Hai no amigo Pacotrón unha tendencia suicida a apuntarse ás causas perdidas, que non é o mesmo que as causas das "perdidas"..........quen lle dera!!!!!!!!
A pasada semana, coincidimos el e eu xogando unha timba de Continental, onde Pacotrón gañou uns bos euracos -que a saber en qué gasta logo-, e asistimos impávidos a unha desas conversas de mamis e papis sobre a actitude okupa dos nosos maiores á hora de aproveitar as potencialidades cívicas dos nosos centros municipais creados a tal defecto.
Estas mamis e papis queixábanse de que o seu centro cívico de referencia, o dos Rosales, convertérase de facto nunha casa de xogo e follón verbeneiro día si e día tamén. Ao estilo do Saloon do oeste, modelo galaico!!!!!
A súa principal queixa viña de que, se ben é certo que, dun tempo a esta parte, se deixaba notar un esforzo por parte de institucións públicas e privadas en organizar actividades para pequerrechos de toda índole, o cal agradecían encarecidamente, e atendendo ao perfil de usuarios e usuarias dos diferentes centros cívicos da Coruña, a resultante de todo isto era que a xente moza-adolescente e nós os carrocillas -tamén algo adolescentes- quedábamos excluídos vilmente do conxunto de actividades divertidas, formativas e deformativas que se veñen programando neste marinedo espazo urbano.
En resumo, que entre bailes de rumba e charlestón, xogos de dominó, birisca e cinquillo e chopito vai e chopito vén, a xentiña xoven e de mediana idade non ten un centro cívico onde caerse morta...e veña botellón e veña alcoholizarse!!!!!!!!! Unha perdición social!!!!!!
Pacotrón, na súa liña habitual, defende aos nosos maiores e excusa as actitudes excluíntes que exhiben alá por onde okupan salas de xogos. Pero eu, que estou ao pé do canón, sei de boa tinta que esta situación se repite ao longo das múltiples redes de centros cívicos e sociais do País katangueiro todo...e mais alá!!!!!!
"As nosas carencias en Centros de Día convirten estes equipamentos de barrio, pensados, certo é, para o conxunto dos cidadáns, no lugar perfecto para as reunións e encontros sociais desta minoría maioritaria silenciosa que son os jubiletas", explica espesito espesito Pacotrón.
"Déixate de enredos", interrompo eu alporizadete, "que esta xente non para de moverse, de aquí para alá, coas bolsas esas que non sabes se levan roupa vella ou verdura, da Caixagalicia á Parroquia e viceversa, como formiguiñas....e esixindo verbenas aquí e alá, e nunca agradecendo nada, e okupando os lugares de todos, que logo lles sobran os nenos, os rapaces, os yonkis e a virxe santísima!!!!! Non ves, pequeno lambón, que onde sentan son os seus bancos, onde toman o sol son as súas prazas, onde xogan son as súas mesas de xogos, e as verbenas son as súas verbenas?....Non ves, pequeno psicópata, que ESTÁN ORGANIZADOS?????? Que son rancios e difusos, que votan na súa maioría ao PePé, aínda que lles quiten as cuantiosísimas citas médicas de tarde, que tanto lles ten a corrupción, mentres eles teñan baile e pulpiño, que prefiren gastar en arreglar un campanario dunha capela que só se enche un día ao ano (o día do Santo de turno ou da Virxe esa que sirve de excusa para chuzarse) que en construír un centro social para eles....e así logo toman ao asalto os centros de todos ao berro de "este centro é NOSO"????? Non ves todas estas cousas, Pacotronista, e non te sulfuras??????", rematei excitado.
"Na nosa sociedade galega, tan tradicional para algunhas cousas, os maiores e os nenos van primeiro, Katanguista, e os demais....onde podemos. Pero dime ti, entón, cal é a túa opción, o teu modelo social: Nós, os que estamos activos, os que cotizamos, primeiro. Logo, claro, os nenés, e de último......os vellotes, of course.
Eduqueison eduqueison......aprendamos a non encher o chan de todos con restos de chicle, aprendamos a respectar as prazas, os bancos, as farolas, as macetas, de todos. Aprendamos a facer cola para subir ao bus ou para entrar no cine ou en Riazor. Aprendamos a consumir responsablemente e a comprarnos o carro que realmente precisamos, e non un catro por catro para facer xentións e levar os nenes ao cole, aprendamos a reciclar e non a tirar as cousas co argumento de que sae máis caro amañalas, aprendamos a defender nós as conquistas sociais que, se ben son desfrutadas hoxe, maioritariamente, polos rancios eses dos que falas, serán mañá desfrutadas por nós...tamén rancios e alcanforados. Aprendamos, coma eles, que cando hai eleccións HAI QUE IR VOTAR polo que che interesa, esteas ou non equivocado. A nosa xeración di que todos os políticos son iguais, pero os jubiletas ben saben a quen votar e a quen non, verdá?????? ORGANICÉMONOS, katanguista do demo, e verás qué ben!!!!! Deixa os centros sociais e/ou cívicos para eles, que non teñen máis, e montemos nós un para as nosas cousas (xogar ao escalestri, privar garimbolas, falar picaradas, ver pelis de mafiosos ingleses, darlle á consola -que non ao consolador- e todo iso). Qué me dis, Katangueiro?????", rematou retando o Pacotrón este.
"Que a este paso",respondín tocándome os ghüevos, "para cando inauguren o ÁGORA, os tres módulos nos que se divide a cousa van quedar así:
Módulo 1: Tute cabrón e Cinquillo de féminas.
Módulo 2: Dominó con cartos e Mus nivel avanzado (só machotes bébedos)
Módulo 3: Salón de Actos para ver a enésima repetición dos goles de Guti e Raúl e algún programa onde bailen jamonas de menos de corenta anos ensinando pernil e muslamen ao son de "Mami, qué será lo que quiere el negro". Os martes e venres...verbena coa orquesta Palacios, precedida do dúo Trébol".
Aí queda o debate, amiguitos......non desesperar!!!!!!!
Noticia de Las Provincias:
VELLOTE NÚMERO 1: Mira, karterista, kartartista ou como te chames.....A próxima vez que fales así e te metas con nós, vas levar uns zurriagazos que che vai entrar o sentidiño mentras recolles os teus dentes cos dedos da man rotos!!!!!! Vasme dicir ti a min, que estiven no frente de Teruel!!!!!
VELLOTE NÚMERO 2: Pero que dis, Ricardito, se ti en Teruel eras representante de xabróns Lagarto no 47, coñe!!!!!!
VELLOTE NÚMERO 1: É que me lían, leñe!!!!!!!!
Lo peor va a ser que por el camino que vamos, alguno que vi en una noticia reciente que tenía 40 años, casi casi va a coincidir la inauguración del AGORA con su estreno como jubilado.
ResponderEliminarBoa noite.Xa vos imaxino eu coma dous tafures do Mississipi, coa música de Ragtime, de Scott Joplin, de fondo.Qué dúo!
ResponderEliminarHai en todo este asunto unha par de tendencias sociais que nunca foron do meu agrado: a formación de ghettos segundo a idade dos individuos e a tendencia a deixar de exercer a nosa responsabilidade e libre albedrío, pensando que a Administración teñen que cubrir todas e cada unha das nosas necesidades. Mal vamos así. Non hai demasiados anos nunha praza pública ou nun xardín, convivían vellos, pais e nais, adolescentes e cativos sen que houbese ningún drama social.
Non sei en qué momento os pensionistas se organizaron na Coalición de Panteras Grises e tomaron por asalto tanto espazo público. Tamén ignoro en qué momento se decidiu que a convivencia entre distintos segmentos de poboación era imposible. Non será que a poboación activa está máis aburguesada que nunca e pecamos tod@s dun egoísmo e insolidariedade como nunca tal se viu? Por qué teño eu que arrimar o ombro se pago impostos?
Insisto: Máis educación, máis concienciación e máis respecto polos demais e polo ben común e a convivencia sería moito máis levadeira. Iso xa nolo deberían ensinar na familia, desde pequenos, porque é un componente dunha sociedade que se supón "civilizada" e "adiantada". A iso se lle chama CIVISMO:
1º Actitude do cidadán que cumpre coas súas obrigas coa comunidade.
2º Preocupación e interés polos demais membros da comunidade.
3º Cortesía, educación.
De CIVISMO está moi carente a nosa sociedade.
Os vellos, a un lado; os cativos, a outro; os adolescentes, nin se sabe e os adultos da nosa xeneración e das anteriores ou posteriores, desorientados. Afortunadamente para nós, as persoas que aínda cotizamos, temos unha certa liberdade económica que nos permite desfrutar do noso lecer doutro xeito. Moitos vellos okupas ou miraobras non se poden permitir demasiadas alegrías e tampouco teñen máis horizontes; traballaron moi duro e estaban moi limitados por unha sociedade castradora.
Eu vivín a vellez dos meus avós maternos coma un espectáculo apaixoante: el quería ir a todas as viaxes do Imserso, porque era o Rei do Mambo e a ela, horrorizáballe ver ós seus coetáneos vestidos de chandal de tactel e bailando "Los Pajaritos". A miña avoa, que era unha muller moi lúcida e retranqueira, trataba con xente de tódalas idades e colores e de todos dicía que aprendía algo novo, aínda que non o entendera. Non lle gustaba nada que a "encasillasen". Creo que ese rasgo pervive en varios membros da miña familia. De feito, a miña nai,de pouco máis de 60 anos, que é outro espíritu libre, fuxe deses "ambientillos" como da peste. Non hai moitos días as dúas chegamos á conclusión de que vivimos nunha especie de apartheid xeneracional coma nunca tal se vira. Porque identificamos exclusivamente a actividade laboral como a etapa productiva, coma se un vello ou un neno non nos trouxesen máis que problemas e preocupacións. É duro facerse adulto pero envellecer é aínda peor. Un dato curioso: non sería a primeira vez que vexo a un vello discriminar a outro porque padece, por exemplo, unha demencia. Coma se fose algo contaxioso.
Eu mesma estou asustada ante os meus recén descubertos prexuízos e me obrigo a lembrar unha canción de Les Luthiers: "Los jóvenes de hoy en día".
http://www.youtube.com/watch?v=_1GC1uzhJIE
Ademais de rir moitísimo, faime recuar ante tal involución na miña conducta. Mesmo algún amigo estranxeiro entende a mensaxe,a miña situación e as miñas ideas.Eu, que son desa xeneración de adultos que teñen moito de adolescentes, vivo unha vida moi parecida á que tiña hai dez anos.
Non sei o que me traerá o futuro pero si estou certa de que seguirei votando e procurando traballar para vivir e non para acumular. Sobre todo, espero non quedarme estancada e crer que xa non son útil á sociedade porque teño máis de 65.Moito ollo con esa maioría silenciosa, que noutros lares están moi ben organizad@s:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Panteras_Grises
Qué luxazo poder contar no noso blog con comentarios tan profundos e suxerentes como os que nos deixa case sempre Msarkadina (digo case sempre porque ela, como todos, tamén ten os seus días pícaros!!!!). Moitísimas grazas de parte do Katangueiro, que anda liado en operacións bucais...que non orais!!!!!!
ResponderEliminarAnónimo: home, non me digas que vou ir estrear eu a sala de xogos de cartas xunto contigo.....aínda podemos xogar un tute cabrón ou un estrís-pócker...que tamén!!!!!
Ánimo, Anónimo. A nosa entrada sobre os terreos do Ágora chegou a onde tiña que chegar, asegúrocho.....a ver se fai efecto!!!!!
Oí que el Alcalde anuncia la inauguración del ÁGORA para julio o así....¿Sabéis algo, katangueiros?
ResponderEliminarBoas, Katangueir@s!!!!!! Aquí estou, cunha moa (non Penamoa) menos e algunhas drogas legais máis!!!!!! A Katangueira di que teño moi baixo o umbral da dor.....cousas sentiredes.......
ResponderEliminarEfectiuiuonder, queridisísima Tamara. Non sabemos se o Alcalde katangueiro se columpiou ou non, pero o que si é certo é que se remata, en todos os sentidos, antes de fin de ano. Esperemos que si......
O que non esperamos é ter que lembrarnos daquela peli de Esteso-Pajares entitulada "Los Bingueros"...verdá, Pacotronista??????
Otras obras de sumo interés ciudadano tienen que estar a punto de caramelo para su inauguración. Me refiero a los Centros Cívicos y/o Sociales de Eirís y Novo Mesoiro, que tanta falta hacen por allí. Aparentan estar en su ultimísima fase de obra, si no ya "rematados". Mi deseo para todos estos centros es que sus usos sean lo más abiertos, dinámicos y universales posibles. Timbas de mus pero también conciertos de chavales y mucha, mucha vida social de barrio.
ResponderEliminarEn cuanto se anuncien las fechas de gran inauguración os aviso aquí. Saludos.
Bo día a todo o mundo.Isto foi o que lin na "edición dixital" de El Ideal Gallego hai un par de días (copiado e pegado):
ResponderEliminarPese a los problemas técnicos que surgieron el año pasado con respecto a la cimentación del edificio, la compañía se compromete a cumplir lo expuesto en la oferta que había presentado al concurso público. Así lo recuerda el informe del área de Interior cuando asegura que expuso “una propuesta de reducción de plazo de ejecución en el momento de licitar”.
Eso sí, el gobierno local cuenta ya con un par de meses más para que Dragados realice la urbanización del entorno mientras se desarrollan las certificaciones de obra y demás papeleo administrativo. Así pues, sería el último trimestre la fecha en la que el “conjunto” -inmueble y alrededores- estarían listos.Ahora mismo, las obras están a pleno rendimiento, con la mayor parte de los “capítulos” del proyecto en marcha.
En este mes los operarios se afanan en finalizar la estructura -que quedará completada en febrero-, así como en la cubierta y la albañilería. También han dado inicio, con el año 2010, a los revestimientos y la carpintería de aluminio, madera y vidrio, así como la fontanería, la climatización o la protección de incendios.Las obras del centro multiusos Ágora -situado entre San Pedro de Visma, el Agra del Orzán y O Ventorrillo- estarán finalizadas antes de que acabe el mes de julio. Así lo afirma la empresa adjudicataria, Dragados, en su plan de trabajo, que la junta de gobierno aprobó la semana pasada y que supone el cumplimiento de los plazos que había marcado el gobierno local cuando comenzaron las labores sobre el terreno.
Esperemos que daquela xa estean solucionados problemas de todo tipo e, para o beneficio común, empece a funcionar o Ágora. Demasiado poético o nome para que acabe convertido noutro ghetto ludo-xeriátrico. Non deixo de encomendarme a Palas Atenea para que sexa un punto de encontro interxeneracional; pero como non lle podemos deixar todo ás divinidades, tod@s debemos aportar algo.
Por certo, moito falar dos xogos de cartas e de "Los Bingueros", pero esqueceches mencionar os bingos parroquiais, con presencia maioritariamente feminina. Hai gran potencial dramático neses momentos. George Cukor (que non Almodóvar) faría unha obra mestra.
Graciñas pola info, Msarkadinita!!!!!!! Sobre o que di o Periodista, comentáronme que as obras de Eiría e Novomesoiro están practicamente para entrar. Soproume un paxariño novomesoirense que o seu Centro é unha virguería...a ver!!!!!!!!
ResponderEliminar