Páginas

Chunguísima decisión da Xunta de Galicia sobre a residencia universitaria da Coruña

by Navia (con algo de retraso...)


Coa decisión da Xunta A Coruña perde outra oportunidade para o crecemento e o desenvolvemento sustentable. É, xa que logo, outro ataque máis aos servizos públicos!!!

Sendo a UDC un dos principais axentes de demanda de vivenda na cidade da Coruña, que debe satisfacer as necesidades de aloxamento de máis de 7.500 estudantes doutros Concellos de Galiza, doutras Comunidades Autónomas e do alumnado orixinario de paises do Espazo Europeo de Educación Superior. Semella que esta nova é absolutamente negativa para a Universidade, para cidade e para a propia educación dos universitarios galegos que deciden vir a estudar a UDC.

Ningunha outra universidade sofre a situación da UDC coa inexistencia no Termo Municipal de oferta pública de aloxamento a precios acordes co nivel de renta dos estudantes.

Un dos obxectivos principais de toda estratexia de aloxamento universitario é reducir o incremento de estudantes que buscan o aloxamento no sector privado e dispor dunha oferta de aloxamento residencial público de calidade adecuada e cantidade suficiente que satisfaga as necesidades de confort para o traballo na etapa universitaria.

No libro editado polo Concello da Coruña no ano 2010 denominado Áreas residenciais universitarias presentábase o proxecto gañador do concurso para residencia universitaria da Coruña. Proxecto que apostaba pola madeira, a eficiencia energética, a experimentación tecnolóxica e o desenvolvemento sustentable.

Tamén se recollían unha serie de artigos no que se recopilaban experiencias, proxectos e aloxamentos universitarios de Europa, do Estado e de Galicia, ademais dun artigo de Xosé Lois Martínez Suárez, pax.121-141, intitulado “Estratexia de aloxamento universitario e UDC”, no que se dá conta da situación do aloxamento universitario na UDC e se denuncia unha situación absolutamente incompresible provocada polos convenios asinados entre o Concello de Culleredo e a Universidade nos anos 1993 e 1994, mediante os cales a Universidade renunciaba a construcción de equipamentos públicos para aloxamento universitario e favorecía os privados.

Do teor seguinte:

1.CAMPUS DA CORUÑA: CONVENIO UDC-CONCELLO DE CULLEREDO- RIALTA

En xuño de 1993, a UDC suscribe un Convenio Marco co Concello de Culleredo para potenciar a construccion de Aloxamentos Universitarios de iniciativa privada, no seu termino Municipal, no que o Plan Xeral de 1985 non tiña previsto este uso, relegando de facto a xestion para o desarrollo das Areas Residenciais previstas no PP-1991

Respondendo a unha solicitude da Sociedad Residencial Rialta SL propietaria de 39.820 m2 de solo en Culleredo (a antiga Canteira Prebetong) clasificados como Solo Urbanizable Non Programado “el ayuntamiento de Culleredo en sesiones plenarias de 19 de agosto y 29 de octubre de 1993, acordó conceder a RIALTA SL, los beneficios derivados del Convenio Marco…” entre a UDC e o Concello, e acorda calificar os terrenos para que poidan construirse aloxamentos universitarios declarando as edificacions necesarias de utilidad publica e interes social.

Tres meses despois, xaneiro 1994, a Comision Provincial de Urbanismo otorga “a la compañía Residencial Rialta SL la autorizacion…para la construccion de una Residencia Universitaria…” na ex canteira de Prebetong.

O 14 de xuño de 1994 na Casa Consistorial de Culleredo, os representantes do Concello, UDC e Sociedade Residencial Rialta SL asinan un convenio no que, entre outros aspectos, concrétase a construccion de aloxamentos universitarios en dúas fases cun total de 500 plazas, “asi mismo se compromete el Ayuntamiento de Culleredo a no autorizar ninguna otra instalacion de este tipo con destino a usos universitarios publicos hasta tanto la universidad no justifique esta necesidad y siempre reservando a favor de la Sociedad Rialta SL las primeras quinientas plazas”.

A xestion urbanistica do Campus central da UDC diseñada no PP-1991 sufre con esta iniciativa un cambio radical de rumbo: a politica de aloxamento universitario publico da UDC limitaráse á concertacion dos precios de 150 plazas en cuartos dobles (hoxe 175 plazas) polas que a UDC abona unhos 240.000 euros por curso academico de subvencion aos alumnos aloxados en algunha das plazas dobles ofertadas por Residencial Rialta, a quen o alumnado beneficiario deberá abonar a outra parte.


No longo proceso de construción da Residencia Universitaria Pública houbo actuacións que axudaron a que a esta residencia estea no proceso e resultado que agora quere darlle a Xunta. Convén lembrar a lentitude de Urbanismo do Concello da Coruña á hora de axilizar todos trámites precisos para a súa construción, a Consellería de educación para axilixar e resolver as expropiacións precisas, a dos propietarios de solo e os seus asesores coa súa política obstrucionista e de reivindicación de máximos, un sector da propia universidade que non tivo a sufiente valentía para resolver os asuntos que se foron presentando (mesmo algún membro do goberno da Universidade puxo proa ao proxecto) e a Consellaría de Vivenda que tampouco actuou coa dilixencia e afouteza que a situación precisaba. Todo este conxunto de factores e circunstancias troxéronnos até aquí. E, xa se sabe, cando esta deireita do PP goberna ten que dar satisfación aos poderes fácticos que a fixeron chegar ao poder, porque o pobo, tamén, se sabe, quere traballo e espetáculo!!!.

De aquí en diante seguiremos comprobando como o goberno municipal do PP vai tecendo todo un sistema de actuacións tendentes a entregar aos seus amigos negocios e máis negocios, aínda queda por saber como van resolver o problema do edificio de Fenosa, o Parque ofimático, O furado do Parrote, o caso Relámpago, a aprobación do Plano Xeral de Ordenación Municipal, o desmantelamento definitivo de Pena Moa e outros moitos asuntos, sobre todo de da carácter urbanístico. Eu xa o adianto: favorablemente aos intereses dos grupos de presión locais e non aos intereses da maioría social, mesmo aquela parte que os votou.

Tempo ao tempo!!!

ANA (PRIMEIRA POLA ESQUERDA): No pisote de Maripili son cinco e un can, onde Juan viven na miseria okupa e a Puri xa non lle collen máis ex-mozos no ático....a ver onde carallo acampo hoxe.....
ELENA (NO MEDIO): Vou facer como que chapo, a ver si non se dan conta de que teño camastro grande!!!!
UXÍA: A ver como lles digo aos meus puriles que conten conmigo ata final de 2020....mínimo!!!!!


Así está o patio, nenos!!!!

6 comentarios:

  1. A miña reacción foi a de estupor e enfado ante o primeiro paso en falso (para a súa imaxe xa que comenza a revelarse o cariz que vai tomar todo o mandato). Non podía crer que empezasen así. O certo é que son unha inxenua, pobre de min.
    Deduzo que se tanto se dilatou a construcción da Residencia no anterior mandato pode ter sido por "manobras orquestrais na escuridade" (esas oligarquías tan nosas, que xa case son "familia"). Nada, a volver ó ghalpón (que persiste, despois dos "escándalos" na prensa en 2008), que é moi enxebre e moito máis económico. A mocidade quéixase por calquera parvada.

    ResponderEliminar
  2. Algún exemplo máis do que acaba de empezar. Esta vez tócanos máis cerca e a niveis máis básicos no nivel educativo:

    http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2011/06/19/0003_201106V19P12992.htm

    http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/06/19/0003_201106H19C5993.htm

    O máis próximo a Katanga e á Agra do Orzán:

    http://www.facebook.com/revolucion.paseodaspontes?sk=info

    Velaquí outra feijõada máis: tomade Pacto de Bolonia! Feijão, Presidente por Accidente, de vacacións na Xunta de Galicia (ata que o chamen de superministro a Madrid), faille un "servizo ó país". No comment, que me perdo:

    http://www.galiciaconfidencial.com/nova/8076.html#comentar

    ResponderEliminar
  3. Perdón, copiei mal o enlace a Galicia Confidencial: "Feijóo di que a FP 'ten máis posibilidade' que ESO, Bacharelato e universidade".

    http://www.galiciaconfidencial.com/nova/8064.html#comentar

    Voume permitir este pequeno desafogo: Hai que ser burro para non saber que ESO significa "ensino secundario obrigatorio" e que é, precisamente, obrigatorio para acceder á FP. Burro, máis que burro!!! Con todos os meus respectos para os ásnidos, que non merecen tal comparación. Senhor Feijão, poña en marcha o cerebro antes de abrir a bocaza, se é que pode.

    ResponderEliminar
  4. Mi querida señorita: Me dice usted que se sintió como Casandra en todos estos años y ahora es cuando más la creo. ¿Sabes cuál es el problema? Que mucha gente creerá que Casandra es la heroina de una telenovela y pensarán que eres una pedante sin remedio, como ya te dijeron. Triste destino el de un pais, que ahora también es el mío, que no sabe apreciar la buena educación ni un cierto nivel cultural. Siento pena por aquellos que tampoco creen en lo bueno y positivo que su propia tierra les ofrece y prefiere ponerse en manos de falsos profetas, como si su destino no estuviera entre sus manos.
    Ahora se ríen de la gente que sale a reivindicar sus derechos como ciudadanos... En fin!

    ResponderEliminar
  5. ¡¡No te desanimes ni te enfades tanto!! Y, si ésto no mejora, ya sabes donde siempre seras bienvenida otra vez. En el norte no se vive tan mal, no?

    ResponderEliminar
  6. Pois a min pareceme ben que sexa o sector privado o que amañe a situación, sempre que respeten os prezos públicos. Ademais lle resta poder a Xosé Manuel Carril. Este personaxe desaparecerá da UDC da misma forma que desapareceu do goberno municipal o BNG. É dicir, cos votos da xente.

    ResponderEliminar