Páginas

Frikis con solera: o caso Garcés.



De verdá de verdá de verdá que non hai que darlle máis importancia da que ten, pero non me negaredes que o Concelleiro de Festas e Crítico Musical do Concello da Coruña, o señol González-Garcés, está estes días especialmente gracioso ou, como diríamos na Coru, choqueiro....




E, pese a saber que declaracións como as de hoxe fan que algúns sintan como unha especie de patada en los guevos de mírate e non te menees, o certo é que unha cidade como a da Coruña, un goberno como o de Losada, tiña, ao igual que ocorre en todos os gobernos importantes do mundo mundial, que contar cun bo friki que fixese as delicias dos rancios, ao tempo que insuflase ánimos festeiros na meirande parte da xente do común....

Garcés provocando......arcadas e montando follón!!!!!

...e aquí tedes as arcadas e aos do Ku-Kux-Klan preparados xa para montar follón!!!!


Pois o certo é que a gloriosa historia dos frikis galegos, que está aínda por escribir-a ver se Manolo de Toro ou Suso Rivas se animan a facelo...-ten como máximo exponente a un home de Don Manuel chamado Jesús Pérez Varela. Folga dicir os motivos de por qué lle puxeron o de Jesús. Mirade este faboloso documento:



Efectivamente....Jesús...María y José!!!


O caso das ocorrencias de Garcés neste 2009, sendo tamén bastante cómico "a la par que despectivo", non é o primeiro intento deste prohome por superar ao mestre Don Jesús. Supoño que todos recordaredes os efectos que provoca a crenza irracional en que un é todo un humorista nato en homes como o señol González-Garcés:



Efectos graciosos, como no caso do ínclito Don Jesús, pero tamén vergonzantes, como no caso do ínclito Don Jesús....

E qué opinan os antano líderes políticos nacionais do escándalo das festas e declaracións do Concelleiro de Festas e Crítico Musical señol González-Garcés????


Carlitos...cuenta conmigo para todo, que bien sabes que si hace falta tú y yo, juntitos como antes, aún corremos a alguno....a guantazos!!!!



Déjeme usted en paz....Le he dicho que no!!!!!



DOCUMENTO INÉDITO: Foto recollida dez minutos antes do pregón taurino. Garcés adianta aos seus amigos de cuadrilla o follón que vai montar: " Ya veréis, ya, como hoy la liamos de puta madre contra los indeseables nacionalistas...y contra los indeseables a secas también..ho ho ho ho...pero qué cachondo soy!!!!"



ACTUALIZACIÓN INTRODUCIDA ÁS 14:40 HORAS DO 6 DE AGOSTO:

Pero qué requetepalazo que debeu levar este home ao ver como o seu antano coleguita Losada o desautorizaba totalmente no seu blog persoal....Eu xa non sei se sentir pena penita pena ou.......


O certo é que as chonis do barrio xa andan quedando para baixar a Coru o día de Raphael: "Que si, que si, que é Rapahael......o de verdá!!!", dicíame unha onte á tardiña, cando o sol se estaba a poñer.....morado!!!!!!


8 comentarios:

  1. Ja Ja Ja Ja Ja......muy bueno....hacía tiempo y tiempo, eones diría yo, que no me reía tanto....lo de Pérez Varela es, hoy por hoy, insuperable. De todas formas, trajo a gente de miedo, los que citó y Muse, The Cure, etc. Garcés trae a Pitingo.

    ResponderEliminar
  2. Grande Pérez Varela! Lembrar tamén a súa anécdota cando para facer o paripé, sendo conselleiro de Cultura, foi mercar unha entrada para un festival organizado por el mesmo, e unha xornalista preguntoulle que concerto escolleu. A resposta, acojonante: "El de Carmina Burana, que es una de las buenas cantantes de este país, con la Orquesta Sinfónica de Galicia". (Carmina Burana: colección de cantos goliardos dos séculos XII e XII).

    Cambiarlle o sexo a Sinead O'Connor e chamarlle Berrugueto a Berrogüeto, outras perlas. Por certo, non vai a ligazón á Voz.

    ResponderEliminar
  3. Moi bó! Conectades co cabreo e o desencanto de moita xente.Aplicable a este dúo dinámico: Partindo da nada,chegamos á miseria máis absoluta (intelectual e moral).Groucho Marx dixit.
    O que non me gusta é o grafismo da patada nos 00.Pobre rapaciño!

    ResponderEliminar
  4. Moitas gracias polo aviso, Traveseiro. Xa está corrixido o do enlace....uns numeriños e un siboliño que se colaron, tal que "22%". Cousas da infor.

    Por certo, o de Traveseiro non será porque tocas a traveseira??????

    ResponderEliminar
  5. Anónimo: o da patada é un grafismo ( moi boa a expresión ) axeitado para expresar o sentir de moitos katangueiros polo tema do Noroeste Pop-Rock en particular e polas festas en xeral. Xa chove sobre mollado. Non é de recibo gastar "só" 600.000 euracos nun festival e presentar isto, con respecto a todos os que participarán, grupos e solistas. Por ese diñeiro, en dous días, fas a de Dios.....non traes a U2, pero traes a xente que toca en festivais como Benicassim, que é a máxima referencia do pop-rock no Estado. Por ese diñeiro, por exemplo, o prineiro día abre Fangoria. Abre. Que aínda podes estirarte con alguén internacional para complementar.....

    En fin, que todos xa nos coñecemos o percalillo....

    ResponderEliminar
  6. Pobre nené......y pobre Garcés.....y ahora el alcalde lo desautoriza prometiendo un mejor Noroeste para el próximo año....

    http://www.coruna.es/videoblog/?p=343

    Losada, no olvidaremos tu promesa...

    ResponderEliminar
  7. Katangueiro, o de Traveseiro ven de Travesaño ou Larguero, como me chamaría Paco Vázquez. Por outra banda, odio o pop, pero entendo que haxa xente que lle guste e que si se organiza un festival pois sexa iso, POP.

    É coma se contratan para tocar no encontro de Habaneras a Sepultura.

    ResponderEliminar
  8. Todo o que sexa "sepultar" as habaneiras dunha vez........

    ResponderEliminar