Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta colexio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta colexio. Mostrar todas las entradas

"Humanistas" en María Pita



Resulta moi estimulante, á vez que sumamente atractivo, desapegarse do mundanal ruído e, místicamente, sobrevoar coas ás da imaxinación, da ilusión ou da idiotez personificadas.

Que por qué dicimos isto?. Pois porque en pleno 2009, xa pasado o subidón oitenteiro que nos empurraba ao experimentalismo puro e duro, caese quen caese, resulta INADMISIBLE que un Concello como o da Coruña abra as portas -unha vez máis, todo hai que dicilo-, a unha organización política excesiva e preocupantemente discreta co seu organigrama e funcionamento e denunciada en varios Estados por actuacións sectarias....En roman paladino: por comerlle o coco á xente.

Que un concelleiro de Educación como Garcés, que entende necesario discutir coa Xunta por un "quítame allí tres colegios con goteras" en vez de actuar RADICALMENTE E PASARLLE LOGO A BOLETA a esta "sacra" institución galaica, en tanto os nenés asisten a clase con chuvasqueiro de chino, dedique os seus esforzos a amparar unha cadea humana que, máis que humana a secas diríamos "humanista", por estar apoiada e organizada exclusivamente desde este colectivo, a través dunha suposta rede de Escuelas Humanistas ou de personaxes xa coñecidos como Rubén Sánchez, e mesmo se chegue ao caso insólito de ver cómo esta xente dá toda unha rolda de prensa no Palacio de María Pita.....non sorprende. O de Garcés, digo. Non sorprende en absoluto.



Clásico carteliño promocional onde observamos o logo da rede de Escuelas Humanistas....o que nos faltaba despois do da Galiña Azul!!!!!!!!


UN APARTE: Carlos Reguera, coordinador desta cadea, ten o seguinte correo electrónico: carloshumanismo@hotmail.com, que nós facemos público pois é un dos que se fixeron públicos para contactar con esta iniciativa.

Pero o que máis sorprende dunha iniciativa así é que a propia Concelleira de Servizos Sociais, Silvia Longueira, se ofreza tan xenerosamente a colaborar cuns oportunistas que, ALUCINA VECINA, misturan violencia de xénero con armamento nuclear!!!! "Por un mundo sin armas nucleares ni violencia de género", semella que vén defendendo esta iniciativa..... E Silvia Longueira vai realizar unha intervención in situ. Está ben o asunto. A ver cómo o explica. Xa teño ansia.

Sen armamento nuclear, polo menos poderemos seguir dando "paos" por aí.

Se xa o dicía Einstein, ese violinista: "non sei cómo será a terceira guerra mundial, pero si que sei cómo será a cuarta: a pedras e paos!!!!"

Abur, yogur.

Máis parques e máis prazas na Escola Infantil de Novo Mesoiro!!!!!!!


Desde o Blog de Katanga queremos sumarnos ás veciñas e veciños de Novo Mesoiro nas súas máis que imprescindibles demandas de máis superficie de parques para os nenés e máis prazas en guarderías e escolas infantís!!!!!
Efectivamente, hoxe organizaron unha concentración de que vos deixo foto para reclamar esas melloras que teñen un gran valor social, que son todo o relativo a facilitar espazos educativos e de convivencia e xogo para os nenos e nenas de todos os barrios da Coruña!!!!!!!!!! Un bravo e un enlace para a xentiña de Novo Mesoiro:

Noticia futurista do Blog de Novo Mesoiro!!!!!

Na nosa queridísima Katanga, o parque infantil do que "disfrutamos" ten estes días algún problemilla tanto de fugas como de fauna ibérica, como puidestes xa ver
AQUÍ!!!!!!!!!

Se non vos chegou con aquela durísima reportaxe con "rasurado de Pilocha" incluído, aquí vos deixo unha pequena galería fotográfica sobre o asunto infanto-xuvenil no noso barrio:


Isto foi o que se atoparon uns papás katangueiros un día que andaban a xogar cos seus nenés ás excavacións arqueolóxicas!!!!!



"Nós non temos nin idea de quen puido poñer iso no parque infantil nin tampouco de quen son esas cocorotas.....¿verdade, Bart????"




"Se é que xa hai tempo que para xogar un pouquiño cos amiguiños hai que ir coa.....merenda.....de casa!!!!", comenta este rapaz katangueiro que tapa o seu feo rostro por temor a represalias.........




......e á Katangueira......que me anda así de virulenta desde que un mocoso lle intentou chulear os escasos euritos que levaba ao economato!!!!!!!

Alaaaaaa......aburete, yogurete!!!!!!
....que vos dean....

CONFIRMADO: MAÑÁ NON HAI COLE (e nós con estes pelos)


A Xunta de Galicia, a través dun comunicado da Consellería de Educación, decidiu suspender "toda actividade escolar" por "un episodio de metereoloxía adversa", ou sexa, que vén outro temporal, que é como dicimos por aquí. Está claro que, despois de ver os efectos do KLAUS , semella a medida máis apropiada.....que todo o mundo protesta pero cando ocorren desgraciados accidentes como en Cataluña.....todo o mundo pide responsabilidades.
Lede o comunicado completo no seguinte enlace:

Comunicado da Consellería de Educación

Esperemos que polo alto da Agra non teñamos nigunha desgraza que lamentar, que xa sabedes como sopra por aquí o vento cando sopra de verdade.

Katanga a vista de paxaro (2)



FOTOS DA ÁREA DOTACIONAL DE KATANGA ( A CORUÑA)

Aquí temos unha boa foto da nosa área dotacional, ou sexa……o Cole, o Insti e a Pisci. Por aquí á esquerda vai estar o novo Centro Ágora, de 8.500.000 de euritos e que será socio-cultural. A ver en qué queda isto. Só para que comparedes, pensade que o Centro Cívico de Eirís vai costar 1.500.000 euros, o Centro de día+Galescola 2.500.000 e o Centro Cívico e Social de Novo Mesoiro 1.350.000 euracos.
Como podedes comprobar un pouco máis en detalle, por aquí quedará todo un pouco “centralizado”, ou como diríamos entre nós, a mazacote: á derieta o Raquel Camacho. No centro o Agra e á esquerda a piscina. Máis á esquerda, na explanada perfectamente visible desde o aire e onde medio barrio+visitantes adoitan aparcar, estará o famoso Ágora, do que teremos tempo de falar. Na primeira foto aérea que publiquei do noso barrio a vista xeral vedes esa explanada xusto no centro:



De aí para arriba, ou sexa, cara á Gramela, estará o novo bario de San Pedro de Visma. A rúa Monasterio de Caaveiro vai prolongarse cara a San Pedro de Visma atravesando completamente a zona onde se poñen e montan os circos ( dádelle á expresión o sentido que queirades ) ata enlazar coa terceira ronda, que é esa lingua de terra que avanza desde o norte e vai directo cara ao poboado de Penamoa. Pero da terceira ronda xa falaremos con máis calma.