Páginas

Rolda de Rebeldía katangueira

by Katangueiro

A pasada semana, os administradores e administradoras deste blog recibimos un singular convite desde unha autodenominada Comisión da Rolda de Rebeldía. Seica estarían encantados (¿?) de contar cunha representación katangueira nunha xornada de debate que se ía celebrar -e celebrouse- o 30 de xaneiro no Hotel Compostela, en horario de mañá e tarde.

Pacotrón, que mamou a política por vía intravenosa...entre outras cousas.....e segue a considerarse temerariamente un Rebel Rebel...acolleu este convite con grande entusiasmo, poñéndose a investigar de qué ía realmente todo aquilo. De resultas de todo isto, aconteceu que esta Rolda de Rebeldía viña sendo organizada por un grupo de persoas, maioritariamente da corrente Encontro Irmandiño do BNG, onde se reúnen militantes e non militantes que procuran, din, unha rexeneración do nacionalismo galego -que boa falta fai- e onde sobrancean persoeiros tan coñecidos como Beiras ou o concelleiro katangueiro Mario López Rico.

Amais desta corrente, sumáronse a esta iniciativa un número importante de persoas a título individual para conformar unha Comisión que preparou con excelencia organizativa, todo hai que dicilo -nada que ver co sistema katangueiro de autoorganización- unha xornada onde se debateu sobre o papel dos partidos clásicos, as canles de comunicación e participación cidadá e os mecanismos para a creación de "masa crítica". En resumo, que me estou enguedellando: tratábase de encaixar e discutir sobre o papel dos movementos sociais, a esquerda social maiormente, fronte ás forzas políticas ou a esquerda política, maiormente o BNG, pero tamén outras.

O programa completo, AQUÍ MESMIÑO!!!!!!


Tamén podedes consultalo e descargar o pdf AQUÍ.

Moitas e moi sesudas foron as sucesivas intervencións, tanto desde a Mesa de convidados-ponentes coma desde o público asistente. Como sería moi longo reproducir mínimamente todo o que se tratou, remitímosvos a seguir a páxina da Rolda para os que tedes interese no tema. Para min, o máis e mellor foi a sensación de achegamento, cando non reconciliación, entre persoas vencelladas a diferentes movementos sociais e unha parte moi significada do BNG, totalmente afastados e divorciados nos últimos lustros, e que deben, así se entendeu por tod@s @s presentes, traballar en común, en cooperación e, cando a ocasión o requira, en certa simbiose se se quere, realmente, transformar a sociedade, Galiza, o mundo...eu qué sei...Katanga!!!!!!! Cambiar o mundo para crear unha sociedade mellor, máis progresista e solidaria, onde as persoas poidamos aspirar a ser felices. Qué cousas, verdade????? Qué desprezo para os denodados esforzos de Don Alberto por converter Galiza/Galicia no novo paraíso terreal!!!!

O que si me gustaría destacar foi a aportación de Pacotrón, inspiradísimo nesta Xornada, avogando por un achegamento entre "partes", isto é, entre a esquerda social e a política. As dúas autoafastadas. Tamén defendeu unha visión da realidade, da nosa realidade, máis aberta, lonxe das clásicas interpretacións maniqueas de certo marxismo ou socialismo, ou das tentacións de elitismo ou ditadura ilustrada, que sempre están aí, tanto na esquerda como na dereita.

Tamén desmitificou, con coñecemento, o valor da participación cidadá en si misma como elemento transformador de esquerdas. Efectiuiuonder, a dereita tamén se organiza e mobiliza -exemplo claro: as manifas contra a política de realoxos do Concello da Coruña- e pediulle aos movementos sociais presentes o protagonismop activo nos procesos abertos por forzas políticas coma o BNG, por moi críticos que sexan con estes procesos ou coa forma de entendelos, como medio para evitarmos que a dereita sociolóxica -e demagóxica, como a que agora mesmo combate o control sobre as alturas do novo Plan Xeral- triunfen sobre as políticas de desenvolvemento sustentable, socialización dos servizos, igualdade de oportunidades, dereito á vivenda, á convivencia, á solidariedade.....en fin, delfín....que o que está en xogo é se imos seguir permitindo que os tiparracos que causaron esta enésima crise do capital se saian de novo de rositas!!!!!!


ROLDA DE REBELDÍA: Por un cambio radical do modelo de sociedade. Outra Katanga é posible!!!!!!

Total...que o pasamos de medo, sobre todo o Pacotronista este do demo, e puidemos estar con cracks como Raúl, Pepe Constenla -ese pedazo de guitarrautor-, Pili Estévez, Paulísima Verao -amiga katangueira e persoa culta, sensible e cariñosa como poucas....e toca o clarinete!!!!!-, o Beiras, quen felicitou persoalmente a Pacotrón, Manolo -o insumiso que Pacotrón coñecera nas manifas contra a mili- Xose, Flor -esa artista-, e un sinfín de persoas. Mesmo un rapaz que aseguraba que Pacotrón era tal cal, físicamente, que o seu irmán Nito...e sacoulle unha foto!!!!! A ver se non era da CIA, animal do carallo, e non te meteches xa noutro dos teus enredos!!!!!

Aquí vos queda algún enlace de prensa:



Claro que para os escépticos, sempre quedará o Conselleiro de Medio Ambiente....mi madriña!!!!!!!



CONSELLEIRO: Ji, ji, ji, ji jito.......estos rojitos van a chinchar y rabiar con los chaletes adosadetes que nuestros amiguitos van a construír desde Ribadeo hasta La Guardia......civil!!!!!!!!

ÚLTIMA HORA: A nosa crónica, recomendada na web de Altermundo.org, ademais de realizar a súa propia crónica AQUÍ. Xa vos adianto de que na foto deste texto aparece algún dos nosos administradores!!!!!!

Tamén se recomenda a crónica de Outra Esquerda.

ULTIMISÍSIMA HORÍSIMA: Tamén moi recomendable a leitura do noso artigo en Galicia Confidencial, máis concretamente na sección de Sociedade: Katanga Confidencial AQUÍ!!!!!!!

Consultar (ou botarse unhas risas, que depende) o Álbum de fotos de Altermundo

E xa chegou!!!!!!! Aí queda iso!!!!!!

22 comentarios:

  1. Vaia sorpresa agradable, katanguista. Non contaba eu con que madrugases tanto para escribir sobre cousas serias.....estarás cambiando????? Non se che subiría a rebolución á cabeza????

    ResponderEliminar
  2. Por fin falas ben de min, pequena carracha!!!!

    Dúas cousiñas:

    BEIRAS, ese home. Recoñezo que comparto contigo a túa debilidade por ese home. Qué capacidade de aunar ten!!!!! E volverá???? E algún día marchou, acaso????

    De tantos soños que tiven, apenas durmín, pero non confundo b e v. "Revolución" é con "v", animalote!!!!! (xa sei que están ao lado no teclado....só por incordiar...)

    ResponderEliminar
  3. Es que Pacotrón piensa que "rebolución" es volver a darle a la "bola", en gallego "trola".

    Katangueiro: ya podías haber avisado de que ibas, hombre. ¡Con lo que me gusta a mi el altermundialismo!

    Me voy a comprar el pan y el peri.

    ResponderEliminar
  4. As túas intervencións caralludas... Eu non son crack ningún, nin da política nin do clarinete, como xa puideches comprobar.
    Saúdos dende Sober.
    Paul(ísima?) Verao.

    ResponderEliminar
  5. Graciñas, Paula. Sara Montiel será Sarísima, pero Paula Verao é Paulísima!!!!!

    Terá razón Tamara co das "trolas". A partir de agora terei de dicir "RETROLUCIÓN".

    Katangueiro: hoxe véxote moi parlanchín, ao contrario de onte, que non abriches a boca máis que para meterte un filete á hora do xantar, lambón!!!!!! Beiras únenos porque é un crack. Deberías sabelo xa......

    ResponderEliminar
  6. Saquei dúas boas cousas e causas da miña presenza onte no Hotel Compostela: 1) o descobremento de que existe un BNG que sabe estar á altura dos tempos e que, sendo agora unha minoría interna, aspira con ambición a transformar a sociedade e o proprio BNG a un tempo e 2) o descobremento paralelo da existencia deste blog, que algúns dos meus amigos xa tiñan costume de percorrer. Saúdos desde o Birloque. Outro Birloque é posible.

    ResponderEliminar
  7. Desculpas por acaparar. Esquecín comentar cómo se agradece que nun espazo de temática político-social, aínda que se traten os máis dos temas con humor, coma o voso non aparezan continuos insultos e descualificacións entre comentaristas e administradores, tal e como acontece en outros foros. Abráiome do espírito de produtividade en positivo de case a totalidade das e dos comentaristas habituais. Parabéns tamén para eles, claro.

    ResponderEliminar
  8. Benvido, Alter Nativo. Tamén precisamos de pitufos "vermellos".

    A min, isto do "altermundialismo" lémbrame a Cristiano Ronaldo.....non sei.....prefiro "altermundismo", que á peña enseguida se lle vai a bola co do fútbol!!!!!!!

    Unha aclaración: mentres Pacotrón e eu andábamos a cambiar o mundo mundial, a Katangueira preferiu ir chonear ao C. C. Cuatro Caminos....Outra Katangueira é imposible (por sorte)!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  9. Es lo que os pierde a los de izquierdas. Demasiados sueños y los piés en el aire. En lo real os gana la derecha. En lo virtual, cualquier iluminado con ansias de transcendencia.

    ResponderEliminar
  10. Gracias al BNG, a su actitud y aptitud en el gobierno del bipartito, volvemos a tener al PP en el Gobierno autonómico. Probablemente para un perido más largo que el que ya los tuvimos que sufrir.

    Gracias a ellos támbién muy probablemente los tendremos, a los del PP, en el gobierno local, de A Coruña, en las propias municipales.

    ResponderEliminar
  11. A este Jesús véselle axiña o plumeiro, no fondo o que el desexa é o pacto co PP. É unha opción, mais non é a máis avanzada socialmente, nin de esquerda que en teoría é o que é o PSOE.
    Outra cousa! Katangueiro eu que tamén estiven nese encontro fraterno que foi a Rolda saúdo o teu comentario como un artigo xornalístico moito mellor que a maioría dos que fan xornalistas profesionais. Sigue así!!!

    ResponderEliminar
  12. La pena es que se considere que para avanzar socialmente en esta comunidad haya que pactar con el BNG.

    Pactar con el BNG lo único que nos va a traer en involución a épocas pretéritas que debiéramos tratar de superar.

    Hay que ser realistas y pragmaticos, no utópicos. Alicia en el país de las maravillas, es eso, un cuento. Por no entrar en lo que estos mal llamados progresistas del BNG hacen una vez se suben a la poltrona, claros ejemplos hemos tenido y tenemos en el gobierno local y autonómico.

    ResponderEliminar
  13. Estimados Jesús e Otro Anónimo: Claro que a esquerda é, de natural, soñadora, mentras a dereita procura solucións (ou creación de riqueza con sentido clasista) a curtísimo prazo mais longuísimas consecuencias para todos. Onde estarían os dereitos sociais como a educación, sanidade, subsidio de desemprego, pensións non contributivas, dereitos humanos básicos, dereitos da infancia...etc se a esquerda non se tivese mobilizado desde o século XIX, mesmo con sangue (propio e/ou alleo)??? Dígocho eu: estaríamos todos traballando nas minas desde os cinco ou seis anos, coma en Francia, Alemaña ou Inglaterra aínda hai menos de 150 anos!!!!!!!! Se ningún dereito máis que o de morrer de asco. Valorade, plis, o conseguido, e non permitades que se sirvan del aqueles que queren eliminalo ou, mesmamente, destruílo!!!!!!

    Saúdos e graciñas, sobre todo, polas vosas aportacións!!!!!!

    ResponderEliminar
  14. Eu vou máis alá ca ti, Katangueiro, e preguntaríalle sobre todo a Jesús en qué clase de Galicia estaríamos vivindo agora mesmo, a nivel político e social, se non tivese existido o bng, tanto no seu traballo de oposición como nos diferentes gobernos locais ou autonómico?????
    Acaso prefires un panorama político como o de Murcia??? Unprotagonismo das súas problemáticas como o de Extremadura?????

    ResponderEliminar
  15. Blogs de Katangueiro, por supuesto que hace falta luchar por todo lo que relacionas, pero de la mano del BNG lo único que podremos conseguir es involución no evolución.

    Anonima, para muestra de lo que nos dejan los gobiernos en coalición con el BNG no hay más que ver lo que hizo el bipartito en la anterior legislatura, desaprovechar una ocasión de oro, que tardaremos unas cuantas legislaturas en volver a tener, para avanzar socialmente en esta comunidad.

    El coaligarse con el BNG es peor que coger la lepra, sino que se lo pregunten al Sr. Touriño o al Sr. Losada. Estos personajes no conocen la palabra lealtad, ni la palabra equipo, son ellos, ellos y más ellos. Con sus lamentos victimistas, oprimidos se denominan.

    Nunca una representatividad tan pequeña como la de estos personajes tuvo tanta fuerza en una comunidad y nunca se hizo tanto daño como estos nos han hecho a los residentes en esta comunidad.

    ResponderEliminar
  16. Home...Jesús....que Comunidades hai moitas, e no caso de Andalucía ou Extremadura, con maiorías absolutas do PSOE, pois mira.....Ou o Ourense dominado polo PP...vaia adianto. Nese caso, o BNG podería presumir de que hai outro Ourense: o dos Concellos que goberna en maioría absoluta. Mira ti se te cambias dun Allariz, por exemplo, a un Chandrexa de Queixa.....

    ResponderEliminar
  17. Polo que contades parece que foi un encontro bonito e esperanzador. Alégrome. Esperemos que pouco a pouco máis xente se vaia unindo en torno a aquelas causas que os motivan para loitar polo ben común e por un mundo mellor.
    Persoalmente creo que cada un de nós pode protagonizar unha pequena revolución diaria cunha conducta cívica e solidaria, que busque a concordia na convivencia e non o beneficio propio. Empezando por aí, ata o infinito.
    Desde a adolescencia souben onde estaban a miña a cabeza e o meu corazón: na esquerda. Sempre intentando aunar pragmatismo e utopía. É difícil, pero non imposible.
    No tocante ó feito de pactar ou non pactar(that's the question): Fáltanos moitísima madurez e espíritu de convivencia. Non creo que ningún partido político neste Estado poida gabarse de estar libre da síndrome da poltrona, do arribismo ou do adormecemento nos laureis. A autocrítica é escasa. E máis escasa aínda a capacidade de recoñecer que "os outros fixeron algo ben". Imos ben así.
    Ante tal sobredose de realidade abrumadora ás veces resulta inevitable soñar con utopías e con Shangri-La. Pola lei da compensación. Que non nos prohíban iso tamén.

    ResponderEliminar
  18. Unha cousa que me quedou no tinteiro, e que sei que agradecerá o Pacotroneiro, é que na dereita neoliberal, especulativa e financeira existen tamén os seus propios Shangri-La....os seus propios Paraísos Perdidos. Non estou a falar de construír en toda a costa ou elevar a cidade a alturas inimaxinabeis para gañar en dez anos fortunas que nin esgotarán os teus netos vivindo toda a súa vida a todo trapo. Falo do paraíso insolidario da illa do Pacífico, representado perfeitamente na película do aclamado e incomprendido Danny Boile "A Praia", con Dicaprio. Qué potito é vivir no Paraíso en tanto sexas xoven, guapo e saudable mais...ai de ti como enfermes!!!! O Paraíso non contempla a solidariedade e, polo tanto, non "malgasta" en sanidade ou atención a dependentes. Nin siquera se a yúa dependencia é momentánea, provocada por graves febres. Non hai quen mire por ti, xa que molestas. Non es divertido. Benvidos a Europa, que diría Lars Von Trier. Benvidos ao PARAÍSO ARTIFICIAL.
    Graciñas, Msarkadina, por lembrarme aquela película dos trinta (Si, dos trinta. En pleno auxe do fascismo) "Horizontes Perdidos" (1937), do cristiano-anarco-socio-comunista-humanista Frank Cappra.
    Para os novos, ver info aquí abaixo:

    http://es.wikipedia.org/wiki/Horizontes_perdidos_(pel%C3%ADcula_de_1937)

    ResponderEliminar
  19. Horizontes Perdidos ou Horizontes de Grandeza. Dúas obras literaruas, dúas películas clásicas, dúas interpretacións para a esquerda.

    ResponderEliminar
  20. Katangueiros: una petición, porque se pueden hacer peticiones, ¿no?. Me gustaría que se tratase, con un mínimo de seriedad, y apertura de miras, el tema del nuevo PGOUM o PXOUM. Sobre todo en cuanto a la polémica sobre las alturas y qué ocurre cuando tu piso o edificio está fuera de ordenación. Saludos y besitos!

    ResponderEliminar
  21. Pois mira por onde, esta tarde-noite imos de Plan, a ver que nos contan tanto Mario López Rico na Fundación Caixagalicia ás 20:00 e a xente do C.S. ATREU contra as 21:00, coa súa visión crítica "pola esquerda"....a ver a ver a ver....
    Non só hai movementos sociais que apostan polas alturas!!!!!! En Katanga, precisamente, temos exemplos vivos de urbanismo insostible!!!!
    Propoño unha pregunta para comezar: por qué pensades que os pisos valen moitísimo máis nos Rosales que na Agra???? Mesmo os que son de recente construción????

    ResponderEliminar