuncia nos Xulgados polas palabras despectivas e, por qué non, obscenas que, a través dun vídeo realizado pola xente do Blog do Ventorrillo, emprega o señor Ponte Mañana, "a la sazón" presidente da animosa Asociación de Veciños O Cruceiro, contra o conxunto deses 256 adxudicatarios.

Os lemas "Integración SI, guetos NO" semellan totalmente inútiles a estas alturas. Persoas como Ponte Mañana denigran a imaxe de todo un barrio, dando na cidadanía a absoluta sensación de que eses espazos urbanos son xa, de feito, uns guetos. Pero uns guetos de INTOLERANCIA (véxase a obra mestra do gran D. W. Griffith).

Extraña que ningún deses blogs "aliados" comente nada deste despropósito en forma de docu-drama, especialmente sangrante a partir do seu minuto 7:15.

Persoalmente, tampouco nos semella moi acertada a inclusión dun tema do grupo británico OASIS nese vídeo. Non sei qué dirá a súa casa discográfica.

Quédavos con este vídeo. Qedádevos cos aplausos. As palabras de Ponte son demoledoras: "(...)Qué importa que lle chamen dunha forma ou outra (realoxados ou adxudicatarios). Na miña terra á merda non se lle chama caca. É merda. É merda!!!!". Impresionante argumentario. Como para vivir no mesmo edificio ca el.

Para nós, aparecen retratadas, con meridiana claridade, as intencións reais destes "salvabarrios".

Supoño que o seguinte paso a dar será ir piso por piso, unha vez sexan entregados, para "limpar" de narcotraficantes e prostitutas o Castrillón todo!!!!! Xuíces e parte. Moi democrático. Igual había que mirar a qué se adican exactamnte e qué intereses certos moven a persoeiros coma o señor Ponte Mañana.



Estará AVA entre algúns dos que aplauden????? Qui lo sa!!!!!!!!

Abur, yogur.