Páginas

Definitivamente.......cara atrás, by Pacotron.

Pacotron ( cánto tempo sen lerte, chico...) envíanos este fantástico artigo para a súa publicación onde proceda.

Nós...procedemos.
Paga a pena, verdadeiramente.
Saúdos, Pacotron.

"DEFINITIVAMENTE.....CARA ATRÁS"

"Vivimos nun mundo estraño. Vivimos cara atrás. Somos coma nécoras fuxidías e temerosas. Ninguén semella capaz de parar isto. Nin tan siquera se intenta.

Unha especie de "decelerador" de partículas instalouse no noso País e nas nosas aldeas, vilas e cidades. Estamos en 1976 ou no 2009?. Bonita pregunta. Resposta apurada: teño dúbidas de vivir tan siquera en 1976.

A finais dos anos oitenta do século pasado apareceu Nirvana.

A principios dos noventa, en 1993, publicouse o primeiro álbum de Bjork en solitario.




Pasaron xa Oasis, Blur ou Pulp.

Radiohead publicou o seu primeiro disco no 1992.




Patty Smith sigue viva.........e Coldplay tamén, pese ás acusacións de plaxio.

Jamiroquai....alguén sabe quen é?, tocou en Vigo. Morrisey en Benicassim ou Madrid.

En España ( e na Galiza ) existen Los Planetas ou Ivan Ferreiro. Russian Red ou Dorian. Nadadora ou Cat People. Guru Deva ( da Coru ) ou Niño y Pistola. Refree.....tan marabilloso, ou Nacho Vegas. Tamén Sevigny, que son da Coru....ou Shine, o grupo coruñés revelación do 2009 nos premios Inframundo.

Falando de Inframundo. Onte entregáronse os premios Primus 09. Foi no Teatro Colón. Estábamos os amigos, os grupos, as familias e catro máis. Bastante cheo para un acto que non recibiu apenas promoción algunha. É que NON IMPORTA. Eran premios para grupos pop e rock....algo do pasado. De melenudos, raritos e gais. De "maricones" e "drogoadictos", vaia.

Algo para esconder.

Na nosa cidade, na Coruña, na metrópole do noroeste, na das forzas atroces, na Coruña que rabuña, podes fácilmente ver a dúas neniñas movendo as cachas en roupa interior no aparcadoiro da Torre dúas veces en quince días. Os seus compañeiros de "grupo" emiten letras que dá vergoña allea reproducir. Chámanlle o Reggaeton. É machismo puro e duro. A "mayonesa" mental na que vivimos considera normal que os nosos vellotes supuren fluídos corporais mirando para rapazas que podían ser as súas bisnetas.........quen lles dera.

A igualdade acádase tamén, no plano feminino, coa "gozada" de ver a eses rapazolos que moven as cadeiras, ao xeito caribeño, mentras cantan "Dale, dale, dale morena....". Elas teñen dereito a desfrutar coma os homes. Coma os vellotes.

Unha parella de vintetantos anos márcase un pasodoble español. Quizais viña da procesión da Estrela, en Arteixo.

Falemos desta procesión.

Onte, unha asociación de veciños, a "Monte da Estrela", conseguiu o que parecería imposible...se non fose certo: que se volva celebrar a procesión, ou romaria, da subida ao monte da Estrela, cargando coa Virxe de Monteagudo. Dúo musical, gaitas e churrasco. "Qué más se puede pedir".

Case mil romeiros. Cincuenta anos sen celebrarse. Próxima misión?. Mellorar as dotacións educativas de Arteixo?, mellorar as instalacións deportivas? potenciar o civismo neste verán verbeneiro que emporca de lixo toda canta explanada se adica a festas? Construír un Centro Cívico para a mocidade?, algún Centro de Día?

Non. Reconstruír a Capela!!!!

Cércanos a barbarie.

Somos os profetas do non. Negamos o presente. Negamos o futuro. Rexeitamos os cambios, as transformacións. Calquera aprendizaxe. HAI QUE FACER O QUE SEMPRE SE FIXO. Mirar cara atrás con agarimo. Con mito. O mito do paraíso perdido....ou inventado, que a estas alturas tanto dá.






Síntome do Inframundo. Como os premios de onte. Como os premiados de onte. Como Krakovia onte. Inframundo. Lumpen cultural. Mundo dos espíritos. Dos espíritos libres.

Quero dicilo. Pódese dicir?



El Consorcio non é Pop.

Raphael non é Pop.

Bisbal non é Pop.

O "mueve mueve" non é Pop.

Eu son Pop. O mundo é Pop.

Imos cara atrás. Coma nécoras.

Never Mind. Xa o dicían os Pistols. Never Mind. Xa o dicía Nirvana.

Realmente, cércanos a barbarie.

Se Kurt levantase a cabeza........."



Grazas, Pacotron!!!!!!!

15 comentarios:

  1. Totalmente de acordo.....e máis que se podía dicir. Vivimos a dictadura de OT, Operación Tufo. Un pequeno paso atrás para nós, un gran paso atrás para toda a humanidade.

    http://www.myspace.com/shinespain

    http://www.myspace.com/gurudevapop

    ResponderEliminar
  2. De acordo en certas cousas, e tamén coa intención do artigo, dalgunha maneira. Pero tamén é de ser xusta cando o creo convinte. Eu tamén estiven onte nos premios Inframundo, a verdad, qué queres que che diga, paseino ben, e supoño que eso sí importa. Tamén gañaron o blues de Miki Nervio, o jazz de Roberto Somoza , o metal de Talesien..., non só grupos pop-rock, claro que eu non teño nada en contra de eses que denominas “MELENUDOS, RARITOS, GAIS, MARICONES, DROGADICTOS”... En fin, que ando en outra onda. ¿Son “algo do pasado”?, pasado, pero polo menos, transixente e de mente aberta. Qué carallo lle imos facer.

    ResponderEliminar
  3. Non, Nelle. Era só unha ironía. Tes razón en que me tira máis o Pop que o Rock, pero eses grupos que comentas claro que entran no lote dos esquecidos por esta cidade. Mira para as "festas" dos últimos anos. Esta é a única cidade que organiza un festival de varios días e non ten UN SÓ adicado a grupos locais........

    ResponderEliminar
  4. Upppps, parece que non entendera nada de nada... Vin a cousa dun modo literal. Teño que aprender a ler a modiño!!!!! Saúdos, xente

    ResponderEliminar
  5. Eu estou dacordo en que habería que ter un festival onde se lle dera cabida ós grupos locais, pero home, Bisbal no sei se será pop ou non, pero hai que recoñecer que é un pedazo de artista. O era cando tocaba nunha orquestra de pobo, e agora, coas grandes multinacionais detrás máis todavía.
    Eu son da opinión de fuxir daquela rémora de dicir que non "mola" a música comercial. E logo qué pasa,¿que se un grupo dos nosos vende cd,s a milleiros xa non van ser os mesmos?
    Non séi qué opinades, pero a min Bisbal gústame. Penso que Raphael e O Consorcio tan xa bastante caducados, polo menos para unhas festas dunha cidade como a nosa.
    Saudiños.
    PD: Pacotrón, a ver esa entrevista que estou esperando por ela. Por certo, se tes contacto con Xurxo Souto dille que tentei contactar con él a través dunha web onde recollen firmas para reclamá-la volta do seu programa, xa que quería facerlle outra tamén.

    Aburiño.

    ResponderEliminar
  6. Nelle, non te preocupes pola ironía. O importante é que liches o artigo. Ao final, faino unha minoría.....pero a Bisbalillo non podes evitar escoitalo ou velo.
    Ventorrillo. Home....Bisbal un artistazooooooo....artistazo é Morrisey, que sigue vendendo cancións que compuxo e cantou hai máis de VINTE anos. A ver onde andam Bisbal ou Chenoa dentro de cinco anos......
    O de Xurxo Douto pódoo intentar. Tentarei falar con el.

    ResponderEliminar
  7. E outro.....

    http://www.myspace.com/xoelopez

    ResponderEliminar
  8. A ver......moderádevos.......eu teño a estes ( moi recomendables ) que ensaian en Katanga.....e tamén pillan!!!!!!!

    http://www.myspace.co/spinningjennyweb

    ResponderEliminar
  9. Spinning Jenny están moi ben, pero a pena é que se prodigan pouco por Coruña cidade, é moi difícil velos.
    Eu non son anti-comercial, pero Bisbal é o que algúns catalogamos "pachanga", e sempre parece soa igual. Pero, como todo, cuestión de gustos, claro.

    ResponderEliminar
  10. Nelle: tocan o 18 na Coruña, pero aínda non sei onde. Avisaranme e comentareicho. Penso ir!!!!!

    ResponderEliminar
  11. Igual podemos vernos por alí.....se non che importa que te vexan cun katangueiro....

    ResponderEliminar
  12. Hahaha, o de ser katangueiro bótame pra atrás!! Qué va, non, estarei en Compostela eses días. Saúdos!!

    ResponderEliminar
  13. Katangueiro: pon ven a dirección:
    http://www.myspace.co/spinningjennyweb e ponlle unha letra m senón non vai a ningures.

    Saúdos.

    ResponderEliminar