by Pacotrón
Onte celebráronse en Portugal novas eleccións. Veñen convocadas a raíz de non ter podido o Partido Socialista de Sócrates sacar adiante os seus orzamentos do Estado para 2011. A imposibilidade de acadar acordos parlamentarios -que sumasen unha maioría responsable de cara a sacar ao conxunto do país da delgada liña vermella que separaba a fin de ano aos estados "rescatables" dos estados "solventes"- provocou a dimisión do señor Sócrates, convocatoria electoral incluída, e a entrada de Portugal no fondo de rescate europeo. Aquel día o Sócrates compareceu ante a prensa absolutamente abatido, en tanto o principal partido da oposición, o PSD (o noso PP), celebraba a caída do goberno socialista, celebración que non se viu empañada pese a que isto supuña entregar o país aos ditados dos mercados e empufarse socialmente por décadas en tanto a banca, outra vez, desentendíase completamente da desfeita global. É curioso o destes neocons...moito presumir de patriotismo e tal e pascual e non lles dá grima axudar a arruinar a todo o Estado con tal de sern os novos gobernantes, como acaba de acontecer. As celebracións de onte pola noite nas sedes do PSD non semellan razoables, se atendemos á terrible situación na que se atopan os cidadáns e cidadás portugueses. Que está pasando? Pois que a dereita, máis extrema que nunca, avanza ao galope desta crise, tomando aldeas, cidades e países, arruinando economías e recortando os dereitos do que se deu en chamar "Estado do benestar". Xa o dixo Rajoy: "En España tendremox el extado de bienextar que podamox", ao que lle falta finalizar con "que podamox conxentir lox que creemox que el beneficio emprexarial extá por delante del conjunto de prioridadex xocialex". Claro. E en Portugal, onde máis que no Estado de benestar vivíase no Estado de estar e punto, estes recortes serán aínda máis dorosos para o conxunto da depauperada cidadanía.
A poucos días de investirse as novas corporacións municipais e autonómicas, a tónica española non dista moito da que sacudiu Portugal en meses precedentes. Son tais as ansias de destruír ao adversario que goberna que non se dubida en poñer a economía ao borde do abismo. Como se non se entenden as diferentes declaracións de futuras e futuros concelleiros/as e deputadosd/as poñendo en dúbida a solvencia das institucións públicas e mesmo a súa capacidade real para pagar nóminas se aínda non tomaron posesión nin dispoñen, como recoñecen sen rubor, de suficientes e actualizados datos sobre o estado real das contas? Fixádevos, en Castilla-La Mancha a señora Cospedal pon en dúbida o pago de salarios para logo indicar que iso vaino amañar o PP, entre outras cousas, privatizando a TV pública. Ah, xa....
Na Coruña, un concelleiro electo (Flores) adianta graves problemas financeiros que, literalmente, se inventa, xa que este home non pode coñecer as contas de cada departamento ata que vaian tomando posesión el e os seus compis. Úlome privatización de servizos sociais...
Como molo!!!!!
É que este absurdismo que nos rodea, tan destrutivo, pode acabar estalándolles na cara. Temos un exemplo moi claro no caso dos pepinos. Morre xente en Alemaña e desde o seu goberno conservador apúntase a España e á agricultura ecolóxica, orixe desta doenza. De novo, penosas noticias relativas ao noso Estado katangueiro que parten do todopoderoso e solventísimo Estado Alemán. E van....Pasados os primeiros días é tan evidente que hai doentes que non consumiron eses produtos que as perdas do sector hortícola español son tamén as perdas do sector hortícola alemán. A xente deixa de comprar froitas e verduras ata que non se aclare o enredo, e deixa de comprar todas. O tiro pola culata, pero a operación global era de medo: liquidar o cada vez máis potente mercado agrícola ecolóxico español, poñer ao partido gobernante nunha situación económica e anímica insostible, facilitar e acelerar a chegada do señor Rajoy á Moncloa e conseguir, ao final, que España sexa rescatada polos bancos alemáns. Ole. Aos populares válelles con tal de mandar canto antes. Ademais, apúntase ás Autonomías como apuntaladoras do déficit. Que listos!!! Os bancos e Caixas hai que salvalos e proveelos. As Autonomías hostias.
Échevos o que nos ten o absurdismo, que cambian os significados das palabras ao seu antollo e alteran a sintaxe con mentiras e medioverdades moi acaídas aos seus tradicionais intereses. Así, chámanlle Fondo de Rescate a o que é un Fondo de Secuestro da economía de todo un Estado, literalmente. Falan de servir ao pobo, á xente, e liquídase o estado de benestar en aras da salvación dunhas entidades financeiras que, de certo, non gañan o que queren ou desexaban pero que REALMENTE NUNCA ESTIVERON EN PERIGO. Ou é que credes que os directivos de CaixaGalicia e Caixanova, agora reunidos "Géiper" tiveron en algún momento desta crise problemas de solvencia ou liquidez???? Viron acaso gravemente mermado o seu patrimonio???
Continuará...seguro.
PASSOS COELHO: Jijijijijijijiji....aaaaaaiiiiiii...... Juajuajuajuajuajuajuajuajua!!!!! Como molo!!!
Dáme a impresión que os que temos e compartimos estas ou outras visións, que podemos denominar xenéricamente, de esquerda, altermundialista ou de indignación, estamos condenados/as ao máis puro ostracismo. A corrente vai cara arriba e as voces discordantes somos un agoreiros e uns deprimidos. A xente quere afirmacións, contundencia e un enemigo próximo ao que culpar e seguramente a propaganda xoga un papel clave. Unha propaganda que ben espallada, adubiada e manipulada cumpre perfectamente o seu papel. O importante non é pensar senón actuar por instinto e canto máis primario mellor.
ResponderEliminarSaúdos e continúa polo mesmo camiño que eu aínda que hoxe estea un pouco descreído sigo, tamén, no allo
Graciñas, Navia. Hemos convertir un dos teus comentarios en artigo nos p´roximos días. Moi lúcido.
ResponderEliminarPor outra parte, engadimos hoxe uns enlaces a este artigo de Pacotrón. Un é o que nos leva a mardoorzan.com, pero o outro é da autoría de Pablo Vaamonde e vai polo mesmo camiño que este noso. Recomendable.
Como indica Navia, a quen pensa diferente sempre se lle adxudican etiquetas como "pesimista" ou "outsider". Algún membro de ATTAC (non lembro o nome) dixo ter sentido a soidade do seu discurso e a súa actitude fronte a sociedade na que vivía.Eu sigo sostendo que é máis fácil non pensar, senón deixar que pensen e decidan outr@s por nós. Actuar de xeito responsable é duro.
ResponderEliminarNun día como hoxe, cando sabemos que un individuo como García Albiol (que fixo do discurso racista e xenófobo o eixo do seu programa) vai chegar a alcalde en Badalona por un acordo con CiU (estes conseguirán a Diputación; está claro que "poderoso caballero es don dinero"), os recortes nos proxectos de carácter social avanzan a toda máquina (pero en 1988 Carlos Negrera e Feijão reclamaban melloras económicas á administración ou a fortuna dalgún preboste nace dos cartos públicos), tamén resulta esperanzador saber que van xulgar ó anterior primer ministro islandés pola súa xestión na crise económica.
Quedo asombrada ante a euforia dos "campións" (iso vai tamén polo da operación da que moito habería que falar) ante a expectativa de poder. Eu veríame abrumada pola responsabilidade, creo.
Déixovos o enlace a un documental que se emitiu en RTVE en 2006 e que era premonitorio dos tempos que vivimos: "El orden criminal del mundo".
http://vimeo.com/24630082
Wachi documental, Msarkadina...a movelo!!!!
ResponderEliminarCo teu permiso comparto no fbk. E nin que decir ten que todos os que estamos vendo o que acontece temos a mesma sensación de que estamos a ser as vítimas e os nosos gobernantes os verdugos. Mentres, os bancos, seguen ao seu, que é acumular cartos. Parabens polo artigo.
ResponderEliminarÉ que se non escribo, teño pesadelos. Aparecen a Merkel, o Rajoy, Sarkozy e Dona Espe e teñen un banco e eu son o único cliente....Uf....que medo!
ResponderEliminar