Con todo o que está caendo sobre a posible fusión-absorción de Caixagalicia e Caixanova, co Alcalde de Vigo convocando manifas-algaradas e coa impresionante cabaleiría mediática que pretende vendernos (ou venderse) os inmensos beneficios cidadáns ante tal suceso.....beneficios inexistentes, por suposto, non nos queda outra que tirar de hemeroteca e recoller o espírito oitenteiro máis gamberrocho dos Ilegales...aquel grupo.....que semella atinaron en seren pitonisos da nosa actual indecisión financeira galega.
Ante tal cantidade de sandeces que se adoitan transmitir por aí, nós apostamos por pasarnos a Caixa Rural de Lugo...en caso de producirse tal fusión.
Terán oficinas en Katanga??????
"Tiempos nuevos, tiempos salvajes
toma tu parte, nadie regala nada
no hay nada sin lucha,
ni aire que respirar
no eres un juguete,
levántate y lucha ya(...)"
La necesaria aportación surrealista a la trama absorbente. Me explico:
ResponderEliminarPP y BNG, oficialmente, a favor de la fusión -ultradefendida por La Voz- pese a las respectivas voces críticas existentes tanto entre las filas conservadoras como en las nacionalistas.
El PSOE, como siempre que hay lío, no se acaba de definir: que si, que no, que así no, que a ver si así tal vez.....
A Abel Caballero ya le caen todo tipo de collejas mediáticas por abrir la veda de las manifas:
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/01/28/0003_8256924.htm
Katangueiro: ¿pero quién es aquí el surrealista? Yo me paso ya a Caixa Rural.
Canto máis leo e máis procuro informarme, menos entendo e máis confundida me sinto. Para unha persoa coma min, que ten os coñecementos básicos para manexar a súa economía doméstica, todo isto paréceme unha gran pantomima.
ResponderEliminarAs mesmas persoas que venderon tanto fume e enmerdaron a situación da economía mundial, eses que adoraron ó becerro de ouro (e que non padecen nin a milésima parte do que tantísima xente honrada e empufada está a padecer)pretenden salvar os seus pelexos e, ademais, dicirnos que é xusto e necesario.
Por enésima vez, o gatopardismo rampante: "Se queremos que todo siga igual, é necesario que todo cambie". A quén pretenden enganar? E a qué xogan os partidos políticos?
Penso nos cartos despilfarrados, nos postos de traballo que están en xogo e nos cartiños que poidan ter aforrados un par de persoas honradas e con sentidiño. Pensarán neles os prebostes e as prebostas destas caixas?
Onte lin que morrera JD Salinger e, coma un resorte, fun coller o meu vello exemplar de "The Catcher in The Rye". Eu tamén quixera ser Holden Caulfield, hoxe máis que nunca. Sobre todo, para evitar que ninguén máis se precipitase polo cantil cos cantos de serea destes mercachifles usureros. Eran eles os que tiñan que aparecer na foto intentando absorber vía cutánea toda a merda que espallaron
Creo que a Caixa Rural abriu unha sucursal na rúa Francisco Mariño. Non creo que tarde eu demasiado en achegarme por alí.