
Resulta moi estimulante, á vez que sumamente atractivo, desapegarse do mundanal ruído e, místicamente, sobrevoar coas ás da imaxinación, da ilusión ou da idiotez personificadas.
Que por qué dicimos isto?. Pois porque en pleno 2009, xa pasado o subidón oitenteiro que nos empurraba ao experimentalismo puro e duro, caese quen caese, resulta INADMISIBLE que un Concello como o da Coruña abra as portas -unha vez máis, todo hai que dicilo-, a unha organización política excesiva e preocupantemente discreta co seu organigrama e funcionamento e denunciada en varios Estados por actuacións sectarias....En roman paladino: por comerlle o coco á xente.
Que un concelleiro de Educación como Garcés, que entende necesario discutir coa Xunta por un "quítame allí tres colegios con goteras" en vez de actuar RADICALMENTE E PASARLLE LOGO A BOLETA a esta "sacra" institución galaica, en tanto os nenés asisten a clase con chuvasqueiro de chino, dedique os seus esforzos a amparar unha cadea humana que, máis que humana a secas diríamos "humanista", por estar apoiada e organizada exclusivamente desde este colectivo, a través dunha suposta rede de Escuelas Humanistas ou de personaxes xa coñecidos como Rubén Sánchez, e mesmo se chegue ao caso insólito de ver cómo esta xente dá toda unha rolda de prensa no Palacio de María Pita.....non sorprende. O de Garcés, digo. Non sorprende en absoluto.
Páxina web do Concello da Coruña adicada á promoción deste evento. Curioseade, curioseade.

Clásico carteliño promocional onde observamos o logo da rede de Escuelas Humanistas....o que nos faltaba despois do da Galiña Azul!!!!!!!!
UN APARTE: Carlos Reguera, coordinador desta cadea, ten o seguinte correo electrónico: carloshumanismo@hotmail.com, que nós facemos público pois é un dos que se fixeron públicos para contactar con esta iniciativa.
Pero o que máis sorprende dunha iniciativa así é que a propia Concelleira de Servizos Sociais, Silvia Longueira, se ofreza tan xenerosamente a colaborar cuns oportunistas que, ALUCINA VECINA, misturan violencia de xénero con armamento nuclear!!!! "Por un mundo sin armas nucleares ni violencia de género", semella que vén defendendo esta iniciativa..... E Silvia Longueira vai realizar unha intervención in situ. Está ben o asunto. A ver cómo o explica. Xa teño ansia.
Sen armamento nuclear, polo menos poderemos seguir dando "paos" por aí.
Se xa o dicía Einstein, ese violinista: "non sei cómo será a terceira guerra mundial, pero si que sei cómo será a cuarta: a pedras e paos!!!!"
Abur, yogur.




