Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta praia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta praia. Mostrar todas las entradas

Exit

by Katangueiro


Marchamos uns días de vacances. A Katangueira, o Pacotrón e mais eu. Neste segundo verán desde o comezo do camiño iniciático da insurrección imos precisar tantos acompañantes, persoal de servizo e guardas de seguridade que calculamos gastar uns 60.000 euritos diarios. Como a muller do Presidente do Imperio, Michelle Obama!!!! Imos avanzando.....

Michelle, my belle.
Sont des mots qui vont très bien ensemble,
Très bien ensemble.

E non creades que nesta ocasión, como nas outras, imos chonear a base de ben por hostais cotrosos de dubidosa salubridade ou pensións de mala morte, que a morte sempre é mala.

Non, queridísimas e queridísimos katanguistas. Nesta ocasión iremos gozar desde mar oceana que conquistou os corazóns lusitanos converténdoos en "herois do mar"...con permiso da GNR, ata as procelosas e españolísimas augas mediterráneas, moi perto pertiño de onde parou a presidenta imperial. Con sorte poderemos tomar uns chiquitos coa Gunilla e xogarnos á birisca o bikini da Duquesa de Alba. Nobleza baturra!!!!!

O Pacotrón promete vacilar co tipo do mostrador do Hotel. Ataviado coas súas gafas de fai un sol de carallo aproximarase coa cabeza lixeiramente desviada cara á esquerda. Cando o tiparraco polloso lle pregunte polo nome, o nota responderá: Benson Señor Señora. A ver se non nos dan unha hostia o primeiro día xa!!!!!

Para concelebrar este momento de desleixo estival, eis un grafiquiño katangueiro que amosa, sen nengún xénero de dúbidas, a orixe das xa case 31.250 páxinas vistas do noso probemático espazo virtual. Don Luis Álvarez, don Vicente Zabala e o ex-Alcalde meapilas estarán orgullosos: Katanga é, basicamente, española. Mal que ben....Pero, quen serán "el resto"????? Medo me dá.


Ata a volta, expreso aquí uns desexos en nome do equipo completo. A ver se cumprides algún por unha vez....que non todo van ser vacas fracas!!!!!

1. Non xogar co lume no monte, que os mistos cárgaos o demo.

2. Non correr moito no carro tuneado, que non estamos nun videoxogo con tres vidas.

3. Non facer Valedor a Paco Vázquez aproveitando que estamos fóra. Iso nin de coña, eh?.

4. Non vos enganchedes a blogs que inventan problemas "veciñais". Bastantes temos xa no mundo real.

5. Se practicades sexo, aínda que sexa sen querendo, lembrade que Coruña leva dezanove anos con máis mortes que nacementos....Estamos extinguíndonos!!! Botade unha man.

6. Nas verbenas, gastade no bochinche, que se non a ver quen paga os destrozos...auditivos!!!

7. Na praia e no campo protección tres mil millóns, que este sol xa non é o de antes.

8. Durante o baño marino, non tragar auga, que meteredes no estómago calquera porcallada!!!!

9. Non facer moito caso aos agoreiros da catástrofe económica, que as cousas están bastante mellor do que queren que creamos. Mirade Michelle!!!!!!

10. E, por último....non sexades cretin@s, insolidari@s, reaccionari@s ou algo peor...Non permitades que se sacrifiquen as políticas sociais en pro de garantirlles aos que mandan, aos que mandan de verdade, os seus suculentos e indecentes beneficios...que non se lles pode deixar sós nin sequera dez días!!! Vixiade por nós, plis.

GUNILLA: Pues parrrese serrr que los katanguerrros vienen hasiaquí para jugarrrse tu bikino!!!
DUQUESA: Buenooo...en peores me he visto....Viva Sevilla...ji, ji, ji, ji, jito....


Ei.....que faltaba un......



Ata a volta, nen@s da revolta!!!!


Crítica da razón expúrea

By Katangueiro




Sen ánimo de amargar o período vacacional de katangueiro algún, presentamos unha serie de preguntas quizais retóricas, quizais oratóricas, co afán indisimulado de axudarvos a pensar. Ben ou mal, pero pensar.

Equilicuá o susodito inquérito:

Por que ata hai ano e medio a Cidade da Cultura era unha foxa de cartos e agora é unha oportunidade para atraer visitantes mesmo antes de ser rematada?

Se o Turismo é a panacea de Galicia, por que os Concellos máis turísticos non dispoñen de recursos para atender o incremento poboacional destas datas?

Se o turista medio que nos acompañan estes días nas alegrías e sensabores do terruño gasta unha media de 90-100 euracos diarios e os pelegríns 25-30, por que nos aferramos ao Xacobeo como táboa de salvación da economía estival?

Nun e noutro caso, para onde van eses cartiños?

E noutra orde de cousas, para onde foron os cartiños das múltiples licencias urbanísticas concedidas na última década?

Qué lle parecerá a Don Santiago e pecha o Padornelo que un tercio das empresas que compiten polo concurso do Decreto Eólico ( a jugaaaarrrrr!!!!!! ) fosen creadas no pasado e sen embargo recente mes de xullo?

Xa que as Caixas galegas tiñan de fusionarse si ou si polo ben do País, por que non se fusionan os medios de comunicación escritos que nos chuchan millóns e millóns de euracos dos nosos petos e impostos?

Non sería mellor gastar eses cartos, e mais os de publicidade institucional directa, en rematar a Transcantábrica, o AVE ou mellorar a Sanidade?

Por que a Xunta non dá cifras de incendios e o Exército fala de máis dun cento?

Por que en Galicia nos liamos a discutir por un metro máis ou menos de camiño, leira ou monte e ninguén afronta dunha vez por todas o problema dos bosques de eucalipto próximos ás vivendas?

E por último....por hoxe.....Cóntannos os ianquis ( non ionquis, que tamén... ) toda a verdade sobre o que está pasando ou pode pasar no Golfo de México?????

Estío e fastío......

by Katangueiro

É Katanga, nestas primeirizas mañás de verán, unha sorte de buque pirata, transporte fantasmagórico de corpos e almas á deriva. Este galeón, que leva por proa Monte Alto e a Torre, conta cunha popa capitana, instalada sobre a Agra toda, desde onde encamiñar o noso multitudinario devalar.

Sobrancea, e de qué maneira, a arboladura do buque recortada á nosa vista polos raios do sol mañaneiro, do sol menciñeiro e fotofóbico. Esbirro algo apenado e continúo o camiño. Máis perto que lonxe se ubica a antiga Clunia, para onde me dirixo.

Resulta estraña esta orografía propia de asentamentos antigos para os que habitamos o cumio dos montes por medo á desgraza, á dor e á morte. Qué tranquilas debían ser aquelas xentes cando podían vivir completamente á interperie sobre a cuberta do buque sen máis teito que o ceo estrelado, sen máis agocho que a névoa madrugueira, sen máis defensa que a pel curtida polo salitre e polo sol de Katanga!!!

De qué materia estarán feitos estes navegantes???


Máis cara ao interior as paisaxes son ben diferentes. Combínanse aquí os sombríos e cobizosos regatos cos secos prados estivais, de douradas cores e preguiceiros tons. O camiño endurécese tamén, pois tal é o esforzo que precisamos facer os humanos para atravesar o Monte do Destino, iniciado o ascenso desde a Clunia romana e superado o accidente xeográfico pola súa aba máis agarimosa. Estío poderoso, estío duradeiro, que nos permite albiscar a Ría na súa plenitude entanto nos afastamos dela á procura dos abrigados vales.

Inmobilizo a vista aparvado no devir das frías augas desde a montaña nacente ao mar ponente. Ben puideran ser os movementos ondulantes e forzados desas algas o último que os meus ollos contemplasen e así, máis que tranquilo, deixaría este mundo e esta vida!!!


Fastío tamén que acompaña ao estío. Fartura de balón e tontería. Fartura de noites soleadas e parrillas ardentes.

Por qué será que os campos, os que a nosa mirada acerta a enxergar, semellan non ter dono nin dona, semellan estar dispoñibles para o noso gozo ou pena, semellan ácratas e libertinos, mentras todos e cada un dos espazos urbanos que coexisten neste buque de misteriosa deriva mídense co extremo milimetrismo propio máis ben de colonizadores sen cultura que de seres que o habitasen cariñosamente???

Inicio o lixeiro descenso polo camiño do leste e paro ante unha praza valada e mais baleira. Están tolos estes marinedos!!!!!!! Maldito verán......


IDEAL GALLEGO: 



Aburete, yogurete.....





Alla requesta della vita cioni (novella)

Compartir
related by Pacotrón




"Papà Cioni, coñecido como Papá Choni -pronunciado Papachoni-, asegurou as gafotas de sol entre os cabelos engominados. Para iso, axudouse da man que lle deixaba libre o cubata que lle viñan de servir. Iso era o bo que tiñan os novos locais de moda para toda a familia: os espellos verticais que permitían, nunha rápida aproximación, admirar a beleza facial e, ao mesmo tempo e sen moito esforzo, procurar os posibles desperfectos seica visibles así como, afastado tan só metro e medio, contemplarse o corpo todo: ese morenío de solarium esbozado, apenas, nos sobreespidos e musculosos brazos de ximnasio e nas depiladas pernas advertidas por baixo das bermudas vaqueiras. Quedou conforme, pois, nun par de pasos, antes de retorcer o sorriso de pracer e formar, queréndoo un pouco, unha carantoña infantil de beizos elevados cara a punta do nariz.



- Papi, papi....pídeme outro....bueno, qué estás tomando?

- Red Bull con Cen Pipers -respondeu disciplentemente o Papachoni.

- Si, pos eu outro.



Desde o outro extremo do local, a Mamachoni apuraba un copazo entrementras abaneaba sistematicamente o carriño onde durmía, ben tapadiña entre cazadoras, a nena de oito meses. Aínda era cedo, pensou, e ben podían baixarse un par de cubatiñas máis. Polo menos ata a unha e media, que mañá era sábado e non tocaba "retreta" ata que a Yesi pedise por mamar ou por cambiarlle o puto pañal.

Mirando para o Papa, Mamachoni lembrou cómo casaran uns anos antes, despois de saíren non menos de dez anos, e cómo viñera a caer a pequerrecha unha vez compraran un piso nun deses novos barrios marinedos, eses que agromaran a comezos de século por todo o extrarradio urbano. Nada de Elviñas nin Katangas. Qualité qualité. Xa nin baixaban ao Centro, de tan ben atendidas que podían quedar as súas necesidades protoadolescentes de rachises e tapeos. Tal era a dotación hosteleira do barrio e tal era agora que viñera a nena e había que desprazarse co carriño. Como para coller o monovolume e buscar aparcamento polo Orzán, como antano. Como para pregar e despregar repetidas veces o trasporte infantil e como para atopar sitio onde sentar nun mesón. Nada, nada, que non hai nada como o barrio. Xente xoven e currelanta.



O Papachoni aproximouse á mesa e depositou delicadamente o cubata da Mama. De fondo resoaban un deses ritmiños latinoides dos que tanto gozaran de mozos, polo que a Mamachoni recibiu o líquido cuns delicados movementos de cadeira.

- Acaban de dicirme que mañá vai estar un día da hostia. Podemos ir á praia, non? -inquiriu con dificultade etílica o Papa ao tempo que respondía ás cadeiras da súa choni cun par de movementos pélvicos non moi ensaiados.

- Ai, si, que así vou de estrea....Novo bikini, novas Ray-Ban de juja e nova neveira! -contestou verdadeiramente alborozada.

- E o domingo, paparota cos teus vellos! -remarcou o Papachoni fregoteándose xa o bandullo de marcados abdominais.



Entón, escoitouse un leve tusir que proviña do carriño da nena. A Mama cubriuna un pouco mellor, pois era tal o fume suspendido no ambiente, a maior parte provocado por eles mesmos, que as sucesivas cazadoras acumuladas enriba do seu pobre corpiño non daban a basto para evitar a contaminación nicotínica e mais alcatranosa que atacaba sen piedade á cativiña.



- Que si, que si, Papachoni meu....que temos que aproveitar mentras poidamos, que con estes políticos que nos gobernan que non teñen nin puta idea e que só saben malgastar os cartos de todos, en calquera momento nos deixan tesos.....e sen nada que levarnos á boca!.

- Que non te amarguen, nena -dixo o Papachoni en ton tranquilizador.

Pola porta apareceron Miki e Yoli. O Papa ergueu o vaso de cubata para chamar a súa atención. O Miki levaba postas unhas gafas escurísimas e unha viseira da Guiness. A Yoli perdía tamén visión polo movemento das catro coletas que levaba apretadas e asimétricas. Por fin, decatáronse da presenza dos amigos Choni e para alá foron. A Mamachoni mirou para o reloxo e dixo moi baixiño, como para si:

- Haberá que ir pedindo outro..... -mirou entón para o Papa e elevou un pouco a voz -pero mañá o monovolume lévoo eu!

- Pois eu pensaba levar o Hyundai......

O Papachoni rematou de golpe o terceiro Red Bull con Pipers da noite e apresurouse en saudar, tal eran as ganas de aproveitar o escaso movemento da barra nese preciso instante, e así ver de pedirlle aos recén chegados bebidas para os catro, non fora ser que o Miki se estirase por unha vez e caese algún cubata do clo-cló......."








Aburete, yogurete....




Que se fume un poprock

Compartir
by Katangueiro, adicado a Pacotrón

Si no quieres caldo....toma dos taaaaaaaaaaazas!!!!

Porque yo lo valgo. Iso debeu ser o que tiña en mente o irresponsable municipal de Festas cando decidiu recortar os gastos lúdicos herculinos no único evento que adica -ou adicaba- esta cidade marineda ao sector social que máis paga e pagou as crises económicas do capital: a mocidade, entendida esta nun sentido máis que amplo, tal e como se entende nos tempos actuais: entre os deza e algo ata os corenta e tantísimos....símbolo dos novos tempos (ADOLESCENS-ADOLESCENTIS: ao que lle doe algo).

E dicimos que se fume un poprock sendo plenamente conscientes de que algún que outro xa se fumara o verán pasado a conta do
tracatrá do tren e de El Niño de las Bombillas. Aquel día organizouse un macrobotellón verbeneiro de mírame e non abanees....con sobreabundancia de cabelos prateados. Ese si que vale!!!

Porque, postos a aforrar, hai quen pide que se suspendan as corridillas taurinas, espectáculo sanguinolento non apto para seres humanos...con sensibilidade. Tamén hai quen solicita os mesmos recortes para o Encontro de Habaneras, espectáculo sanguinolento non apto para seres humanos....e punto, que diría Don Manuel. Otra proposta alternativa é a da eliminación física do certame de Casetas Regionales, acontecemento multitudinario, multidisciplinar multicultural e multiplicado ou elevado ao cubo....ao de Rubick!!!!!

Pero nós, katangueiros de pro, katanguistas de hoxe e katangáns do mañá, propoñemos un modelo alternativísimo -como non debía ser doutra maneira- para contentar a todos sen gastar moitos chús: a Exposición Internacional das Festas da Coruña. Isto consistiría en adicar o Colisseum á celebración conxunta de todos estos eventos. A historieta quedaría asín:

1. Liberamos o "coso" e celebramos unha boa corrida, seis Mihuras seis, mentras no escenario se desenvolve o Encontro de Habaneras. Ole, ole y ole!!!!

2. Na explanada do párking de Carrefour, concerto Rock e jevirulo.

3. Na explanada do Colisseum, concerto pop independente, electrónico e neoromántico.

4. Bordeando todo o recinto, Casetas Regionales.

Tres días de rachí ofrecendo unha man a Deus e outra ao Demo!!!!! Grande Coruña!!!

Apoiar esta proposta é ser un bo patriota para os tempos de crise que corren. Xa me tarda unha manifa pr'a esixilo!!!!!!

Pero se isto non se amaña, non desfalecer, amiguetes!!!!!....que nunca choveu que non escampase. Os administradores e/ou irracionais responsables deste blog suburbial tivemos acceso ao que se nos tiña preparado este ano para o Noroeste de ter habido máis parné. A saber:

BOMBAZO INFORMATIVO: O NOROESTE QUE NOS AGARDABA......

Gran Coro de Habaneras del Ejército Ruso, que continúa con éxito su gira mundial!!!!


Doña Espe de las Peinetas y los Niños del Centro Social: vuelve la Copla y vuelve p'a quedarse!!!!


...y Reggaeton, p'al público más liberal...y calentorro!!!!!


En fin, delfín. A loita continúa!!!!!

Noroeste Pop-Rock: a modo de pequeno resumo e......vacacións!!!!!!!!



Entre que xa van tocando uns diíñas de vacacións katangueiras, as festas coruñesas enfían a recta final, e o grao de intoxicación, terxiversación e vil manipulación da prensa local acadou este verán tintes máis neorealistas e kafkianos que surrealistas (faltoulles picardía e diversión e sobrou mala leche e desinformación interesada), decidimos tomarnos unhas boas vacacións ata finais de mes non sen antes deixarvos un " a modo de pequeno resumo" do que veu acontecendo nesta cidade os últimos corenta días, máis ou menos. Pa qué??? Pa ná!!!!! Para que quede constancia aproximada en forma de croniquilla.......porque non vexades o que fai o meu ordenata cada vez que quero descargarme algunha nova relativa a esta edición do Noroeste Pop-Rock:


PC KATANGUEIRO: "Mira, mira o que fai o porco do teu PC coa última crónica do Festival que querías descargar!!!!"

É que non é para menos!!!!

Uns, a Voz de Galicia, aplaudindo coas orellas todas as ocorrencias de Garcés e os seus coleguillas de cuadrilla. Todo sexa por facere dano ao actual goberno local. É que xa coñecemos as "preferencias" políticas e os intereses de Don Santiago Rey Fernández-Latorre, como puidestes ler AQUÍ, nun excelente artigo do amiguete Pacotrón.

Outros, a Opinión (¿?) da Coruña, inventando as crónicas do Festival con todo o que estaba caendo!!!!! Xa retiraron a da primeira xornada, pero creo que podedes aínda ler os comentarios POR AQUÍ

E o Ideal Gallego......ni fu ni fa. Quen o le?????? Este medio chegou a considerar máis que positiva a edición deste ano, pois contentou a todas as idades....Pero, por qué o Noroeste Pop-Rock ten que contentar a todas as idades??? Benicassim contenta a todas as idades??? Ortigueira contenta a tod@s??? O Festimad??? O Primavera Sond???

Vexamos os diferentes públicos que pasaron polo Noroeste:

PRIMEIRA XORNADA: Mistura de trinta-corentóns con seguidoras dos multipremiados grammylatineiros de Calle 13.


SEGUNDA XORNADA: Pois iso....qué esperábades?.


TERCEIRA XORNADA: Pois iso...o que era de esperar. O público dun típico Noroeste.

E agora digo eu: as dúas verbenas que se celebraron na Torre, o Certame de Habaneras ou de Casetas Regionales, as tres orquestas que tocaron ao unísono no Paseo Marítimo, os bailes que se organizan durante todo o ano nos Centros Cívicos, a verbena do Centro Cívico dos Mallos para o 18 de agosto, a Romaría de Santa Margarita, as actuacións da Banda Municipal.............SON PARA TODOS OS PÚBLICOS???? SEGURO???

Aí queda a pregunta.

Pero vaiamos por partes. Sigamos unha mínima orde cronolóxica, que xa nos estamos perdendo, Katangueira!!!!!!!!

O certo é que as cousas non pintaban xa moi ben a comezos de xullo. A Torre de Hércules acababa de ser nomeada Patrimonio da Humanidade. Anunciárase no contorno da Torre un concerto para o 4 de xullo. Tocaban Cat People e Krakovia dentro da programación de Caixanova na Rúa. Pero, claro. Non podía ser tanta felicidá. Cambiouse a actuación por unha verbena e trasladouse o concerto de Pop-Rock a un lateral escondido, camiño do Mar Exeo. Disto falouse sobremaneira AQUÍ. En resumo. Unha indecencia. Un atraso. A prensa literalmente ocultou a existencia e a nova ubicación deste concerto en beneficio dunha verbena protagonizada por dous rapazotes saídos dos peores pesadelos do reggaeton e dúas neniñas con ben pouca roupa deleitando, cos seus movementos sexis, a unha parroquia formada, na súa inmensa maioría, polos seus abós e bisabós!!!!!

"Non, se aquí o que hai é moito enfermo......a ver, diga trintaetres!!!!!!"


E, nestas estábamos, cando chegou o Coronel Garcés e mandou parar.....

A finais de xullo preséntase o Programa de Festas da Coruña 2009. Unha vez máis comprobábase a pouca orixinalidade e o escaso atrevemento dos programadores, á par dunha máis que psiquiátrica insistencia na mesma programación ano tras ano.....cun agravante: o Noroeste Pop-Rock volvía contar con grupos que viviron mellores tempos e....Raphael+Consorcio. Toda unha provocación!!!!!!

Os acontecementos dispáranse. Créase a páxina de facebook No estoy de acuerdo con el cartel del Festival Noroeste Pop-Rock`09, e pouco despois o blog Salvemos o Noroeste Pop-Rock. As adhesións a este movemento educado de protesta amplíanse día a día grazas ao boca a boca....(Cómo mola o boca a boca. Eu practícoo todos os días...que podo!!!!).

Como todo o que pode empeorar empeora, a conta dunha entrevista aos promotores da protesta na propia praia de Riazor, a Voz de Galicia...ese diario...desvela a nova do verán: membros do BNG, entre eles unha concelleira, forman parte da protesta no facebook!!!!! Ai, qué cousas teñen os membros do BNG!!!!! E, claro, Garcés dispárase no pregón taurino, arroupado polos coleguis de cuadrilla que o "arrodeaban", apuntando aos promotores da idea como "aqueles que só casan en galego". Gran pecado!!!! Podendo casar só en castelán ou español, home, que indecencia e vulgaridade.....Vamos, que os causantes da protesta eran do BNG. Nacionalistas resentidos.

Frikis con solera: o caso Garcés

O punto máis surrealista púxoo o pregoeiro taurino traído a tal efecto, Don Vicente Zabala.

"Yo sólo vine a comprar pan, y me enseñásteis el Corán..."


"Yo sólo vine a comprar pan, y me enseñásteis la cumbia y el jazz....". (Jazz...quen nos dera....)


E con garcés xa desbocado como torito en chiculinas, facendo burla de U2, Leonard Cohen, Bruce Sprinting e Lou Reed....aí é nada....pasou o Noroeste Pop-Rock máis verbeneiro de todos, como se non chegase co día da Batalla das Flores, si, esa batalla onde supostamente se tiran caramelos para os nenés e que tes que pelearte cos rancios e jubiletas para coller un....que chegan mesmo a empurrar aos críos con tal de pillar cacho!!!!! Pois ese día, TRES ORQUESTAS TRES en todo o Paseo Marítimo!!!!!

Moitísima máis xente que na protesta de María Pita contra o cartel do Noroeste, claro, o que demostra que o que quere a xente é a Garcés!!!!! Bueno bueno bueno....non quero aquí mencionar aquilo de "Come merda, millóns de moscas non poden equivocarse!!!". E falando de moscas e merda......


"Animo a todas y todos los lacoruñeses a acudir este año al Noroeste Pop-Rock, especialmente el día del Consorcio y Raphael!!!"

Si, Carlos Marcos, ese exemplo de integridade política: primeiro anuncia unha candidatura para as municipais de 2007 auspiciada por Cidadáns, logo pásase ao Partido Galeguista, en paz descanse, para, rematado o despropósito, formar outro enguedelle con Corcova chamado Unión Coruñesa.....qué orixinal.


Para colmo de despropósitos e supino insulto á intelixencia, o Garcés vai e suma o público asistente aos tres díase...catapum!!!!, o Noroeste con máis público da historia....ghrande mentira, amiguiños, pois só o dia de The Cure a mesma, a mesmiña organización calculou en 70.000 as persoas presentes. O doble que os ex-mocitos e Raphaelillo!!!! Pero así son as contas desta edición, ao mododas corridas de touros: dúas mil cincocentas persoas, por tres días, igual a sete mil cincocentas persoasque foron ás corridas.....Eu penso que son dúas mil cincocentas que compraron o abono dos tres días, pero bueno......

Para o ano, de insistir na aposta verbeneiril, propoño o seguinte:



Pero como o último de Garcés xa está ben comentado
AQUÍ, e a Katangueira xa se me está poñendo nun plan que....como comprenderedes....colócame nunha delicada situación....


KATANGUEIRA: "Qué, pasmarote, colles ou non colles unhas vacacións para perdernos por aí ti e eu sós, sen Garceses nin Crespos, nin Vozes, nin Zabaleses, nin Noroestes nin nada de nada????"


EN FIN, DELFÍN. QUE EU COLLO, EU COLLO.............ABUR E ATA SETEMBRO!!!!




Katanga ( A Coruña ) a vista de paxaro (1)



Esta é a primeira dunha serie de fotos tomadas desde o aire e que sirven para que situemos e entendamos (e fagamos entender ás persoas que veñen de paso por aquí) as particularidades urbanas da nosa querida Katanga dentro do conxunto de particularidades urbanas coruñesas.
Aquí á esquerda temos unha visión xeral do barrio LITERALMENTE incrustado entre o Ventorrillo, que son eses edificios sen liñas claras e con espazos verdes que hai camiño de Penamoa, e a Agra central, a que vai desdea Ronda de Outeiro ata a Ronda de Nelle, alí onde aparecen novamente espazos verdes como Cidade Xardín (á dereita na foto). Que conste que o alcalde responsable desta desfeita, o señor Liaño Flores, anda aínda por aí moi rufo el, dándonos a todos grandes leccións de dignidade, pundonor e.....DESVERGONZA.Baixando por Vila de Negreira chégase perto do Estadio de Riazor, que xa convida a entrar na praia, pero é que no alto da agra, en Katanga,
BAIXO O CEMENTO ESTÁ A PRAIA!!!!!