Páginas

Demolición e silencio

by Pacotrón

Non, non estamos a falar do edificio Conde de Fenosa. Ese non se vai tirar. Xa está Don Carlos o Benefactor atarefadísimo atendendo ao clamor social que pide a súa legalización. Falamos de políticas de incidencia social, como son a igualdade, a mobilidade, a participación, o emprego ou a promoción do galego. Comecemos por esta última.

Xa sabíamos que en tempos de bonanza económica a promoción do galego sobraba, xa que do que se trataba era de abrirse ao mundo, globalizarse. E non entendo por que non se podía un globalizar en galego cando un si que se pode globalizar, poñamos por exemplo, en luxemburgués. Agora que estamos en crise, tampouco resulta acaída a promoción do noso idioma. Seica é un gasto innecesario. Hai que aforrar para que a banca recupere o seu ritmo (natural) de enriquecemento indecente. Iso si que importa.

Tamén sabíamos que a igualdade sobra na casa popular. En tempos de bonanza é inútil, pois todos os españois e españolas somos iguais ante a Lei e só se miran os méritos persoais (?). En tempos de crise é aínda máis inútil, porque todos e todas somos iguais, claro, pero hai uns máis iguais que outros.

Que o emprego se asocie á empresa e a participación cidadá tamén é só un pálido reflexo ideolóxico que se lles escapou entre os dedos. Hoxe sabemos que os beneficios empresariais non son sinónimo de creación de emprego, se non todo o contrario. Aí temos o caso Telefónica ou o caso das nosas antigas dúas Caixas galegas: canto máis gañan máis recortan...ou era ao revés????? Sobre a participación diremos que se nos pretende facer "partícipes" dese modelo económico neocon. Que bonito!!!!

E mira que xa estábamos advertidos sobre as políticas de mobilidade deste novo goberno municipal. Quitarán bolardos e carril bus??? Voltarán os bugas de caché para estacionar sobre a beirarrúa de San Andrés, como sempre foi tradición???? Qui lo sá....

E sempre ese silencio cómplice nuns medios de comunicación que ocultan a gravidade do recorte. 

Ai...tantas e tantas cousas que desaparecerán como bágoas baixo a chuvia...

DON CARLOS: Hombreeee.....si llueve un poquitito siempre puedes llevar paraguas...hasta que escampe!!!! Jijijijijijijiji....jito...........(que no me pregunten por la cubrición...que no me pregunten por la cubrición...por Dios!!!)
SEÑOR SENTADO Á DEREITA DO BENEFACTOR: Pero qué picaruelo es usted, Don...

11 comentarios:

  1. Periodista Revisionista14 de junio de 2011, 18:51

    Pero meu, os medios están para informar das cousas que importan ás persoas importantes. Agora toca Castellanos, NCG e o Plan de austeridade de Núñez Feijoo.

    ResponderEliminar
  2. La Xunta cancela la Residencia Universitaria de A Coruña un día después de que Negreira tome posesión. Posesión Infernal.

    http://www.galiciaconfidencial.com/nova/8041.html

    ¿Qué opinará de esta austera medida Don Santiago Rey????

    ResponderEliminar
  3. Ya os respondo yo:

    http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/06/13/00031307984672557550921.htm

    TOOOMAAAA!!!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Joder, Katangueiro.....Acabo de darme conta de que se pos en google "biografía Carlos Negreira" aparecemos nós antes que o seu propio blog. Joder de novo!!!!

    ResponderEliminar
  5. Impagable e simbólica a foto do novo alcalde na presentación do Sónar. Nun día como hoxe, no que me acabo de enterar de que Beatriz Mato, a conselleira de “Traballo” foi veciña miña durante moitos anos nas Atochas (e eu con estes pelos) e mira ti agora onde está e onde vive, cando sei que Carlos “Yo-soy-más-de-ser-que-de-tener” Negrera vivía case ó carón da miña familia materna, que “jugaba a la bujaina” a escasos metros de onde vivía o meu pai, cando oio por aí que Diego “Super-Delegado” Calvo (ese home sobradamente preparado) non agocha a súa intención de ser Presidente da Deputación, cando leo que o novo alcalde e o señor das Feijõadas montaron un sindicato para pedir un 100% das retribucións básicas e complementarias cando eran funcionarios do grupo A (http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7999.html) pregúntome que estou a facer eu coa miña vida (sigo a ser a mesma pringada que hai dous anos, cando chegou o mesías feijõeiro á Xunta) e que mal me educaron papá e mamá. Uns cambian algo (xa sabemos o porque e cal é o obxectivo final) e outras seguimos mantendo a mesma traxectoria. Porque eu sigo a crer que a igualdade efectiva segue a ser unha utopía ou que a participación cidadá é máis que necesaria para poñerlle freo ós mangoneos e para aportar sentido común neste caos, só por poñer un exemplo.
    Intento non darlle demasiadas voltas, non enfadarme, pero só penso en afiar as miñas katanas e botarme a correr cara o Monte de San Pedro e construir alí un refuxio. Como as miñas responsabilidades non mo permiten o que toca é combater e resistir (o de sempre, vaia).
    Polo ben da cidadanía espero que estes superconcelleiros e superconcelleiros superdotados (fago referencia á envergadura dalgunha concellaría) fagan un bo traballo. Desexo de todo corazón que non teñan en mente outra cousa que non sexa o ben colectivo e non fagan como o Feijão, ese que debece por ser ministrable e está de vacacións na Xunta. Para o seu electorado, eses que me teñen berrado algo así como “queremos paz y trabajo”: inspiren fondo, pechen os ollos, reláxense e desfruten o votado, que o show acabe de empezar.

    ResponderEliminar
  6. Para que se enteren os/as pelotas de turno: o nunca ben ponderado Feijão colleu un bo rebote cando lle concederon a honra de presentarse a candidato da Xunta. Alberto dos Peares quería ser ministro, víase como un "elixido para a gloria".
    A persoa que me contou isto, galega exilada en Madrid por necesidades laborais desde hai nove anos, presenciou esta diálogo:
    Mr X: "Alberto, enhorabuena! Estarás contento de volver a tu tierra, ¿no?".
    Mr Feijão: "¿Yo, contento de volver a esa puta aldea?".
    J., a miña confidente, díxome que Mr X, recio castellano, quedou de pedra. J. non agoiraba nada bo para a súa terra de orixe e así foi.
    Sinto a amargura dos meus comentarios pero é que, canto máis o penso, menos podo evitar o enfado. Sobre todo, pensando no cachondos que se poñen algúns ó saber que "los suyos llegan al poder" (como se non soubéramos quen son os verdadeiros amos do mundo). Ademais, lerdos perdidos. Será por iso da cubrición.
    Síntome como unha Casandra de medio pelo (ou de perfil baixo, como din agora os cursis), pero eu, como o señor Feijão, "manteño o que dixen sempre" e sosteño que únicamente miran para o seu cu. Por aquí tedes ós seguidores do Benefactor:

    http://www.youtube.com/watch?v=6qbPazY5hAI

    ResponderEliminar
  7. Graciñas polos teus comentarios, Msarkadina!!!! Non te amargues, que non paga a pena...non pagan a pena....non pagan nada!!!!!!

    Sobre Os Peares...xa sabes que son Os Peares da Terra.....galega

    ResponderEliminar
  8. E don Carlos O Benefactor, por certo que na época medieval, este apelativo ou vocativo, na historiografía galega chamábaselle a Pedro I, mentres que na historografía caselá era, como sabemos todos, porque é na que estudamos, o tal Pedro I era o Cruel, inmutable diante da desfeita da residencia universitaria. El que tanto quere a nosa universidade e que tanto pensa facer por ela. Xa se sabe as peaxes hai que pagalas e d. Manuel Jove ten os tentaculos? moi longos. Lembremos que este señor a través da fundación Mª José Jove enviou unha carta protestando profundamente ao reitor por querer facer unha residencia pública na UDC, porque segundo indicaba creando esa residencia os intereses económicos da familia Jove se vían gravemente prexudicados (a Residencial Rialta s.l. é da familia Jove, e recibe unha subvención de 300.000 € da UDC, pola mesma)
    Xa o dicía un Andrade na época medieval "Eu non quito nin poño rei só sirvo ao meu Señor" e ao pobo mentres tanto Pan e Circo. E veña festa!!!

    ResponderEliminar
  9. Carai, Navia, non sabía eu que fose tan descarada a cousa. Como van consentir que haxa unha residencia pública os que realmente teñen a sartén polo mango?
    Pacotrón, tes moita razón, non debería amargarme. Pero o cabreo aínda me dura e... lo que te rondaré moreno! Acabo de saber que o SERGAS ten un vivísimo interés en acollerme no seu seo e formarme, entre outras cousas, en materia de igualdade de xénero. A ver se teño que rectificar as miñas impuras palabras e desaprender o aprendido en todos estes anos...

    ResponderEliminar
  10. A ver se che van ensinar a nova Lei de Familia de corrido...que mira que hai cousas que igual que as carga Deus, cárgaas o demo......

    ResponderEliminar
  11. Pois supoño que si. Queren facer de min unha boa muller-muller, pero creo que o teñen difícil. se está o demo polo medio, aínda poden ter unha posibilidade comigo.

    ResponderEliminar