Teño un colegui ferrolán, katanguista de adpción, que gosta das palabras grosas nas súas relacións sexuais e sexuadas. Gosta tanto de insultar como de ser insultado. Desde o clásico "toma, guarra, toma" ata o máis igualitario "dame, dame, cabronazo". E mira que disfruta o home contándonos o seu último diálogo escabroso do pasado sábado!!!!! Pois algo así debe pasarlles a eses tertulios e contertulios conservadorcillos, dereitosos máis ben, e a algún carguete público pepeiro, que se excitan sobremaneira compartindo con nós as súas suculentas fantasías coas féminas máis diversas. Cousas da Lei de paridade, supoño, que trouxo a igualdade de xénero presencial na política e, con ela, espertou os máis baixos instintos de quen levaba anos e anos de abstinencia de pensamento, palabra, obra e omisión. Explícome, que xa tarda.
Hai uns meses, o Alcalde de Valladolid explicounos moi explicitamente en que pensaba cando vía a cara, os beizos, por sermos máis exactos, da Ministra Leire Pajín. Ai, ai, ai....depravadillo....Antes, o peripatético Dragó ofertounos unha suculencia preadolescente extraída dos relatos orientais máis escabrosos, pero ninguén pensa que non sexan máis que "fantasías animadas de ayer y hoy". Algo así como "pero mira cómo me ponen los putos Merry Melodies".
Tamén foi sonada a intervención, a micro pechado, de certo escritor tertulista de Telemadrid a respecto dos chichis das adolescentes ante a severa presencia da Sansebastián, quen se limitou a pedirlle ao locuaz pervertido que non se achegase á súa filla: "No con mi hija", veu pedirlle. Será que si coas das demais. Para os responsables deste programa o grave non foron as "desafortunadas" palabras do tertuliano, se non que se filtrasen a medios como youtube. Pero que mala é a xente......
Un tempo antes, noutro medio audiovisual de tendencia conservadora, outro tertuliano chamou "guarra" e creo que "zorra" a toda unha conselleira da Generalitat catalana por sacar unha guía de educación sexual para adolescentes. Por falar de condóns e pajillas, vamos. Pois non sei cal é o escándalo. Eu vexo a este home fantaseando coa conselleira a todo trapo...o dito, "dame, dame, cabronazo". "Toma y toma, so zorrona....afs, afs, afs........".
Agora, todo un líder da oposición e firme candidato a presidir España, presume de poder enfrontarse a "Zapatero, Rubalcaba, Pepiño y la Chacón". E todos e todas aplaudiron a gracieta..."Bravo, bravo, Don Mariano. Qué requiebro, qué verónica cara al tendido". O de "Pepiño" xa sabemos por onde vai. Para a nosa desgraza. O de "La Chacón" recorda á pobre Fortunata de "Fortunata y Jacinta", pasto de nenos ricachos con ganas de goce e desfute sexual popular. A prezo de ganga, oigha!!!!!!
Por último, que non derradeiro, na nosa casa danse casos abraiantes como o do tertuliano afecto ao poder político Popular -ou a calquera que sendo sociatilla semelle Popular- Don Roberto Blanco Valdés, quen chamou "mamporreras" a Laura Seara e Leire (outra vez ela) Pajín. E iso que se miramos o dicionario da Real Academia Española, mamporrero só pode ser "hombre que dirige el miembro del caballo en el acto de la generación", isto é, o que axuda ao cabalo a meter o seu membro viril no membro feminil da égua. Como diría un castizo, "cree el ladrón que son todos de su condición". Pero en que cousas andaría a pensar Don Roberto cando dixo o que dixo no programa "Galicia por diante"...Semellaría que era ben outra cousa a que ía por diante para o pobre señor Blanco Valdés!!!! Tampouco o líder dos populares de Teo escapa a esta sobreexcitación sexualoide. Nesta ocasión, o albo son os paquetóns do Alcalde nacionalista e o do portavoz socialista. Bueeenooo, polo menos este saíu do armario.....Non así o Noso Presidente, para quen os comentarios choqueiros dirixidos ás rapazas novas forman xa parte da súa idiosincrasia -ou ideosingracia- particular. Un machote.

Ai, as fantasías sexuais non teñen máis límite que a imaxinación....Eu teño unha moi grande coa anterior alcaldesa de Vigo, a tamén ferrolana señora Porro -"Corina Porro, te vamos a fumar"-. Pero case me vou gardando as cousas que lle diría, non??????
FRESA: Socorro, un tertuliano de derechas!!!!!!!
PERA: Sálvese el chichi que pueda...!!!!!
Feliz ano...nos dous idiomas.