Páginas

P'a chulo, Don Luis Álvarez, machote español!!!

by Pacotrón...cun mosqueo que te caghas!!!!!!


LUIS ÁLVAREZ: "Las corridas han sido rentables a pesar del perjuicio que nos causaron los antitaurinos que arrancaron carteles. No vamos a permitir más atropellos por parte de esos indeseables"

( Ler todas as atrocidades emitidas por este personaxe AQUÍ ).

Este protohombre taurino, empresario modélico na procelosa arte da matanza de bichos, galán setentoso e prorroguista presuntuoso vén de interpretar, nesta entrevista que lle adicou un diario local de información escrita, que as corridas, as dos touros, foron "rentables", que non rendibles,  e que agarda porrogar o contrato co Concello dous anos máis. Dous anos máis de salvaxismo chulapo a maior gloria deste tipo de gañáns que adoitan travestirse de latin-salero ou de fréscolis conservadora con mantilla e falda ( negra ) curta.

E digo eu, e creo que digo ben....se foron realmente rentables esas tres matanzas municipalmente apoiadas e empresarialmente organizadas Don Luis.....para qué precisará este macho 'pañol a dobre prórroga que agarda asinar sen problema???? Será acaso que as corridas foron "RENTABLES" grazas e só grazas á aportación municipal deses 185.000 euracos que ben poderían adicarse a cuestións máis construtivas e/ou prácticas, como mellorar o transporte público na Comarca...for example.....En fin, delfín....pola nosa parte, qué queredes que vos digamos??? Que agardamos que este ano fose o último en que se gastan cartos de todas e todos nós para que un puñao de matarifes faltos de viagra e sobrados de masculinidade de pastel desfruten da matanza inmisericorde de 18 animais que merecían, unha vez existentes, mellor trato, e que se esa era a súa única saída deste mundo, que non os tivesen criado. Bestas.......

Tamén agardamos a unha desas excasas veces en que algún pobre bicho consegue vinganza extrema e atravesa, na Praza, na Praza, a un deses valentes muchachotes de traxe luminoso e escuro corazón.....QUE MORRAN NA PRAZA, COMO OS TOUROS!!!!!!!


TORERITO: Va por uztedez.......


TORITO: Eso....va por ustedes....


Aburete!!!!!!

11 comentarios:

  1. Periodista Revisionista10 de agosto de 2010, 18:19

    Eso eso. Que mueran en la plaza. Lo que yo decía.

    ResponderEliminar
  2. Pues siento opinar que lo que consiguió la prohibición catalana no lo habían conseguido estos empresarios ni en sueños. Hay que dejar morir las corridas por sí solas y ya está. El que quiera ir que vaya. El que esté en contra, que se manifieste así, pero no sólo los cuatro gatos del otro día en Pontevedra. Así no se consigue, ni se merece, ninguna prohibición.

    ResponderEliminar
  3. No estoy a favor de las corridas de toros, pero aquellos que puedan desear que un torero muera a manos de un toro en una plaza, son bastante más cabestros que el personaje de la entrada.

    ResponderEliminar
  4. Non concordo, estimado Jesús. Quen a ferro mata......e se non que vivan sen asasinar animais por diversión!!!

    ResponderEliminar
  5. Ademais da chulería que se trae esta xente....

    ResponderEliminar
  6. disidente disléxico11 de agosto de 2010, 2:46

    Xuraría que nos arrededores da cidade matan a diario moitos mais de seis cuxos ó día. Certo que os matarifes non son coñecidos, e que ninguén paga por ver como os matan. Pero tampouco ninguén critica a matanza de tantos cuxos inocentes. Nin se critican as matanzas de San Martiño, que sempre teñen algún público. Estou seguro que si unha televisión emitira 24 horas seguidas imaxes dun matadeiro (que son municipais case sempre) tería certa audiencia; e sería sen dúbida telebasura. Ninguén califica as corridas de touros coma telebasura, se ben poden ferir a sensibilidade.
    En todo caso, non pode ser un insulto galán setentoso, como tampouco pode selo chamarlle vello a alguén. Sen acritude, gústame discutir, discrepar, discurrir.

    ResponderEliminar
  7. Eu non me considero antitaurina, senón antitauromaquia. Non me gusta ningún "espectáculo" que supoña sufrimento absurdo e irracional para un animal ou para un ser humano (tampouco soporto o boxeo, por exemplo). De feito, considero que se poderían ter feito moito mellor as cousas, para acabar tamén con "espectáculos" como os "carrers dels bous". Gustaríame pensar que este é o primeiro paso para acabar con calquera salvaxada tal como decapitar un galo que está vivo, lanzar a cabra desde o campanario, as pelexas de galos ou de cans. Teño a intuición de que a xente que desfruta nestas situacións faríao moito máis se as súas vítimas fosen outros seres humanos. Iso dá moito que pensar. A matanza de gando vacuno e porcino debe estar sometida a regulación.
    É este un tema que polariza as opinións e hai opinións que son inamovibles. Berrar máis forte que os nosos adversarios non nos vai dar a razón, está claro, pero resulta curioso que eu non poida manifestar o meu desacordo e, en cambio, este señor (e outros como este señor) digan que "no vamos a permitir más atropellos por parte de estos impresentables". Por suposto é moito máis presentable que se utilicen fondos públicos (os nosos cartos, non o esquezamos) para financiar un "espectáculo" minoritario en Galicia. Alguén lembra as razóns polas que desapareceu a praza de touros da Coruña? Cando eu nacín nin sequera existía. Por qué acabou a tauromaquia en Canarias? A cuestión monetaria; resultaba demasiado caro. Coma sempre, follow the money, velaí a cuestión.
    Pois por aí é por onde se lle pode rebatir a este señor e a outros que son coma este señor: estando como están os tempos non creo que subvencionar o caprichito de dous señoritos de Marineda. Os seus argumentos non se sosteñen cun mínimo de racionalidade. De feito, as palabras que solta son a súa particularísima opinión e pouco máis. Tan válida como a miña, que considero que a súa actitude e as súas palabras son as propias dun PERDONAVIDAS (definición do diccionario da RAE: "Baladrón, persona que presume de lo que no es y se jacta de valiente"). Para este señor eu son unha "indeseable", seguramente porque me cuestiono como vai iso do concurso público no que a súa empresa leva participando tanto tempo. Que respire tranquilo, que xa lle fixeron o favor:

    http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2010
    /08/11/psoe-prorrogara-subvencion-municipal-toros-pesar-oposicion-bng/409610.html

    Este ano foron 168000 euros de nada. A ver que lles cae nos próximos vintecatro meses. E, os demais, a velas vir. Pero, tranquil@s, que aquí non pasa nada; aquí nunca rendemos contas e, ademais, non nos pagan por pensar.
    Pero as tradicións cambian, os valores e os aspectos da cultura que definen unha identidade colectiva non poden manterse iguais mentres a sociedade evoluciona.

    ResponderEliminar
  8. "Tontillo (el animal indultado) vivirá a cuerpo de rey, en una dehesa y con 40 o 50 vacas para él sólo", así se refirió el edil a la vida que llevará este toro que se salvó de una muerte segura en la arena".( fuente: Opinión )

    Así que, como nos indica Msarkadina, seguiremos torturando y matando animales en Coruña con dinerillo público....qué moderno y qué europeo, ¿verdad?

    ResponderEliminar
  9. Vivirá como un rey (según dicen), pero antes tiene que sufrir penurias. Los toros destinados a las corridas siguen un proceso de selección muy difícil. El toro tiene que ser rápido, fuerte, con dos cuernos bonitos, una cabeza normal y un cuerpo musculoso. A los 4 años se le hace la primera prueba, llamada “acoso y derribo”, para comprobar si es adecuado para las corridas. Dos hombres montan el toro y lo golpean abajo. Si el toro se levanta, el toro pasa la prueba. En la segunda prueba, ante la provocación de un picador, se comprueba la capacidad de reacción y de ataque del toro. En esta ocasión se verifica el instinto del toro. Los toros que no pasan la prueba se envían a otros países, o al matadero o a otras plazas para la novillada.
    La vida de los toros destinados a la corrida es una larga secuencia de dolor y tortura. Antes de muchas luchas se hace un tratamiento particular a los toros para que sean más débiles y más confundidos: se les golpea en los riñones, se les dan laxantes y otras drogas y se dejan cerrados en cuartos oscuros por muchas semanas con vaselina en los ojos. También, algunos testigos han señalado que los cuernos de los toros son afeitados antes de la lucha para que sea para ellos más difícil herir el matador.
    En la última parte de la corrida, cuando el matador intenta apuñalar al toro en el corazón, habitualmente le apuñala primero a los pulmones, causándole una muerte larga y dolorosa (solamente los mejores matadores matan a los toros de manera rápida). A final del último tercio, el toro muere lentamente ahogando en su propia sangre. Y, mientras aun está vivo se le corta las orejas y se le arrastra fuera de la arena. Después de la lucha, una vez muerto el toro, las partes de su cuerpo (una vez dada la recompensa al matador) se venden en la calle.
    A ver si este empresario se atreve a negarlo.

    ResponderEliminar
  10. en pontevedra tambien hay toros y el sr. lores es del bng

    salud y republica

    ResponderEliminar