Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta Ágora. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ágora. Mostrar todas las entradas

Como en Alfama...

by Katangueiro

É o barrio de Alfama en Lisboa coñecido universalmente. Aos pés do Castelo de San Jorge, esta humildísima aglomeración urbana ten dado á historia sentimental da república veciña multitude de historias, escuramente sórdidas ou emocionalmente sentidas, como adoita ocorrer nas barriadas habitadas por xentes de ben escasos recursos económicos. Tamén é moi sonado pola Feira da Ladra, unha sorte de mercadillo de choneo onde, nos seus inicios, máis que se sospeitaba da orixe legalmente incerta de moitos dos produtos alí ofrecidos. Debemos lembrar que "ladras", en portugués, significa "muller que rouba". Supoñemos, pois, que a orixe dese nome feminizado está nunha inmensa maioría de mulleres que eran as que se adicaban a esas vendas a pé de rúa ou praza. Non sei que pensará a Katangueira.

En días pasados, precisamente no noso querido barrio de Katanga, desarticulouse unha "célula" adicada ao choneo de cousas roubadas. A novidade desta iniciativa é que as cousas roubábanse sobre-pedido, modalidade de distribución moi en voga nestes tempos debido ás necesidades de adecuarse á crise actual e á súa incidencia no consumo das familias. Dito en roman paladino: a que demos vou roubar o cedese dun buga se logo non hai quen o compre. Faga o seu pedido e nós dispoñeremos á maior brevidade posible a súa encomenda. Toma innovación tecnolóxica!!!!

O malo de todo isto é que certo medio de comunicación sensacionalista da cidade ubicou esta interesante actividade en pleno barrio do Ventorrillo. Nada máis lonxe da realidade. Non fal falla que vos lembremos, supoño, as diferentes tipoloxías tanto urbanas como humanas que se atopan entre o modernete barrio do Ventorrillo e as Casas de Franco, esa especie de Alfama coruñesa. Sonvos as cousas de vivir nas faldras do Monte do Destino, que che atribúen penasmoas e katangas en menos que canta un galo!!!! Reivindicamos a orixinal proposta para o noso barrio, que bastante embrollo teñen os ventorrillos xa.....

Coinciden esta desarticulación co inicio das obras de mellora do contorno das Casas de Franco. Nestes días non se comenta outra cousa nos portais e baretos máis que a inmensa dificultade para aparcar os bugas, dificultade de certo histórica que agora se torna histérica. Hai preocupación por cando se vai abrir o Ágora ese e tamén corren bulos sobre que queren convertir en boulevard Mosteiro de Bergondo. Manda carallo en Katanga, nunca cousa boa trouxeron as novidades!!!! Media coruña en pé de guerra contra a europeización do seu urbanismo e nós aquí, en plena feira de ladras ou "intermarché a ras-de-chao"!!!!

Fóra bromas, esta nova, polo menos, deu que falar e opinar, especialmente nestes tempos en que os medios divagan entre as penurias de certa Caixa galega (pobres), o record de velocidade en atar chourizos (de comer) ou as chamadas á austeridade de Don Alberto aos seus alcaldes (futuros, supoño). Mágoa que est6a apelación contra o dispendio non dea chegado ata as terras galegas bañadas polo Sil. E así nos loce o pelo. Todas estas cousas importantes que están a pasar no mundo mundial e nós, coma sempre, innovando en latrocinio. Aprendamos de Baltar!!!!!!

BALTAR: Mire, meu querido Don, que eu xa non lle estou pedindo nin a Medalla ao Traballo nin a Ínsula de Baltararia...que eu o único que quero é poder arrodearme das xentes máis ilustradas da miña querida provincia ourensá...Eu non teño a culpa de que todos militen no Partido Popular!!!!! Capici???
DON ALBERTO: Capito, capito!!!!!

Aburete, tribulete....

Katanga romana

by Pacotrón

Mentras ascendo penosamente pola aba oeste cara aos cumios lodosos do Monte do Destino, abrupto fenómeno nomeado como Penamoa polos seus habitantes máis próximos, crúzome con numerosos grupos humanoides que, encabezados polo pater familiae, rodean tal cal mesnadas mercenarias, as diferentes paderías, confiterías e pastelerías do perímetro katangueiro do Ventorrillo. Si. Marzo dá para todo. Un día internacional das katangueiras, un día internacional da clase curranta katanguista, un día internacional sen carne, un outro día internacional da poesía, un día mundial da auga, un día internacional da tuberculose -a Divina Pastora nos acolla- e, en fin, o Día do Pai. Hoxe mesmo. Así non hai quen viva!!!!!!

O orgullo dos pater familiae agraortianenses é o orgullo propio do mes que os nosos antergos adicaban ao Deus da guerra: Marte. Ese planetoide arcillosos con penetrante olor a metano.

E xa vos comentei hai uns días cómo nós, katangueiros, somos romanos. Tolos romanos, sen dúbida, pero romanos. Así, ad hoc!!!!!!

Alcanzo o cumio do monte pese a que as miñas pernas suman case un século de anos entre as dúas. Maldita vida que nos mata cada día. Hai que ser un Jabato para perdurar, para permanecer, para pervivir.

Desde aquí arriba gozo extremadamente coa vista da baía Riazoris, expléndidamente defendida agora polos espellos refulxentes do Palatium Municipalis. Os raios de sol debidamente aproveitados e arteiramente dirixidos supoñen todo un risco -unha odisea,máis ben- para as velas das poderosas embarcacións inamistosas. Tal é o noso espírito guerreiro, o noso espírito de marzo.


CAESAR AUGUSTUS LENDORIUS: Allá se vienen las mesnadas tarraconenses para enfrentarse con levantino denuedo y mediterráneo ardor a mi querido Liceum.....Con este poderoso speculum los aniquilaré definitivamente, si.


Na cidade espartana de Vicum os seus poderosos guerreiros entoan aquilo de "vexo Vigo, vexo Cangas, tamén vexo Redondela". Nós, katangueiros de Roma, emocionámosnos co noso firme Millenium, a nosa sublime Domus, o noso erecto Farum, a nosa interminable Ágora, o noso divertido Coliseum, o noso húmido Aquarium Finisterrae, o noso elevado Observatorium, a nosa elegante Universitatem -Hac Luce Fenosae- ou o noso monumental Palatium Mariapitensis. Restos todos eles da Katanga romana.

Que o poderoso Marte nos garde a todos neste ano 801, ad Clunia condita.

JABATO KATANGUEIRO: La verdad, querida Claudia, es que pese al entusiasmo romanista de Pacotronius, no puedo evitar odiar hasta la muerte a Roma y a todo lo que ella desprende y representa!!!!!!!
CLAUDIA KATANGUEIRA: Ya, ya, querido Jabato, pero no resultas tan escrupuloso contra Roma cuando acudes lujurioso a acariciar mis desnudos muslos dorados al sol del Lacio, por no hablar de otras cositas......
JABATO KATANGUEIRO: Glubs.......m'has pillao.......


Feliz día do Pater!!!!!!!


Rancios e difusos: usos e abusos dos Centros Cívicos Marinedos

by Katangueiro

Hai no amigo Pacotrón unha tendencia suicida a apuntarse ás causas perdidas, que non é o mesmo que as causas das "perdidas"..........quen lle dera!!!!!!!!

A pasada semana, coincidimos el e eu xogando unha timba de Continental, onde Pacotrón gañou uns bos euracos -que a saber en qué gasta logo-, e asistimos impávidos a unha desas conversas de mamis e papis sobre a actitude okupa dos nosos maiores á hora de aproveitar as potencialidades cívicas dos nosos centros municipais creados a tal defecto.

Estas mamis e papis queixábanse de que o seu centro cívico de referencia, o dos Rosales, convertérase de facto nunha casa de xogo e follón verbeneiro día si e día tamén. Ao estilo do Saloon do oeste, modelo galaico!!!!!

A súa principal queixa viña de que, se ben é certo que, dun tempo a esta parte, se deixaba notar un esforzo por parte de institucións públicas e privadas en organizar actividades para pequerrechos de toda índole, o cal agradecían encarecidamente, e atendendo ao perfil de usuarios e usuarias dos diferentes centros cívicos da Coruña, a resultante de todo isto era que a xente moza-adolescente e nós os carrocillas -tamén algo adolescentes- quedábamos excluídos vilmente do conxunto de actividades divertidas, formativas e deformativas que se veñen programando neste marinedo espazo urbano.

En resumo, que entre bailes de rumba e charlestón, xogos de dominó, birisca e cinquillo e chopito vai e chopito vén, a xentiña xoven e de mediana idade non ten un centro cívico onde caerse morta...e veña botellón e veña alcoholizarse!!!!!!!!! Unha perdición social!!!!!!

Pacotrón, na súa liña habitual, defende aos nosos maiores e excusa as actitudes excluíntes que exhiben alá por onde okupan salas de xogos. Pero eu, que estou ao pé do canón, sei de boa tinta que esta situación se repite ao longo das múltiples redes de centros cívicos e sociais do País katangueiro todo...e mais alá!!!!!!

"As nosas carencias en Centros de Día convirten estes equipamentos de barrio, pensados, certo é, para o conxunto dos cidadáns, no lugar perfecto para as reunións e encontros sociais desta minoría maioritaria silenciosa que son os jubiletas", explica espesito espesito Pacotrón.

"Déixate de enredos", interrompo eu alporizadete, "que esta xente non para de moverse, de aquí para alá, coas bolsas esas que non sabes se levan roupa vella ou verdura, da Caixagalicia á Parroquia e viceversa, como formiguiñas....e esixindo verbenas aquí e alá, e nunca agradecendo nada, e okupando os lugares de todos, que logo lles sobran os nenos, os rapaces, os yonkis e a virxe santísima!!!!! Non ves, pequeno lambón, que onde sentan son os seus bancos, onde toman o sol son as súas prazas, onde xogan son as súas mesas de xogos, e as verbenas son as súas verbenas?....Non ves, pequeno psicópata, que ESTÁN ORGANIZADOS?????? Que son rancios e difusos, que votan na súa maioría ao PePé, aínda que lles quiten as cuantiosísimas citas médicas de tarde, que tanto lles ten a corrupción, mentres eles teñan baile e pulpiño, que prefiren gastar en arreglar un campanario dunha capela que só se enche un día ao ano (o día do Santo de turno ou da Virxe esa que sirve de excusa para chuzarse) que en construír un centro social para eles....e así logo toman ao asalto os centros de todos ao berro de "este centro é NOSO"????? Non ves todas estas cousas, Pacotronista, e non te sulfuras??????", rematei excitado.

"Na nosa sociedade galega, tan tradicional para algunhas cousas, os maiores e os nenos van primeiro, Katanguista, e os demais....onde podemos. Pero dime ti, entón, cal é a túa opción, o teu modelo social: Nós, os que estamos activos, os que cotizamos, primeiro. Logo, claro, os nenés, e de último......os vellotes, of course.
Eduqueison eduqueison......aprendamos a non encher o chan de todos con restos de chicle, aprendamos a respectar as prazas, os bancos, as farolas, as macetas, de todos. Aprendamos a facer cola para subir ao bus ou para entrar no cine ou en Riazor. Aprendamos a consumir responsablemente e a comprarnos o carro que realmente precisamos, e non un catro por catro para facer xentións e levar os nenes ao cole, aprendamos a reciclar e non a tirar as cousas co argumento de que sae máis caro amañalas, aprendamos a defender nós as conquistas sociais que, se ben son desfrutadas hoxe, maioritariamente, polos rancios eses dos que falas, serán mañá desfrutadas por nós...tamén rancios e alcanforados. Aprendamos, coma eles, que cando hai eleccións HAI QUE IR VOTAR polo que che interesa, esteas ou non equivocado. A nosa xeración di que todos os políticos son iguais, pero os jubiletas ben saben a quen votar e a quen non, verdá?????? ORGANICÉMONOS, katanguista do demo, e verás qué ben!!!!! Deixa os centros sociais e/ou cívicos para eles, que non teñen máis, e montemos nós un para as nosas cousas (xogar ao escalestri, privar garimbolas, falar picaradas, ver pelis de mafiosos ingleses, darlle á consola -que non ao consolador- e todo iso). Qué me dis, Katangueiro?????", rematou retando o Pacotrón este.

"Que a este paso",respondín tocándome os ghüevos, "para cando inauguren o ÁGORA, os tres módulos nos que se divide a cousa van quedar así:

Módulo 1: Tute cabrón e Cinquillo de féminas.

Módulo 2: Dominó con cartos e Mus nivel avanzado (só machotes bébedos)

Módulo 3: Salón de Actos para ver a enésima repetición dos goles de Guti e Raúl e algún programa onde bailen jamonas de menos de corenta anos ensinando pernil e muslamen ao son de "Mami, qué será lo que quiere el negro". Os martes e venres...verbena coa orquesta Palacios, precedida do dúo Trébol".

Aí queda o debate, amiguitos......non desesperar!!!!!!!

Noticia de Las Provincias:

VELLOTE NÚMERO 1: Mira, karterista, kartartista ou como te chames.....A próxima vez que fales así e te metas con nós, vas levar uns zurriagazos que che vai entrar o sentidiño mentras recolles os teus dentes cos dedos da man rotos!!!!!! Vasme dicir ti a min, que estiven no frente de Teruel!!!!!
VELLOTE NÚMERO 2: Pero que dis, Ricardito, se ti en Teruel eras representante de xabróns Lagarto no 47, coñe!!!!!!
VELLOTE NÚMERO 1: É que me lían, leñe!!!!!!!!

Abur, yogur!!!!!!

Pero qué bonito es el MUSAC de León!!!!!!!

Seguro que o noso ÁGORA non lle irá moi atrás, pero é evidente que este edificio en pleno extrarradio de León é unha virguería!!!!!!!





Xa nos gustaría unha Katanga máis colorista........e non pintada da cor dominante nos espazos físicos e psíquicos do barrio......O GHRIS ghrisote!!!!!!



Polo de agora......que non polo de Ágora.......teremos que conformarnos con ir á Pisci.......de boliñas que hai na Guarde deste nené katangueiro.......que mirade qué ben o pasa o condanadooooooo

"A min iso do MUSAC sóame a roio patateiro. Dádeme unha boliñas nunha saliña do Ágora e xa veredes que chuliguai!!!!!!!!", comentounos este pobriño inocente de Dios!!!!!!


Tamén podemos encher de boliñas de cores o Centro Cívico e Social de Mesoiro que vos ten moita presencia visual....mirade se non qué ben que se pasean os nosos amiguiños da Asociación Veciñal de Novomesoiro!!!!!!!


En fin, delfín, que nos esperan tempos mellores.....ánimo!!!!!

Aquí non hai dios que aparque!!!!!!!


Decididamente, e desde que comezaron as obras do centro Ágora, aquí non hai dios que aparque en absoluto!!!!!!!
Por iso resulta reconfortante que se aposte, desde os poderes públicos.........vamos......desde o Concello, polo transporte público!!!!


Que si, que si, que guai!!!!! Temos que potenciar entre tod@s o transporte público........onde queira que estea!!!!! Poderás chegar a calquera sitio EN CERO COMA!!!!!!!!!!

Porque......mirade se non cómo se está poñendo isto de aparcar un vinículo por Katanga!!!!!!! é que non vale nin que teñas enchufe cos maderillos munipas!!!!!!!
Eles tampouco teñen onde aparcar cando queren poñer algunha multiña ou dúas!!!!!!

Nesta significativa foto podemos comprobar cómo se manifestan os condanados contra as dificultades que existen en Katanga para aparcar o coche-patrulla e ir tomar uns chiquitos!!!! é que queremos ter de todo....e non pode ser!!!!!!

Equilicuá unha mostra de ata que punto estas dificultades provocan situacións surrealistas en cuanto un pinfloi do barrio pasa máis de tres horas sen atopar un puto sitio!!!!!!!!! Qué bochornoso espectáculo!!!!!!!!

Este veciño katangueiro vendeu o buga e cambiouno por un vehículo que non necesita nin tan siquera aterrizar!!!!!!! É evidente que algo tocado do coco quedou!!!!!!!

Sen máis, un saúdo a todiñ@s.....e abur, yogur!!!!!
>

Visitade o novo Ágora. Polo de agora..........unha obra a 10 por hora!!!!!!!

>
Isto é o que vos podemos mostrar do que será o Ágora, o novo centro socio-cultural de Katanga:



Para saber algo máis sobre o proxecto, mirade AQUÍ, que ENZOUFADO o currou de puta madre.
Tamén podedes ver algo nesta antiga entrada de AQUÍ.
En todo caso, aquí vos poñemos unha máis que chula descrición do novo Ágora que sacamos da Voz, aínda que se lles vai un pouco a olla. Bicos e abur, yogur.
>

Primeira pedra do Ágora

Efectivamente. O pasado xoves 28 de xaneiro o Alcalde, acompañado dunha boa representación de concelleiras e concelleiros da Coruña, "líderes" máis ou menos veciñais e demais séquito, iniciou con grande ledicia a tan atrasada como desexada obra do Centro Socio-Cultural ÁGORA que, como todos e todas sabedes, estará aquí mesmo, en Katanga Katanga, e prestará (iso din )servizo aos barrios de Agra, Ventorrillo, Katanga, Mariñeiros, San Pedro de Visma.......nunha obra moi ambiciosa que inclúe Auditorio, Salas de lectura, espazos cubertos, Ludoteca.....Esta é a foto do evento:
O Alcalde,que estivo acompañado da Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá Margarida Vázquez, a de Cultura, María Xosé Bravo, ou o presi da A.VV. Agra, o inefable Paco Graña, contrario ao Centro, indicou moi rufo que:
Hoy el nuevo centro cívico cultural Ágora aspira a convertirse en la piedra angular de una ciudad «social y culta» y con el que se da «un paso más» en el camino iniciado hace 20 años por el Fórum Metropolitano.
.....calificó el Ágora como «el más grande y el mejor» de los centros cívicos, sociales y multiusos de la ciudad, que será un polo de atracción para los vecinos del Agra, Visma, Mariñeiros, del Ventorrillo, Labañou y de Los Rosales.
VOZ DE GALICIA


De todos os xeitos, e como sobre os soños non hai nada escrito, así vén sendo o modelo de Centro Socio-Cultural que agardan os administradores e administradoras do Blog Agra del Orzán (non confundir co Blog da Asociación de Veciños da Agra):

Fóra a broma, animámosvos desde Katanga-Koruña a bloguear coa xente dos barrios desta cidade que , coma nós, abre espazos de debate e comunicación. Aínda así,visitade o seguinte enlace e comprobaredes que o noso é máis chulo:

Blog Agra del Orzán (así o chaman)

Moi próximamente colgarei aquí os planos dese Centro, pero xa vos adiantamos de que este ágora aínda vai dar qué falar. E se non que llo digan ás disputadas asociacións
de veciños da zona ( Agra, Ventorrillo, Conchiñas.......)

Katanga a vista de paxaro (2)



FOTOS DA ÁREA DOTACIONAL DE KATANGA ( A CORUÑA)

Aquí temos unha boa foto da nosa área dotacional, ou sexa……o Cole, o Insti e a Pisci. Por aquí á esquerda vai estar o novo Centro Ágora, de 8.500.000 de euritos e que será socio-cultural. A ver en qué queda isto. Só para que comparedes, pensade que o Centro Cívico de Eirís vai costar 1.500.000 euros, o Centro de día+Galescola 2.500.000 e o Centro Cívico e Social de Novo Mesoiro 1.350.000 euracos.
Como podedes comprobar un pouco máis en detalle, por aquí quedará todo un pouco “centralizado”, ou como diríamos entre nós, a mazacote: á derieta o Raquel Camacho. No centro o Agra e á esquerda a piscina. Máis á esquerda, na explanada perfectamente visible desde o aire e onde medio barrio+visitantes adoitan aparcar, estará o famoso Ágora, do que teremos tempo de falar. Na primeira foto aérea que publiquei do noso barrio a vista xeral vedes esa explanada xusto no centro:



De aí para arriba, ou sexa, cara á Gramela, estará o novo bario de San Pedro de Visma. A rúa Monasterio de Caaveiro vai prolongarse cara a San Pedro de Visma atravesando completamente a zona onde se poñen e montan os circos ( dádelle á expresión o sentido que queirades ) ata enlazar coa terceira ronda, que é esa lingua de terra que avanza desde o norte e vai directo cara ao poboado de Penamoa. Pero da terceira ronda xa falaremos con máis calma.