Páginas

2010: odisea katangueira 2

by Pacotrón.....a petición.

Poucas cousas hai máis gratificantes que percorrer eóns de tempo á procura do púlsar máis próximo. Alimentarse ávidamente dos quarcks esenciais que nos manteñen dentro da burbulla universal. Consumismo cuántico, seica lle chaman. Misticismo ou barbarie, digo a estas horas.

De camiño á fantástica supernova que hai un millón de anos deu orixe a este faro estelar, vou preferindo unha borracheira con Starbuck, ou con calquera outro Cylon, a intentar convercer a quen non se quere deixar convencer (vid. Penamoa, unha historia).

Tempus fugit. Pois eu tamén fuxo. Como as bágoas baixo a chuvia por entre os poros dun replicante.



Dóeme o espírito de ver con qué facilidade prescindimos da materia que nos rodea. Branca ou escura. Eliminada a golpe de cursor. Como madeira podre (madeira, do latín materia).

A algúns lles recomendaría comezar o ano lendo o relato de Burroughs Conto de nadal: o nadal dun ionki. Eu tamén dubido, pero non permito que iso prenda os meus temores. Sempre podo apurar outro licor de araños en Abydos...ou en Piornedo de Ancares, que tanto ten.

En 2009 aprendín técnicas bárbaras de loita entre persoas. Non me importou enlamarme nas trincheiras da desinformación cibernética. Pacotrón colleu o seu fusil, berraron. Non sería eu quen puxo as balas, respondín.

En 2010 prometo encomendarme á Dama del'acq, á Virxe da barca (virginem> moza, virginem inmaculatam: moza co lime intacto), á nossa Senhora do mar....á Moreneta. A Dama do lago ofertábame unha espada chamada Excálibur. A moza de Magdala tan só un camiño. Un púlsar.

Quedan 360 días para amañalo todo. Quedan 360 graos para cambialo todo.

12 comentarios:

  1. Había otra canción de Magdalena muy pero que muy chula. Ya la buscaré. A ver si la "atopo" interpretada por la Carrasco, que es más friki, y no lo hacía mal.

    ResponderEliminar
  2. Almorzador Desnudo5 de enero de 2010, 16:11

    Tocáchesme a fibra sensible: Eu son un devoto de Stargate e moitas noites en branco téñome sumerxido na súa mística. Qué saga!
    En canto a William Burroughs, qué dicir? A el débolle o meu alcume cibernético: "El almuerzo desnudo" (The Naked Lunch) é unha das miñas obras favoritas. Toda esa Beat Generation, cada nova xeneración perdida que se reproduce automáticamente en breves intervalos.
    Grazas polo enlace a ese video tan bonito do conto de Nadal dun ionqui. Ignoraba a súa existencia. Esperemos que alguén o intente ver e lles sexa útil.Da barbarie tamén se aprende moito: sobre todo, naquilo no que non queremos convertirnos.

    ResponderEliminar
  3. De nada, Almorzador. Ese corto vino no canal plus hai anos. Levou algún premio. Aló polo 1995, creo. Do conto, non dou atopado versión en español ou portugués. Unha pena. Quería reproducilo para os que non teñen tempo de ver o docu...ou non se animan.

    A idea base de hoxe tomeina da musa exipcia de Hakim, que sabes ben quen é. Tamén conta bastante que me estou papando os capítulos de Stargate nestes días tan especiais....pero a miña serie preferida de todos os tempos é Galáctica 2003. Misticismo espacial, aderezado con síndrome de Frankestein e algo de política....Ás veces semelloume que a escribira eu!!!!!!!

    ResponderEliminar
  4. ¡Madre del amor hermoso! ¡Me acaba de decir mi compañero que ya estamos en el puto 2010! ¡Dios, cómo es posible!

    Saludos de parte de los muchachos de la División. Hace tiempo, "eones" que dices tú, que no me paso por el Ventorrillo. Creo que hubo un encuentro de gente extraña allí el otro día......

    Feliz año, me cago en......

    ResponderEliminar
  5. Para ti, Charito!!!!! A ver se é esta canción: "Todo estará en paz"....AVISO....WARNING......O TIPO QUE CANTA AO PRINCIPIO É TEDDY BAUTISTA!!!!! Notaredes a enorme falta de calidade vocal. O segundo tipo é Camilito Sexto...nótase.....

    http://www.youtube.com/watch?v=wG38G4bzqKQ

    A canción plantexa o grande debate do hedonismo nas figuras deste Xesucristo e desta Magdalena. Xudas aporta o toque comunista.....

    ResponderEliminar
  6. Vin o enlace polo Facebook e aquí veño!!
    Apunto a tua recomendación, teño un amigo moi moi especial ejem... que é aferrimo de Burroughs e de seguro que ten Navidades de un Yonki.
    A verdade e que eu non creo moito nos santos... se acaso "algo" en Cucufato, pero non sei eu... porque o que lle pedin ainda non mo concedeu e mira que lle apretei ben os collóns, pero nada, así que ata que non se cumpla o meu desexo ahi queda atada a cinta.
    En fin... vou a recibir ós tres Reis Magos que acaban de chamar á porta, a ver se toman os chupitos de licor de guindas casero da miña tía. Deica seguro que sí jijiji... Ufff estou eu máis nerviosa que a miña filla jajaja
    Bicos pra tod@s.

    ResponderEliminar
  7. Boa madrugada. Acaban de espertarme tres homes que falaban inglés con acento norteamericano. Moi parecidos a George Clooney, Mark Whalberg e Ice Cube.Disque andaban perdidos, buscando unha mina de ouro kuwaití en Irak. Imposible! Isto non ten nada de deserto; vai un frío do demo, case neva e o vento derruba árbores... Dixéronme que eles eran Tres Reis pero ían vestidos con roupa militar. Ó pouco marcharon sen darme ningunha explicación. Aínda non estou segura de se foi un soño ou non. Pode que a simple visión do video provoque en min un efecto estupefaciente. E que Burroughs é moito Burroughs. Encantoume, Pacotrón: Un antídoto excelente a tantísimo almíbar tóxico. Eu tampouco o vira. A ver se podo facer algo por transcribir o conto para que fagades con el o que consideredes oportuno.
    En canto a coller o fusil (pobre Johnny, canta angustia; gran Dalton Trumbo) qué queredes que vos diga. Ésta é un guerra de trincheiras, dura, sucia, que desgasta ata á persoa máis paciente. Hai quen non sabe mirar máis alá do seu espazo vital e o extrapola a súa limitada visión ó universo enteiro. Outr@s xa atravesamos un par de veces a Ruta 66 de ida e volta, emulando a Kerouac e a Cassaday e de cánto nos valeu: polo menos a non xulgar o mundo desde o noso único punto de vista. Só nos queda embarcarnos nunha Odisea Galáctica ou Stargetiana, porque tal e como están o panorama, só apetece marchar con destino descoñecido (a min apetecíame ir a Baltimore, Maryland, berce de Edgar Allan Poe, un gran junkie e tamén o lugar onde se rodou a miña serie de TV favorita, THE WIRE. Alomenos o comandante Bunny Colvin conseguiu legalizar por un breve tempo a venda de drogas, acabar coa conflictividade e que os seus homes fixesen labor policial productiva). E aquí, que se sigan devorando entre eles.
    A canción de "Todo estará en paz" debía cantala eu polo baixo con máis frecuencia para convencerme de que podo cambiar algo.
    Un aviso á División Cochese: no Ventorrillo están a pasar cousas rarísimas. Xente que viste camisas pardas e anda ó paso da oca, munipas que oprimen ó pobo sufrinte... Terá que ver con ese cargamento de plátanos enfarlopados que circulaban polos hipermercados Lidl? Non hai un Lidl na Grela?
    E Penamoa, a un paso... Isto cheira a contubernio. Espabilade e ide apatrullar que non se sabe como pode acabar o conto.
    Encómendemonos a María Magdalena, porque como diría William Burroughs: "Despois de botar unha ollada a este planeta, un visitante doutro mundo diría: Quero ver ó manager".
    Close your eyes, close your eyes and forget all about us tonight.

    ResponderEliminar
  8. Non sei por qué, pero onte pola noite...xa de madrugada, que no meu kelo aínda agardamos polos reis, por ver se existen.....non podía quitarme unha canción de Los Piratas que di así:

    Kina tienes que empezar
    a pensar en los demás.
    Si el veneno aquí soy yo,
    haré lo que es mejor:
    me iré sin avisar.......

    Canción aquí: http://www.goear.com/listen/1d81884/kina-los-piratas



    Grande Ferreiro!!!!!

    ResponderEliminar
  9. Onde hai ocas, sexa ou non o Venorrillo, faise un bo paté....mmmhhh, qué rico......A non ser que en vez ocas sexan seguidores de Chuck Berry. Dubídoo, claro clarito claro, pero todo é posible aos pés do Monte do Destino (PENA: monte, MOA: destino. En Gaélico Marinedo)!!!!!!!

    Pacotrón, traidor. Fai coma mi, desgraciao, e pasa dos reis magos. Eu aquí estou agardando polos agasallos do Presidente da República.....Sabes se tardará moito en vir???

    ResponderEliminar
  10. Almorzador Desnudo7 de enero de 2010, 14:00

    Grandioso Iván Ferreiro!!! Mítiquísimo Chuck Berry!!! Ese debeu papar o equivalente de todos os plátanos enfarlopados do Lidl en 1993, cando estivo na Coru, para o Concerto dos 1000 anos. Menudo espectáculo velo coa limo polo Orzán, pedindo ás rapazas que subiran con el. A máis dunha houbo que parar. Isto é unha mostra da miña puretez: 19 anos, moitas ganas de rock 'n roll e 6000 pelas aforradas para o abono (36 euros, qué penuria hoxe en día.
    http://discoexpres.blogspot.com/2009/05/concierto-1000-anos-la-coruna.html

    Parará algún día o vello e rácano Chuck polo Monte do Destino? Non o verán os nosos ollos.
    En canto ó Presidente da República, creo que poderemos seguir esperando.

    ResponderEliminar
  11. Quihúbole amig@s. Para empezar, un saludo y mis disculpas por no utilizar su lengua, que también es la lengua natal de mis abuelos paternos. Non falo galego, mais comprendo. Recién acabo de llegar a la ciudad desde México,mi país natal.Ya les visité en otras ocasiones por recomendación de mis amistades coruñesas. Es una fuente de información atípica y por eso me gustó tanto. Yo diría que son ustedes un@s anarquistas desenfadados y pacíficos, algo que va con mi espíritu.Son ustedes raza brava,se lo digo de corazón.
    Ya viví aquí entre 1998 y 2000 y tengo muy buenos recuerdos.Ahora vuelvo por temas de trabajo y espero que la estadía sea igual o mejor que la anterior. Aunque no percibo tan buena onda como hace trece años. ¿Será la crisis global, será esta ola de frío polar (yo estoy casi muerto)? Les noto muy abatidos y muy estresados y lo siento mucho. Nos hace mucha falta el humor para seguir luchando por un mundo mejor. Sinceramente no llego a entender el malestar ambiental de una ciudad tan madrísima como ésta o de una comunidad como la suya.Como dicen mis amigos coruñeses: "Cada loco con su tema". Creo que los problemas que ya existían se han podido agravar pero créanme que viven ustedes en un lugar privilegiado. Ahora están pasando una mala época pero creo que lo superarán,conociendo el espíritu de los gallegos. Esta crispación sólo puede beneficiar a los oligarcas que sólo quieren conservar sus constantes beneficios. Parece que aquí también existe un PRI que a toda costa quiere perpetuarse: qué bien la tienen en Ourense, por ejemplo. Es bien gacho.
    Veo a mis amigos tristes y enfadados todo el día.Uno de ellos está desempleado desde hace casi 2 años y saldrá a trabajar al exterior.Y yo he tenido la fortuna de volver aquí a trabajar en algo que me gusta y por voluntad propia. Qué paradoja tan atroz. Aún así mi amigo no me trata como otros galegos, como si yo fuera yo el culpable de su situación. Esa desconfianza también la sufrieron mis abuelos y también la sufrí yo en USA, en Canada o en la India, por nombrar algunos de los países en los que viví. Pareciera un mal universal.
    Ésta es la visión de un chilango (un nativo del D.F.), espero no enojarlos; no es mi intención. Bueno, por aquí me dicen que ustedes tienen una mentalidad abierta y que no les sacaré de onda. Volveré por aquí.
    Entre tanto, contento y adaptándome de nuevo al ritmo de mi nueva vida.
    Como buen freak que soy, me despido con una frase del chapulín colorado: "Más ágil que una tortuga... más fuerte que un ratón... más noble que una lechuga... su escudo es un corazón...". Así es mi raza de Coruña. No se me achicopalen.

    ResponderEliminar
  12. Anónimo Chilango: no veas la alegría que me entró al leer tu comentario anterior. Bienvenido a esta tuya/mía/nuestra ciudad!!!!! Viva Méjico, cabrones!!!!!!!!

    El ambiente social si que está un poco...digamos...alterado. Lo cierto es que en cuanto hay problemas de tipo económico, los que causan los oligarcas, parece que la sociedad en su conjunto prefiere apuntar a dianas más fáciles (los desamparados, los jóvenes, el gasto social...) que ir a por los causantes directos de todo esto. En esos casos, por desgracia, siempre triunfa la demagogía populista fascistoide del "qué mal estamos. La culpa es de/es de los...." pon tú lo que falta. Este blog es irónico, surrealista por vuluntad propia,alegre y todo lo que quieras, pero las sucesivas batallas que algunos nos están obligando a pelear tengo que reconocer que nos agotan...por momentos. Menos mal que tengo al Katangueiro, que siempre me da caña, y yo a el.....

    Saludos de nuevo y pásate por aquí siempre que quieras.....con tu forma de escribir el español, que es muy linda!!!!!!!

    ResponderEliminar